IGREXA DE SAN VICENTE
TILVE
CERPONZÓNS
PONTEVEDRA
A igrexa actual de Cerponzóns asentase sobre as bases dunha anterior datada no século XIII da que inda queda algún restos na edificación barroca.
É un edifico sinxelo dunha soa nave e teitume a dúas augas.
O da cabeceira está máis baixo que o resto da nave e cuberta con bóveda de canón.
Na fachada, muro liso con tres ocos aliñados no seu eixo central: un para a porta alintelada, un oco para a figura de San Vicente Mártir e unha fiestra rectangular. Na beira esquerda, disponse a torre campanario.
O teitume remata en pináculos nos seus extremos e nunha cruz na cima.
Pola beira norte ten unha capela con arcosolio no interior e unha ampliación para as dependencias da sancristía, datada en 1689.
Amosa un escudos heráldico polo exterior no muro norte e outro no muro da cabeceira no este.
No interior e a cada beira do arco de medio punto que da a entrada a cabeceira, dispóñense dous arcosolios flanqueados por pilastras e presidios por escudos heráldicos policromados. No muro norte, sitúase unha capela con arcosolio nunha beira.
No exterior está a antiga pila bautismal e no interior destaca o retablo maior neoclásico. No arcosolio norte, disponse outro retablo, de época barroca, dourado e rematado nun escudo heráldico policromado e presidido pola imaxe da Inmaculada Concepción.
MAPA
Fuente: Web Patrimonio Galega
XOAN ARCO DA VELLA