lunes, 5 de septiembre de 2022

CRUCEIRO DE ASPERELO - SAN MARTIÑO DE ASPERELO - RODEIRO

 CRUCEIRO DE ASPERELO

SAN MARTIÑO DE ASPERELO

RODEIRO

 Asperelo
     Asperelo é un lugar da parroquia de San Martiño de Asperelo, no concello pontevedrés de Rodeiro, na comarca do Deza.

     Segundo o INE, no 2008 tiña 43 habitantes (29 homes e 14 mulleres), o que supón unha diminución de 10 habitantes con respecto ao ano 2000.

Lugares de San Martiño de Asperelo
     Asperelo, Barrio, Caxide, Couso, Ourín, Pereira

Comarca de Deza
     A comarca de Deza é unha comarca da provincia de Pontevedra e a súa capital é Lalín. Pertencen a ela os concellos de Agolada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces. 

      A súa poboación é de máis de 40.000 habitantes. O Deza coincide coa antiga comarca de País do Deza, isto é, as xurisdicións de Deza, Camba, Dozón, Trasdeza, Carbia e Valquireza.

Situación
     A comarca de Deza ven coincidir co centro xeográfico de Galicia. Limita ao norte coas comarcas de Santiago, Arzúa e Terra de Melide, ao sur coa do Carballiño, ao leste coas de Ulloa e Chantada e ao oeste con Tabeirós-Terra de Montes.

Orografía
     A comarca está estruturada pola dorsal galega, coas serras do Faro ao leste, da Martiñá ao sur, do Candán ao oeste coa e o río Ulla, que a separa da Terra de Santiago ao norte. 

     O conxunto constitúe unha comarca natural que xa se referencia en documentos do ano 569 ao se conformar o Condado Decense no seo da diocese de Lugo.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

PETO DO CRISTO - BRANDA DE COVELO - GAVE - MELGAÇO

 PETO DO CRISTO

BRANDA DE COVELO

GAVE

MELGAÇO

  Peto de ánimas
   Chámanse petos de ánimas a unha das manifestacións materiais do culto aos mortos e son, xeneralmente, sinxelos monumentos de piedade popular asociados á idea do purgatorio.

    En Galicia é frecuente atopalos en camiños, encrucilladas, atrios de igrexas, etc.

     Os historiadores e etnógrafos sitúan a súa aparición a partir da Contrarreforma, datándose os máis antigos no século XVII, aínda que non sería ata o século XVIII cando se constrúan con máis profusión.

     A súa finalidade é a de ofrecer esmolas de todo tipo ás ánimas do Purgatorio, sendo o seu castigo temporal e podendo así alcanzar o Ceo.

    En compensación, unha vez liberadas intercederán por quenes realizaron as ofrendas.

     As esmolas non eran de carácter estrictamente monetarias, tamén podía tratarse de produtos agrícolas.

     Os petos de ánimas adoitan estar construídos en pedra cunha cruz no alto, polo xeral con imaxes das ánimas no lume do purgatorio e unha figura que as vela (santo, rei ou bispo).

     Na parte frontal aparece un peto para depositar a esmola e protexido cunha reixa ou un cristal.

Algúns levan lendas do tipo:
     Un alma tes e non máis, si a pérdes que farás...   

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA


CASTELO DE BALBOA - BALBOA - LEÓN

 CASTELO DE BALBOA

BALBOA

LEÓN


 CASTELO DE BALBOA
      A primeira referencia documental da fortaleza aparece nunha escritura de compra-venda datada no ano 1260, segundo cita Santiago Taladrid para considerar a mención como a proba de que era un "fito importante na organización territorial e un centro de poder" tamén para os seus propietarios, a liñaxe Valcarce-Balboa.

     O asentamento que ten forma alongada con dominio do eixo este-oeste, presenta elementos de delimitación ben marcados: ao Oeste documentáronse catro fosos algún deles de considerables dimensións, mentres que ao leste pérdense, nesta zona e bastante afastados do recinto principal documéntanse outros dous pequenos fosos, por último o Sur a acentuada pendente natural do terreo é a que cumpre esta función.

     A continuación dos fosos disponse un terraplén que presenta restos de derrubes que poderían corresponderse coa muralla.

     Trátase dunha construción prismática de planta practicamente cadrada delimitada por grosos muros de cantería con argamasa de cal, que se levantan ata unha altura aproximada de 15 metros, coa presenza de mechinales e repisas que mostran a presenza de tres niveles de forxados interiores, quedando unha reducida superficie útil interior duns 15 metros cadrados.

     O alxibe é un dos elementos básicos do castelo e sitúase encostado ao norte da torre.

 Balboa
     Balboa é un concello da provincia de León que cobre unha superficie de 51,04 km², na que vivían 371 habitantes no ano 2011, cunha densidade de poboación de 7,27 h/km². 

     É considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.

Historia
     No ano 2020, a aldea de Fonte de Oliva solicitou a incorporación a Galicia debido á falta de investimento e á identificación coa cultura galega.

Núcleos de poboación
    Canteixeira
    Castañeiras
    Castañoso
    Chan de Vilar
    Fonte de Oliva
    A Lamagrande
    Paraxís
    Pumarín
    O Portelo
    Quintela
    A Roda
    Rui de Ferros
    Rui de Lamas
    Valboa
    Valverde
    Vilafeile
    Vilanova
    Vilariños
    Vilarmarín

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA

PETO DE SAN ANTONIO - ABADÍN

 PETO DE SAN ANTONIO

ABADÍN

   Petos de Ánimas
     Os petos de ánimas son unha das manifestacións materiais do culto aos mortos, da devoción das ánimas; non deixa de falarnos das ideas moi profundas na mentalidade galega sobre a vida e a morte.

     Afirman os historiadores e etnógrafos que o peto de ánimas xorde despois do século XVI, na situación político-relixiosa da Contrarreforma, é entón cando aparece a idea do Purgatorio.

Segundo Castelao:
     "A nova devoción suprímeo a idea de castigo eterno".

      A mediados do século XVII, Galicia xa deixara de pensar no Inferno para que se entregue de cheo a idea do Purgatorio, do que os seus mortos queridos podían salvarse a forza de oracións e boas obras.

     A finalidade destes elementos populares é a de ofrecer ofrendas de todo tipo (flores, cera, patacas, maíz, pan, aceite ...), ás ánimas que non atopan descanso no Purgatorio, para que alcancen a felicidade no Ceo; unha vez liberadas intercederán por quen fixo a ofrenda, e daban diñeiro para que o cura o administre e dixese misas polos defuntos.

     Os retablos das ánimas, os petos en que se pide a esmola durante a misa e as obras de cantería son manifestacións de culto ás ánimas.

     O estilo artístico , de cantería defínese como "popular"; os devotos coñecían perfectamente as formas e cores que querían e non lle pedían ao canteiro artesan outra cousa que facer a obra encargada coa súa mellor habilidade.

   Os petos unen arquitectura e escultura, e a súa estrutura divídese en tres partes:
- Estructura arquitectónica básica.
- Unha cavidade similar a unha capeliña que ocupa o eixe central e superior (buqueira).
- Unha cavidad case sempre na base da capeliña, tapada cunha lámina de ferro e un buraco para meter as ofrendas (Alxibeira). 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

 

domingo, 4 de septiembre de 2022

PAZO DE TOVAR - CANEDO - LOURENZÁ

 PAZO  DE TOVAR

CANEDO

LOURENZÁ

Pazo de Tovar

       O pazo de Tovar, tamén coñecido como fortaleza de Tovar, é unha edificación que data de comezos do século XIII, unha xoia do gótico isabelino e Ben de Interese Cultural. Localízase en Pacio de Tovar, parroquia de San Tomé de Lourenzá, no concello de Lourenzá.

Descrición
     Consta de varios corpos cuadrangulares. O corpo principal rectangular está flanqueado por dúas torres cadradas.

        As torres teñen pegadas dúas estruturas forman un patio interior xunto cun lenzo da muralla. 

     As torres teñen ameas, troneiras, seteiras e barbacás. A porta principal do pazo é de arco gótico isabelino con dous bustos en baixorrelevo labrados nos salmeres e enriba dous pequenos escudos.

     Toda a fábrica é de cachotaría de lousa con cadeirado de granito nas partes nobres.

Historia
       Os primeiros documentos sobre esta edificación datan de finais do século XIII e refírense a ela como Torre de Canedo.

     Documentos posteriores indican a súa progresiva deterioración. Os últimos escritos descríbena como unha vella torre en estado deplorable.

     Antonio de Tovar, parente de Pardo de Cela e home de confianza do emperador Carlos V, construíu en 1530 unha fortaleza sobre a torre cun carácter menos defensivo; remodelándoa ao gusto da época, con maiores xanelas para outorgar máis luz ao interior, ademais doutros elementos decorativos para dar máis importancia ao conxunto.

     A fortaleza herdouna Brianda de Tovar e Pimentel, pasando en 1548 a ser propiedade, por herdanza, dos Vázquez de Seixas na persoa de don Fernán, señor de San Paio de Narla, Condes, Castelo das Seixas, e cotos anexos.

     A partir desta data, diferentes familias viviron na fortaleza ao longo do tempo; a maior parte como arrendatarios, chegando en momentos a vivir máis dunha familia no inmoble. Todos deixaron as súas pegadas no edificio.

Situación actual
        Na actualidade o edificio está nun estado bastante ruinoso, conserva en case perfecto estado todas as súas paredes e muros, pero ten os tellados e pisos seriamente danados. Vai ser restaurado pola Consellería de Cultura e Turismo. 

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA