lunes, 14 de octubre de 2024

EIRA DE PORREIRAS - PORREIRAS - PAREDES DE COURA

 EIRA DE PORREIRAS

PORREIRAS

PAREDES DE COURA

 Era Comunitaria de Porreiras
      Situada nun terreo lixeiramente inclinado e pavimentada en parte con laxas de granito, está delimitada por un muro baixo de pedra.

       Os espigueiros, con características comúns na rexión, teñen un corpo estreito, máis ou menos longo, con estrutura de pedra.

      Xeralmente están elevados do chan para protexer o cereal do acceso indebido, por exemplo de roedores.

      Polo mesmo motivo, o acceso á porta realízase a través dunha escaleira de dúas ou tres banzos de pedra.

Porreiras
      Porreiras e unha fregresia portuguesa do municipio de Paredes de Coura, distrito de Viana do Castelo.

Historia
      Foi  suprimida o 28 de xaneiro do 2013, en aplicación de unharesolución de la Asamblea da República portuguesa promulgada o 16 de xaneiro do 2013 o unirse coa fregresia de Insalde, formando a nova freguesia de Insalde e Porreiras.

Paredes de Coura
      Paredes de Coura é unha vila portuguesa no Distrito de Viana do Castelo, rexión Norte e subrexión do Minho-Lima, con cerca de 1 500 habitantes.

    É sede dun municipio con 138,02 km² de área e 9 571 habitantes (2001), subdividido en 16 freguesías.

      O municipio está limitado ao norte polos municipios de Valença e Monção, ao leste por Arcos de Valdevez, ao sur por Ponte de Lima e ao oeste por Vila Nova de Cerveira.

     O punto máis elevado do municipio sitúase no Corno do Bico, con 883 metros de altitude, na área protexida do mesmo nome.

Freguesías
     Dende a reorganización administrativa de 2012/2013, o municipio de Paredes de Coura está composto por 16 freguesías:
    Aqualonga
    Bico e Cristelo
    Castanheira
    Cossourado e Linhares
    Coura
    Cunha
    Formariz e Ferreira
    Infesta
    Insalde e Porreiras
    Mozelos
    Padornelo
    Parada
    Paredes de Coura e Resende
    Romarigães
    Rubiães
    Vascões

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

PETRÓGLIFO PEDRA DA CABRA - COVELIÑO - CESPÓN - BOIRO

 PETRÓGLIFO PEDRA DA CABRA

COVELIÑO

CESPÓN

BOIRO

       Este petóglifo atópase na parte máis elevada dun afloramento de granito inclinado. 

     Nel podemos ver dúas figuras de zoomorfos hastados que destacan pola forma das patas dianteiras, xa que parten un mesmo punto na parte baixa do peito.

     O panel presenta tamén un conxunto de nove cazoletas.

     O conxunto, moi erosionado, foi posto en valor no ano 1928 polos investigadores Florentino López Cuevillas e Fermín Bouza Brey na Revista NÓS.

Comarca de Barbanza
     A comarca do Barbanza, comarca da Barbanza, comarca de Barbanza ou simplemente A Barbanza, O Barbanza ou Barbanza, é unha das comarcas oficiais de Galicia.


      Localízase no suroeste da provincia da Coruña. Pertencen a ela os concellos de Boiro, A Pobra do Caramiñal, Rianxo e Ribeira.

     Ten unha superficie de 246,71 km² e no ano 2020 tiña 66.063 habitantes.

MAPA

 

Fuente: Web Patrimonio Galego

XOAN ARCO DA VELLA


IGREXA DE SANTA MARÍA DE OLIVES -OLIVES - A ESTRADA

 IGREXA DE SANTA MARÍA DE OLIVES

OLIVES

A ESTRADA

 Olives
      Santa María de Olives é unha parroquia que se localiza no concello da Estrada.

     Segundo o IGE no ano 2013 a parroquia tiña 165 habitantes (82 homes e 83 mulleres), distribuídos en 5 entidades.

Patrimonio
      A lagoa Sacra de Olives está entre esta parroquia e o concello de Forcarei. Sitúase a 700 m de altitude, e no seu perímetro consérvanse os restos dunha muralla. Nos arredores hai brañas e bosques.

      Na parroquia consérvase a mámoa de Boi Morto e o castro de Viladafonso.

Lugares de Olives
      O Fieitoso, Fraíz, Mourelle, Pazos, A Somoza, A Viladafonso

Comarca de Tabeirós - Terra de Montes
      A comarca de Tabeirós - Terra de Montes é unha comarca  galega situada na provincia de Pontevedra.

      Pertencen a esta comarca os concellos da Estrada e Forcarei.

     Tamén se inclúe nesta comarca o concello de Cerdedo malia a súa fusión no 2016 co concello de Cotobade, da comarca de Pontevedra. 

      A comarca está formada por dúas bisbarras diferenciadas: por unha banda, Tabeirós (integrada polo concello da Estrada); e pola outra, unha gran parte da comarca histórica de Terra de Montes. 

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA

domingo, 13 de octubre de 2024

IGREXA DE SANTA MARÍA DE XESTOSO - XESTOSO - SILLEDA

 IGREXA DE SANTA MARÍA DE XESTOSO

XESTOSO

SILLEDA

Xestoso
      Santa María de Xestoso é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Silleda na comarca de Deza. 

 

     Segundo o padrón municipal de 2011 tiña 61 habitantes (35 mulleres e 26 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2000 cando tiña 79 habitantes.

       No límite da parroquia cos concellos de Forcarei e A Estrada están situadas as Brañas de Xestoso, espazo natural protexido.

Historia
      O seu topónimo procede do latín GENISTOSUM, 'lugar onde abundan as xestas'. Ata o século XII a actual freguesía de Xestoso estaba baixo o dominio da parroquia de Escuadro, ata que no século XVII pasou a ser parroquia baixo a advocación de Santa María.

     Fálase da existencia dun antigo enclave castrexo coñecido como a Eira dos Mouros.

Lugares de Xestoso
   Fontefría, Fontelas, Reigosa, Río, Xestoso

Comarca de Deza
     A comarca de Deza é unha comarca da provincia de Pontevedra e a súa capital é Lalín. 

      Pertencen a ela os concellos de Agolada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces. 

     A súa poboación é de máis de 40.000 habitantes. O Deza coincide coa antiga comarca de País do Deza, isto é, as xurisdicións de Deza, Camba, Dozón, Trasdeza, Carbia e Valquireza.

Xeografía

      A comarca de Deza vén coincidir co centro xeográfico de Galicia. Limita ao norte coas comarcas coruñesas de Santiago, Arzúa e Terra de Melide, ao sur coa do Carballiño (Ourense), ao leste coas de Ulloa e Chantada (Lugo) e ao oeste coa de Tabeirós-Terra de Montes. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

IGREXA DE SANTO ESTEVO DE LAGARTÓNS - A ESTRADA

 IGREXA DE SANTO ESTEVO

LAGARTÓNS

A ESTRADA

 Lagartóns
      Santo Estevo de Lagartóns é unha parroquia que se localiza no concello da Estrada.

       Segundo o IGE en 2009 tiña 325 habitantes (174 mulleres e 151 homes), distribuídos en 14 entidades, o que supón unha diminución respecto de 1986 cando tiña 365 habitantes.

     En 1842 tiña unha poboación de feito de 176 persoas.

Patrimonio
       Igrexa de Santo Estevo de Lagartóns, conserva restos románicos: a ventá do testeiro, o arco triunfal e unha porta no muro setentrional. Sobresae o capitel setentrional que amosa un raposo que vén de pillar unha galiña que ten na boca.

Festas
     Festa do Labrego. Celébrase no lugar do Viso e consiste unha feira con produtos de artesanía, xogos para os nenos e unha exhibición cabalar. 

       Empezou a celebrarse o 16 de maio de 1916 cando os labregos da época se enfrontaron ao caciquismo local e conseguiron a liberdade de mandar nas súas propias terras. Na súa honra levantouse na parroquia un monumento ao “labrego”.

Lugares de Lagartóns
      A Batalla, Boáns, Os Bolos, Os Chapurros, O Mollarrabo, O Monte, O Outeiro, Ouzamerxe, A Ramalleira, O Sabugueiro, O Sisto, Os Tatos, Trasdomuro, O Viso

Comarca de Tabeirós - Terra de Montes
      A comarca de Tabeirós - Terra de Montes é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra. Pertencen a esta comarca os concellos da Estrada e Forcarei.

     Tamén se inclúe nesta comarca o concello de Cerdedo malia a súa fusión no 2016 co concello de Cotobade, da comarca de Pontevedra.

      A comarca está formada por dúas bisbarras diferenciadas: por unha banda, Tabeirós (integrada polo concello da Estrada); e pola outra, unha gran parte da comarca histórica de Terra de Montes.

Xeografía 

       Esta comarca de 450,39 km², sitúase entre as Terras do Deza e as da costa e nela distínguense dúas unidades xeográficas distintas: a Terra de Tabeirós ao norte, que forma parte do val do Ulla, e a zona montañosa da Terra de Montes ao sur.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA