jueves, 22 de octubre de 2020

XIX ENCONTRO INTERNACIONAL DE HOSPITALEIROS E HOSPITALEIRAS DO CAMIÑO PORTUGUÉS - PONTEVEDRA / 2020

XIX ENCONTRO INTERNACIONAL 

DE HOSPITALEIROS E HOSPITALEIRAS

DO CAMIÑO PORTUGUÉS

PONTEVEDRA

      O día 3 de outubro celebrouse en Pontevedra a XIX edición do Encontro Internacional de Hospitaleiros do Camiño Portugués no hotel Galicia Palace,  encontro que ven sendo un dos veteranos do Camiño e no que se deron cita hospitaleiros e hospitaleiras do Camiño Portugues a Compostela.


     Organizado pola Federación Internacional de Asociacións de Amigos do Camiño Portugués a Santiago, reuniu a máis de medio cento de hospitaleiros de Portugal (Braga, Guimaraes, Barcelos, Porto,  Esposende e  Pontevedra).

     Este encontro  e cita obrigada dos  responsables de moitos albergues do Camiño Portugués e as suas variantes ata Compostela.


     No encontro de este ano, o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, presentou os asistentes o proxecto Mar de Santiago, que foi ben acollido por os representantes das asociacións do Camiño.


     Ademais, o encontro tamén serviu para compartir experiencias, aportar novas ideas e posibles melloras na atención e hospitalidade que se lle ofrece aos peregrinos ao longo dos albergues do Camiño Portugués.

     Outro tema de debate, foi os retos do Camiño no proximo ano,  sobre todo os grupos de peregrinos e a sua seguridade nestes tempos de pandemia, e como mellorala.

     Clausurou a xornada a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, que felicitou e agradeceu os asistentes o seu traballo de atención os peregrinos asi como manter os valores destes itinerarios relixiosos- culturais. 


     Tamen falou do traballo  da Conselleria de Cultura para que o proximo Ano Santo sexa un ano no que o Camiño recupere os pregrinos en número considerable e a seguridade para que o COVID non viaxe por o Camiño.


     Eu quero agradecer  a Tino Lores e a Antonio Devesa home moi comprometido en Portugal no Camiño de Santiago, polo convite a esta xornada e a visita pra coñecer diferentes lugares do Pais veciño, que por suposto aceptamos.


     Tamen fomos invitados a unha viaxe en barco por a Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla,  a que non faltaremos.

 
     Deixovos uns videos coas opinións de Nava Castro, Tino Lores e Nuno Pontes

VIDEO

VIDEO

VIDEO

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

miércoles, 21 de octubre de 2020

MUIÑO DO FREIXO - RÍO ARNOIA - CARTELLE

 MUIÑO DO FREIXO

RÍO ARNOIA

CARTELLE

Río Arnoia
     O río Arnoia é un afluente do Miño pola banda esquerda. A súa lonxitude é de 84,5 quilómetros, o que o converte no río máis longo da provincia de Ourense. Un seu homónimo é o portugués río Arnoia, de feito o nome de Arnoia é un hidronímico común en Europa, en linguas prerromanas.

Toponimia
      Coa mesma raíz ca o río Arnego, procede dunha raíz hidronímica celto-indoeuropea er-, or- co significado de excitar, pór en movemento.


Fontes

     Nace no concello de Vilar de Barrio, a partir da confluencia de varios regos da serra de San Mamede.


Percorrido
     Baña os concellos de Vilar de Barrio, Baños de Molgas, Xunqueira de Ambía, Allariz, A Merca e Celanova. Logo segue marcando o límite entre os concellos de Ramirás e Gomesende (no norte) e Cartelle e Cortegada (no sur) a través dun canón que antes de chegar ó concello da Arnoia forma un canón cunha pendente de 300 metros durante sete quilómetros, entre penedías e fragas. Finalmente, chega ao concello da Arnoia onde desemboca no Río Miño no lugar de Portocarreiro fronte a un pequeno illote granítico. No concello da Arnoia o río conforma dous vales unidos, o val de San Vicente (O Rial, O Outeiro, Remuiño, O Pomar, A Ponte, Carnós) e o val de San Amaro (Os Chaos, A Laxa, Quinteiros, A Paixón, Bacelo e Outeiro Cruz).


Afluentes
     Os principais tributarios do Arnoia son o Maceda, o Ambía e o Ourille e outros pequenos regatos ao longo do camiño.


Concello de Cartelle
     Cartelle é un concello da provincia de Ourense, pertencente á Comarca da Terra de Celanova.


     Segundo o padrón municipal en 2014 tiña 2.944 habitantes (3.641 en 2003).


Xeografía
     O concello, de 93,94km², abrangue 12 parroquias. Está situado na cunca do río Arnoia, afluente do Miño.


     Está comunicado con Ourense e Celanova a través da estrada N-540. A capital está na aldea de Outomuro.


     O territorio é unha superficie de erosión desenvolvida entre as máximas alturas, situadas no extremos noroeste, Coto de Novelle de 718 metros e ó nordés situase o Alto do Castro con 635 metros.


     Ao sur, o Val do río Arnoia é a unidade xeográfica fundamental cara ao que aflúen numerosos emisarios.


     Trátase dun terreo escarpado e alterable, polo que os procesos de erosión evidéncianse na paisaxe; a abundancia de cursos de auga compleméntase cunhas multiplicidades de lombas e suaves montículos distribuídos por todo o territorio.


Parroquias do Concello de Cartelle   
     Anfeoz (Santa Baia), Cartelle (Santa María), Couxil (Santa María), Espiñoso (San Miguel), As Marabillas (Nosa Sra. das Marabillas), O Mundil (Santa María) , Penela (Santiago), Sabucedo de Montes (San Pedro), San Tomé (Santa María), Sande (San Salvador), As Seixadas (San Xoán), Vilar de Vacas (Santa María)


Comarca da Terra de Celanova
     A comarca da Terra de Celanova é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Celanova.

     A cal pertencen os concellos de A Bola, Cartelle, Celanova, Gomesende, A Merca, Padrenda, Pontedeva, Quintela de Leirado, Ramirás e Verea.

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

 

XOAN ARCO DA VELLA


martes, 20 de octubre de 2020

CRUZ DE SERGIO AMOEDO DURÁN - CALVELLE - AGUASANTAS - CERDEDO COTOBADE

CRUZ DE SERGIO AMOEDO DURÁN

CALVELLE

AGUASANTAS

CERDEDO COTOBADE


     Xa outras veces falamos das cruces, que son miles as que ai por toda Galicia, e que recordan tráxicos sucesos.


     A de hoxe recorda a morte do veciño Sergio Amoedo Durán de Calvelle da parroquia de Agusantas no Concello de Cerdedo Cotobade.


    A Cruz atopase nun cruce de camiños na entrada de Calvelle cerca do cruce da carretera que vai de Ponte Caldelas a Aguasantas


     Sergio Amoedo morreu nun acidente co tractor, e a cruz foi colocada por a sua familia, nela recordase o traxico acidente ocurrido o 25 de Novembro de 1967.


     O meu agradecemento o Rubio de Cotobade, Luis de Laxoso e Manuel Fernandez, como tamen a moitos e moitas seguidores dos meus sitios na rede que me axudaron a saber o motivo de esta cruz. 


EL IDEAL GALLEGO

MAPA 

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

lunes, 19 de octubre de 2020

PEDRA DA CALAVERA - TABOADELO - PONTE CALDELAS

 PEDRA DA CALAVERA

TABOADELO

PONTE CALDELAS


      Da man de meu amigo Fernando Orge fun quen de descubrir moitos recunchos inéditos de esta parroquia de Ponte Caldelas, mil gracias por o tempo que me dedica a min e os seguidores de este sitio.

       O tempo foi quen de crear pedras caprichosas  o longo de miles de anos, como esta coñecida como pedra da Calavera, polo seu parecido a un ser  fantasmagórico, iso que non se pode ver totalmente por a sedimentación de moitos anos..

      Foi lugar de xuntanza e xogos de nenos da parroquia, e tamen un lugar rodeado de lendas e contos, como consecuencia de lumes e falta de aproveitamento do monte  a zona esta bastante abandonada e o lugar que foi un mirador de Val do Río Verdugo totalmente tapado por a maleza.

Taboadelo
     Santiago de Taboadelo é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Ponte Caldelas.


      Segundo o IGE no 2017 tiña 204 habitantes (110 homes e 94 mulleres), distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución respecto ós padróns anteriores.


Historia
     No libro Manuel Murguía, de Vicente Risco, menciona que en Taboadelo aínda se celebraba "A xunta dos homes".


     Trátase dunha asemblea rural con cargos vitalicios (repúblicos, todos os homes casados da parroquia) e electos cada ano (mordomo, elixido cada 1 de xaneiro).


Festas
     Desde o ano 2004 celébrase na parroquia a Festa do Muíño, á beira do río Verdugo. Desde a restauración do muíño de Abaixo, por parte da Asociación de Veciños O Carballo, a penúltima fin de semana de xuño prográmanse degustacións gastronómicas e actos lúdicos e musicais, con zona de acampada.


Lugares de Taboadelo
     Taboadelo, Verdugo

VIDEO

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

 

XOAN ARCO DA VELLA


viernes, 16 de octubre de 2020

PETRÓGLIFOS DO OUTEIRO DO FORNO DA TELLA - CUNTIS

 PETRÓGLIFOS

 DO 

OUTEIRO DO FORNO DA TELLA

CUNTIS


Petróglifos do Outeiro do Forno da Tella
      Petróglifos como os do Outeiro do Forno da Tella I outórganlle a Cuntis un importante valor no tocante aos gravados rupestres. 

     Nel, numerosas combinacións circulares atópanse en distintas rochas, porén un dos grupos máis espectaculares amosa unha "procesión" de cérvidos que foxen dun suposto inimigo. 

     Noutra parte desta laxe, con todo naturalismo elaboraronse outros tres (quizais bramando) e animais dispersos en actitude de busca de alimento.

     Algo máis ao nacente deste conxunto está o Outeiro do Forno da Tella II, no que atopamos un cervo e varios motivos circulares.


Santa María de Cuntis
     Santa María de Cuntis é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Cuntis.

     Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 2.481 habitantes (1.321 mulleres e 1.160 homes), distribuídos en 23 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 2.453 habitantes.



     Os lugares son Cuntis (Capital do concello), Calvos, Pereira, Trasponte, Meira, Fontecova, O Rogadío, Cardecide, A Louriña, Xinzo, Rebordelo, A Ermida, A Paizosa, O Campo, Laxos, O Pazo, Castrolandín, A Patela, Mesego, Zo, Foxacos, Vilar, Porto de Gómez, Chapín, Piñeiros, Vilariño e O Noval.


     Ten os petróglifos de Cartas e Cartas da Fóra (Cardecide), Outeiro do Forno de tella, Outeiro de Vales, Costa de Vales, Outeiro grande, Outeiro do Moucho e Outeiro da Campá (no polígono industrial).


     Conta cos castros de Castrolandín (escavado), Meira, O Castriño (Xinzo) e Laxos.

MAPA 

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

 

XOAN ARCO DA VELLA