martes, 8 de julio de 2025

CAPELA DA SRA. DO AUMENTO - SOUTO FISCAL - LONGOS VALES - MONÇAO

 CAPELA DA SRA DO AUMENTO

SOUTO FISCAL

LONGOS VALES

 MONÇAO

 Monção
     Monção é unha vila raiana portuguesa no Distrito de Viana do Castelo, rexión Norte e subrexión do Minho-Lima, con cerca de 2 600 habitantes.

Xeografía
     Monção é a sede dun municipio que ten unha superficie de 211,51 km², e unha poboación, no ano 2001, de 19 957 habitantes.

     Limita ao norte con Galiza (Salvaterra de Miño), ao leste co municipio de Melgaço, ao sur con Arcos de Valdevez, ao suroeste con Paredes de Coura e ao oeste con Valença.

O concello está subdividido en 33 freguesías:
    Abedim
    Anhões
    Badim
    Barbeita
    Barroças e Taias
    Bela
    Cambeses
    Ceivães
    Cortes
    Lapela
    Lara

    Longos Vales
    Lordelo
    Luzio
    Mazedo
    Merufe
    Messegães
    Monção
    Moreira
    Parada
    Pias
    Pinheiros
    

    Podame
    Portela
    Riba de Mouro
    Sá
    Sago
    Segude
    Tangil
    Troporiz
    Troviscoso
    Trute
    Valadares

      O punto máis alto é o Alto de Santo António, a 1 114 metros sobre o nivel do mar, na freguesía de Riba de Mouro.

Historia
     Monção recibiu un foro do rei Afonso III o 12 de marzo de 1261.

     A vila fíxose célebre no curso das guerras fernandinas debido á enérxica acción de Deu-la-Deu Martins, esposa do alcalde local, que atacou ás tropas castelás que asediaban a vila bombardeándoas cos últimos víveres que lles quedaban.

     Iso é o motivo polo cal, aínda hoxe, aparece no escudo de armas desta vila unha muller sobre unha torre sostendo un pan en cada man. Ao seu redor obsérvase, nunha bordadura, a divisa da vila, facendo referencia ao nome daquela heroína: Deus o deu. Deus o há dado

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

 

 

PETO DE SAN OVIDEO E SAN ANTONIO - CABREIRO - ARCOS DE VALDEVEZ

 PETO DE SAN OVIDEO E SAN ANTONIO

CABREIRO

ARCOS DE VALDEVEZ

 Petos de Ánimas
     Os petos de ánimas son unha das manifestacións materiais do culto aos mortos, da devoción das ánimas; non deixa de falarnos das ideas moi profundas na mentalidade galega sobre a vida e a morte.

     Afirman os historiadores e etnógrafos que o peto de ánimas xorde despois do século XVI, na situación político-relixiosa da Contrarreforma, é entón cando aparece a idea do Purgatorio.

 

Segundo Castelao:

     "A nova devoción suprímeo a idea de castigo eterno".

      A mediados do século XVII, Galicia xa deixara de pensar no Inferno para que se entregue de cheo a idea do Purgatorio, do que os seus mortos queridos podían salvarse a forza de oracións e boas obras

     A finalidade destes elementos populares é a de ofrecer ofrendas de todo tipo (flores, cera, patacas, maíz, pan, aceite ...), ás ánimas que non atopan descanso no Purgatorio, para que alcancen a felicidade no Ceo; unha vez liberadas intercederán por quen fixo a ofrenda, e daban diñeiro para que o cura o administre e dixese misas polos defuntos

     Os retablos das ánimas, os petos en que se pide a esmola durante a misa e as obras de cantería son manifestacións de culto ás ánimas.

     O estilo artístico , de cantería defínese como "popular"; os devotos coñecían perfectamente as formas e cores que querían e non lle pedían ao canteiro artesan outra cousa que facer a obra encargada coa súa mellor habilidade.

   Os petos unen arquitectura e escultura, e a súa estrutura divídese en tres partes:
- Estructura arquitectónica básica.
- Unha cavidade similar a unha capeliña que ocupa o eixe central e superior (buqueira).
- Unha cavidad case sempre na base da capeliña, tapada cunha lámina de ferro e un buraco para meter as ofrendas (Alxibeira).

MAPA

  

XOAN ARCO DA VELLA 

lunes, 7 de julio de 2025

PETO DE SAN COSME E SAN DAMIAN - SISTELO - ARCOS DE VALDEVEZ

 PETO DE S. COSME E S. DAMIAN

SISTELO

ARCOS DE VALDEVEZ

 Peto de ánimas
   Chámanse petos de ánimas a unha das manifestacións materiais do culto aos mortos e son, xeneralmente, sinxelos monumentos de piedade popular asociados á idea do purgatorio.

    En Galicia é frecuente atopalos en camiños, encrucilladas, atrios de igrexas, etc.

     Os historiadores e etnógrafos sitúan a súa aparición a partir da Contrarreforma, datándose os máis antigos no século XVII, aínda que non sería ata o século XVIII cando se constrúan con máis profusión.

     A súa finalidade é a de ofrecer esmolas de todo tipo ás ánimas do Purgatorio, sendo o seu castigo temporal e podendo así alcanzar o Ceo.

    En compensación, unha vez liberadas intercederán por quenes realizaron as ofrendas.

     As esmolas non eran de carácter estrictamente monetarias, tamén podía tratarse de produtos agrícolas.

     Os petos de ánimas adoitan estar construídos en pedra cunha cruz no alto, polo xeral con imaxes das ánimas no lume do purgatorio e unha figura que as vela (santo, rei ou bispo).

     Na parte frontal aparece un peto para depositar a esmola e protexido cunha reixa ou un cristal.

Algúns levan lendas do tipo:
     Un alma tes e non máis, si a pérdes que farás...   

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

viernes, 4 de julio de 2025

CRUCEIRO DE A IGREXA - A IGREXA - SANTA MARÍA DE XEVE - PONTEVEDRA

 CRUCEIRO DE A IGREXA

A IGREXA

SANTA MARÍA DE XEVE

PONTEVEDRA

 A Igrexa
      A Igrexa é un lugar da parroquia de Santa María de Xeve no concello de Pontevedra, na provincia de Pontevedra. Segundo o IGE, en 2022 tiña 220 habitantes (104 homes e 116 mulleres).

Toponimia
      O topónimo A Igrexa (do latín (locus) ecclesiae, o lugar da igrexa) débese á presenza no lugar da igrexa parroquial de Santa María de Xeve. 

Santa María de Xeve
      Santa María de Xeve é unha parroquia que se localiza no concello de Pontevedra. 

Segundo o padrón municipal de 2017 tiña 829 habitantes (386 homes e 443 mulleres), 143 menos ca en 1999. Ten 5 entidades de poboación. Até 1944 pertenceu ao concello de Xeve.

Xeografía
      A parroquia limita con Santo André de Xeve, Verducido, Mourente e Lérez, e polo seu territorio pasa o río Lérez.


Patrimonio

      En Gatomorto está o Penedo de Argoenca, petróglifo declarado Ben de Interese Cultural.
     A Casa Gondar, unha construción do século XVIII que aínda conserva unha dependencia anexa outrora empregada como cárcere, e tamén a igrexa parroquial cun campanario de estilo barroco e de frontal neoclásico.
      Celébranse o Corpus Christi e santo Antón de Padua (o domingo seguinte ao 13 de xuño), a Nosa Señora do Carme (o domingo seguinte ao 16 de xuño) e a Inmaculada Concepción o día 8 de decembro. 

 MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

MUIÑO DO TROCA - RÍO XABRIÑA - CRESPOS - MOURISCADOS - MONDARIZ

 MUIÑO DO TROCA

RÍO XABRIÑA

CRESPOS

MOURISCADOS

MONDARIZ

 Crespos
      Crespos é un lugar da parroquia de Mouriscados, no concello pontevedrés de Mondariz. 

      Tiña 80 habitantes no ano 2013 segundo datos do Instituto Galego de Estatística dos cales eran 42 homes e 38 mulleres, o que supón unha diminución con relación ao ano 2000 cando tiña 89 habitantes.

Lugares de Mouriscados
      O Campo do Mouro, Crespos, Fontán, Fontebalán, A Lamela, Poñe, A Porteliña, Zamorelle 

Comarca do Condado
      A comarca do Condado é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Ponteareas. 

      Pertencen a ela os concellos de Mondariz, Mondariz-Balneario, As Neves, Ponteareas e Salvaterra de Miño. 

MAPA

  

XOAN ARCO DA VELLA 

CRUCEIRO PETO DA RÚA MAMOELA - RÚA MAMOELA - RIBADUMIA

CRUCEIRO-PETO DA RÚA MAMOELA

RÚA MAMOELA

RIBADUMIA

Ribadumia
       Ribadumia é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Salnés. 

       Segundo o IGE en 2015 tiña 5.087 habitantes. 

      O seu xentilicio é «ribadumiense».

Comarca do Salnés
      A comarca do Salnés é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Vilagarcía de Arousa, á cal pertencen os concellos de Cambados, O Grove, A Illa de Arousa, Meaño, Meis, Ribadumia, Sanxenxo, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.

      Constitúe un dos máis importantes enclaves turísticos de Galiza.  

     Está comprendido entre a ría de Arousa polo norte e a ría de Pontevedra polo sur, formando parte das denominadas Rías Baixas.

      Recibe este nome polas antigas salinas que existían na desembocadura do río Umia. No Parochiale suevorum do século VI faise mención á Comarca Saliniense. 

      Fontes históricas apuntan á existencia de conflitos relacionados coas salinas localizadas en diferentes puntos da comarca, concretamente nas freguesías de Nogueira, Vilalonga, Noalla e Dena, actualmente pertencentes aos concellos de Meis, Sanxenxo e Meaño

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA