jueves, 7 de julio de 2022

ESTACIÓN DE TREN DE CANAVAL - CANAVAL - SOBER

 ESTACIÓN DE TREN DE CANAVAL

CANAVAL

SOBER

Estación de Canaval
     Canaval é unha estación de tren de Adif, situada en Canaval, no concello de Sober, provincia de Lugo. Ten servizos de media distancia.

Situación ferroviaria
     A estación atópase no punto quilométrico 9,1 da liña férrea de ancho ibérico que une Monforte de Lemos con Redondela a 271 metros de altitude, entre as estacións dos Monforte de Lemos e Areas. O tramo é de vía única e está electrificado.

Historia
     A estación foi inaugurada o 1 de decembro de 1884 coa aperta do tramo Monforte de Lemos-Ourense da liña que unía Vigo con Monforte de Lemos. A súa explotación inicial quedou a cargo da Compañía do Ferrocarril de Medina a Zamora e de Ourense a Vigo. 

     Dita xestión mantívose ata 1928 cando foi absorbida pola Compañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste de España, compañía pública creada para xestionar varios trazados, en xeral deficitarios, do oeste do país. En 1941, Oeste foi unha das empresas que se integrou na recentemente creada Renfe.

     Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

A estación
     Está situada ao norte do municipio, preto da estrada N-120. O edificio para viaxeiros é unha estrutura de planta rectangular e dúas alturas que cobre un tellado de catro vertentes. Como outras estacións da liña loce un frontón rectangular nas súas fachadas. 

     Conta con dúas plataformas, unha lateral e outra central e catro vías. As instalacións complétanse con peiraos de carga en desuso.

Comarca da Terra de Lemos
     A Terra de Lemos é unha comarca galega situada ó sur da provincia de Lugo cuxa capital é Monforte de Lemos, que tamén é o concello máis poboado da comarca. 


     A maioría da superficie (toda excepto o concello de Bóveda) forma parte da Ribeira Sacra, da que Monforte tamén é a súa capital.

     Pertencen á comarca da Terra de Lemos os seguintes concellos: Bóveda, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón, O Saviñao e Sober.

     A comarca linda ó norte coa comarca de Sarria, ó oeste coa comarca de Chantada, ó leste coa comarca de Quiroga e, ó sur coas comarcas ourensás de Ourense e Terra de Caldelas. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

CRUCEIRO DA BOLA - SANTA BAIA DE BERREDO - A BOLA

CRUCEIRO DA BOLA

SANTA BAIA DE BERREDO

A BOLA

 Santa Baia de Berredo
     Santa Baia de Berredo é unha parroquia do concello da Bola na comarca da Terra de Celanova, na provincia de Ourense.

     No ano 2007 tiña 260 habitantes (121 homes e 139 mulleres).

Lugares de Santa Baia de Berredo
     Aldea Ferreiro, Anxá, A Bola, Casal do Río, O Castro, Chaos, Covas, Murzás, Outeiro, O Pazo, Requeixo, Santa Baia da Bola, Seixomil, Tixosa

Parroquias da Bola    
     Berredo (San Miguel), Pardavedra (Santiago), Podentes (Santa María), San Martiño de Berredo (San Martiño), Santa Baia de Berredo (Santa Baia), Sorga (San Mamede), Soutomel (Santa Locaia), Veiga (San Munio)  

Comarca da Terra de Celanova
     A comarca da Terra de Celanova é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Celanova.

     A ela pertencen os concellos da Bola, Cartelle, Celanova, Gomesende, A Merca, Padrenda, Pontedeva, Quintela de Leirado, Ramirás e Verea. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

miércoles, 6 de julio de 2022

ERMIDA DO SANTO ROSARIO - CHORENTE - O OURAL - SARRIA

 ERMIDA DO SANTO ROSARIO

CHORENTE

O OURAL

SARRIA

      A ermida do Santo Rosario, en Oural, foi construída polo propio ermitán

     O coñecido como o ermitán de Oural fixérase popular nos anos 90 por construír coas súas propias mans unha ermida nun monte de Sarria.

Máis de 20 anos desde que a rematou e máis de 30 desde que comezara a construíla.

     Foi a obra e ilusión de Manuel Vázquez, coñecido como o ermitán de Oural, clara alusión á parroquia sarriá onde se atopa esta singular ermida. 

      Inspirada en Gaudí polos anos que pasou en Barcelona e levada a cabo por unha especie de revelación nunha viaxe a Grecia.

     A ermida do Santo Rosario arrastra problemas de humidades e de acceso ao lugar. De aí as cores, os cristais.

     O lugar fora inaugurado no 98 polo fundador do circo de Benposta e tivera no seu tempo certa notoriedade e visitas de turistas. Hoxe, aos problemas de acceso de hai anos, súmanselle outros novos.

      Con todo, cando non hai goteiras, a ermida segue aberta ao público.

     Manuel, que tivo que facerse cargo de dous irmáns con diversidade funcional, non puido atendela todo o que lle gustaría. ueretirarse alí para rezar rosarios.

O Oural
     O Oural é un lugar da parroquia de Chorente, no concello lugués de Sarria, na comarca de Sarria. Atópase a 600 metros de altitude.

     Segundo o IGE, en 2017 tiña 323 habitantes (155 homes e 168 mulleres).

Economía
      O núcleo do Oural naceu a consecuencia da apertura da factoría de Cementos Cosmos, xa que antes non existían casas na zona.

Comunicacións
      Polo Oural pasa a estrada LU-546 que une Lugo e Monforte de Lemos. Tamén rodea a localidade polo oeste o corredor CG-2.2 que realiza o mesmo percorrido que a estrada anterior sen pasar polas localidades. A estrada secundaria LU-642 une O Oural co concello do Incio.

     Tamén pasa polo Oural a liña ferroviaria León-A Coruña, que conta cunha estación na localidade, aínda que actualmente non ten servizo de pasaxeiros.  

Chorente
     San Xulián de Chorente é unha parroquia rural do concello de Sarria na provincia de Lugo. 

      Segundo o Instituto Galego de Estatística no ano 2007 tiña 464 habitantes (222 homes e 242 mulleres) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2003 cando tiña 493 habitantes.

Economía
      Destaca a fábrica de cemento de Cementos del Noroeste no Oural.

Patrimonio
     A igrexa parroquial ten a fachada en estilo románico, sendo o resto unha construción do século XVIII. Hai dúas capelas na honra de san Marcos e santo Antonio.

Lugares de Chorente
      Airexe, Carballo, Ferradal, O Oural, A Quintá, Sanguñedo, Santigoso, Traslodeiro, Vilaverde


Comarca de Sarria
     A comarca de Sarria é unha comarca galega situada na metade sur da provincia de Lugo. 


     Limita polo noroeste coa comarca de Lugo, polo nordeste coa dos Ancares, polo sueste coa de Quiroga, polo oeste coa de Chantada e polo sur coa Terra de Lemos.

     A capital da comarca, así como o núcleo máis poboado, é Sarria.  

MAPA

 

Fuente: Radio Television de Galicia

XOAN ARCO DA VELLA

CAPELA DE SAN LOURENZO - ANXÁ - BERREDO - A BOLA

 CAPELA DE SAN LOURENZO

ANXÁ

BERREDO

A BOLA

Anxá
     Anxá é un lugar da parroquia de Santa Baia de Berredo no concello ourensán da Bola na comarca da Terra de Celanova.

     Segundo o INE e o IGE en 2011 tiña dous habitantes (un home e unha muller), un menos ca en 2010 (dous homes e unha muller).

Santa Baia de Berredo
      Santa Baia de Berredo é unha parroquia do concello da Bola na comarca da Terra de Celanova, na provincia de Ourense. 

     No ano 2007 tiña 260 habitantes (121 homes e 139 mulleres).

Comarca da Terra de Celanova
     A comarca da Terra de Celanova é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Celanova. 

     A ela pertencen os concellos da Bola, Cartelle, Celanova, Gomesende, A Merca, Padrenda, Pontedeva, Quintela de Leirado, Ramirás e Verea.


Lugares de Santa Baia de Berredo
     Aldea Ferreiro, Anxá, A Bola, Casal do Río, O Castro, Chaos, Covas, Murzás, Outeiro, O Pazo, Requeixo, Santa Baia da Bola, Seixomil, Tixosa

Parroquias da Bola    
     Berredo (San Miguel), Pardavedra (Santiago), Podentes (Santa María), San Martiño de Berredo (San Martiño), Santa Baia de Berredo (Santa Baia), Sorga (San Mamede), Soutomel (Santa Locaia), Veiga (San Munio)  

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA