jueves, 11 de agosto de 2022

PETO DA TORRE - A TORRE - ZAPARÍN - CORTEGADA

 PETO DA TORRE

A TORRE

ZAPARÍN

CORTEGADA


    Os petos de ánimas, os cruceiros e os hórreos son os tres referentes do que poderiamos chamar os monumentos de arte menor da arquitectura rural de Galicia.

     Para a arte maior deixamos as igrexas, muiños, pazos e outras construcións de carácter civil ou militar como torreóns, murallas, etc.

     Polos montes e vales do sur de Galicia e do norte de Portugal, topámosnos/topámonos con frecuencia con estas encantadoras expresións da arte rural.

     Hoxe adicámoslle a nosa atención aos petos de ánimas e pequenos monumentos piadosos que ao longo dos séculos, sobre todo a partir do XVII han ir xurdindo en pobos e aldeas.

     Os petos de ánimas son esas pequenas capeliñas que se atopan polo xeral nos camiños e encrucilladas para honrar ás ánimas que esperan a súa liberación no purgatorio en cuxa hucha ou peto depositan os fieis as súas esmolas para financiar as misas que axuden a levalos ao ceo onde, xa na gloria, intercederán polos seus benefactores.

     Estes sinxelos monumentos obra dos canteiros locais, adoitan estar decorados cunha representación das pobres ánimas mergulladas en linguas de lume e en actitude suplicante, cara o seu intercesor que adoita ser un santo, San Antonio, por exemplo, un bispo ou a Virxe do Carmen, entre outros.

     Tamén se atopan, sobre todo en Portugal, construcións deste tipo, pero non adicadas ás ánimas do purgatorio senón a unha devoción en particular, sendo bastantes frecuentes as relacionadas con Cristo cruficado.

     En Fornelos, que significa hornacina en galego, teñen unha dedicada a San Lorenzo.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

miércoles, 10 de agosto de 2022

PAZO DO CONCELLO - CAMARA MUNICIPAL - BARCELOS

PAZO DO CONCELLO

CAMARA MUNICIPAL

BARCELOS

    O actual edificio do concello de Barcelos é o resultado dunha serie de anexións, reformas e ampliacións realizadas no núcleo do vello consistorio, ao cal a gran remodelación e ampliación iniciada en 1849 tratou de achegar certa unidade.

     Del forman parte o antigo Hospital do Espírito Santo, que funcionou como centro de atención aos peregrinos do Camiño de Santiago, e a antiga capela de Santa María, ambos os do século XIV.

     A torre e a casa da Cámara son do século XV, mentres que a igrexa da Misericordia é do século XVI.

MAPA

 

 Fuente: Web Visit Portugal

XOAN ARCO DA VELLA

martes, 9 de agosto de 2022

ACUEDUTO DE SEGOVIA - SEGOVIA

 ACUEDUTO DE SEGOVIA

SEGOVIA

 Acueduto de Segovia
     O acueduto de Segovia é un acueduto construído a cabalo dos séculos I e II, entre o reinado dos emperadores romanos Vespasiano e Traxano na actual localidade de Segovia, España e é o símbolo máis importante de Segovia, como o demostra a súa presenza no escudo de armas da cidade.

     Na súa construción empregáronse grosso modo uns 35.000 bloques de granito.

     Al Monún de Toledo derrubou parte del no 1072; os Reis Católicos no século XV dispuxeron a restauración da obra. O acueduto que queda ten 29 metros de alto e 728 de lonxitude total, 167 arcos (79 sinxelos e 88 dobres).

Historia
      Como o acueduto carece de inscricións lexibles (unha aparentemente atopábase na estrutura do ático, ou parte superior), a data de construción non se pode determinar de xeito definitivo. A data real da construción do acueduto considerouse sempre un misterio aínda que se cre que foi no século I dC, durante os reinados dos emperadores Domiciano, Nerva e Traxano.

      A finais do século XX, Géza Alföldy logrou descifrar o texto dunha antiga placa con letras de bronce desaparecidas mediante o estudo das ancoraxes que suxeitaban as desaparecidas letras de bronce. Utilizando este método, púidose determinar que en realidade era o emperador Domiciano (81-96 dC), quen ordenou a súa construción.

      Tampouco se coñece de xeito definitivo a fundación de Segovia. Sábese que a tribo dos vacceos poboaron o lugar antes de que os romanos conquistaran a cidade e se estableceran permanentemente para controlar o territorio.

     A zona estaba comprendida na xurisdicción da corte provincial romana (en latín iuridici conventus, galego convento xurídico) situado en Clunia.

O acueduto
     O acueduto de Segovia leva as augas da fonte de Fuenfría, situada na serra a uns 17 quilómetros da cidade, nun lugar chamado La Acebeda. Viaxa máis de 15 km. antes de chegar á cidade. A auga recóllese primeiro nunha cisterna coñecida como El Caserón, para ser conducida despois por unha canle de perpiaños ata unha segunda torre (chamada Casa de Augas), onde se decanta e desarea, para continuar o seu camiño.

     Despois perrecorre 813 m (cunha pendente do 1 %) ata o cumio do Postigo (o esporón rochoso no que se asentaba a cidade arredor do Alcázar). Antes, na Praza de Día Sanz, fai un xiro pronunciado e encamiñase cara á Praza do Azoguejo, onde atravesa a depresión cunha arcada, que presenta todo o esplendor do monumento. Na parte máis alta mide 28 m. (cuns 6 m. de cimentos) e ten dúas ordes de arcos sobre piares. En total, ten 167 arcos.

A arcada
     Desde a chegada á cidade ata a Praza de Día Sanz hai 75 arcos simples e despois 44 arcos de dobre orde (é dicir, 88 arcos), seguidos doutros catro arcos simples. No primeiro sector do acueduto atópanse 36 arcos apuntados, reconstruídos no século XV para restaurar a parte destruída polos musulmáns no ano 1072.

     Na planta superior, os arcos presentan unha luz de 5´10 m., cos piares de menor altura e grosor que os da planta inferior. O remate é unha plataforma pola que discorre a canle da auga (cunha sección en forma de U de 180 x 150 cm.). Na planta inferior, os arcos presentan un vano que oscila arredor de 4´50 m. e os piares diminúen de sección por etapas de abaixo cara arriba, adaptando a planta baixa ao desnivel do terreo; na coroa ten unha sección de 1´80 x 2´50 m., mentres que na base chegan a 2´40 x 3 m..

       Está construído con perpiaños de granito asentados sen morteiro entre eles. Sobre os tres arcos máis altos, na época romana, había un cartucho con letras de bronce que indicaban a data e o construtor. Tamén na parte superior pódense ver dous nichos, un a cada lado do acueduto. Sábese que nun deles estaba a imaxe de Hércules, que segundo a lenda foi o fundador da cidade. En tempos dos Reis Católicos colocáronse nos nichos a imaxe da Virxe do Carme (aínda que moitos cren equivocamente que se trata da Virxe da Fuencisla, patroa da cidade) e de San Sebastián. Porén, hoxe só pódese ver a primeira talla. O 4 de decembro, festa de santa Bárbara, patroa do corpo de Artillaría, cuxa academia está en Segovia, os cadetes visten a imaxe da Virxe cun bandeira. A liña de arcos levántase organizada en dúas plantas, cunha decoración sinxela na que predominan unhas sinxelas molduras que enmarcan e estruturan o edificio.

     Na época dos Reis Católicos realizouse a primeira grande obra de reconstrución do acueduto. O prior do mosteiro próximo dos Xerónimos del Parral, chamado Pedro Mesa, encargouse das obras. Reconstruíronse 36 arcos, con moito respecto pola obra orixinal. 

     Posteriormente, no século XVI colocáronse nos nichos centrais as mencionadas estatuas da Virxe do Carme e San Sebastián.

     A arcada do acueduto é o fito arquitectónico máis importante da cidade. Estivo en funcionamento ao longo dos séculos e quizais por iso chegou en perfecto estado ata agora. Ata case os nosos días subministraba auga á cidade de Segovia, e máis concretamente ao Alcázar.

      Nos últimos anos sufriu unha clara deterioración provocado principalmente pola contaminación ambiental e os propios procesos de erosión do granito. O tránsito de vehículos preto do acueduto (que aínda circulaba entre os soportais ata 1992) e os concertos e actividades musicais de gran volume aos seus pés son tamén acontecementos que prexudican o monumento.

     Para garantir a súa supervivencia, en 1992 levouse a cabo un minucioso proceso de restauración que durou case oito anos, baixo a dirección do arquitecto Francisco Jurado. Porén, aínda está exposto á contaminación, posto que segue circulando a uns poucos metros del.

Lenda
     Existen varias lendas sobre a construción do acueduto de Segovia, a máis coñecida e estendida conta que unha rapaza subía todos os días ao alto do monte e baixaba cunha xerra chea de auga. 

      Un día, farta diso, pediulle ao demo que fixera uns medios para non ter que subir e baixar todos os días co cántaro. Entón, pola noite, apareceu o demo e concedeulle o seu “desexo” a cambio de que, se lograba rematar o acueduto antes de que cantase o galo, tivese que darlle a súa alma. 

     A nena aceptou e o demo comezou a construír o acueduto, momento no que a nena lamentou desexalo. Xusto cando lle quedaba unha pedra para rematar, cantou o galo, o que fixo fallar o demo e a nena non perdeu a alma. No burato que quedaba é onde agora se coloca a estatua da Virxe da Nosa Señora do Fuencisla.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

IGREXA DE SANTA MARÍA A MAIOR - BARCELOS

 IGREXA DE SANTA MARÍA MAIOR

BARCELOS

 Igrexa de Santa Maria Maior, Matriz de Barcelos
     Monumento do s. XIV, a Igrexa Matriz de Barcelos, dedicada a Santa Maria Maior, mantén a robustez medieval na aparencia, embelecida por algúns elementos decorativos e arquitectónicos que revelan a imposición do estilo gótico nunha estrutura románica.

     A iniciativa da súa construción correspondeu a D. Pedro, 3º Conde de Barcelos que nos deixou o seu selo no brasón de armas que podemos ver nas archivoltas do portal principal.

     No interior, os capiteis historiados románicos mostran o ambiente medieval contrastando cos paneis de azulexos que, a partir de 1721, cubrían as paredes da nave central contando aos fieis a vida da nosa Señora.

     Nas diversas capelas laterais destácase a decoración barroca, en particular, os altares de talla dourada, sendo o do altar maior o máis exuberante.

     Na capela maior tamén é posible observar algunhas teas manieristas representando a Anunciación e a Adoración dos Pastores.

     No exterior, moi preto da fachada, podemos ver o Pelourinho de Barcelos.

MAPA

 

 Fuente: Web Visit Portugal

XOAN ARCO DA VELLA

TORRE SOLAR DOS PINHEIROS - BARCELOS

TORRE SOLAR DOS PINHEIROS

BARCELOS

 Torre Solar dos Pinheiros
     Situada no centro histórico, moi preto da Igrexa Matriz, esta antiga casa do s. XV é un dos raros exemplos que aínda existen en Portugal da arquitectura civil medieval.

      Cunha vista privilexiada sobre o río, a súa construción foi ordenada en 1448 por D. Pedro Esteves, doutor en dereito civil e canónico, pero hai quen atribúa a súa construción ao sogro deste, Tristán Gomes Pinheiro.

     O certo é que a casa era a residencia da familia dos Pinheiros, quen foi alcaldes de Barcelos durante varias xeracións.

      Como é característico desta época, está formada por dúas altas torres entre as cales se desenvolve un corpo central máis baixo.

     Sobresaen as portas de recorte ojival e un singular detalle decorativo na torre que mira ao sur: unha figura feminina e outra masculina con barba.

     Crese que é unha alusión ao "Barbadão", pai de Inés Perez que, furioso, tentou arrincarse a súa propia barba cando descubriu o amor ilícito entre a súa filla e o Maestre de Avis e, do que naceu o 1º Duque de Bragança, D. Afonso, que tamén foi o 8º Conde de Barcelos.

     Os Pinheros repousan nunha capela da Igrexa Matriz, onde podemos ver a súa mausoleo

MAPA

 

Fuente: Web Visit Portugal

XOAN ARCO DA VELLA

PELOURINHO DE BARCELOS - BARCELOS

 PELOURINHO DE BARCELOS

BARCELOS

Picota de Barcelos
     A picota de Barcelos data de finais do século XV e principios do XVI.

     Realizada en granito, está formada por unha base robusta, de fuste hexagonal, e un remate polifacético moi ornamentado que recibe o nome de gaiola, característico do estilo gótico final.

     A súa riqueza artística convértea nunha das picotas máis emblemáticas de Portugal. 

     Atópase fronte á igrexa Matriz, nun pequeno xardín que lle concede o realce que se merece. 

     Cabe destacar a gaiola hexagonal situada na parte superior.

MAPA 

 

Fuente: Web Visit Portugal

XOAN ARCO DA VELLA