martes, 6 de enero de 2026

CRUCEIRO DO CRISTO DO VENTO - PIGARZOS - XESTA - A LAMA

 CRUCEIRO DOS CRISTO DO VENTO

PIGARZOS

XESTA

A LAMA

Pigarzos
       Pigarzos é un lugar da parroquia de Xesta, no concello pontevedrés da Lama, na comarca de Pontevedra. 

        Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2024 tiña 91 habitantes (41 homes e 50 mulleres.

Xesta
       San Bartolomeu de Xesta é unha parroquia que se localiza no concello da Lama. 

       Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 349 habitantes (188 mulleres e 161 homes), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 2004 cando tiña 300 habitantes. 

Lugares de Xesta
       O Aredo, As Barreiras, Campelo, A Grifa, Liñares, O Outeiro, Pigarzos, Portomartiño, Xesta 

Comarca de Pontevedra
       A comarca de Pontevedra é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Pontevedra. 

       Pertencen a esta comarca os concellos de Barro, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, A Lama, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra e Vilaboa. No 2020 tiña 125.280 habitantes.  

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

CRUCEIRO-PETO DE SAN LOURENZO - SAN LOURENZO - ESCUADRA - A LAMA

 CRUCEIRO-PETO DE SAN LOURENZO

SAN LOURENZO

ESCUADRA

A LAMA

 San Lourenzo
        San Lourenzo é un lugar da parroquia de Escuadra, no concello pontevedrés da Lama, na comarca de Pontevedra. 

       Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2024 tiña 30 habitantes (17 homes e 13 mulleres).

Toponimia
        O topónimo San Lourenzo é un haxiotopónimo referido ao mártir Lourenzo, e débese á presenza no lugar da igrexa de San Lourenzo de Escuadra.

Escuadra
       San Lourenzo de Escuadra é unha parroquia que se localiza no concello da Lama. 

       Segundo o IGE en 2009 tiña 178 habitantes (100 mulleres e 78 homes), un menos ca en 1999. 

       Ten once entidades de poboación. 

Lugares de Escuadra
      Albáns, Barbeira, Os Cabanelas, Carrizáns, As Chozas, O Peso, Portela das Eiras, Rozadas, San Lourenzo, Sualomba, O Verdugo 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

 

RESTOS DAS ÁNIMAS DA CARAMBOLA - CAMIÑO DA CARAMBOLA - ASNELLE DE ABAIXO - REBOREDA - REDONDELA

 RESTOS DAS ÁNIMAS DA CARAMBOLA

CAMIÑO DA CARAMBOLA

ASNELLE DE ABAIXO

REDONDELA

          A día de hoxe pouco se pode ver deste cruceiro de ánimas: unha base cuadrangular coas arestas rebaixadas e o arranque do varal, e xunto a el unha pedra fincada no chan que era o retablo de ánimas, de trazos sinxelos no que se podía ver a San Francisco axudando a un grupo de ánimas a saír do Purgatorio.

      Este cruceiro de ánimas foi esnaquizado por un vehículo na primeira metade do século XX. 

      Cando se fixo o cemiterio, foi remprazado por outro cruceiro tamén destruído nos anos 70. 

MAPA

 

 Fuente: Web Patrimonio Galego

Texto: Oscar Franco 

XOAN ARCO DA VELLA 

viernes, 19 de diciembre de 2025

MEMORIA DO ANO 2025 - XOAN ARCO DA VELLA

MEMORIA DO ANO 2025
BLOG XOAN ARCO DA VELLA

      A piques de rematar o ano 2025 e como ven sendo normal facemos balance do blog

WWW.XOANARCODAVELLA.COM.

     Contento de seguir poñendo un traballo diario, este ano seran 366 entradas e un total de 6.478, e tamen feliz de disfrutar da vosa compañia, e de poder axudar a mostar Galicia

     Chegamos no a un total de 570.904 visitas este ano e alcanzamos un total de 5.781.048 visitas de moitos sitios do mundo.

     Visitáronnos dende moitos paises o longo do tempo, unha chea de lugares que desexamos gozaran de Galicia.

    O numero de seguidores nas redes sociais superou os 38.114 amigos e amigas, moitisimas grazas a cada un por acompañarne....GRAZAS

     Quero agradecervos a axuda prestada e o voso tempo para poder chegar tan lonxe e espero contar convosco o proximo ano 2026. 

XOAN ARCO DA VELLA 

jueves, 18 de diciembre de 2025

FELICES FESTAS - FELIZ 2026

 FELICES FESTAS

FELIZ 2026

         Grazas por acompañarme este ano, e xa son uns cantos. 

       Vos axudadesme a traballar cada día máis e si pode ser mellor, e seguir facendo mais cada día.

   Pero queria ter un detalle neste día tan especial con vos as seguidoras/es nas redes sociais e no blog ao longo deste tempo, darvos unha aperta a cada un de vos.

     Son feliz de contar coa vosa axuda e compañia.

GRACIAS, MOITAS GRACIAS..   

XOAN ARCO DA VELLA 

martes, 16 de diciembre de 2025

CRUCEIRO DA SEÑORA DA BOA MORTE - VERDOEJO - VALENÇA DO MINHO

 CRUCEIRO DA SEÑORA DA BOA MORTE

VERDOEJO

 VALENÇA DO MINHO

 Verdoejo
   Verdoejo e unha fregresia portuguesa do município de Valença, con 3,82 km² e 573 habitantes (censo de 2021). 

      A sua densidade poboación e 150 hab./km².

Património
    Adro Velho - Ou Adro Velho e un lugar na parte norte da aldea, onde existe un cemitério antigo e un cruceiro.

    Capela do Sr. da Boa Morte- A capela do Sr. da Boa Morte localizase nas inmediacións da Igrexa Parroquial de Verdoejo.

    Capela do Sr. dos Passos
    Capela de São Tomé
    Ermita do Sr. do Bonfim
    Igrexa Parroquial de Verdoejo - A igrexa Parroquial de Verdoejo data de 1691 o tempo que a sua torre data de 1879.

    Moinhos
    Pelourinho de Telheira
    Gravuras Rupestres - Existen nesta aldea vários vestíxios rupestres sin clasificar e ainda por datar, en particular no lugar da Barreira e no lugar do Ermegil.
    Ilha do Conguedo
    O Carvalho Centenário

Valença do Minho
     Ciudade fronteiriza entre Portugal e España situada xunto ao Río Miño, Valença do Minho destaca polas murallas e vestixios propios dunha cidade fortificada dos s. XVII-XVIII (ao estilo do arquitecto francés Sébastien Lle Pestre, Señor de Vauban), que forman o centro histórico hoxe en día coñecido como A Fortaleza, desde o que se pode divisar a ponte fronteiriza construída por Eiffel en 1885.

      O seu primeiro nome foi "Contrasta", que significa poboación oposta a outra, debido á súa localización fronte á cidade galega de Tui na outra abeira del Río Miño.

      Hoxe en día é unha pequena cidade (3,500 habitantes) cun comercio florecente, entre os que destacan, por encima de todos, os produtos téxtiles. 

      É dicir, as toallas que todos os que vivimos preto de Portugal fomos a comprar algunha vez... 

MAPA

  

XOAN ARCO DA VELLA 

lunes, 15 de diciembre de 2025

CRUCEIRO DA IGREXA DE TOUTÓN - TOUTÓN - MONDARIZ

 CRUCEIRO DA IGREXA DE TOUTÓN

TOUTÓN

MONDARIZ

Toutón
      San Mateo de Toutón é unha parroquia que se localiza no concello de Mondariz. 

     Segundo o INE en 2013 tiña 304 habitantes (166 mulleres e 138 homes) 179 menos que en 1999, distribuídos en 5 entidades de poboación.

Patrimonio
      A igrexa de San Mateo de Toutón data de 1711 (na inscrición da fachada figura a data 1713), está situada no barrio de Casco, onde tamén hai unha capela. De planta rectangular e tellado a dúas augas, a fábrica é de cantaría de granito con contrafortes nos muros laterais e corpo posterior diferenciado a xeito de ciborio rústico tipo torre, ameado e con desaugadoiros pétreos. 

     A facha principal ten no lateral esquerdo a torre campanario de planta cadrada e dous corpos (o superior quizais posterior). Na fronte da fachada atópanse dúas pilastras laterais. A porta é alintelada e flanqueada por dúas pilastras caixadas con chapiteis xónicos que aturan un friso con detalles vexetais e por riba un frontón triangular partido, cunha fornela coa imaxe de San Ramón cunha cartela con inscrición. Enriba un ocelo. 

     Na cumieira áchase a imaxe do patrón da parroquia: San Mateo. A sancristía áchase no muro sur.

      É de salientar o cruceiro do adro considerado Ben de Interese Cultural galego, cunha plataforma de tres chanzos cuadrangulares (o máis baixo soterrado polo asfalto). 

     O pedestal ten as arestas rebaixadas e fiugura a data na que foi ergueito: 1711, practicamente á vez que igrexa. 

     Salienta o fuste cilíndrico e o chapitel corintio con volutas nos cantos, fileira dupla de follas e flor central en cadansúa face. 

     A cruz é de sección cadrada coas arestas achafranadas. Nunha das caras a imaxe de Xesús Cristo crucificado coa cartela de INRI, e na outra a Virxe das Angustias co fillo morto no colo.

Festas
      Toutón celebra unha festividade na honra de Santa Marta o 29 de xullo e o 24 de xuño na honra de San Xoán do Xisto.

Lugares de Toutón
      Aboal, Casco, Festín, Lordelo, Portacurbo     

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA