lunes, 23 de noviembre de 2015

FERVENZA DO RACHÓN - REDONDELA

 FERVENZA DO RACHÓN
REBOREDA
RÍO ALVEDOSA
REDONDELA


Reboreda
     Santa María de Reboreda é unha parroquia que se localiza no concello de Redondela. 


     Segundo o INE en 2010 tiña 2.231 habitantes (1.149 mulleres e 1.082 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 2.247 habitantes.


Patrimonio
     A igrexa parroquial de Santa María de Reboreda é do século XVIII. Nun principio constituía unha capela anexa do Pazo de Reboreda ao que aínda está unida mediante pasadizo elevado, de estilo barroco. 



     No exterior presenta unha porta adintelada, hornacina e torre de espadana. Tamén ten un escudo coas armas dos Prego de Montaos, Soutomaior, Troncoso e Lira e os vascos Mondragón como benfeitores desta construción.


     No lugar de Asnelle de Abaixo está o Pazo do Pousadouro.


Río Alvedosa
     O Alvedosa  que nace no concello de Pazos de Borbén e desemboca no concello de Redondela, en Pontevedra. 



     Atravesa ademais no seu traxecto as parroquias de Reboreda e San Mariño de Ventosela.


     O concello de Redondela (con titularidade de Vila) está emprazado no suroeste de Galicia, na marxe sur da Ría de Vigo, xusto diante da enseada de San Simón, onde se atopa o arquipélago homónimo e desemboca o río Alvedosa, ao que se xunta o Maceiras no centro da vila e o Pexegueiro case na súa desembocadura.



     A súa superficie é de 52,1 km², e limita polo norte con Soutomaior, polo leste con Pazos de Borbén, polo sur con Mos e con Vigo e polo oeste coa ría de Vigo, estando dividido en 47 entidades ou núcleos de poboación agrupados en trece parroquias, dúas delas conformando o centro administrativo. 



     A parroquia de Chapela é, xunto coas anteriormente mencionadas, a única de carácter urbano. 


     O resto das parroquias son marcadamente rurais, aínda que o medre do centro urbano está a converter estas parroquias en mixtas ou rururbanas. 


Estas parroquias son:
     Cabeiro, Cedeira, Cesantes, Cabeiro, Negros, Quintela, Reboreda, Saxamonde, Trasmañó, Ventosela, Vilar de Infesta e O Viso.

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

FERVENZA DOS CHANCÍS - SOBER

FERVENZA DOS CHANCÍS
RÍO XABREGA
SOBER
LUGO


 Regueiro do Xabrega
      No regueiro do Xabrega atópase o máis importante conxunto de muíños do municipio de Sober. En pouco máis de tres quilómetros de lonxitude, as súas augas movían 28 muíños e dous batáns. 


     Este excepcional conxunto etnográfico foi restaurado parcialmente polo taller municipal de emprego, no tramo comprendido entre a aldea da Boca e a desembocadura do regueiro no Sil, no lugar de Os Chancís.


     Unha pequena ruta pola beira do río Xabrega en Anllo (Sober). O río Xabrega ou rego de Camilo, despois dun percorrido duns 5 km con gran desnivel cae no Sil por unha parede rochosa na que forma unha fervenza de gran altura interrumpida pola estrada de acceso a embarcadoiro dos Chancís. O seu curso foi aproveitado para mover numerosos muíños e dous batáns.


Anllo
     Parroquia dunha notable beleza paisaxística, con vistas ás ribeiras do Sil e do Cabe e punto ademais de encontro entre estes dous ríos no lugar coñecido como A Barca.


     Dentro da rede hidrográfica destaca tamén o regato de Portizó, que albergou infinidade de muíños. Ata non hai moito algúns deles aínda eran utilizados polos veciños desta parroquia.


     Parroquia dunha notable beleza paisaxística, con vistas ás ribeiras do Sil e do Cabe e punto ademais de encontro entre estes dous ríos no lugar coñecido como A Barca.


     Nesta parroquia, no lugar de Castinande, naceu a finais do século XVIII o afamado pintor Juan Bernardo Pérez de Castinande. Parte das súas obras aínda se conservan en numerosas casas grandes do municipio, entre elas a casa rectoral de Anllo.


     Conta a tradición que neste lugar de Portizó existiu en tempos un priorado, do que hoxe só se conserva a casa, e nela pódese ver unha inscrición do ano 1669.


SOBER
Medio Natural     
     O espazo natural máis importante fórmao a garganta fluvial do Sil. As paredes graníticas enmarcan o curso do río en profundidades de ata 500 m respecto ás plenichairas circundantes formando o que se coñece como Canóns do Sil. O sector central destes canóns aparece incluído no Inventario de Espazos Naturais elaborado pola Xunta de Galicia. 


     Actualmente existe un fácil acceso a este lugar debido á gran cantidade de pistas e camiños que se fixeron no seu medio, aínda que para salvagarda-la conservación deste singular espazo sería desexable que se puxese un especial coidado nesta práctica a partir de agora.


     Polo que se refire á fauna cabe destacar que existen ricas comunidades herpetólogas, como por exemplo a cobra viperina, a cobra rateira, a cobra de escaleira, a cobra lisa europea, a cobra de auga, eslizón, lagarta e lagarto verdinegro. 



     Encontrámo-lo lobo ibérico e é abundante o porco bravo; son frecuentes a londra, o porco teixo, a xineta, o esquío, o corzo, o raposo, a garduña, a donicela, o ourizo cacho, a toupa, a musaraña, o gato montés e outros pequenos mamíferos. Algúns mamíferos como o lobo –que antano criaba prolificamente no monte de Bolmente- apenas aparecen esporadicamente empurrados pola falta de alimentos e pola presión do home. Outros, como o gato montés, son moi fuxidíos e adoitan vivir en zonas de difícil acceso.


     As aves rapaces volven poboar como azor, o falcón, o gabián, o rateiro común, o miñato, o lagarteiro, o aguiacho cincento e pálido, e con aves nocturnas como o bufo real, o bufo chico, o moucho das orellas, o moucho común, autillo e a curuxa común e campestre. No inverno aparecen concentracións de aves acuáticas tales como patos mergulladores, a garza real e o corvo mariño. 


     Podemos contemplar outras moitas aves como a cegoña branca, o alcaudón real, o corvo, choia, a gravilla, a pega, o cuco, a bubela, o ouriolo, a rula, a pomba torcaz, o paspallás, a perdiz, o merlo, o peto, o reiseñor, o xílgaro, e un longo etc. de paxaros.
 


     Estas terras enmárcanse na conca do Sil, que xunto co Cabe actúan de límites municipais polo sur e polo oeste. 



     Moitos outros arroios recorren estas terras entre os que destacan o Camilo, o Acea, o San Mateo, o Lampaza, o Sante, o Fervedón, o Regato das Lamas, o Pousavedra e o regato de Portizó que conta cunha caída de máis de 250 m.

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

jueves, 19 de noviembre de 2015

POZA DO COUSO - CANS - PORRIÑO

POZA DO COUSO
RIO COUSO
CANS
PORRIÑO


Río Couso
      El Río Couso nace cerca del alto de San Cibrán, a más de 400 m. Su tramo alto se caracteriza por sus fuertes pendientes, que dan forma a varios saltos de agua. Discurre por la aldea de Couso y dió fuerza a los 'muiños' del mismo nombre y un poco más abajo los de A Laxe.


 A Ruta dos Montes de San Cibrán
      A Ruta dos Montes de San Cibrán atópase nas parroquias de A Picoña e San Xurxo do Concello de Salceda de Caselas, parroquia de Cans do Concello de O Porriño e barrio de Couso (parroquia de Guláns) do Concello de Ponteareas. 


     Tratase dunha ruta lonxitudinal de 12,83 km aínda que se pode aproveitar o trazado do Sendeiro das Greas GR-58 para realizar un percorrido circular.


     A ruta iniciase no Alto do Confurco e ascende pola beira do regueiro de Couso onde se atopa a fervenza da Galomeira e se poden visitar varios muíños. 


     Estes muíños foron restaurados no ano 2008 e en varios deles tamén se recuperou o mecanismo de moenda. 


     Dende aquí a ruta ascende ó pobo de Couso onde discorre entre leiras e casas para, pouco a pouco, chegar ó monte comunal de Couso e subir entre masas de piñeiro cara a área recreativa de San Cibrán.


     Unha vez no alto de San Cibrán, onde se pode aproveitar para tomar un descanso, a ruta descende cara a parroquia de Picoña e discorre paralela en moitos tramos ó río Caselas, que presenta en varios puntos unha rica vexetación de ribeira e varios muíños. 


      O sendeiro percorre o fondo do val onde se sitúan a maior parte das casas e se atopan varias construcións interesantes: lavadoiro, antigas escolas, muíños e peto de ánimas.


      Dende o fondo do val o sendeiro ascende de novo cara os montes do comunal de San Xurxo e vaise afastando das leiras e das casas para volver a discorrer entre masas de piñeiros e eucaliptos nas que se atopan restos de varias cortellas, muíños e pozas. 


A ruta finaliza na área recreativa das Conforcadas, onde se pode enlazar con Sendeiro das Greas GR-58 para regresar o alto de Cans e realizar un percorrido circular.

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA



miércoles, 18 de noviembre de 2015

PENA DO ALTAR - A CORUÑA

 PETRÓGLIFOS DE PUNTA HERMINIA
PENA DO ALTAR
MONTE DOS BICOS
A CORUÑA


Concello:
A Coruña   
Lugar: 

     Monte dos Bicos, Punta Herminia


Descrición:
     Os gravados rupestres da Pedra do Altar foron descubertos por Alfredo Mº. de la Iglesia, en maio de 1895. 



     Conteñen numerosas cruces, varias inscritas en círculos, cruces con base circular e algunhas figuras humanas moi esquematizadas. 


     A pedra onde está o gravado posúe unha forma irregular tendo unhas medidas duns 5 metros de longo e 80 centímetros de alto e uns 45º de inclinación cara so suroeste. 


     O gravado está situado a uns 75 metros de altura sobre o nivel do mar tendo un estado de conservación malo debido, ademais da erosión natural, ós múltiples impactos de bala ós que foi sometida a pedra cando os terreos nos que se empraza estaban baixo xurisdicción militar.


     Non se atopa en perigo, pero o recinto que o garda consiste nunhas pilastras de madeira cunhas cadeas de ferro. 



     Polo fronte da pedra, sur-suroeste, as cadeas aínda se manteñen en pé pero no resto as cadeas están tiradas no chan, norte, leste e oeste. 


     Algunhas pilastras están tiradas e unha rota, polo que a xente, sobre todo os nenos, pasan por encima da pedra, aínda que a gravura está nun lateral sendo raro que as pisen e moi doado que así sexa facendo co seu desgaste sexa moi grande. 


     Por iso, deberíase restaurar este valado, facendo ver que non se pode pisar e así deteriorar estes gravados rupestres.

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
Fuente: Patrimonio Galego
XOAN ARCO DA VELLA