domingo, 1 de febrero de 2026

PETO DE CERDEIRO - O CERDEIRO - MOURELOS - O SAVIÑAO

 PETO DE CERDEIRO

O CERDEIRO

MOURELOS

O SAVIÑAO 

    Petos de Ánimas
     Os petos de ánimas son unha das manifestacións materiais do culto aos mortos, da devoción das ánimas; non deixa de falarnos das ideas moi profundas na mentalidade galega sobre a vida e a morte.

     Afirman os historiadores e etnógrafos que o peto de ánimas xorde despois do século XVI, na situación político-relixiosa da Contrarreforma, é entón cando aparece a idea do Purgatorio.

Segundo Castelao:
 
   "A nova devoción suprímeo a idea de castigo eterno".

      A mediados do século XVII, Galicia xa deixara de pensar no Inferno para que se entregue de cheo a idea do Purgatorio, do que os seus mortos queridos podían salvarse a forza de oracións e boas obras.

     A finalidade destes elementos populares é a de ofrecer ofrendas de todo tipo (flores, cera, patacas, maíz, pan, aceite ...), ás ánimas que non atopan descanso no Purgatorio, para que alcancen a felicidade no Ceo; unha vez liberadas intercederán por quen fixo a ofrenda, e daban diñeiro para que o cura o administre e dixese misas polos defuntos.

     Os retablos das ánimas, os petos en que se pide a esmola durante a misa e as obras de cantería son manifestacións de culto ás ánimas.

     O estilo artístico , de cantería defínese como "popular"; os devotos coñecían perfectamente as formas e cores que querían e non lle pedían ao canteiro artesan outra cousa que facer a obra encargada coa súa mellor habilidade.

   Os petos unen arquitectura e escultura, e a súa estrutura divídese en tres partes:
- Estructura arquitectónica básica.
- Unha cavidade similar a unha capeliña que ocupa o eixe central e superior (buqueira).
- Unha cavidad case sempre na base da capeliña, tapada cunha lámina de ferro e un buraco para meter as ofrendas (Alxibeira). 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

PETO DA VIRXE DO CAMIÑO - A PORTELA - DIAMONDI - O SAVIÑAO

 PETO DA VIRXE DO CAMIÑO

A PORTELA

DIAMONDI

O SAVIÑAO

Peto de ánimas
   Chámanse petos de ánimas a unha das manifestacións materiais do culto aos mortos e son, xeneralmente, sinxelos monumentos de piedade popular asociados á idea do purgatorio.

    En Galicia é frecuente atopalos en camiños, encrucilladas, atrios de igrexas, etc.

     Os historiadores e etnógrafos sitúan a súa aparición a partir da Contrarreforma, datándose os máis antigos no século XVII, aínda que non sería ata o século XVIII cando se constrúan con máis profusión.

     A súa finalidade é a de ofrecer esmolas de todo tipo ás ánimas do Purgatorio, sendo o seu castigo temporal e podendo así alcanzar o Ceo.

    En compensación, unha vez liberadas intercederán por quenes realizaron as ofrendas.

     As esmolas non eran de carácter estrictamente monetarias, tamén podía tratarse de produtos agrícolas.

     Os petos de ánimas adoitan estar construídos en pedra cunha cruz no alto, polo xeral con imaxes das ánimas no lume do purgatorio e unha figura que as vela (santo, rei ou bispo).

     Na parte frontal aparece un peto para depositar a esmola e protexido cunha reixa ou un cristal.

Algúns levan lendas do tipo:
     Un alma tes e non máis, si a pérdes que farás...  

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

PETO DE A BESTA - A BESTA - VILELOS - O SAVIÑAO

 PETO DE A BESTA

A BESTA

VILELOS

O SAVIÑAO

Peto de ánimas
   Chámanse petos de ánimas a unha das manifestacións materiais do culto aos mortos e son, xeneralmente, sinxelos monumentos de piedade popular asociados á idea do purgatorio.

    En Galicia é frecuente atopalos en camiños, encrucilladas, atrios de igrexas, etc.

     Os historiadores e etnógrafos sitúan a súa aparición a partir da Contrarreforma, datándose os máis antigos no século XVII, aínda que non sería ata o século XVIII cando se constrúan con máis profusión.

     A súa finalidade é a de ofrecer esmolas de todo tipo ás ánimas do Purgatorio, sendo o seu castigo temporal e podendo así alcanzar o Ceo.

    En compensación, unha vez liberadas intercederán por quenes realizaron as ofrendas.

     As esmolas non eran de carácter estrictamente monetarias, tamén podía tratarse de produtos agrícolas.

     Os petos de ánimas adoitan estar construídos en pedra cunha cruz no alto, polo xeral con imaxes das ánimas no lume do purgatorio e unha figura que as vela (santo, rei ou bispo).

     Na parte frontal aparece un peto para depositar a esmola e protexido cunha reixa ou un cristal.

Algúns levan lendas do tipo:
     Un alma tes e non máis, si a pérdes que farás...  

MAPA

   

XOAN ARCO DA VELLA 

viernes, 16 de enero de 2026

CRUZ DE ARMANDO VAQUEIRO OUBIÑA - SERRA DO SUÍDO - PIGARZOS - XESTA - A LAMA

 CRUZ DE ARMANDO VAQUEIRO OUBIÑA

SERRA DO SUÍDO

PIGARZOS

XESTA 

A LAMA 

    Os que coñecedes Galicia teredes visto miles de cruceiros, petos de ánimas, ou as veces simplemente cruces situadas á beira dos camiños, nos montes ou na nosa costa.

     Unhas veces a súa misión era de protección, outras para salvar a alma e moitas lembran tráxicos sucesos.

     A de hoxe publicámola  grazas á axuda de  impagable a Nely Boullosa e Manuel Boullosa Costal.

     Tamén quería agradecer a confianza que puxeron en min para que o contara o motivo de esta cruz, grazas.

    Esta cruz está dedicada a Armando Vaqueiro Oubiña que morreu ao pé da rocha onde se situa a cruz un 25 de Octubre de 1998 os 69 anos, a cruz foi mandada facer por Celso Boullosa e colocada ali por familiares e coñecidos.

     Armando era veciño da Pigarzos na parroquia de Xesta - A Lama, a pesar de estar na emigración non perdia ocasión para volver a Serra do Suído a minima oportunidade que tiña e disfrutar da pasion que tiña por a caza.

     O lugar onde atopamos esta cruz está na estrada da Graña a man dereita vindo de Pigarzos na Lama, no lugar coñecido como Coto do Seteiro da Xesteira, tamen ali moi cerquiña no Outeiro do Val do Home ai unha fonte coñecida como de Armando Vaqueiro.

VIDEO

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

jueves, 15 de enero de 2026

PENEDO DO COTO DA RAPOSA - COTO DA RAPOSA - A IBIA - QUINS - MELÓN

PENEDO DO COTO RAPOSA

COTO DA RAPOSA

A IBIA

QUINS

MELÓN 

 A Ibia
      A Ibia é un lugar da parroquia de Quins no concello ourensán de Melón na comarca do Ribeiro. 

     Tiña 121 habitantes no ano 2012 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 57 eran homes e 64 mulleres. 

Quins
     Santa María de Quins é unha parroquia do concello de Melón, na provincia de Ourense. 

      Segundo o padrón municipal (INE 2012) ten 876 habitantes (415 homes e 461 mulleres), o que supón un aumento en 12 habitantes en relación ao ano anterior.

       A parroquia está atravesada pola estrada N-120, que comunica Vigo e Ourense.

Lugares de Quins
     Barcia, O Casal, Codesás, Covelo, A Eirexa, A Ibia, Moces, Negrelle, Portalaxe, Portodechán, Quins, A Serra, Vilaverde, Vivenzo 

Comarca do Ribeiro
      A comarca do Ribeiro é unha comarca galega situada na provincia de Ourense no curso medio do río Miño, que a percorre de nordeste a suroeste. 

     A súa capital é Ribadavia, e a ela pertencen os concellos da Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia. Dálle nome ao viño do Ribeiro.

VIDEO

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

CRUCEIRO DA CAPELA DE SAN LOURENZO E SAN BENITO - LIÑARES - XESTA - A LAMA

 CRUCEIRO 

DE 

SAN LOURENZO DE SAN BENITO

CAPELA DE LIÑARES

LIÑARES

XESTA

A LAMA

      Cruceiro que nace sobre un chanzo de sección cadrada. 

     A súa base cúbica de arestas rebaixadas posúe unha pequena praca que di:

“Donado por
Mario Pillado Piñeiro
y Esposa
18 – 7 – 1998”.

     No varal, de sección cilíndrica, podemos ver unha imaxe de Santiago Apóstolo sobre unha peaña.

      O capitel tipo corintio decorado con motivos vexetais da paso a unha cruz de sección cadrada e remates dos brazos florenzados. 

     Nela aparecen as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe coas mans en oración no reverso.

    Este cuceiro atópase ao carón da capela homónima 

MAPA

 

 Fuente: Web Patrimonio Galego

Texto: Oscar Franco 

XOAN ARCO DA VELLA