domingo, 14 de abril de 2024

CRUCEIRO DE SAN ISIDRO - AVD. PORTA DO SOL - MONÇAO

 CRUCEIRO DE SAN ISIDRO

AVD. DA PORTA DO SOL

MONÇAO

Monção
       Monção é unha vila raiana portuguesa no Distrito de Viana do Castelo, rexión Norte e subrexión do Minho-Lima, con cerca de 2 600 habitantes.

Xeografía
       Monção é a sede dun municipio que ten unha superficie de 211,51 km², e unha poboación, no ano 2001, de 19.957 habitantes.

      Limita ao norte con Galiza (Salvaterra de Miño), ao leste co municipio de Melgaço, ao sur con Arcos de Valdevez, ao suroeste con Paredes de Coura e ao oeste con Valença.

O concello está subdividido en 33 freguesías:
    Abedim
    Anhões
    Badim
    Barbeita
    Barroças e Taias
    Bela
    Cambeses
    Ceivães
    Cortes
    Lapela
    Lara

    Longos Vales
    Lordelo
    Luzio
    Mazedo
    Merufe
    Messegães
    Monção
    Moreira
    Parada
    Pias
    Pinheiros

    Podame
    Portela
    Riba de Mouro
    Sá
    Sago
    Segude
    Tangil
    Troporiz
    Troviscoso
    Trute
    Valadares

     O punto máis alto é o Alto de Santo António, a 1 114 metros sobre o nivel do mar, na freguesía de Riba de Mouro.

Historia
       Monção recibiu un foro do rei Afonso III o 12 de marzo de 1261.

       A vila fíxose célebre no curso das guerras fernandinas debido á enérxica acción de Deu-la-Deu Martins, esposa do alcalde local, que atacou ás tropas castelás que asediaban a vila bombardeándoas cos últimos víveres que lles quedaban.


     Iso é o motivo polo cal, aínda hoxe, aparece no escudo de armas desta vila unha muller sobre unha torre sostendo un pan en cada man. Ao seu redor obsérvase, nunha bordadura, a divisa da vila, facendo referencia ao nome daquela heroína: Deus o deu. Deus o há dado.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

 

 

sábado, 13 de abril de 2024

IGREXA DE SANTA MARIÑA DE SELA - OS EIDOS DE ARRIBA - ARBO

 IGREXA DE SANTA MARIÑA DE SELA

SELA

OS EIDOS DE ARRIBA

ARBO

 Sela
       Santa María de Sela é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Arbo.

        Segundo o IGE en 2022 tiña 360 habitantes (178 mulleres e 182 homes) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2012 cando tiña 406 habitantes.

Patrimonio
      Pazo de Sela. No lugar dos Eidos de Arriba está a capela de Santa Isabel, e ao seu carón hai un peto de ánimas.

       Na mesma aldea, preto da igrexa parroquial, hai un cruceiro.

        Nesta parroquia está a estación de Sela, na liña Monforte de Lemos - Vigo.

Lugares de Sela
       Os Eidos de Abaixo, Os Eidos de Arriba, A Granxa, Rozas, Valiñas

Comarca da Paradanta
      A comarca da Paradanta é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra.

      A ela pertencen os concellos de Arbo, A Cañiza (a súa capital), Covelo e Crecente. 

     Limita ao norte coas comarcas de Vigo e do Ribeiro, ao leste con esta última e coa de Terra de Celanova, ao sur con Portugal e ao oeste coa do Condado. 

      Ocupa unha extensión de 339,85 quilómetros cadrados e contaba cunha poboación de 12.060 habitantes no ano 2020.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA


viernes, 12 de abril de 2024

IGREXA DE SAN ROQUE DE SEÑORÍN - SEÑORÍN - O CARBALLIÑO

 IGREXA DE SAN ROQUE DE SEÑORIÍN

SEÑORÍN

O CARBALLIÑO

Señorín
        San Roque de Señorín é unha parroquia do concello ourensán do Carballiño. 

        Segundo o IGE en 2021 tiña 446 habitantes (237 mulleres e 209 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón un aumento de 82 persoas en relación ao ano 1999, cando tiña 364 habitantes.

Xeografía
       Está situada a uns 800 metros da capital do concello. Os seus lindes están establecidos polo regato Carrás.

       O edificio do ambulatorio e do PAC que se ocupa da poboación do concello atópanse nos seus terreos, ademais da Casa de Facenda, o cemiterio do concello e o IES nº1 do Carballiño (un dos dous institutos públicos do concello, xunto co IES Chamoso Lamas, de Mesego).

         É unha parroquia que se atopa en pleno crecemento urbanístico debido á súa proximidade coa vila principal, O Carballiño, pero a inmensa maioría das súas vivendas son unifamiliares.

        A súa altitude media é duns 400 metros.

Historia
         Durante o Antigo Réxime, até a división en concellos actual en 1835, existiu a xurisdición de Partovia (dependente do mosteiro de Oseira), que incluía a veciña de Partovia e esta parroquia. Nela fundouse a mediados do século XVIII o núcleo do Carballiño, establecéndose nela a casa do concello do Carballiño durante varios anos.

Festas
         As festas patronais son na honra da Virxe do Carme e cadran sempre o seguinte domingo á festividade da mesma.

Lugares de Señorín
     Centeás, A Pena, Señorín, O Tellado, O Torrón

Parroquias do Carballiño
     Arcos (Santa María), Banga (Santa Baia), O Barón (San Fiz), Cabanelas (San Xoán). O Carballiño (San Cibrao), Lobás (Santa Ouxea), Longoseiros (Santa Mariña), Madarnás (San Tomé), Mesego (Santa María), Mudelos (Santiago), Partovia (Santiago), A Piteira (San Miguel), Ponte Veiga (San Lourenzo), Sagra (San Martiño), Señorín (San Roque), Seoane de Arcos (San Xoán)

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

IGREXA DE SAN SALVADOR DE PIÑEIRO - O BOUZÓN - PIÑEIRO - TOMIÑO

 IGREXA DE SANTIAGO DE PIÑEIRO

O BOUZÓN

TOMIÑO

 O Bouzón
     O Bouzón é un lugar da parroquia de Piñeiro, no concello pontevedrés de Tomiño, na comarca do Baixo Miño. 

       Segundo o IGE, en 2022 tiña 142 habitantes (71 homes e 71 mulleres).

     Neste lugar atópanse o centro cultural, a igrexa e a carballeira na que se celebran as festas, na cal hai árbores senlleiras.

Economía
     Nesta mesma carballeira antigamente celebrábase unha feira de gando todos os domingos, pero ao entrar en decadencia pasou a celebrarse o día dez de cada mes e finalmente só o día que se celebra a festa de San Lourenzo (o 10 de agosto), pola mañá faise esa feira de gando.

     No monte do Bouzón hai unha plantación de kiwi que é a máis grande de toda a comarca. Aquí está situado o cemiterio e o campo de fútbol, xa que Piñeiro ten equipo de fútbol propio.

Festas
     As festas son no mes de agosto, a de San Lourenzo o día 10 e a do Santo Cristo da Saúde a cuarta fin de semana de citado mes. A festa de San Lourenzo organízana os mozos solteiros do lugar e a do Santo Cristo da Saúde os casados.

     No Centro Cultural a A. C. e D. Raíces celebra o Nadal Cultural cun tradicional festival no que se poden ver obras de teatro, bailes... e participan nenos de 4 a 17 anos aproximadamente. En reis os nenos reciben un agasallo dos Reis Magos de Oriente no centro cultural á saída da misa.

Piñeiro
     San Salvador de Piñeiro é unha parroquia do concello de Tomiño na provincia de Pontevedra. 

       Segundo o IGE, en 2022 tiña 326 habitantes (158 homes e 168 mulleres). Eclesiasticamente, pertence ó arciprestado da Guarda-Tebra, na diocese de Tui-Vigo.

Patrimonio
     No lugar de Tabordela está situado o edificio do centro Unión del Porvenir, fundado en Nova York polos emigrantes das parroquias de Piñeiro e Taborda o 24 de decembro de 1918. Nel exerceu como mestre Antón Alonso Ríos cando funcionaba como colexio.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

PETO NO POULO - O POULO - COUTO - A CAÑIZA

 PETO NO POULO

O POULO

COUTO

A CAÑIZA

     Os petos de ánimas, os cruceiros e os hórreos son os tres referentes do que poderiamos chamar os monumentos de arte menor da arquitectura rural de Galicia.

     Para a arte maior deixamos as igrexas, muiños, pazos e outras construcións de carácter civil ou militar como torreóns, murallas, etc.

     Polos montes e vales do sur de Galicia e do norte de Portugal, topámosnos/topámonos con frecuencia con estas encantadoras expresións da arte rural.

     Hoxe adicámoslle a nosa atención aos petos de ánimas e pequenos monumentos piadosos que ao longo dos séculos, sobre todo a partir do XVII han ir xurdindo en pobos e aldeas.

     Os petos de ánimas son esas pequenas capillitas que se atopan polo xeral nos camiños e encrucilladas para honrar ás ánimas que esperan a súa liberación no purgatorio en cuxa hucha ou peto depositan os fieis as súas esmolas para financiar as misas que axuden a levalos ao ceo onde, xa na gloria, intercederán polos seus benefactores.

     Estes sinxelos monumentos obra dos canteiros locais, adoitan estar decorados cunha representación das pobre ánimas mergulladas en linguas de lume e en actitude suplicante, cara seu intercesor que adoita ser un santo, San Antonio, por exemplo, un bispo ou a Virxe do Carmen, entre outros.

    Tamén se atopan, sobre todo en Portugal, construcións deste tipo, pero non adicadas ás ánimas do purgatorio senón a unha devoción en particular, sendo bastantes frecuentes as relacionadas con Cristo cruficado.

     En Fornelos, que significa hornacina en galego, teñen unha dedicada a San Lorenzo.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA