miércoles, 11 de febrero de 2026

RUINAS SAN PEDRO DE CELA - BUXÁN - O SAVIÑAO

RUINAS DE SAN PEDRO CELA

BUXÁN

O SAVIÑAO

 San Pedro de Cela

    Situada da aldea de Buxán e un enclave histórico , en plena Ribeira Sacra lucense.

Puntos clave do lugar:
   
Capela Románica: Conserva unha igrexa románica do século XII en estado de ruína consolidada, onde destaca a súa ábsida semicircular e os muros de cantería.

 Sarcófago Antropomorfo: No adro atópase un singular sarcófago de granito con tapa de estola, vestixio dun asentamento probablemente anterior á actual construción.

    Localización e Sendeirismo: Moi preto de Buxán, é unha parada habitual en rutas polo Miño que conectan con San Estevo de Ribas de Miño.

    Tradición Vinícola: Parte das antigas dependencias do que foi un mosteiro foron usadas como adegas particulares entre os socalcos.

       Un recuncho con moita maxia se che gusta o patrimonio medieval e a paisaxe.

Buxán
     Buxán é un lugar da parroquia de Louredo no concello do Saviñao, na comarca de Terra de Lemos. 

     Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2024 tiña 21 habitantes (8 homes e 13 mulleres). 

Louredo
     Santiago de Louredo é unha parroquia do concello do Saviñao na comarca de Terra de Lemos, na provincia de Lugo. 

      No ano 2007 tiña 110 habitantes, deles 53 eran homes e 57 eran mulleres, o que supón unha diminución de 2 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

      O fitónimo Louredo procede do latín LAURETUM, de LAURUM máis o sufixo abundancial -etum, referido a un lugar onde hai loureiros.

Patrimonio
      Pazo de Fraguas.

Lugares de Louredo
     Buxán, Eirexe, Gonzán, Louredo, Meán, A Rega, Santantuíño  

Comarca de Terra de Lemos
      Terra de Lemos é unha comarca galega situada ó sur da provincia de Lugo cuxa capital é Monforte de Lemos, que tamén é o concello máis poboado da comarca. 

      Toda esta comarca forma parte da Ribeira Sacra, da que Monforte tamén é a súa capital.

      Pertencen á comarca de Terra de Lemos os seguintes concellos: Bóveda, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón, O Saviñao e Sober. 

VIDEO

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

martes, 10 de febrero de 2026

IGREXA DE SAN ESTEVO DA BARCIA - BARCIA - LALÍN

IGREXA DE SAN ESTEVO DA BARCIA

BARCIA

LALÍN

Barcia
     Santo Estevo de Barcia é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. 

      Segundo o IGE en 2011 tiña 261 habitantes (141 mulleres e 120 homes), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 323 habitantes.

      Nesta parroquia naceu o bispo de Lugo e arcebispo de Compostela Cayetano Gil Taboada.

Xeografía
     Na parroquia localízase a carballeira de Barcia, de 5 hectáreas de extensión e con carballos centenarios.

Patrimonio
      O castro de Barcia está conformado por un recinto de planta oval e defensas no exterior. A coroa mide no eixo N-S uns 75 m no interior e 100 m ao exterior. Se se teñen en conta tamén as defensas exteriores, a lonxitude é de 110 m. O eixo O-L mide 55 m no interior e 85 m no exterior.  

     A coroa está enteiramente rodeada por un parapeto, agás nunha zona do sector oeste e nun punto no leste (quizais aquí se atope afectado polo acondicionamento do terreo para unha vivenda). O parapeto acada unha altura máxima duns 3,5 m.

     O pazo dos Xil é unha casa fidalga, fundada no século XVII por Antonio Gil, que chegou a ser das máis ricas na comarca.

     A igrexa de Santo Estevo de Barcia é de construción recente, a súa torre e fachada datan de 1878. Ao seu carón érguese un cruceiro cun altar para a procesión do Corpus, con imaxes do Crucificado e a Dolorosa sobre o seu capitel.

Lugares de Barcia
     Afonsín, Amboade, Barcia, Eirexe, Midón, O Outeiro, Ribela, Xar 

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA 

lunes, 9 de febrero de 2026

CRUCEIRO DE FAFIZ - FAFIZ - COUSO - CAMPO LAMEIRO

 CRUCEIRO DE FAFIZ

FAFIZ

COUSO

CAMPO LAMEIRO

Fafiz
      Fafiz é un lugar da parroquia do Couso, no concello pontevedrés de Campo Lameiro na comarca de Pontevedra. 

      Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2024 tiña 4 habitantes (1 home e 3 mulleres). 

O Couso
      San Cristovo do Couso é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Campo Lameiro. 

       Segundo o IGE en 2009 tiña 256 habitantes (138 mulleres e 118 homes) 71 menos que en 1999. Ten sete entidades de poboación.

Festas
    Festas patronais de San Cristovo do Couso o 27, 28 e 29 de xullo.
    Festa do Santísimo Sacramento o 22 de xuño.

Lugares do Couso
   O Castriño, Castro, Cimadevila, O Couso, Fafiz, Liñares | Padín, Rozas  

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

IGREXA DE SAN XOÁN DE VILANOVA - VILANOVA - LALÍN

 IGREXA DE SAN XOÁN DE VILANOVA

VILANOVA

LALÍN

       Igrexa de orixe románica, reformada no s. XVIII. Conserva da época románica a fachada, de pedras moi irregulares, e os muros laterais.

     A portada é dun arco de medio punto cunha arquivolta decorada con arcos e tacos incisos, está sustentada por dúas columnas de bases enterradas e capiteis moi pouco traballados. A espadana ten dous arcos e óculo. A seteira é produto da modificación barroca.

     Nos muros consérvanse algúns canzorros de tipo xeométrico e con formas de animais.

     No interior hai un retablo barroco coroado co escudo de armas do undécimo Conde de Lemos, o que o dataría na primeira metade do século XVIII.


Vilanova
       San Xoán de Vilanova é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. 

      Segundo o INE en 2009 tiña 223 habitantes, distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 275 habitantes.

Patrimonio
     O castro de Vilanova consta dun recinto de forma oval irregular. O eixo NL-SO, mide uns 110 m no interior e 120 m no exterior. O eixo NO-SL mide 90 m no interior e 100 m exterior, no punto máis ancho. 

     Todo o perímetro está protexido por un terraplén aparentemente de terra, aínda que nalgúns puntos se aprecia a existencia de pedra. 

     Na zona sueste e na sur hai muros de pedra, de cachotaría de xisto, que non alcanzan toda a extensión do terrapléns e non parecen relacionados claramente coa estrutura orixinal. 

     No interior da coroa destaca un afloramento rochoso bastante prominente que funciona como unha especie de parapeto, pois o forte desnivel no sueste foi aproveitado para reforzar as defensas. 

     Precisamente neste sector, ao sur do recinto, é onde está a entrada mediante a interrupción do terraplén.

Lugares de Vilanova
      A Abeleda, O Barreiro, A Canda, As Carreiras, Corrigatos, Costoia, O Cruceiro, Mouriscade, Os Muíños, San Tomé, Vilanova, Vilar de Montes 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

domingo, 8 de febrero de 2026

CAPELA ESMOLEIRA EN CORRIGATOS - CORRIGATOS - SAIÁNS - MORAÑA

 PETO-ESMOLEIRO EN CORRIGATOS

CORRIGATOS

SAIÁNS

MORAÑA

Corrigatos
      Corrigatos é un lugar da parroquia de Saiáns no concello pontevedrés de Moraña, na comarca de Caldas. 

       Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2024 tiña 104 habitantes (53 homes e 51 mulleres). 

Saiáns
      San Salvador de Saiáns é unha parroquia que se localiza no concello de Moraña na comarca de Caldas. 

     Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 1.451 habitantes (757 mulleres e 694 homes), distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.375 habitantes. 

     Segundo o IGE, no 2021 a súa poboación ascendera ata os 1.885 habitantes, sendo 945 homes e 940 mulleres.

     No lugar de Santa Lucía aséntase a capitalidade do concello.

Lugares de Saiáns
      A Alberguería, A Barosela, O Buelo, A Chociña, Corrigatos, As Cortiñas, O Covelo, Mos, O Río, Sabadín, Saiáns, Santa Lucía de Moraña, Santa Margarida, Suigrexa 

Comarca de Caldas
      A comarca de Caldas é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Caldas de Reis. 

     Pertencen a ela os concellos de Caldas de Reis, Catoira, Cuntis, Moraña, Pontecesures, Portas e Valga.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA