miércoles, 6 de noviembre de 2024

CRUCEIRO DO CEMITERIO VELLO DE ARDÁN - ARDÁN - MARÍN

 CRUCEIRO DO CEMITERIO VELLO

ARDÁN

MARÍN

O Igrexario
     O Igrexario é un lugar da parroquia de Ardán no concello pontevedrés de Marín na comarca do Morrazo.

     Tiña 71 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 34 eran homes e 37 mulleres.

Ardán
     Santa María de Ardán é unha parroquia que se localiza no concello de Marín.

     Segundo o IGE en 2014 tiña 1591 habitantes (761 homes e 830 mulleres), 114 menos ca en 2004 (871 mulleres e 834 homes) e 176 menos ca en 1999.

     Ten trece entidades de poboación.

Lugares de Ardán
    Cabodevila, Casás, O Igrexario, Malvido, Moledo, Pastoriza, O Pazo, Os Picotes, A Tioira, Vilaseca, Xermade, Xuncal

Comarca do Morrazo
     A comarca do Morrazo é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra.

     Pertencen a ela os concellos de Bueu, Cangas, Marín e Moaña.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

martes, 5 de noviembre de 2024

CRUCEIRO DAS SETE ESPADAS - SETE ESPADAS - MOGOR - MARÍN

 CRUCEIRO DAS SETE ESPADAS

SETE ESPADAS

MOGOR

MARÍN

       Fermoso cruceiro situado baixo o pórtico da capela das Sete Espadas. 

     Carece de data, pero hai referencias de que a talla da cruz aproveita un cruceiro anterior, sendo o varal moderno.

       Aséntase sobre un só chanzo. O pedestal é baixo, sen epígrafes, e sostén un varal non moi esvelto, de sección octogonal. 

      O capitel está decorado con catro cabezas de anxos en cada esquina, baixo volutas. 

       Sobre o equino, cadrado, unha cruz de brazos tamén de sección cadrada sosteñen a un Cristo de liñas sinuosas e expresivas, mentres que o reverso acolle unha Virxe das Angustias agochada baixo un espeso e estilizado manto, elegante pola súa sinxeleza.

      A cruz conserva restos evidentes da súa antiga policromía. 

      O cruceiro foi obxecto de estudo por Castelao na súa obra “As cruces de pedra na Galiza”, e tamén servíu de inspiración para un dos seus cadros, “A casa do cruceiro”, que se conserva no Museu de Pontevedra.

MAPA

 

Fuente: Web Patrimonio Galego

XOAN ARCO DA VELLA

lunes, 4 de noviembre de 2024

CRUCEIRO DO CABO FISTERRA - CABO FISTERRA - FISTERRA

 CRUCEIRO DO CABO FISTERRA

CABO FISTERRA

FISTERRA

      Cruceiro de tipo de Cruz sen plataforma e cun pedestal cúbico con remate achafranado que conten unha inscripción, “CRUZ DA COSTA DA MORTE,1987”.

     O varal é cadrado con chafráns e leva un capitel cadrangular moldurado. A súa cruz é tamén cadrangular con brazos achafranados e con remates florenzados.

     O cruceiro é todo de granito cun bó estado de conservación.

     Por desgraza, un suposto raio, esnaquizou o cruceiro o 17 de abril de 2015.

     Este cruceiro, que sirve de antesala é chegada ó Faro ven sendo, probablemente, un dos cruceiros máis fotografados do mundo.

Comarca de Fisterra
     A comarca de Fisterra é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Cee.

     O nome da comarca non obedece ó nome do principal centro urbano, nin a un factor histórico, senón ó enclave do cabo Fisterra.

       A esta comarca pertencen os concellos de Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra e Muxía. Correspóndese co territorio chamado Terra de Nemancos.

MAPA

 

 Fuente: Web Patrimonio Galego

XOAN ARCO DA VELLA

CRUCEIRO DE BAIXAR - SAN ROQUE - FISTERRA

 CRUCEIRO DE BAIXAR

SAN ROQUE

FISTERRA

     Cruceiro de tipo de Crucifixo sen plataforma e cun pedestal cuadrangular achafranado. 

       O varal é cadrado e achafranado levando un capitel cuadrangular. A cruz conta con pedestal e ten os brazos ornamentados.

        Polo anverso da cruz presenta a Cristo crucificado con tres cravos e as mans abertas. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas e cun nimbo crucífero.

       Ten unha cartela moi erosionada coas siglas INRI. O seu pano de pureza vai sen nós.

       Polo reverso da cruz fica a Inmaculada con nimbo, o Neno Xesús no colo e un rosario coa lúa ós seus pés. O cruceiro é todo de granito cun bo estado de conservación.

Comarca de Fisterra
       A comarca de Fisterra é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Cee. 

      O nome da comarca non obedece ó nome do principal centro urbano, nin a un factor histórico, senón ó enclave do cabo Fisterra.

      A esta comarca pertencen os concellos de Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra e Muxía. Correspóndese co territorio chamado Terra de Nemancos.

MAPA

 

 Fuente: Web Patrimonio Galego

XOAN ARCO DA VELLA

CRUCES DO CALVARIO DE MONTOUTO - ALTO DE MONTOUTO - COVELO - A CAÑIZA

 CRUCES DO CALVARIO DE MONTOUTO

ALTO DE MONTOUTO

COVELO - A CAÑIZA

Cruces do Calvario de Montouto
     Un dos puntos de maior altitude da Cañiza é o Alto de Montouto, situado a unha altura de case 950 metros con respecto ao nivel do mar.

      Neste punto atopamos un miradoiro desde o que gozar dunhas preciosas vistas e coñecido como o Miradoiro de Fontefría.

Dominando o val do Deva
      Desde as alturas do Alto de Montouto podemos dominar todo o val do Deva e contemplar gran parte da comarca e o municipio da Cañiza. 

     Na zona hai tamén unha caseta forestal de vixilancia que se atopa na zona baixa do monte.

      Son tamén destacadas na zona as tres cruces de pedra que se coñecen coas Cruces do Calvario de Montouto.

     Son perfectamente visibles por situarse no alto dun conxunto de rocas e están relacionadas coas lendas de batallas e mitoloxía que se conta tiveron lugar nesta zona.

       As cruces tamén marcan o límite xeográfico entre a Cañiza e a veciña localidade de Covelo.

VIDEO

MAPA

 

Fuente: Web paxinasgalegas.es

XOAN ARCO DA VELLA


PORTO DE ÉZARO - ÉZARO

PORTO DE ÉZARO

ÉZARO

DUMBRÍA

 O Ézaro
       Santa Uxía do Ézaro é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Dumbría, bañada pola Ría de Corcubión.

       Segundo o IGE en 2022 tiña 603 habitantes (322 mulleres e 281 homes) distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.081 habitantes.

      A fervenza do Ézaro, na desembocadura do río Xallas, é un lugar de grande atractivo turístico.

      A carón da fervenza rematou varias veces unha etapa da Vuelta a España.

Etimoloxía
      Ézaro ou Ésaro (con seseo) vén do medieval Isaro, que tería unha orixe hidronímica indoeuropea cunha raíz eis- ou is-: moverse rapidamente ou violentamente, referido ao tramo final do río Xallas cando cae na fervenza de nome Ézaro.

      A raíz está viva en verbos do sánscrito como ísyati (bulir), ésati (esvarar). En Italia existe o río Esaro, afluente do Crati, coa mesma orixe.

       En Francia existe o río Isère, afluente do Ródano, en Aragón o río Esera, afluente do Cinca. 

     En Baviera o Isar, afluente do Danubio, en Flandres o Yser ou Ijzer, o Eisrà en Lituania e casos británico deformados.

Lugares do Ézaro
   O Cancelo, O Castelo, As Covas, A Croa, A Estrada, O Ézaro, Finsín, As Lagoelas, A Laxe, O Lombiño, A Pena, Río do Barco, San Crimenzo, Santa Uxía, O Santo

Comarca de Fisterra
    A comarca de Fisterra é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Cee.

     O nome da comarca non obedece ó nome do principal centro urbano, nin a un factor histórico, senón ó enclave do cabo Fisterra.

     A esta comarca pertencen os concellos de Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra e Muxía.

     Correspóndese co territorio chamado Terra de Nemancos.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA