sábado, 8 de marzo de 2025

MENHIR DA PICOTA OU DO ABELLÓN - CAMPOSANCOS - A GUARDA

 MENHIR DA PICOTA OU ABELLÓN

CAMPOSANCOS

A GUARDA

 Pedrafita-menhir do Marco

     Tamén é coñecida como pedrafita da Picota ou pedra do Abellón.

     Fai e fixo de marco de termo entre as parroquias de A Guarda e Camposancos.

      Aínda que hoxe non está no seu lugar orixinal -foi trasladada uns metros- sabemos que á súa beira transitaba o vello Camiño Real, camiño costeiro, camiño do mar... mesmo ao pé do impoñente Castro de Santa Trega.

     O nome da Picota ten que ver co axustizamento de reos, cuxas cabezas quedaban penduradas no marco.

     A pedrafita aparece moi erosionada, precisamente debido aos fortes ventos marinos que a acompañan continuamente.

     Debido a esto case xa non se aprecian as moitas cazoliñas que cubrían a súa faciana. 

      Aínda que antiguamente foi moito máis alta, na actualidade acada máis de dous metros.

MAPA

 

Fuente: http://dolmensedemaisfamilia.blogspot.com/

XOAN ARCO DA VELLA

IGREXA DE SANTIAGO DE SAA - SAA - DOZÓN

 IGREXA DE SANTIAGO DE SAA

SAA

DOZÓN

     É unha igrexa pequena que se sitúa ao final dunha gran explanada e levemente escondida por un gran árbol e o seu muro de peche, que lle proporciona certa intimidade.

     Ese muro ten acaroado un pequeno cemiterio que continúa pola parte traseira da igrexa, rodeándoa por completo.

     A igrexa ten unha sola nave e ábsida destacada en altura cuberta a catro augas e adornada con pináculos. Ten capelas laterais e sancristía acaroada.

       A fachada está flanqueada por pilastras que rematan en pináculos de bola; a porta é alintelada e rodeada cunha moldura con moito realce, biselada e sen decoración. 

     Destaca a súa espadana dobre rematada por un frontón triangular furado. Na base vemos decoración de placas barrocas.

     Dende aquí, a tan solo dous kilómetros está a Igrexa de Santo André de Vilarello, situadas ámbalas igrexas nunha interesante paisaxe natural.

Saa
     Santiago de Saa é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Dozón. 

     Segundo o INE en 2011 tiña 227 habitantes (115 homes e 112 mulleres), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 280 habitantes.

Patrimonio
     Entre os monumentos da parroquia destacan a igrexa parroquial e un cruceiro. 

Lugares de Saa
     Amedo, A Lama, Moi, A Parte, Saa  

MAPA

 

 Fuente: Dozón Turismo

XOAN ARCO DA VELLA

PETRÓGLIFO DO LAPON - PORTECELO - O ROSAL - OIA

 PETRÓGLIFO DO LAPON

PORTECELO

O ROSAL

OIA

      Petrógifos localizados próximos á liña de costa e sobre un conxunto de pedras graníticas de gran fino.

     Os petróglifos aparecen sobre tres paneis contiguos abarcando unhas dimensións totais de 4.5 m de lonxitude pr 2.5 de ancho, e unha orientación Este – Oeste.

     Os gravados constan de sucos, coviñas, espirais levógiras e dextrógiras, círculos concéntricos e un motivo que semella ser un serpentiforme.

     Existen tamén outros gravados de época moderna.

      Próximo a este conxunto existe un asentamento de Idade do Bronce Final coñecido como “As Cubelas”. A súa prospección arqueolóxica aportou cerámica e industria lítica. 

 MAPA

 

Fuente: Web Patrimonio Galego 

 XOAN ARCO DA VELLA

IGREXA DE CARREÇO - CARREÇO - VIANA DO CASTELO

 IGREXA DE CARREÇO

CARREÇO

VIANA DO CASTELO

 Carreço
     Carreço e unha fregresia portuguesa do concello de Viana do Castelo, con 17,92 km² de superficie e 1.769 habitantes (2001). 

     Sua densidade de poboación e de 98,7 hab/km².

Viana do Castelo
      Viana do Castelo é un concello portugués, capital do Distrito de Viana do Castelo, na rexión Norte e subrexión do Miño-Lima.

      O concello ten 314,36 km² de área e preto de 46.750 habitantes no seu núcleo urbano e 83.000 en todo o municipio, subdividido en 40 parroquias.

Xeografía
      O concello limita ao norte con Caminha, ao sur con Barcelos, ao leste con Ponte de Lima e Esposende, e ao oeste co océano Atlántico.


As freguesías de Viana do Castelo son:

     Afife, Alvarães, Amonde, Anha, Areosa, Barroselas, Cardielos, Carreço, Carvoeiro, Castelo do Neiva, Chafé, Darque, Deão, Deocriste, Freixieiro de Soutelo, Lanheses, Mazarefes, Meadela, Meixedo, Monserrate, Montaria, Moreira de Geraz do Lima, Mujães, Neiva, Nogueira, Outeiro, Perre, Portela Susã, Santa Marta de Portuzelo, (anteriormente Portuzelo), Santa Leocádia de Geraz do Lima, Santa Maria de Geraz do Lima, Santa Maria Maior, Serreleis, Subportela, Torre, Vila de Punhe, Vila Franca, Vila Fria, Vila Mou e Vilar de Murteda. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

viernes, 7 de marzo de 2025

CRUCEIROS NA IGREXA DO CORPIÑO - LOSÓN - LALÍN

CRUCEIROS NA IGREXA DO CORPIÑO

LOSÓN

LALÍN

Cruceiro do Corpiño (I)
     Forma parte do conxunto de dous cruceiros situados a ambos os dous lados da entrada do santuario de O Corpiño. 


      Realizado en granito, este cruceiro posúe unha base de pedra. O varal comeza cuadrangular para rematar octagonal e nun lado do fuste atópase a figura de San Francisco.

     Ten capitel cuadrangular, no que nunha cara aparece unha caveira e unhas tibias, e nas outras tres un anxo alado en cada unha. 

       A cruz ten forma circular e nela aparece, no anverso, un Cristo crucificado coroado de espiñas e, no reverso, unha Virxe orante con manto.

Cruceiro do Corpiño (II)
      Forma parte dun conxunto de dous cruceiros situados á entrada do santuario de O Corpiño. Realizado en granito, posúe unha base de pedra. 

      O varal comeza cuadrangular para ser octogonal. O seu capitel é cuadrangular é presenta un anxo alado en cada cara. 

A Cruz ten forma circular e presenta, no anverso, unha figura con hábito acordoado, un neno nos brazos e unha palma na man; No reverso presenta unha imaxe da Virxe das Angustias.  

MAPA

 

Fuente: Web Patrimonio Galego

XOAN ARCO DA VELLA

IGREXA DE SANTA MARÍA DO CAMPO - SOBREIRAS - O CAMPO - MARÍN

 IGREXA DE SANTA MARÍA DO CAMPO

SOBREIRAS

O CAMPO

MARÍN

     Santa María do Campo é de finais do s. XII e principios do s. XIII, de estilo románico algo serodio. 

     Desta época conserva no interior un arco triunfal, rudo, estreito e apuntado, a través do que se accede ao presbiterio. Nunha segunda fase de construción, no século XVI, realízase a nave de estilo barroco. 

      Posúe unhas magníficas pinturas murais (góticas). Pertenceu á Encomenda de San Xoán.

     A Igrexa de Santa María do Campo conserva boa parte da súa primitiva traza románica, aínda que o que hoxe é visible é o resultado de sucesivas reformas en varias épocas. 

      A parte máis antiga corresponde ao actual testeiro ou cabeceira, de pranta cuadrangular e cuberta de madeira, no que se abre unha xanela con arco de medio punto, enmarcado por unha sinxela moldura de dentes de serra.

     A este testeiro, e aproveitando os materiais da igrexa primeira, se engadiuse cara o século XIII un corpo mais grande, dunha soa nave, e de pranta rectangular, comunicado co testeiro mediante un arco triunfal.

     Na decoración exterior destacan os canzorros con figuras de animais e humanas, dispostos ao longo do aleiro, e o agnus dei que remata o pincho. 

     Na portada ten dous arcos de medio punto simples dobrados e hai restos de inscricións. 

     Coroa a fachada unha espadaina que fai as veces de campanario.

     Ao retirar hai uns anos un retábulo, apareceron decorando os muros do altar maior unhas interesantes pinturas. Datadas no século XV-XVI, amosan rasgos estilísticos máis ben propios do gótico. 

     A un lado e outro da xanela do testeiro (con arquiños de ferradura) hai representada unha anunciación. Á esquerda, o arcanxo Gabriel, e á dereita a Virxe xunto a unha torre que lle serve asemade de atril. 

     No alto, hai unha representación do Pantocrator, rodeado dun medio nimbo, dende o que descende a pomba do Espírito Santo.

 MAPA

 

Fuente: Web Terras de Pontevedra

XOAN ARCO DA VELLA