miércoles, 4 de junio de 2025

PETO DE MACENDO - IGREXA DE SANTA MARÍA DE MACENDO - CASTRELO DO MIÑO

 PETO DE MACENDO

IGREXA DE SANTA MARÍA DE MACENDO

CASTRELO DE MIÑO

Macendo
      Santa María de Macendo é unha parroquia do concello de Castrelo de Miño, na provincia de Ourense. 

     No ano 2007 tiña 531 habitantes, deles 259 eran homes e 272 eran mulleres.

Lugares de Macendo
    
 Albín, A Bouza, As Bouzas, Casardeita, Covelas, A Ermida, Fondo de Vila, Meizo, Pousada, Ramiras, San Pedro, Señorín, Souto, Tallón, Vilela 

Comarca do Ribeiro
      A comarca do Ribeiro é unha comarca galega situada na provincia de Ourense no curso medio do río Miño, que a percorre de nordeste a suroeste. 

       A súa capital é Ribadavia, e a ela pertencen os concellos da Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia. Dálle nome ao viño do Ribeiro.

      Ocupa unha superficie de 406,92 km², nos que viven 15.571 habitantes (2020). Por ela transcorren tamén os ríos Arnoia e Avia. O Miño está represado nos encoros de Castrelo de Miño e da Frieira. 

      Existen varios balnearios que aproveitan as augas. Desde a Serra do Suído e Faro de Avión, ao oeste, onde se chega ao 1.000 m de altitude, o relevo descende até só 97 m en Ribadavia e Arnoia.  

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

CRUCEIRO DE SOCASTRO - SOCASTRO - HERBOGO - ROIS

 CRUCEIRO DE SOCASTRO

SOCASTRO

HERBOGO

ROIS

 Socastro
    Socastro é un lugar da parroquia de Herbogo no concello coruñés de Rois, na comarca do Sar. 

     Situado ao pé do castro. Ten 19 habitantes (12 mulleres e 7 homes). 

Cruceiro de Socastro
      Sitúase nunha encrucillada no medio da aldea. De pedestal fanlle tres chanzos e a base, cúbica. 

      O varal é corrente, primeiro de sección cuadrangular e logo octogonal. 

       Segue o capitel, de catro lados, cunha cara de anxo no medio de cada un, moi tosca.

      Tamén a cruz é normal, de sección cuadrangular, agás nos extremos. Cristo ten a cabeza caída cara a un lado. 

       Por detrás está a Virxe das Angustias co fillo morto no colo, que non é máis que un meniño se o comparamos coa Nai. Apoia os pés sobre unha pequena piaña que semella unha nube.

       Ten unha inscrición initelixible que, ademais, non ten data. Pode ser obra do século XIX. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

 

lunes, 2 de junio de 2025

CRUZ DO CASTELIÑO - MONTE DO CEO - ALÉN - XIRAZGA - BEARIZ

 CRUZ DO CASTELIÑO

MONTE DO CEO

 ALÉN

XIRAZGA

BEARIZ

 O CASTELIÑO en Xirazga
       Unha cruz sobre unha pena, que leva mais de douscentos anos resistíndo o paso do tempo, e o abandono.

         Contannos os avós de hoxe, o que "seus avós" decían deste lugar, que non saben moi certo, se é que ía dar a volta alí unha procesión, ou daban a volta cos difuntos que viñan de outro lugar. 

      Atópase no Camiño vello, hoxe, de difícil acceso, está dibuxado no Roteiro de Xirazga, pero mal señalizado.

      Moi agradecido a Mariluz Rodriguez, por a axuda para facer este traballo. GRACIAS.

 Alén
     Alén é un lugar da parroquia de Xirazga, no concello de Beariz, na provincia de Ourense. 

       No ano 2008 tiña 27 habitantes, 8 homes e 19 mulleres; o que supón unha diminución no número de efectivos.

Xirazga
       San Salvador de Xirazga é unha parroquia do concello de Beariz na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. 

      Segundo o IGE, en 2016 tiña 180 habitantes, dos cales 72 eran homes e 108 mulleres. Isto supón unha diminución de habitantes con respecto ao ano 2006 cando tiña 254. 

MAPA

 

 Fuente e fotos: Mariluz Rodriguez

XOAN ARCO DA VELLA

 



CALVARIO DE SAN XULIÁN DE BASTAVALES - A IGREXA - BASTAVALES - BRIÓN

 IGREXA DE SAN XULIÁN DE BASTAVALES

A IGREXA

BASTAVALES

BRIÓN

      Esta no campo da festa e ten a particularidade que ser o único calvario do Concello.

     Está composto de tres cruces e un pousadoiro no centro.

      As cruces laterais son moi sobrias en cando a súa composición.

      Carecen de figuración, teñen extremos potenzados e van sobre plataforma de tres chanzos e varal de arestas rebaixadas.

      O pousadoiro vai sobre unha tarima de pedra de forma circular, soportada por unha columna adelgazada na parte central, a modo de escocia, e remates cúbicos nos extremos.

       O cruceiro principal ten plataforma de tres chanzos e o pedestal está traballado con moldura na parte superior.

      O capitel ten a orixinalidade de ser de forma oval.

     Segue a cruz, de feitura cilíndrica con nós ben marcados.

     Na fronte está Xesucristo e por detrás a Virxe das Dores coas mans xuntas apoiadas no peito. 

MAPA

 

 Fuente: Web Patrimonio Galego

XOAN ARCO DA VELLA

VIACRUCES E CALVARIO DE SORRIBAS - SORRIBAS - ROIS

 CALVARIO E VIACRUCIS DE SORRIBAS

SORRIBAS

ROIS

 Sorribas
      Sorribas é un lugar da parroquia de Sorribas no concello coruñés de Rois, na comarca do Sar.

       Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 50 habitantes (23 homes e 27 mulleres).

Vía Crucis de Sorribas
     Trátase dun via crucis que, no ano 1698, un emigrante mandou levantar.

     Esta obra, que abarca 200 metros, conta cun total de 12 estacións e un calvario formado por tres cruceiros.

      O via crucis é unha das prácticas de oración máis estendidas entre os cristiáns.

      Refírese ás diferentes partes vividas por Xesús dende o momento no que foi preso ata a crucifixión e sepultura.

Camiño sacramental
     Antigamente había un camiño no cal levaban unha caixa dous ou máis homes co defunto dentro; este camiño comeza dende a porta da Igrexa ata o final do via crucis.

Festas
       San Tomé 21 de decembro.
      Nosa Señora das Dolores 1º domingo septembro.
Festa Sacramento en xuño.

Lugares de Sorribas
 
     A Meana, Reibó, Seaxe, Sorribas, Tourís, Vilar de Abade

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

CALVARIO DAS TRES CRUCES - AS TRES CRUCES - SAN PEDRO - MONDARIZ BALNEARIO

 CALVARIO DAS TRES CRUCES

AS TRES CRUCES

SAN PEDRO

MONDARIZ BALNEARIO

       Na área recreativa coñecida como O Bosque, situada nas inmediacións do río Xabriña e preto da capela románica do século XIII posta baixo a advocación de San Pedro, atópase unha grande peneda granítica apoiada en dous chanzos do mesmo material que a simple vista semella a representación dun enorme dolme, en cuxa cima hai tres cruces sen imaxes, tamén de granito, que representan o Calvario.

       Xunto as cruces hai unha pía cadrada escavada na rocha e, en distintas partes da pena, obsérvanse dúas cruces e ao menos dúas pequenas cazoletas.

Comarca do Condado
     A comarca do Condado é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Ponteareas.

      Pertencen a ela os concellos de Mondariz, Mondariz-Balneario, As Neves, Ponteareas e Salvaterra de Miño. 

MAPA

 

Fuente: Web Patrimonio Galego

XOAN ARCO DA VELLA