CAPELA DE SANTA LUCIA
VILASOBROSO
MONDARIZ
Vilasobroso
San Martiño de Vilasobroso (antes coñecido co nome de San Martiño de Portela) é unha vila e parroquia do concello de Mondariz, na Comarca do Condado.
Segundo o padrón municipal tiña en 2013 366 habitantes (165 homes e 201 mulleres), distribuídos en 5 lugares, o que supón unha diminución continuada en relación ós anos 2004, cando tiña 380 habitantes, e 1999, con 416. Hoxe é unha das nove entidades locais menores que existen en Galiza.
Foi recoñecida o 13 de setembro de 1924 polo concello de Mondariz, e considerada a segunda vila do Concello.
Conserva os seus históricos símbolos identificadores, como o seu escudo de armas e a súa bandeira.
Xeografía
En Vilasobroso atópase o outeiro de Landín, onde está situado o castelo de Sobroso. O territorio parroquial está cruzado polo antigo camiño real ou de postas a Castela, que serve de guía de peregrinos ao santuario cisterciense de Santa María da Franqueira.
Dende mediados do século XIX Vilasobroso foi un nó de comunicacións comarcal, ao cruzar por ela a estrada N-120 que unía Vigo con Logroño e que aproveitaba parte do itinerario do antigo camiño real.
Pasan tamén pola vila outras estradas provinciais, como a PO-262 de Vilasobroso a Mondariz, a PO-402 de Vilasobroso a Salvaterra e ás Neves, a PO 4402 de Vilasobroso a Mondariz-Balneario e tamén outras estradas locais menores, na sombra de todas estas estradas configurouse o núcleo actual.
O territorio de Vilasobroso ten unha extensión de 5,18 km². O río principal é o Xabriña, que en parte do seu curso serve de límite parroquial con Queimadelos e Mondariz.
Monumentos
Castelo de Sobroso, século XI;
Igrexa de San Martiño, século XVIII;
Cruceiro de Vilasobroso, século XIX;
Fonte da Vila, situada na Vila Queimada, antiga poboación matriz de Vilasobroso;
Palco da Música (monumento adicado as bandas de Música e Gaiteiros de Galicia), século XX;
Cemiterio de Vilasobroso, século XX;
Centro Veciñal, sede da Xunta Veciñal da Entidade Local Menor de Vilasobroso
Capela Veciñal de Santa Lucia de Vilasobroso
Capela de Fátima, século XX.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA