jueves, 10 de julio de 2025

CRUCEIRO DO ADRO DE CERPONZÓNS - TILVE - CERPONZÓNS - PONTEVEDRA

 CRUCEIRO DO ADRO DE CERPONZÓNS

TILVE

CERPONZÓNS

PONTEVEDRA

     O cruceiro situado no adro da Igrexa de San Vicente de Cerponzóns erguese sobre unha plataforma de tres chanzos. 

     Enriba, un baseamento cun oco no anverso coa imaxe de San Vicente mártir. 

No reverso pódese ler a seguinte inscrición:

COMUNIDADE DE MONTES
CERPONZONS
XANEIRO DE 1991

     O baseamento amosa unha cornixa prominente cunha face superior a catro augas en cuxo centro levantase un varal de planta cadrada con Santiago Apóstolo como santo na parte media. 

     O capitel está formado por un ábaco de planta cadrada sobre querubíns labrados no varal. 

     Remata o conxunto unha cruz latina de brazos potenzados coa imaxe de Cristo crucificado no anverso e Virxe co neno nos brazos no reverso.

MAPA

 

Fuente: Web Patrimonio Galego 

XOAN ARCO DA VELLA 


PETO DE CIMO DE VILA - CIMO DE VILA - MONÇAO

 PETO DE CIMO DA VILA

CAMIÑO DE FONTE FERREIRO 

CIMO DA VILA

MONÇAO   

 
 Peto de ánimas

   Chámanse petos de ánimas a unha das manifestacións materiais do culto aos mortos e son, xeneralmente, sinxelos monumentos de piedade popular asociados á idea do purgatorio.

    En Galicia é frecuente atopalos en camiños, encrucilladas, atrios de igrexas, etc.

     Os historiadores e etnógrafos sitúan a súa aparición a partir da Contrarreforma, datándose os máis antigos no século XVII, aínda que non sería ata o século XVIII cando se constrúan con máis profusión.

     A súa finalidade é a de ofrecer esmolas de todo tipo ás ánimas do Purgatorio, sendo o seu castigo temporal e podendo así alcanzar o Ceo.

    En compensación, unha vez liberadas intercederán por quenes realizaron as ofrendas.

     As esmolas non eran de carácter estrictamente monetarias, tamén podía tratarse de produtos agrícolas.

     Os petos de ánimas adoitan estar construídos en pedra cunha cruz no alto, polo xeral con imaxes das ánimas no lume do purgatorio e unha figura que as vela (santo, rei ou bispo).

     Na parte frontal aparece un peto para depositar a esmola e protexido cunha reixa ou un cristal.

Algúns levan lendas do tipo:
 
   Un alma tes e non máis, si a pérdes que farás...   

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

 

CAPELA DAS AZENHAS - RÚA DAS AZENHAS - VALENÇA DO MINHO

CAPELA DAS AZENHAS

RÚA DAS AZENHAS 

 VALENÇA DO MINHO 

Valença
      Valença, tamén coñecida como Valença do Miño (Valença do Minho en portugués), é un concello portugués do distrito de Viana do Castelo, dentro da Região Norte e subrexión do Minho-Lima.

      O concello abrangue 117,43 km² de área e 14.127 habitantes (2011), subdividido en dezaseis freguesías. 

     Linda polo leste co municipio de Monção, polo sur con Paredes de Coura, polo oeste con Vila Nova de Cerveira e ao noroeste e norte únese a Tui a través do río Miño.

     Dende o 10 de febreiro de 2012, forma coa cidade galega de Tui unha eurocidade, como mostra de cooperación e integración dos dous concellos, separados tan só polo río Miño.  

MAPA

  

XOAN ARCO DA VELLA 

miércoles, 9 de julio de 2025

CAPELA DE SANTA LUCIA - A ALDEA - VIDE - AS NEVES

 CAPELA DE SANTA LUCIA

A ALDEA

VIDE

AS NEVES 

 Capela de Santa Lucia
      Pequena capela feita a base de perpiaño granítico de boa factura, de planta rectangular e cuberta a dúas augas. 

     Posúe un adro composto por grosas columnas, e cuberta a tres augas.

      Na fachada principal podemos ver a porta de acceso enmarcada nun arco de medio punto con doelas, e coroando o conxunto, unha pequena espadana dun só oco con remate en cruz pétrea. 

Vide
     Santa María de Vide é unha parroquia que se localiza no concello das Neves. 

     Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 492 habitantes (262 mulleres e 230 homes), distribuídos en 26 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 2004 cando tiña 482 habitantes.

Xeografía
      Vide limita ao leste coa parroquia de Sela (Arbo), ao oeste co río Termes, ao norte cos montes de San Fins e Odrago e ao sur co río Miño. É de terras chans.

Historia e patrimonio
     No Coto do Galo, na parte alta da parroquia, hai varios petróglifos.

     A igrexa parroquial é de orixe románica e foi reformada no 1782, sendo cura párroco Joaquín Cabeza de Vaca. No seu interior, a bóveda vai decorada cuns frescos. No muro do adro, sobre un fuste duns 3 metros de altura, hai un reloxo de sol de gran tamaño dividido en catro partes, formando ángulos rectos, que ata fai ben pouco servía como indicador das horas de rega. É do século XIII, da época da primeira construción da igrexa.

      Os campos da parroquia están regados por unha cal que percorre 6 quilómetros, partindo desde o extremo norte da freguesía de San Xosé de Ribarteme. Segundo a tradición foi creada durante a romanización de Galicia.

     Por esta parroquia pasa o camiño dos Frades, unha ruta de 15 km que sae da capela de San Manuel, en Medáns (Setados), e vai cara ao santuario da Franqueira (A Cañiza). O camiño foi percorrido pola raíña Sabela de Portugal no século XII como variante da vía portuguesa do camiño de Santiago. Desde Porto e Braga cruzando o Miño por unha antiga ponte de madeira no lugar da Barca Nova, en Medáns. A partir de aquí continuaba ata A Franqueira, onde descansaba no mosteiro para proseguir camiño cara a Pontevedra en dirección a Santiago de Compostela.

Festas
      As festas patronais celébranse os días 14, 15 e 16 de agosto; e as dúas semanas anteriores organízanse actividades culturais como camiñadas, tractoradas ou maratóns.  

MAPA

 

Fuente: Web Patrimonio Galego

XOAN ARCO DA VELLA 

PETO DE SAN FELIX MARTIR - PONTE DO MOURO - MONÇAO

 PETO DE SAN FELIX MARTIR

PONTE DO MOURO

  MONÇAO 

    Os petos de ánimas, os cruceiros e os hórreos son os tres referentes do que poderiamos chamar os monumentos de arte menor da arquitectura rural de Galicia.

     Para a arte maior deixamos as igrexas, muiños, pazos e outras construcións de carácter civil ou militar como torreóns, murallas, etc.

     Polos montes e vales do sur de Galicia e do norte de Portugal, topámosnos/topámonos con frecuencia con estas encantadoras expresións da arte rural.

 

     Hoxe adicámoslle a nosa atención aos petos de ánimas e pequenos monumentos piadosos que ao longo dos séculos, sobre todo a partir do XVII han ir xurdindo en pobos e aldeas.

     Os petos de ánimas son esas pequenas capeliñas que se atopan polo xeral nos camiños e encrucilladas para honrar ás ánimas que esperan a súa liberación no purgatorio en cuxa hucha ou peto depositan os fieis as súas esmolas para financiar as misas que axuden a levalos ao ceo onde, xa na gloria, intercederán polos seus benefactores.

     Estes sinxelos monumentos obra dos canteiros locais, adoitan estar decorados cunha representación das pobres ánimas mergulladas en linguas de lume e en actitude suplicante, cara o seu intercesor que adoita ser un santo, San Antonio, por exemplo, un bispo ou a Virxe do Carmen, entre outros.

     Tamén se atopan, sobre todo en Portugal, construcións deste tipo, pero non adicadas ás ánimas do purgatorio senón a unha devoción en particular, sendo bastantes frecuentes as relacionadas con Cristo cruficado.

     En Fornelos, que significa hornacina en galego, teñen unha dedicada a San Lorenzo.

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA 

 

CAPELA DA GUIA - SAGO - LONGOS VALES - MONÇAO

 CAPELA DA GUIA

SAGO

LONGOS VALES

 MONÇAO 

  Monção
     Monção é unha vila raiana portuguesa no Distrito de Viana do Castelo, rexión Norte e subrexión do Minho-Lima, con cerca de 2 600 habitantes.

Xeografía
     Monção é a sede dun municipio que ten unha superficie de 211,51 km², e unha poboación, no ano 2001, de 19 957 habitantes.

     Limita ao norte con Galiza (Salvaterra de Miño), ao leste co municipio de Melgaço, ao sur con Arcos de Valdevez, ao suroeste con Paredes de Coura e ao oeste con Valença.

O concello está subdividido en 33 freguesías:
    Abedim
    Anhões
    Badim
    Barbeita
    Barroças e Taias
    Bela
    Cambeses
    Ceivães
    Cortes
    Lapela
    Lara

    Longos Vales
    Lordelo
    Luzio
    Mazedo
    Merufe
    Messegães
    Monção
    Moreira
    Parada
    Pias
    Pinheiros    

    Podame
    Portela
    Riba de Mouro
    Sá
    Sago
    Segude
    Tangil
    Troporiz
    Troviscoso
    Trute
    Valadares

      O punto máis alto é o Alto de Santo António, a 1 114 metros sobre o nivel do mar, na freguesía de Riba de Mouro.

Historia
     Monção recibiu un foro do rei Afonso III o 12 de marzo de 1261.

     A vila fíxose célebre no curso das guerras fernandinas debido á enérxica acción de Deu-la-Deu Martins, esposa do alcalde local, que atacou ás tropas castelás que asediaban a vila bombardeándoas cos últimos víveres que lles quedaban.

     Iso é o motivo polo cal, aínda hoxe, aparece no escudo de armas desta vila unha muller sobre unha torre sostendo un pan en cada man. Ao seu redor obsérvase, nunha bordadura, a divisa da vila, facendo referencia ao nome daquela heroína: Deus o deu. Deus o há dado

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA