miércoles, 5 de junio de 2024

IGREXA DE SANTA EULALIA DE BATALLÁNS - BATALLÁNS - AS NEVES

 IGREXA DE SANTA EULALIA

BATALLÁNS

AS NEVES

 Batalláns
        Santa Eulalia de Batalláns é unha parroquia que se localiza no concello das Neves na comarca do Condado.

        Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 206 habitantes (114 mulleres e 92 homes), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 214 habitantes.

Lugares de Santa Eulalia de Batalláns 
     Casal do Mato, A Coutada, O Cruceiro, A Ermida, A Fragua, A Furna, Gandarela, Guille, Lentille, O Pazo, A Pena, Pesqueixóns, O Pío, Porteiro, Portela, A Presa, Traloval, O Viso

As Neves
     As Neves é un concello do sur de Galicia, na provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Condado, limítrofe con Portugal e bañado polo río Miño que exerce de fronteira natural.

     Segundo o IGE, contaba no 2014 con 4.121 habitantes, o que supón unha diminución de habitantes con respecto aos censos anteriores. 

     O seu xentilicio é nevense.

Xeografía
         O concello posúe catro elementos xeográficos que actúan de referentes principais: o val do río Xuliana polo oeste, o do Miño polo sur, o do Termes polo leste e os Montes da Paradanta polo norte, onde se sitúa o monte de San Nomedio, de 690 metros de altitude.

Val do Xuliana
      O río Xuliana percorre as parroquias de Taboexa, Rubiós, Tortoreos e Liñares, onde desemboca no Miño. O val esténdese desde a aba do monte San Nomedio ata a foz do río en Liñares, a máis chan de todas as parroquias nevenses.

Val do Miño
     O río máis longo de Galiza baña o concello nun treito de 10 quilómetros, servindo de fronteira co veciño Portugal. As súas augas transcorren polas parroquias, en sentido leste-oeste, de Vide, Setados, As Neves, Tortoreos e Liñares. A orografía máis montañosa de Setados e As Neves convértenas en miradoiros nos que enxergar unha boa panorámica de Portugal.

Val do Termes
      O curso fluvial do Termes segue as parroquias de Cerdeira, San Xosé de Ribarteme, San Cibrán de Ribarteme e Santiago de Ribarteme, desembocando no Miño a xeito de fronteira entre Vide e Setados. O val abrangue desde a ladeira sur do Monte de Paradanta, onde se asenta Cerdeira, encaixándose logo entre este e o Monte de San Fins cara ao nor-nordeste e o monte de San Nomedio en dirección nor-noroeste.

Montes da Paradanta
      A zona máis montañosa do concello é a correspondente ás parroquias de Cerdeira, San Pedro de Batalláns e Santa Eulalia de Batalláns, así coma o norte de Taboexa e o norte e leste de San Xosé de Ribarteme.

       No caso de Cerdeira e Santa Eulalia o seu relevo montañoso débese a estaren situadas nas abas sur e oeste do monte Paradanta, respectivamente, pertencendo o cumio do monte ao concello da Cañiza. 

       Nelas acádanse as maiores alturas do concello, arredor dos 800 metros. As outras tres parroquias están dominadas pola presenza de San Nomedio, con cumio en Taboexa.

Comarca do Condado
      A comarca do Condado é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Ponteareas.

       Pertencen a ela os concellos de Mondariz, Mondariz-Balneario, As Neves, Ponteareas e Salvaterra de Miño.

Toponimia
      O topónimo O Condado vén do celta galaico: *Comdato < *kom-dhh1t-o 'confluencia, reunión de augas'.

MAPA

XOAN ARCO DA VELLA

martes, 4 de junio de 2024

CRUCEIRO DA PRAZA MAIOR - PRAZA MAIOR - A GUDIÑA

 CRUCEIRO DA PRAZA MAIOR

PRAZA MAIOR

A GUDIÑA

A Gudiña
      A Gudiña (do antropónimo xermánico Gotina) é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Viana.

      Segundo o IGE en 2018 tiña 1308 habitantes (1625 en 2004, 1651 en 2003). O xentilicio é «gudiñao/á».

Xeografía
     O concello, de 171,4 km², abrangue 8 parroquias.

     Limita ao norte con Viana do Bolo, ao sur con Portugal, ao leste coa Mezquita, ao noroeste con Vilariño de Conso, ao oeste con Castrelo do Val e ao suroeste con Riós.

     Está comunicada coa estrada N-525, que vai de Ourense cara a Benavente, se ben o tráfico pesado adoita ir pola autovía A-52.

      A estrada OU-533 une a vila da Gudiña coa da Rúa, pasando por Viana do Bolo.

     Forma parte da antiga C-533 que ía desde A Gudiña até Lalín.

     Pola Gudiña pasa, pola rúa Maior, a Vía da Prata do Camiño de Santiago.

     Ao carón da igrexa de San Martiño, a vía divídese na variante sur, por Verín, e na variante norte, por Laza, denominada Camiño Antigo ou Verea dos Galegos.

MAPA

XOAN ARCO DA VELLA

IGREXA DE SAN PEDRO DE A GUDIÑA - A GUDIÑA

 IGREXA DE SAN PEDRO DE A GUDIÑA

CAPELA DO CARMEN - PEXEIROS - VIANA DO BOLO

 CAPELA DO CARMEN

PEXEIROS

VIANA DO BOLO

 Pexeiros
      Santa María de Pexeiros é unha parroquia do concello de Viana do Bolo na comarca de Viana, na provincia de Ourense.

     No ano 2007 tiña 142 habitantes, deles 73 eran homes e 69 eran mulleres

Comarca de Viana
     A comarca de Viana é unha comarca galega situada na provincia de Ourense, á cal pertencen os concellos da Gudiña, A Mezquita, Viana do Bolo e Vilariño de Conso.

     Os dous primeiros forman parte da comarca natural das Frieiras e os dous últimos da Terra do Bolo.

      A comarca está atravesada polo río Bibei no seu curso alto. A principal vía de comunicación é a estrada OU-533, que vai de Freixido (Petín) á Gudiña.

Demografía
      A comarca de Viana tiña 5.591 habitantes en 2020. É unha área de forte envellecemento, pois en 2020 o 39,53 % da poboación (2.210 persoas) superaba os 65 anos.

      Pola contra, tan só 404 habitantes tiñan 15 ou menos anos, o 7,23 %. En 2020 rexistrou 18 nacementos e 128 óbitos, que deixan un saldo vexetativo negativo de -110. A idade media ascendía a 55,62 anos en 2020. 

MAPA

XOAN ARCO DA VELLA

CRUCEIRO DE PEXEIROS - PEXEIROS - VIANA DO BOLO

 CRUCEIRO DE PEXEIROS

IGREXA DE SAN PEDRO DO CASTRO - O CASTRO - PEXEIROS - VIANA DO BOLO

 IGREXA DE SAN PEDRO DO CASTRO

O CASTRO

PEXEIROS

VIANA DO BOLO

O Castro
     O Castro é un lugar da parroquia de Pexeiros do concello ourensán de Viana do Bolo, na comarca de Viana.

     Segundo o IGE, en 2023 tiña 3 habitantes (1 home e 2 mulleres).

Lugares de Pexeiros
     Bouza, O Castro, Pexeiros