martes, 4 de marzo de 2025

IGREXA DE SANTA MARÍA DE VILAESCURA - VILAESCURA - SOBER

 IGREXA DE SANTA MARÍA

VILAESCURA

SOBER

 Igrexa de Santa María de Vilaescura

       Igrexa que pertenceu á orde do Tempero. Na actualidade é un edificio do século XVIII cunha nave rectangular con cuberta a dúas augas e sancristía pegada ao alzado norte do presbiterio.

      No lado esquerdo da nave hai un pórtico cuberto no frontal e, a o longo do muro norte, con soportes de columnas con capiteis decorados sobre columnas.

      A fachada remata con espadana máis recente con dous vans e rematado con pináculos, leva balaustrada non decorativa. 

     Os muros son de cantaría e o pavimento de pezas graníticas. No seu interior destaca un retablo maior rococó, seguramente dun taller monfortino.

     Na súa sancristía gárdase un talle gótico de Santa María co Neno sobre o seu regazo. Está en posición sedente, de tradición románica, as cabezas foron substituídas en época posterior.

Comarca de Terra de Lemos
      Terra de Lemos é unha comarca galega situada ó sur da provincia de Lugo cuxa capital é Monforte de Lemos, que tamén é o concello máis poboado da comarca.

     A maioría da superficie (toda agás o concello de Bóveda) forma parte da Ribeira Sacra, da que Monforte tamén é a súa capital.

Pertencen á comarca de Terra de Lemos os seguintes concellos:
      Bóveda, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón, O Saviñao e Sober.

      A comarca linda ó norte coa comarca de Sarria, ó oeste coa comarca de Chantada, ó leste coa comarca de Quiroga e, ó sur coas comarcas ourensás de Ourense e Terra de Caldelas. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

IGREXA DE SAN VITOIRO DA MEZQUITA - SAN VITOIRO - ALLARIZ

 IGREXA DE SAN VITOIRO DA MEZQUITA

SAN VITOIRO

ALLARIZ

 San Vitoiro
      San Vitoiro é un lugar da parroquia de San Vitoiro da Mezquita, no concello ourensán de Allariz, na comarca de Allariz - Maceda. 

      Segundo o IGE, en 2022 tiña 105 habitantes (44 homes e 61 mulleres).

San Vitoiro da Mezquita
     San Vitoiro da Mezquita é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Allariz. Segundo o IGE en 2015 tiña 145 habitantes (68 homes e 77 mulleres) distribuídos en sete entidades de poboación.

    Os sete lugares desta parroquia civil xunto co lugar de Celeiros (San Vitoiro da Mezquita, A Merca), forman a parroquia eclesiástica de San Vitoiro da Mezquita do arciprestado de Allariz da diocese de Ourense.

Lugares de San Vitoiro da Mezquita
     Celeiros, Condes, A Coruxeira, As Cruces, A Pedreira, San Vitoiro As Tabernas

Comarca de Allariz - Maceda
     A comarca de Allariz - Maceda é unha comarca galega situada na provincia de Ourense que linda ao leste coa comarca de Ourense, ao oeste coa comarca da Terra de Caldelas, ao sur coa comarca da Limia e ao sueste coa comarca da Terra de Celanova. A súa capital é Allariz.

      Pertencen á comarca de Allariz - Maceda os seguintes concellos: Allariz, Baños de Molgas, Maceda, Paderne de Allariz, Xunqueira de Ambía e Xunqueira de Espadanedo.

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA

lunes, 3 de marzo de 2025

IGREXA DE SAN BREIXO DE ARCOS - ARCOS - PONTEAREAS

 IGREXA DE SAN BREIXO DE ARCOS

ARCOS

PONTEAREAS

 Arcos
      San Breixo de Arcos é unha parroquia que se localiza no concello de Ponteareas. 

     Segundo o IGE, en 2022 tiña 848 habitantes (238 homes e 246 mulleres), distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón un lixeiro aumento en relación ao ano 2004 cando tiña 445 habitantes.

Xentilicio
     O seu xentilicio é arcoso.

Historia
     En 991 foi doada polo rei Vermudo II á Igrexa compostelá. 

      Nela existiu un mosteiro de cabaleiros templarios. 

    En 1377 o bispo tudense Juan de Castro entregoulle á súa igrexa varias terras, algunhas situadas nesta parroquia, para que puidesen ter capeláns.

Patrimonio
      A igrexa parroquial de San Breixo de Arcos data de 1762, pero sufriu diversas ampliacións posteriores. 

      No lugar da Serra hai unha pequena ermida dedicada á Virxe das Angustias, construída en 1684 e ampliada séculos despois.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

 

 

domingo, 2 de marzo de 2025

MUIÑO DA PONTE - AS LAXAS - RÍO XABRIÑA - PARAÑOS - COVELO

 MUIÑO DA PONTE

AS LAXAS

RÍO XABRIÑA

PARAÑOS

COVELO

 Paraños
       Está situado a ámbolos dous lados da Nacional -120 e nela atópase o acceso á autovía Rías Baixas . 

     Tamén se atopa o acceso principal por estrada ao resto do municipio.

      Podemos atopar diversas manifestacións do patrimonio artístico e etnográfico: O cruceiro, petos de ánimas , un pombal circular, a igrexa do século XVIII, diversos hórreos realizados integramente en pedra e restos de útiles e lugares usados polos cereiros , son algunhas delas.

      Recentemente foi rehabilitada unha antiga casa de labranza para construír a casa de cultura onde se realizan diversas actividades ao longo do ano e funcionando ademais como axencia de lectura. 

      Para a práctica deportiva disponse dun campo de fútbol e unha pista de usos múltiples.

      Os seus barrios e lugares son: Os Condes, Cotarel , Ás Laxas, A Margarida , Ás Medelas , Moeiros , Picoto , Portocortiñas , O Quinteiro , O Roupeiro .

Comarca da Paradanta
      A comarca da Paradanta é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra. 

      A ela pertencen os concellos de Arbo, A Cañiza (a súa capital), Covelo e Crecente. Limita ao norte coas comarcas de Vigo e do Ribeiro, ao leste con esta última e coa de Terra de Celanova, ao sur con Portugal e ao oeste coa do Condado. 

      Ocupa unha extensión de 339,85 quilómetros cadrados e contaba cunha poboación de 12.060 habitantes no ano 2020.

MAPA 

 

Fuente: Concello de Covelo

XOAN ARCO DA VELLA

CETARIA DA REDONDA OU LAXE DO CAN - A GUARDA

 CETARIA DA REDONDA OU LAXE DO CAN

A GUARDA

Ruta das Cetarias
      Importante parte da historia mariñeira que aínda se conserva nas rochas do mar.

      Esta ruta peonil comeza a 500 metros ao sur do porto e continúa cara ao norte pola costa ata case o límite municipal co Rosal.

      Ao longo desta ruta de 4,6 km, podese coñecer os restos de 4 cetarias que aínda se conservan.

      As Cetarias son viveiros, vellas construcións de pedra na marxe intermareal para manter o marisco vivo para a venda posterior.

Datan do final do s. XIX e deixaron de usar nos anos 70 do s. XX.

    A Guarda adquiriu un prestixio destacado por un marisco de gran calidade este recoñecemento evolucionou na aparición dunha interesante cociña na que destacan os produtos do mar.

VIDEO

MAPA 

 

Fuente: Web Turismo de A Guarda

XOAN ARCO DA VELLA

 

CAPELA DE SANTIAGO - BARRIO LAXIÑA - COVELO

 CAPELA DE SANTIAGO

BARRIO LAXIÑA

COVELO

 Santiago de Covelo
     Santiago de Covelo é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Covelo na comarca da Paradanta.

     Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 599 habitantes (309 mulleres e 290 homes), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 565 habitantes.

     Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 494 habitantes, sendo 255 homes e 239 mulleres.

      O seu monte veciñal foi recoñecido pola ONU en 2017 como exemplo de conservación e de xestión participada.

Lugares de Santiago de Covelo
      Carballeda, O Carrizó, O Castro, O Costal, Coveliño, A Ermida, Fontán, O Mangón, Pedregal, Os Piñeiros, Santiago de Covelo

Comarca da Paradanta
      A comarca da Paradanta é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra. 

      A ela pertencen os concellos de Arbo, A Cañiza (a súa capital), Covelo e Crecente.

      Limita ao norte coas comarcas de Vigo e do Ribeiro, ao leste con esta última e coa de Terra de Celanova, ao sur con Portugal e ao oeste coa do Condado. 

      Ocupa unha extensión de 339,85 quilómetros cadrados e contaba cunha poboación de 12.060 habitantes no ano 2020. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA