lunes, 9 de febrero de 2026

IGREXA DE SAN XOÁN DE VILANOVA - VILANOVA - LALÍN

 IGREXA DE SAN XOÁN DE VILANOVA

VILANOVA

LALÍN

       Igrexa de orixe románica, reformada no s. XVIII. Conserva da época románica a fachada, de pedras moi irregulares, e os muros laterais.

     A portada é dun arco de medio punto cunha arquivolta decorada con arcos e tacos incisos, está sustentada por dúas columnas de bases enterradas e capiteis moi pouco traballados. A espadana ten dous arcos e óculo. A seteira é produto da modificación barroca.

     Nos muros consérvanse algúns canzorros de tipo xeométrico e con formas de animais.

     No interior hai un retablo barroco coroado co escudo de armas do undécimo Conde de Lemos, o que o dataría na primeira metade do século XVIII.


Vilanova
       San Xoán de Vilanova é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. 

      Segundo o INE en 2009 tiña 223 habitantes, distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 275 habitantes.

Patrimonio
     O castro de Vilanova consta dun recinto de forma oval irregular. O eixo NL-SO, mide uns 110 m no interior e 120 m no exterior. O eixo NO-SL mide 90 m no interior e 100 m exterior, no punto máis ancho. 

     Todo o perímetro está protexido por un terraplén aparentemente de terra, aínda que nalgúns puntos se aprecia a existencia de pedra. 

     Na zona sueste e na sur hai muros de pedra, de cachotaría de xisto, que non alcanzan toda a extensión do terrapléns e non parecen relacionados claramente coa estrutura orixinal. 

     No interior da coroa destaca un afloramento rochoso bastante prominente que funciona como unha especie de parapeto, pois o forte desnivel no sueste foi aproveitado para reforzar as defensas. 

     Precisamente neste sector, ao sur do recinto, é onde está a entrada mediante a interrupción do terraplén.

Lugares de Vilanova
      A Abeleda, O Barreiro, A Canda, As Carreiras, Corrigatos, Costoia, O Cruceiro, Mouriscade, Os Muíños, San Tomé, Vilanova, Vilar de Montes 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

domingo, 8 de febrero de 2026

CAPELA ESMOLEIRA EN CORRIGATOS - CORRIGATOS - SAIÁNS - MORAÑA

 PETO-ESMOLEIRO EN CORRIGATOS

CORRIGATOS

SAIÁNS

MORAÑA

Corrigatos
      Corrigatos é un lugar da parroquia de Saiáns no concello pontevedrés de Moraña, na comarca de Caldas. 

       Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2024 tiña 104 habitantes (53 homes e 51 mulleres). 

Saiáns
      San Salvador de Saiáns é unha parroquia que se localiza no concello de Moraña na comarca de Caldas. 

     Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 1.451 habitantes (757 mulleres e 694 homes), distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.375 habitantes. 

     Segundo o IGE, no 2021 a súa poboación ascendera ata os 1.885 habitantes, sendo 945 homes e 940 mulleres.

     No lugar de Santa Lucía aséntase a capitalidade do concello.

Lugares de Saiáns
      A Alberguería, A Barosela, O Buelo, A Chociña, Corrigatos, As Cortiñas, O Covelo, Mos, O Río, Sabadín, Saiáns, Santa Lucía de Moraña, Santa Margarida, Suigrexa 

Comarca de Caldas
      A comarca de Caldas é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Caldas de Reis. 

     Pertencen a ela os concellos de Caldas de Reis, Catoira, Cuntis, Moraña, Pontecesures, Portas e Valga.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA  

PETRÓGLIFO LAXE DA ROTEA DO MENDO - MONTE AGUEIROS - CASTRO DE PENALBA - CAMPO LAMEIRO

 PETRÓGLIFO 

LAXE DA ROTEA DO MENDO

MONTE DE AGUEIROS

CASTRO DE PENALBA

CAMPO LAMEIRO

        Petróglifo Laxe da Rotea do Mendo é un dos conxuntos de arte rupestre máis senlleiros de Campo Lameiro, destacando pola súa calidade e o tamaño das súas figuras. 

Características Principais

O "Gran Cervo": 
       O motivo central é un macho de cervo en actitude de berrea (bramando coa cabeza ergueita), recoñecido pola súa gran cornamenta e un falo moi marcado.

Outros motivos: 
      A rocha presenta diversos cervos de menor tamaño, combinacións de círculos concéntricos e algunhas figuras máis modernas ou erosionadas.

Cronoloxía: 
     Pertence á Idade do Bronce (arredor de 4.000 anos de antigüidade). 

Situación: 
      Localízase na parroquia de San Miguel, no monte Agüeiros, preto do Castro de Penalba.

Acceso: 
       Pódese chegar pola estrada PO-221 en dirección a Moraña. Tras uns 2 km desde o centro de Campo Lameiro, chégase ao alto do monte.

Equipamento: 
      A estación está valada e conta cunha pasarela elevada para facilitar a observación sen danar os gravados. 

       Este petróglifo forma parte da inmensa riqueza arqueolóxica do concello, que alberga o Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre. 

Comarca de Pontevedra
      A comarca de Pontevedra é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Pontevedra. 

      Pertencen a esta comarca os concellos de Barro, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, A Lama, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra e Vilaboa. No 2020 tiña 125.280 habitantes. 

VIDEO

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

IGREXA DE SAN COSMEDE DE CUSANCA - SAN COSMEDE DE CUSANCA - O IRIXO

 IGREXA DE SAN COSMEDE DE CUSANCA

SAN COSMEDE DE CUSANCA

O IRIXO

 San Cosmede de Cusanca
      San Cosmede de Cusanca é unha parroquia do concello do Irixo, na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. 

      No ano 2007 tiña 233 habitantes, (109 homes e 124 mulleres), 11 menos ca no 2006.

Xentilicio
      O xentilicio é sancormiño.

Lugares de San Cosmede de Cusanca
Barro, O Barrocal, O Castro, Chelos, A Costa, O Coto, Cusanca, A Eirexa, Fabeiros, Filgueira, A Fraga, Lagorzos, O Outeiro de Abaixo, O Outeiro de Arriba, Pedrouzo, O Río, Segade, Sueirexa, Surribas, O Tellado, Vixide, Zacarade 

O Irixo
        O Irixo é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Carballiño. 

      Segundo o padrón municipal, en 2015 tiña 1.600 habitantes (2.092 en 2003). 

Comarca do Carballiño
       A comarca do Carballiño é unha comarca galega situada na provincia de Ourense. 

       Toma o nome da súa vila principal. 


      Pertencen a ela os concellos de San Amaro, Beariz, Boborás, O Carballiño, San Cristovo de Cea, O Irixo, Maside, Piñor e Punxín. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

sábado, 7 de febrero de 2026

SARTEGOS DA BARCIA - BARCIA - LALÍN

SARTEGOS DA BARCIA

BARCIA

LALÍN 

 Barcia
     Santo Estevo de Barcia é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. 

      Segundo o IGE en 2011 tiña 261 habitantes (141 mulleres e 120 homes), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 323 habitantes.

      Nesta parroquia naceu o bispo de Lugo e arcebispo de Compostela Cayetano Gil Taboada.

Xeografía
     Na parroquia localízase a carballeira de Barcia, de 5 hectáreas de extensión e con carballos centenarios.

Patrimonio
      O castro de Barcia está conformado por un recinto de planta oval e defensas no exterior. A coroa mide no eixo N-S uns 75 m no interior e 100 m ao exterior. Se se teñen en conta tamén as defensas exteriores, a lonxitude é de 110 m. O eixo O-L mide 55 m no interior e 85 m no exterior.  

     A coroa está enteiramente rodeada por un parapeto, agás nunha zona do sector oeste e nun punto no leste (quizais aquí se atope afectado polo acondicionamento do terreo para unha vivenda). O parapeto acada unha altura máxima duns 3,5 m.

     O pazo dos Xil é unha casa fidalga, fundada no século XVII por Antonio Gil, que chegou a ser das máis ricas na comarca.

     A igrexa de Santo Estevo de Barcia é de construción recente, a súa torre e fachada datan de 1878. Ao seu carón érguese un cruceiro cun altar para a procesión do Corpus, con imaxes do Crucificado e a Dolorosa sobre o seu capitel.

Lugares de Barcia
     Afonsín, Amboade, Barcia, Eirexe, Midón, O Outeiro, Ribela, Xar 

VIDEO

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA