martes, 1 de junio de 2021

IGREXA DE SANTA MARÍA DE AMOEIRO - AMOEIRO

IGREXA DE SANTA MARÍA DE AMOEIRO

AMOEIRO

Igrexa de Santa María de Amoeiro

     Trátase dunha igrexa de estilo románico do S. XII que sufriu importantes reformas nos séculos XVIII e XIX. Consta de tres corpos ben diferenciados, sendo o primeiro deles o correspondente á igrexa primitiva, de planta rectangular e dividida en tres tramos por  contrafortes ao exterior. 

     No S. XVIII ou XIX a esta nave engadíuselle o espazo correspondente ao presbiterio, un corpo de grande volume e planta cadrada. Asemade foille incorporada unha pequena sancristía polo lado setentrional, a carón do presbiterio.

      A súa fachada foi completamente reformada, mantendo tan só algunhas pezas orixinais da primitiva fachada.

     Á esquerda da portada, integrada no seu muro, consérvase unha inscrición orixinaria da construción desta nave perfectamente lexible cuxa transcrición e tradución son as seguintes:“Era M CC predic K(a)l(endas) f(ebruarii) J(o)h(an)nes presbiter fecit dedicacione(m) eccl...(¿ecclclesiac hujus?).”Era milésima quocentésima (ano 1162 da era hispánica), o día antes das kalendas de febreiro (o sexa, el 31 de xaneiro); Xoán presbítero, fixo a dedicación desta igrexa.”


 Amoeiro
     Amoeiro é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Ourense.

     Segundo o IGE en 2016 tiña 2.264 habitantes (2.274 en 2014, 2.371 no 2006, 2.356 no 2005, 2.322 no 2004, 2.276 no 2003).O seu xentilicio é «amoeirés».


Xeografía
     O municipio ten 39,7 km². Está situado na meseta dos Chaos, ao noroeste do val do río Miño. Limita ao norte con Vilamarín e San Cristovo de Cea, ao sur con Ourense e Punxín, ao leste con Coles, e ao oeste con Maside.

     Ten un terreo chan e fértil, con fragas de piñeiros e eucaliptos. Conta cun couto cinexético e cunha zona de pesca no río Barbantiño, no que está a fervenza do Cachón.

     Polo concello discorre a Vía da Prata do Camiño de Santiago.


Historia
     No lugar da Ferradura (Trasalba), consérvanse restos de petróglifos da Idade de Ferro no conxunto do Chan da Feradura. No castro de Zarra tamén hai restos de petróglifos, así como no Raposo. No Coto de Castro e en Marmán atopouse abundante cerámica e estruturas arquitectónicas.

     No lugar do Formigueiro hai restos dun castelo medieval, asentado sobre un castro, do que quedan vestixios en diversas casas e na igrexa do lugar. O castelo do Formigueiro, documentado xa no século XI, era coñecido primitivamente co nome de Alba de Búbal, de onde procede o topónimo Trasalba.

     Consérvanse varios templos relixiosos de arquitectura románica, como as igrexas de San Martiño de Cornoces (levantada sobre penas e un antigo castro) , Santa María de Amoeiro, Santiago de Parada e Santa Mariña de Fontefría (no adro da cal se descubriu un sarcófago de granito anterior ao século XI). Consérvanse restos do mosteiro de Bóveda (o primeiro construído en Galiza da orde do Císter, na segunda metade do século XII), o mosteiro de Cornoces e o mosteiro de San Damián.

     As terras do concello pertenceron ao señorío da Casa de Vilamarín, e estivo incluído entre as enormes posesións do mosteiro de Oseira, da orde cisterciense. Tivo gran produción de gran e pan de trigo, que abastecía ao mercado de Ribadavia, de onde se traía o viño.

     En 1809, durante a guerra da Independencia española, os habitantes dos Chaos salvaron o gando dos ataques das tropas napoleónicas escondéndoo nos habitáculos abovedados soterrados do castelo.

     Na construción da capela de Sanxiao foron utilizadas dúas pedras decoradas procedentes dun poboado castrexo próximo (este tipo de restos atópanse tamén noutras construcións da aldea) e na mesma atopamos unha das únicas aras romanas da provincia reutilizadas como pila bautismal.


     Do patrimonio civil consérvanse pazos e casas grandes coma a dos Mirandas (Parada), Coto Martín (Bóveda), Reinoso (Cornoces), San Damián (Abruciños), Gaión (Amoeiro) e a casa de Cima de Vila en Trasalba, casa natal de Ramón Otero Pedrayo. Pola ponte de San Fiz, sobre o río Barbantiño, no límite co concello de Maside, pasaba o camiño real de Ourense cara a Pontevedra. O forno comunal de Sabariz ten gran valor etnográfico.

Parroquias de Amoeiro    
     Abruciños (San Xoán), Amoeiro (Santa María), Bóveda de Amoeiro (San Paio), Cornoces (San Martiño), Fontefría (Santa Mariña), Parada de Amoeiro (Santiago,| Rouzós (San Cibrao). Trasalba (San Pedro)

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

 

 

IGREXA DE SAN XOÁN - SOBREIRA - VILAMARÍN

 IGREXA DE SAN XOÁN DE SOBREIRA

SOBREIRA

VILAMARÍN

 Sobreira
     San Xoán de Sobreira é unha parroquia do concello de Vilamarín, na comarca de Ourense, provincia de Ourense.

     No ano 2007 tiña 228 habitantes, dos cales 105 eran homes e 123 mulleres.


     O que supón unha perda de habitantes en relación ao ano 2006.

Patrimonio
     No lugar do Rego está o Pazo de Sobreira ou do Rego, do século XVIII, que ocupa illado o centro dunha grande extensión.

     O escudo presenta os brasóns de Enríquez, Mosquera e outros. A capela estivo dedicada a San Xosé.

Lugares de Sobreira
     Arbor, Oxén, O Rego, Sobreira


Vilamarín
     Vilamarín é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Ourense.


     Segundo o padrón municipal en 2014 tiña 2056 habitantes (2236 en 2003).


     O seu xentilicio é vilamarinés.

Xeografía
     Situado ao norte da provincia e a 17 km da súa capital, o concello de Vilamarín ocupa unha superficie de 56 km².

     Limita ao norte co concello de Carballedo (provincia de Lugo) ao sur con Amoeiro, ao leste coa Peroxa e ao oeste con San Cristovo de Cea.


Parroquias de Vilamarín     
     Boimorto (Santa Baia), León (Santa Baia), Orbán (Santa María), Reádegos (San Vicente), O Río (San Salvador), Sobreira (San Xoán), Tamallancos (Santa María), Vilamarín (Santiago), Viña (San Román)


Comarca de Ourense
     A comarca de Ourense é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Ourense. 

      Pertencen a esta comarca os concellos de Amoeiro, Barbadás, Coles, Esgos, Nogueira de Ramuín, Ourense, O Pereiro de Aguiar, A Peroxa, San Cibrao das Viñas, Taboadela, Toén e Vilamarín.

     Limita ao norte coa comarca de Chantada (Lugo), ao nordeste coa comarca da Terra de Lemos (Lugo) e comarca da Terra de Caldelas, ao leste e sueste coa de Allariz-Maceda, ao sur coa de Celanova e ao oeste coas do Ribeiro e Carballiño.

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA




viernes, 28 de mayo de 2021

PETROGLIFO PENA DAS CAZOLAS - SANTE - LARO - SILLEDA

 PETROGLIFO PENA DAS CAZOLAS

SANTE

LARO

SILLEDA

Petroglifos en Silleda
     Outras mostras da cultura prehistórica a salientar son: a Rocha de Penadauga en Escuadro, cargada de ritos e tradicións, os petroglifos da Pena das Cazolas en Laro, do Chao de Petos en Oleiros, a Peneda do Encanto en Siador, os gravados de Primadorno en Breixa e o conxunto de Pena Longa en Cortegada.

      Tamén as rochas gravadas da Mámoa da Braña, de Refoxos e as Brazaletas de ouro de 24 kilates atopadas en Barravaite, en Lamela, hoxe no Museo de Pontevedra, forman parte do rico patrimonio histórico do concello. 



Petróglifo Pena das Cazolas    

     Situación: Sante, Laro
     Época: Idade do Bronce
     Cronoloxía: 2000-1500 a.C.


     Os petróglifos localízanse maioritariamente nunha laxe lixeiramente inclinada cara ao SSW, a carón doutra peneda que a cabalga e que foi desprazada do seu lugar orixinal e que tamén posúe algúns gravados na súa cara vertical.

     A laxe principal contén unha barroca composición a base de motivos escaleiriformes e dunha vintena de combinacións circulares, asociadas a aqueles. 

     Tamén se observan motivos cadrangulares, cazoletas e unha serie de liñas curvas que se unen aos anteriores.

     Estes petroglifos mostran un gran paralelismo cos de Chao de Petos, pola reiterada asociación de círculos e escaleiras.


Laro
Lugares:
     Forcas, Freixeiro, Galán, Laro, A Pereira, O Pereiro, Riobó, San Marrtiño, Sante, O Souto, A Calvela, A Gandarela, Pelures. 

Información turistica:    
     É a cuarta parroquia máis poboada de Silleda. Conforma un núcleo rural de certa importancia en servizos dentro da xeografía do concello que atende ás parroquias colindantes.

     Algunhas empresas relacionadas co metal, a producción láctea e os servizos, incluíndo panaderías e fábrica de gaseosas (máis antiga da comarca),  garantizan a estabilidade da poboación, feito este que se ve fortalecido coas importantes estradas que a cruzan e que van de Silleda ao Carballiño e de Lalín a Pontevedra, coma noutro tempo o facían os Camiños de Arrieiros que levaban ao Ribeiro e á Ulla.


     No aspecto histórico, sobresaen o Cruceiro do Camiño (1171), a igrexa parroquial do S.XIX  preto do Castro, a capela do Pereiro, e os gravados rupestres da Pena das Cazolas da idade do bronce.

     No apartado gastronómico, como non podía ser menos, as carnes, de fama ben gañada, pódense comer na "Parrillada  Milenio" situada en Freixeiro. 

     Mais, se algo lograron os veciños de Laro, foi elevar un produto sinxelo á categoria de prato excelso, a Festa da Tortilla, que ensalza ás amas da casa e visitantes e ás autoridades  que se convidan para dar o pregón.

Festividades:    
     San Salvador que se honra a 1ª fin de semana de Agosto.
     Festa da Tortilla. 

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

Fuente: Turismo de Silleda

XOAN ARCO DA VELLA

PETRÓGLIFO PEDRA DAS FERRADURAS - FENTÁNS - SAN XURXO DE SACOS - CERDEDO COTOBADE

 PETRÓGLIFO PEDRA DAS FERRADURAS

FENTÁNS

SAN XURXO DE SACOS

CERDEDO COTOBADE

 
Gravados rupestres de Fentáns
     O concello de Cerdedo-Cotobade alberga numerosos gravados rupestres.

     Os máis significativos están localizados na parroquia de San Xurxo de Sacos, sendo especialmente importante o Conxunto de Gravados rupestres de Fentáns, que acolle preto de 300 gravados.


     Tres rochas destacan sobre o resto: a Pedra das Ferraduras, a Laxe dos Cebros eo Couto do Rapadoiro.


A Pedra das Ferraduras:
    Na parte superior desa rocha represéntase un dos mellores exemplos de pegadas de cérvidos e bóvidos que se conservan, que parecen camiñar deica unha combinación de círculos concéntricos.


     A parte sur está dominada por unha escena de caza ou acoso, constituída por sete figuras antropomorfas reducidas á mínima expresión que portan armas e rodean aos cervos. A rocha contempla ademais tres deseños dos denominados ídolos-cilindros.


San Xurxo de Sacos
     San Xurxo de Sacos está situada no centro do Concello de Cerdedo-Cotobade e limita con Campo Lameiro.

     Está dividida en dez entidades de poboación:

     Barbeitos, Calva da Viña, Cuspedriños, Cutián, Fentáns, Fontán, Lombo do Muíño, A Longa, O Outeiro, e San Xurxo, e conta con 519 habitantes (segundo o INE de 2015).


Fentáns
     Fentáns é un lugar da parroquia de San Xurxo de Sacos, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade.

    Segundo o IGE, en 2015 tiña 67 habitantes (33 homes e 34 mulleres), o que supón un descenso de 6 persoas respecto ó ano 2006.


Características
      É a única parte do concello na beira dereita do río Lérez.

     Para chegar alí antigamente cruzábase pola ponte de San Xurxo, do século XVIII, pero no ano 2002 fíxose unha nova pola que pode pasar o tráfico rodado.

     Neste lugar está a capela da Nosa Señora de Lixó e a Virxe dos Remedios, a carón dun peto de ánimas e do cruceiro de Lixó.

     Pero o lugar destaca especialmente polo alto número de restos arqueolóxicos. Entre todos eles destaca a Pedra das Ferraduras, pero tamén están o petróglifo do Outeiro do Morcego (5 grupos), o do Coto da Braña, o do Outeiro da Besta, a Laxe dos Cervos, a Chan do Rapadoiro, o Coto do Rapadoiro, a do Camiño da Balboa, e os petróglifos de Lixó.

     Son da Idade de bronce, con inscricións de cazoletas, de figuras circulares e zoomórficas (de cervos).

MAPA 

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

Fuente: Concello de Cerdedo Cotobade

XOAN ARCO DA VELLA