jueves, 21 de mayo de 2020

MUIÑOS NO RÍO LANDRES - SALCEDA DE CASELAS

MUIÑOS DO LANDRES
RÍO LANDRES
SALCEDA DE CASELAS


Salceda de Caselas
     Salceda de Caselas é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Vigo. 



     A súa poboación en 2015 era de 8873 persoas, segundo o Padrón municipal de habitantes. 2007, 7686 persoas. O seu xentilicio é «salcedán» ou «caseleiro».


Localización
     O territorio organízase en torno ao río Caselas, afluente do Miño, e está flanqueado polas depresións dos ríos Louro e Tea. A parte setentrional, na que remata a Dorsal Galega, é a de maiores alturas, cos montes de San Cibrán (430 m), Chan de Mielo (402 m), O Curuncho (400 m), monte Faro (396 m). No sur atópanse socalcos aluviais, de entre as que destacan as Gándaras de Budiño. Predominan as rochas metamórficas, que deron orixe a unha das principais actividades económicas, a explotación do granito.



     Goza dun clima lene con temperaturas medias de 14 °C (8° de media no inverno e 20 °C no verán). As xeadas son infrecuentes e chove bastante no inverno, se ben os veráns son secos.


     A excepción dalgúns soutos e carballeiras pequenas, a vexetación primitiva desapareceu e predominan os piñeiros e eucaliptos. O 30% das terras dedícanse á agricultura, que produce millo, patacas, hortalizas e uvas; nas zonas de ribeira hai prados.


Demografía
     Censo total     8873 (2015)



Historia
     O nome de Salceda débese ao desaparecido mosteiro beneditino de Santa María de Saliceta, arredor do cal se creou a capital municipal actual. Este mosteiro fundouno no ano 914 a raíña Dona Aragonta, esposa do rei de Galiza Ordoño II e parenta de San Rosendo. Era dúplice, de monxes e monxas, e a el se retirou a vivir a súa creadora ao ser repudiada polo seu marido. Os terreos que circundan a igrexa do convento, reconstruída en 1769, denomínanse, precisamente, "do mosteiro" e a súa porta norte "da Raíña".



     O Castelo de Toroña, en Entenza, xogou un papel importante nas guerras contra Portugal, aínda que del hoxe só fiquen algúns restos, pois foi derrubado no século XV por Isabel a Católica.


     En Salceda de Caselas naceu Santo Toribio de Toroña, que chegou a ser bispo de Astorga.


     Durante a Guerra de Independencia española, as tropas españolas ao mando do Abade de Couto, Mauricio Troncoso de Lira, asentáronse na ermida da Ascensión antes de partir do monte das Penizas, en Soutelo, baixo o mando de Felipe Concha para reconquistar Tui.


     Até 1916 recibía simplemente o nome de Salceda, pero nese ano pasou a ser chamado Salceda de Caselas para distinguilo doutros concellos de España (La Salceda, en Segovia, que desapareceu despois de 1960 ao integrarse en Torre Val de San Pedro).


Patrimonio natural
     No ano 2008 tiña sete montes veciñais en mancomún, que ocupaban unha superficie de 931,57 ha.



Economía
     O concello d
e Salceda de Caselas é dos que non minguaron de poboación nas últimas décadas. A agricultura, a gandería e a explotación forestal, afectadas polo minifundismo, foron sendo desprazadas pola industria, centrada no polígono industrial de O Cerquido, que continúa o eixo Vigo-Porriño. 




     Moitos veciños van traballar a Vigo ou ás empresas situadas en Porriño diariamente. As industrias máis importantes están relacionadas coa transformación do granito, os accesorios para a industria da automoción, os plásticos, as construcións metálicas e a cerámica.


Cultura
     No concello érguense numerosos pazos e casas señoriais. Destaca a casa grande da Picoña, que data de 1543; foi propiedade dos señores de Troncoso de Lira e Soutomaior. Outros son o pazo de Pegullal, o pazo de Aballe, o pazo da Corisca, a casa da Marquesa de Atalaia e o pazo de Budiño.


     Pódense ver tres cruceiros notábeis: o cruceiro da Esfarrapada, o do Cristo e outro en Entenza.
  


     As Penas de San Cibrán e as Gándaras de Budiño son dous espazos naturais destacados.


     A festa de seu que acada maior sona é a Festa dos callos.


     O Concello conta cunha gran tradición musical, que na actualidade se reflicte na Banda de Música Cultural de Salceda de Caselas e na Escola de Música de Salceda de Caselas. 

VIDEO
MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

martes, 19 de mayo de 2020

FOXO DE LOBO DE BARBEIRA - BARBEIRA - A LAMA

FOXO DE LOBO DE BARBEIRA
BARBEIRA
A LAMA


Foxo de lobo
     Un couso, lobeira ou foxo de lobo (do latín fossum, escavado é unha construción tradicional empregada no medio rural para a caza do lobo ou de calquera outro animal considerado daniño e perigoso.



     Un foxo de lobos consta dunha serie de elementos empregados para conduciren o lobo ata un lugar onde se lle poida dar caza.



     Habitualmente os seus elementos constitutivos son un par de muros ou valados e un pozo ou foxo propiamente dito.



     Os valados teñen altura suficiente para impediren o paso dos lobos, e forman no terreo os dous lados dun triángulo. No seu vértice hai unha rede entre eles ou un furado escavado no chan, o foxo, no que os lobos eran capturados ou mortos.



     Os muros podían ser de pedra ou madeira, ás veces de cachotería e outras de chantos. Adoitaban ter unha lonxitude total de varios centos e metros.



      Outra variedade consiste nun recinto murado pechado situado en terreo elevado nun lugar de paso obrigado. Nel é doado entrar pero imposible saír. Tamén fai posible capturar ao animal con vida.



     As cacerías organízanse de xeito comunitario. En Galicia a participación nas cacerías estaba tradicionalmente regulada polos concellos das parroquias.



     As épocas preferidas para a caza eran a primavera e máis o verán.



      Os cazadores saían bater ao monte provistos de todo tipo de obxectos que facían ruído e encamiñábanse na súa fuxida cara ao espazo entre os valados.



     O uso das lobeiras está espallado por todo o noroeste da Península Ibérica, especialmente nas zonas máis montañosas ou nas menos humanizadas.



     A pouquidade crecente de lobos e osos fai que o seu uso estea diminuíndo.



     Con frecuencia a toponimia indícanos a existencia de foxos ou dispositivos semellantes , que recibían o nome de calello, caneyo, calecho, xorco, jorco ou caón en Asturias; chorco en León.



     A variedade de recinto pechado era chamada couso en Asturias, corral en León e cortello en Zamora.


VIDEO

MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

domingo, 17 de mayo de 2020

RESTAURACIÓN CAPELA DE SAN MIGUEL - O MAZO - VILAMOR - FOLGOSO DO COUREL

RESTAURACIÓN CAPELA DE O MAZO
O MAZO SANTIGOSO
VILAMOR
FOLGOSO DO COUREL
ANO 2016

     Sempre alegra cando voltas a un sitio ver que as cousas cambian e cambian para ben, persoalmente faime feliz ver que así e.


     A Capela de San Miguel como podedes ver nas fotos que acompañan este traballo pasou de estar esquecida e casi desaparecida a volver a lucir novamente.

ANO 2016

     Desde o meu sitio quero agradecer e felicitar a todos  cantos traballaron para ser quen de facer que o noso patrimonio non quede esquecido o se perda para sempre.
GRACIAS.

 

Mazo Santigoso

      Mazo Santigoso é unha aldea da parroquia de Vilamor, no concello lugués de Folgoso do Courel. Está situada a 600 metros de altitude, na serra do Courel, no límite co concello de A Pobra do Brollón.


ANO 2016

     En 2008 tiña unha poboación de 11 habitantes (8 homes e 3 mulleres). Está xunto ó Regueiro do Mazo.



Vilamor
     San Vicente de Vilamor é unha parroquia do concello de Folgoso do Courel na comarca de Quiroga, na provincia de Lugo. No ano 2007 contaba con 156 habitantes, deles 86 eran homes e 70 eran mulleres.



Lugares da parroquia de Vilamor

     A Campa, Carballal, Castro Portela, Froxán, Mazo Santigoso, Vidallón, Vilamor, Vilar


ANO 2016

Folgoso do Courel
     Folgoso do Courel é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Quiroga. O seu xentilicio é «courelao».


ANO 2016

Poboación

     Censo total 1.089 (2015)



Xeografía
     A serra do Courel é unha cordilleira montañosa situada no sueste da provincia de Lugo, que se estende tamén polos concellos de Quiroga e Pedrafita do Cebreiro. Ten uns 212 km², con fortes variacións de altitude, desde os 400 m no val do río Lor aos 1.600 m en picos como Montouto, Formigueiros (1.643 m) ou Pía Páxaro (1.610 m). O río Lor e varios afluentes seus forman ricos vales con diversos ecosistemas, que fan desta serra a reserva botánica máis importante de Galiza.


ANO 2016

Patrimonio natural
     Folgoso do Courel ten unhas paraxes naturais de alto valor no eido da espeleoloxía.
     A sima de Aradelas está na localidade de Campelo (a 9 km de Seoane), e con 128 metros é a cova máis profunda de Galicia. A cova de Tralacosta ten salas subterráneas con estalactitas e estalagmitas. A cova da Ceza encóntrase en Noceda (a 8 km de Seoane) e ten uns 680 metros de lonxitude, con grandes salas comunicadas por pasos estreitos a través dos que flúe un rego procedente dunha lagoa de 25 metros de profundidade localizada ao final. A Buracada das Choias está en Visuña (a 15 km de Soeane), e ten un percorrido de 30 metros por unha única galería. A cova do Oso está en Moreda, aos pés duns resaltes rochosos. Ten interese arqueolóxico, pois nela atopáronse restos de cerámica. A cova de Teixeira, de gran profundidade, está no lugar da Poza.


ANO 2016

Patrimonio arqueolóxico
     No concello hai diversos restos de poboados castrexos. No castro de Vilar destacan as súas murallas defensivas. Nel atopáronse restos de cerámica. O castro da Torre está próximo á localidade de Sobredo. O castro de Miraz ten unhas murallas de grande altura e no seu interior foron atopadas numerosas sepulturas. O castro de Torexe está en Visuña. No catastro de Ensenada dise que era onde se reunía a xustiza ordinaria da comarca.



     Da época da romanización de Galicia consérvase a Tabula Hospitalis, unha peza de bronce atopada no Carbedo cun texto en latín consistente nun pacto entre o seurro Tilego, fillo de Ambato, e os lougeis do castellum Toletensis con autorización das autoridades romanas.


ANO 2016

 Parroquias de Folgoso do Courel  
     Esperante (San Pedro), Folgoso do Courel (Santa María), Hórreos (San Pedro), Meiraos (Santa María), Noceda (San Pedro), Seceda (San Silvestre), Seoane do Courel (San Xoán), Vilamor (San Vicente), Visuña (Santa Eufemia)



ANO 2016

Comarca de Quiroga
     A Comarca de Quiroga é unha comarca galega situada no sueste da provincia de Lugo, na fronteira coa comunidade de Castela e León. A súa capital é Quiroga e pertencen a ela os concellos de Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil.


VIDEO

MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

viernes, 15 de mayo de 2020

PASOS DE SAN VICENTE - RIO RIBOI - PARADA - PONTE CALDELAS

PASOS DE SAN VICENTE
RÍO RIBOI
PARADA
PONTE CALDELAS



     A beleza natural da paisaxe de Ponte Caldelas destaca, sobre todo, polo contorno do río Verdugo que atravesa a vila e o municipio cun mesto arboredo nas súas marxes e que ao seu paso pola vila se remansa coas súas augas cristalinas.


     O apartado etnográfico, podémolo completar cos sempre sorprendentes entornos naturais nos que se asentan os numerosos muiños de auga que se atopan o longo do río e dos regatos.



     En xeral, todo o percorrido do río Verdugo e entorno son dunha abraiante beleza e recomendado para todo aquel que sexa afeccionado a excursións en contacto coa natureza.



Parroquia de Santo André - Ponte Caldelas
POBLACIÓN:
2.363



LUGARES:
     Ponte Caldelas, Caldelas, Gradín, Parada, Paradela, Laxoso de Arriba, Laxoso de Abaixo e Pazos



FESTAS:
     - Festa da Troita: Último domingo de maio
- Festas dos Dolores: A última fin de semana de agosto


MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA