miércoles, 3 de diciembre de 2025

CRUCEIRO DA ALDEA - SAN MARTIÑO - GARGANTÁNS - MORAÑA

 CRUCEIRO DA ALDEA

SAN MARTIÑO

GARGANTÁNS 

MORAÑA

      Érguese entre a aldea de San Martiño e a igrexa parroquial de San Martiñó de Gargantáns, nunha encrucillada de camiños encima dun muro que ven salvar o desnivel do camiño que baixa cara á igrexa. 

       Parece ser que este cruceiro marcaba o linde das procesións que saían dende a igrexa de San Martiño, situada a uns 100 metros. 

     Por alicerce presenta tres chanzos e un pedestal cúbico cun resalte circular na parte superior. 

    A vara, que ao inicio é cuadrangular, pasa despois a octogonal en diminución conforme ascende. 

      O capitel ten un ábaco de lados convexos coas puntas en chafrán. 

      Está adobiado con volutas nas esquinas e cabeciñas de anxo con ás no medio das caras, agás na do Cristo que ten caveira ós pés. 

     A parte inferior do capitel ten forma de cono rematado con astrágalo. 

     O Cristo, baixo cartela de INRI, está pegado ó madeiro coas mans abertas. 

    No reverso está a Virxe coroada por dous anxos sentados nos brazos da cruz e un querubín aos pés que fai de peaña.

MAPA 

 

 Fuente: VICTOR MARTINEZ  

XOAN ARCO DA VELLA 





CRUZ DE SAN MARTIÑO - SAN MARTIÑO - GARGANTÁNS - MORAÑA

 CRUZ SAN MARTIÑO

SAN MARTIÑO

GARGANTÁNS

MORAÑA

San Martiño
       San Martiño é un lugar da parroquia de Gargantáns no concello pontevedrés de Moraña na Comarca de Caldas. 

      Segundo o IGE en 2015 tiña 22 habitantes (12 homes e 10 mulleres), 4 máis que en 2010, pero 6 menos que no ano 2000.

Toponimia
     O topónimo San Martiño é un haxiotopónimo referido a Martiño de Tours, e débese á presenza a carón do lugar da igrexa de San Martiño de Gargantáns.

Lugares de Gargantáns
  
   A Espedregueira, O Muíño, Paraños, San Martiño 

Comarca de Caldas
      A comarca de Caldas é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Caldas de Reis.

        Pertencen a ela os concellos de Caldas de Reis, Catoira, Cuntis, Moraña, Pontecesures, Portas e Valga. 

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA 

martes, 2 de diciembre de 2025

IGREXA DE COUSSO - COUSSO - MELGAÇO

 IGREXA DE COUSSO

COUSSO

MELGAÇO

Cousso
     Cousso e unha fregresia portuguesa do concello de Melgaço, con 7,14 km² de superficie e 361 habitantes (2001). Sua densidade de poboción e de 50,6 hab/km². 

MELGAÇO
      Esta vila naceu dun pequeno burgo crecido á sombra do castelo roquero construído en 1170, por orde de D. Afonso Henriques.

       Situada no punto máis setentrional do país, Melgaço é unha pequena e antiga vila, capital do concelho do mesmo nome, no distrito Viana do Castelo.

     Co rio Minho de paisaxe de fondo Melgaço esténdese desde o rio Minho ata as serras dá Peneda e do Soajo.

     O viño é o seu gran embaixador e as festas e romarías populares una das súas maiores atraccións.

       Posúe unha gran diversidade de valores culturais froito da súa ocupación ininterrompida, desde a prehistoria ata a actualidade. O legado arqueolóxico de Melgaço é rico e diverso, con monumentos megalíticos, arte rupestre e castros e monumentos ligados á arquitectura relixiosa, civil e militar como igrexas castelos e pontes,sendo o seu expoñente máis coñecido o castelo que preside a localidade.

       Sen esquecernos dos seus paços e casas señoriales esparexidos por todo ou concelho.

       E ademais do seu patrimonio construído, que por se só, xa merece a visita, en Melgaço tamén gozaremos da súa gastronomía, paisaxes e tradicións.

      Melgaço conta cunha moderna rede museológica composta por catro museos dedicados á historia e etnografía local ademais dun espectacular museo do cinema,con valiosas pezas de exposicion. Tambien é digna de mención a súa igrexa matriz construída no século XII.

     Moi interesantes son os tambien edificios románicos da igrexa do Convento de Paderne, Chaviaes e Nossa Senhora dá Orada. Merece unha visita a bonita aldea de Castro Laboreiro,co seu castelo roquero e as súas numerosas pontes. Neste lugar hai unha raza autóctona de can o Cao de Castro Laboreiro.

     En Melgaço podemos visitar tamén a estancia termal, situada a 4 quilómetros, encerrada nun verde val, asi como tamén unha boa oportunidade para probar o famoso Bife à Melgaço ou o excelente cabrito ao forno.

MAPA

XOAN ARCO DA VELLA 

FARO DE LUARCA - LUARCA - VALDÉS

 FARO DE LUARCA

LUARCA

VALDÉS

 Faro de Luarca
     O faro de Luarca atópase na localidade de Luarca, no concello asturiano de Valdés (España).  

       Está xestionado pola autoridade portuaria de Avilés.

Historia
       Construído no ano 1862 nunha atalaia na punta denominada Focicón.  

      Trátase dunha construción formada pola casa do farero e a torre do faro anexa. A torre é cadrada. 

Luarca
      Luarca, é unha parroquia e vila do concello de Valdés, no Principado de Asturias. 

      Ten unha poboación de 5.406 habitantes repartidos en 5,84 km² e case integramente na vila homónima, excepto 892 habitantes que poboan o resto de barrios da parroquia.

     Nesta parroquia atópase a vila de Luarca, capital do concello de Valdés. 

     Está situada a 90 km de Oviedo, capital do Principado. 

      O seu templo parroquial está adicado a Santa Olaia.

      É unha localidade de paso do Camiño de Santiago pola Costa e conta cun albergue de peregrinos, situado en Almuña, a uns dous quilómetros da vila de Luarca.

Poboacións
    Almuña
    Fontouria
    Luarca
    Portizuelu
    Barcellina 

MAPA

  

XOAN ARCO DA VELLA 

lunes, 1 de diciembre de 2025

PORTO DE LUARCA - LUARCA - VALDÉS

 PORTO DE LUARCA

LUARCA

VALDÉS

Luarca
      Luarca, é unha parroquia e vila do concello de Valdés, no Principado de Asturias. 

      Ten unha poboación de 5.406 habitantes repartidos en 5,84 km² e case integramente na vila homónima, excepto 892 habitantes que poboan o resto de barrios da parroquia.

     Nesta parroquia atópase a vila de Luarca, capital do concello de Valdés. 

     Está situada a 90 km de Oviedo, capital do Principado. 

      O seu templo parroquial está adicado a Santa Olaia.

      É unha localidade de paso do Camiño de Santiago pola Costa e conta cun albergue de peregrinos, situado en Almuña, a uns dous quilómetros da vila de Luarca.

Poboacións
    Almuña
    Fontouria
    Luarca
    Portizuelu
    Barceḷḷina 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

PETO DE SANTIAGO DE ALBÁ - SANTIAGO DE ALBÁ - PALAS DE REI

 PETO DE SANTIAGO DE ALBÁ

SANTIAGO DE ALBÁ

PALAS DE REI

  Peto de ánimas
   Chámanse petos de ánimas a unha das manifestacións materiais do culto aos mortos e son, xeneralmente, sinxelos monumentos de piedade popular asociados á idea do purgatorio.

    En Galicia é frecuente atopalos en camiños, encrucilladas, atrios de igrexas, etc.

     Os historiadores e etnógrafos sitúan a súa aparición a partir da Contrarreforma, datándose os máis antigos no século XVII, aínda que non sería ata o século XVIII cando se constrúan con máis profusión.

     A súa finalidade é a de ofrecer esmolas de todo tipo ás ánimas do Purgatorio, sendo o seu castigo temporal e podendo así alcanzar o Ceo.

    En compensación, unha vez liberadas intercederán por quenes realizaron as ofrendas.

     As esmolas non eran de carácter estrictamente monetarias, tamén podía tratarse de produtos agrícolas.

     Os petos de ánimas adoitan estar construídos en pedra cunha cruz no alto, polo xeral con imaxes das ánimas no lume do purgatorio e unha figura que as vela (santo, rei ou bispo).

     Na parte frontal aparece un peto para depositar a esmola e protexido cunha reixa ou un cristal.

Algúns levan lendas do tipo:
     Un alma tes e non máis, si a pérdes que farás...  

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA