lunes, 19 de julio de 2021

PONTELLA DOS MUIÑOS - RIO BARBADAS - OS MUIÑOS - BARBADÁS

 PONTELLA DOS MUIÑOS

RÍO BARBADAS

OS MUIÑOS

BARBADÁS

 Os Muíños
     Os Muíños é un lugar da parroquia de Barbadás no concello ourensán de Barbadás na comarca de Ourense. 

       Segundo o INE e o IGE en 2011 tiña dous habitantes (un home e unha muller), un máis ca en 2010, cando tiña un habitante (un home).

Lugares de Barbadás
     O Alto do Pontón, Barbadás, Cimadevila, Os Fornos, Os Muíños, O Pontón, San Amaro


Barbadás

     Barbadás é un concello da provincia de Ourense, pertencente a comarca de Ourense. Segundo o IGE en 2016 tiña 10.638 habitantes.O seu xentilicio é barbadés ou barbalatense.

Xeografía
     O concello, de 30,33 km², abrangue 6 parroquias. Limita ao norte con Ourense. O seu principal núcleo é A Valenzá, vila dormitorio de Ourense. 

     Cara ao norte está o río Miño, ao que se dirixe o río Barbaña, principal curso fluvial do concello. As zonas máis montañosas están cara ao suroeste, acadando os 600 m no Alto do Castro.

Parroquias do Concello de Barbadás
     Barbadás (San Xoán), Bentraces (San Xoán), Loiro (San Martiño), Piñor (San Lourenzo), Sobrado do Bispo (Santa María), A Valenzá (San Bernabeu)


Comarca de Ourense
     A comarca de Ourense é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Ourense.

     Pertencen a esta comarca os concellos de Amoeiro, Barbadás, Coles, Esgos, Nogueira de Ramuín, Ourense, O Pereiro de Aguiar, A Peroxa, San Cibrao das Viñas, Taboadela, Toén e Vilamarín.

      Limita ao norte coa comarca de Chantada (Lugo), ao nordeste coa comarca da Terra de Lemos (Lugo) e comarca da Terra de Caldelas, ao leste e sueste coa de Allariz-Maceda, ao sur coa de Celanova e ao oeste coas do Ribeiro e Carballiño. 

MAPA 

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

 

XOAN ARCO DA VELLA


domingo, 18 de julio de 2021

FERVENZA DA BAIÑA - REGO DA BAIÑA - A COSTA - O SEXO - AGOLADA

FERVENZA DA BAIÑA 

REGO DA BAIÑA

A COSTA

O SEXO

AGOLADA

 A Costa
     A Costa é un lugar da parroquia do Sexo, no concello pontevedrés de Agolada, na comarca do Deza. Segundo o INE, no 2008 tiña 10 habitantes (6 homes e 4 mulleres), o que supón unha diminución de 7 habitantes respecto ao ano 2000.

 O Sexo
     O Sexo é un lugar da parroquia do Sexo, no concello pontevedrés de Agolada, na comarca do Deza. Segundo o INE, no 2008 tiña 33 habitantes (16 homes e 17 mulleres), o que supón unha diminución de 10 habitantes respecto ao ano 2000. 

 Lugares do Sexo
     A Costa, O Sexo, O Souto

Parroquias de Agolada
     Agra (San Miguel), Artoño (Santalla), A Baíña (San Pedro), Basadre (Santa María), Berredo (Santa María), Borraxeiros (San Cristovo), Brántega (San Lourenzo), Brocos (San Miguel), Carmoega (San Pedro), Eidián (Santiago), Esperante (San Cbrao), Ferreiroa (San Pedro), Gurgueiro (San Miguel), Merlín (San Pedro), Órrea (Santo André), Ramil (San Martiño), San Paio de Bais (San Paio), Santa Comba (San Xoán), Sesto (San Cibrao), O Sexo (Santiago), As Trabancas (San Mamede), Val de Sangorza (Santa María), Ventosa (San Xulián), Vilariño (Santa María)

Comarca de Deza
     A comarca de Deza é unha comarca da provincia de Pontevedra e a súa capital é Lalín. Pertencen a ela os concellos de Agolada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces. A súa poboación é de máis de 40.000 habitantes. 

     O Deza coincide coa antiga comarca de País do Deza, isto é, as xurisdicións de Deza, Camba, Dozón, Trasdeza, Carbia e Valquireza.

Situación
     A comarca de Deza ven coincidir co centro xeográfico de Galicia. Limita ao norte coas comarcas de Santiago, Arzúa e Terra de Melide, ao sur coa do Carballiño, ao leste coas de Ulloa e Chantada e ao oeste con Tabeirós-Terra de Montes.

Orografía
     A comarca está estruturada pola dorsal galega, coas serras do Faro ao leste, da Martiñá ao sur, do Candán ao oeste coa e o río Ulla, que a separa da Terra de Santiago ao norte. O conxunto constitúe unha comarca natural que xa se referencia en documentos do ano 569 ao se conformar o Condado Decense no seo da diocese de Lugo.

Hidrografía
     Os ríos Deza e Arnego, afluentes do Ulla, cruzan paralelos a comarca do sur ao norte. O Deza e o seu afluente, o Asneiro, nacen no monte Testeiro; o Arnego nace na Serra de Faro. A estes úneselles o río Toxa que baixa desde o Candán e na súa caída ao Deza forma unha das máis significativas fervenzas de Galicia (fervenza do Toxa).

Clima
     Caracterízase por un clima atlántico, sen temperaturas extremas nin en inverno nin en verán, con paisaxes fluviais que permiten o desenvolvemento de especies vexetais mediterráneas e o cultivo de vides, limoeiros etc.

Demografía
     A comarca do Deza contaba en 2020 con 40.046 habitantes. 

VIDEO

MAPA 

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA


PONTE MANDRAS - MANDRAS - RÍO BARBANTIÑO - SAN CRISTOVO DE CEA

 PONTE MANDRAS

RÍO BARBANTIÑO

MANDRAS

SAN CRISTOVO DE CEA


Río Barbantiño
     O río Barbantiño é un afluente do río Miño que discorre pola comarca do Carballiño, na provincia de Ourense.

Percorrido
     Nace nos montes de Orbán no concello de Vilamarín e descorre do nordeste a suroeste, atravesando os concellos de San Cristovo de Cea, Amoeiro, Maside e Punxín para desembocar no Miño en Barbantes.

     Os seus afluentes son pola esquerda o regato do Orbán, o río Formigueiro e o regato Casardemato, e pola dereita o regato Alontos, o regato da Cabana, o río Pequeno, o río de Louredo, o regato Listanco e o regato do Faro.

Mandrás
     San Pedro de Mandrás é unha parroquia do concello de San Cristovo de Cea na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense.

     Segundo o IGE en 2013 tiña 86 habitantes, deles 47 eran homes e 39 eran mulleres, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 110 habitantes.

Lugares de Mandrás
     A Agra, Costa de Monte, Fondo de Vila, Mandrás, Ponte Mandrás


San Cristovo de Cea
     San Cristovo de Cea é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca do Carballiño. Segundo o IGE en 2014 tiña 2.418 habitantes (3.026 en 2003). O seu xentilicio é «ceés».

Xeografía
      O concello, de 93,9 km², abrangue 13 parroquias. Limita ao norte con Rodeiro (provincia de Pontevedra) e Carballedo (provincia de Lugo), ao sur con Maside, ao leste con Vilamarín e ao oeste con Amoeiro, Piñor e O Carballiño, do que o separa o río Arenteiro.

     O nordeste do concello é unha zona montañosa, rama sur da serra do Faro, cos picos da Martiñá (1.039 m) e Alledo (1.011 m). O municipio está atravesado polos ríos Mirela e Oseira (afluentes do Arenteiro) e polo río Barbantiños. Outros cursos menores son o Búbal, Silvaboa, Benito, O Texo ou o Ricovelo. A zona ten clima oceánico temperado nos vales e oceánico de montañas nas zonas altas.

     O termo municipal está comunicado a través da estrada N-525 e da AG-53.

Toponimia
     O nome da vila aparece escrito ao longo da súa historia como Cea, Çea, Ceia e Zea, posiblemente é un topónimo de orixe celta. Tería dous posibles significados "muralla" ou "pradeira".

     A inicios do século XIX foron creados os concellos de Oseira, Cea e Mandrás, fusionados trala división territorial de España en 1833.

     A feira local celébrase os días 6 e 22, e o primeiro domingo de xullo celébrase a festa do pan de Cea.

Parroquias de San Cristovo de Cea     
     Castrelo (San Cibrao), Cea (San Cristovo), Covas (Santa María), Lamas (San Martiño), Longos (Santa Baia), Mandrás (San Pedro), Oseira (Santa María a Real), Pereda (Santa Baia), San Fagundo (San Fagundo), Souto (San Salvador), Vales (San Pedro), Vilaseco (San Miguel) Viña (San Román)


Comarca do Carballiño
     A comarca do Carballiño é unha comarca galega situada na provincia de Ourense.


     Toma o nome da súa vila principal. Pertencen a ela os concellos de San Amaro, Beariz, Boborás, O Carballiño, San Cristovo de Cea, O Irixo, Maside, Piñor e Punxín.


Poboación
     No ano 2020 tiña 26.443 habitantes, deles 13.896 eran mulleres e 12.547 homes.

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

 

viernes, 16 de julio de 2021

PONTELLAS EN PORTOMARTIÑO - REGO DE PORTOMARTIÑO - XESTA - A LAMA

PONTELLA DE PORTOMARTIÑO

REGO DE PORTOMARTIÑO

XESTA

A LAMA

 Portomartiño
     Portomartiño é un lugar da parroquia de Xesta no concello pontevedrés da Lama, na comarca de Pontevedra. Segundo o IGE, en 2011 tiña 7 habitantes (2 homes e 5 mulleres).

Xesta
     San Bartolomeu de Xesta é unha parroquia que se localiza no concello da Lama.

   Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 349 habitantes (188 mulleres e 161 homes), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 2004 cando tiña 300 habitantes.

Lugares de Xesta
     O Aredo, As Barreiras, Campelo, A Grifa, Liñares, O Outeiro, Pigarzos, Portomartiño, Xesta

A Lama
     A Lama é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Pontevedra.

     Segundo o IGE en 2016 tiña 2587 habitantes. Padrón municipal de 2003: 2957 habitantes. O seu xentilicio  é lamense.

Xeografía
     O concello, de 117,76 km², está situado na serra do Suído, no leste da provincia de Pontevedra, a uns 25 km da capital provincial. Limita ao norte con Beariz (provincia de Ourense), Forcarei e Cerdedo-Cotobade, ao sur con Fornelos de Montes, ao leste con Avión e con Beariz (ambos os dous na provincia de Ourense) e ao oeste con Ponte Caldelas e con Cerdedo-Cotobade.

Comunicacións
     A principal vía de comunicación é a PO-255 (que comunica con Ponte Caldelas e que permite chegar a Pontevedra e a PO-235 que une o concello con Carballedo, capital do municipio de Cerdedo-Cotobade.

Demografía
     A pirámide poboacional é a dun concello rural galego. É dicir, a poboación é avellentada. Pero recentes campañas municipais para atraer residentes ao termo municipal, conseguiron manter o censo.

     De todas as maneiras, segue sendo inferior ao censo de 1995 (cando vivían 3.517 veciños).

     A poboación do municipio está bastante diseminada nas 10 parroquias do concello. Mais a parroquia capital é con notoriedade, a máis poboada.

Historia
     Consérvanse restos arqueolóxicos das culturas megalíticas, como as mámoas de Portela da Cruz, O Seixo, O Suído, e Antas. Da idade de bronce atopouse na Lama unha espada de tipo argárico de hai 3500 anos, e en Verducido e no castro de Gaxate varias hachas de bronce.

     Desta idade son os gravados rupestres en Chan do Campo, Outeiro Seixiño, Val do Gato, e Laxa das Puzas (Verducido). Hai tres castros identificados: o monte do Castro en Gaxate, o monte do Castro na Lama, e o castro de Xende.

     Na época medieval a zona norte foi colonizada polos monxes do mosteiro da Armenteira a partir do século XV, e o resto pertencía aos señores de Soutomaior, que contaban cunha fortaleza en Fornelos.

     Nos séculos XVII e XVIII aumentou a poboación e a gandería pola introdución do millo, e a pataca procedentes de América. Coas mudanzas que implicaron na agricultura, comezou a desaparecer a emigración a Castela dos temporeiros para a sega do trigo en verán, e aumenta a construción de camiños, igrexas, pazos e pontes. Desta época son as pontes de Verducido sobre o río Parada, a do antigo camiño de Ribadavia a Pontevedra e o de Liñares.

     A emigración a América dos séculos XIX e XX fixo posible a compra das terras aos nobres e a construción de edificacións educativas e centros de beneficencia.

Turismo
     A Lama conta coa ruta homologada de sendeirismo PR-G 135 "Roteiro da Escuadra".
     É unha ruta sendeirista lineal de 7 km, entre o Peso (A Escuadra) e a área recreativa de Santa Mariña, na Serra do Cando.
     Na Serra do Suído atópanse os singulares chozos.

Parroquias da Lama  
      Antas (Santiago), A Barcia do Seixo (Santa Ana), Covelo (San Sebastián), Escuadra (San Lourenzo), Gaxate (San Pedro), A Lama (San Salvador), Seixido (San Bartolomeu), Verducido (San Martiño), Xende (San Paulo), Xesta (San Bartolomeu)

MAPA 

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA