sábado, 12 de octubre de 2024

IGREXA DE SANTA MARIÑA DA CIDÁ - A CIDÁ - O IRIXO

IGREXA DE SANTA MARIÑA DA CIDÁ

A CIDÁ

O IRIXO

 A Cida
         Santa Mariña da Cidá é unha parroquia do concello do Irixo na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense.

      No ano 2007 tiña 70 habitantes, deles 33 eran homes e 37 eran mulleres, o que supón unha diminución de 1 habitante en relación ao ano anterior, 2006.

Patrimonio
      A igrexa parroquial é de finais do século XVIII, se ben foi modificada en reformas posteriores. A nave ten tres corpos separados por arcos de medio punto. A capela maior ten dous arcos laterais, antigamente capelas de seu. 0 arco da dereita abriuse para dar paso á sancristía en 1843, sendo párroco Antonio Lence.

       A fachada é lisa, con espadanas de dous ocos para campás.

       Ten unha porta no lado sur e unha ventá circular con motivos decorativos na base. O altar foi feito en 1967, adaptado á nova liturxia tralo Concilio Vaticano II.

      O retablo maior ten trazos manieristas do século XVI nas pezas e a organización do ático, de estilo rococó (século XVIII) no corpo e predominio neoclásico (finais do XVIII e comezos do XIX) nas columnas. Ten imaxes de Cristo crucificado e de Santa Mariña do século XVIII. O retablo colateral esquerdo é neoclásico, coas imaxes de San Roque, a Virxe do Carme e Santo Antón. Hai unha pequena talla de pedra en vulto redondo representando unha muller sentada, coñecida como A Dama da Cidá, de finais do século XIX ou comezos do XX.

        Hai un copón do século XVI, unha custodia tipo sol de prata do século XVIII, e varios cálices de prata lisos dos séculos XVIII e XIX.

        No adro hai varios panteóns en pedra. Nun deles repousan os restos de Emilio Duro Peña, que foi arquiveiro da Catedral de Ourense. 

        Xunto á igrexa hai un cruceiro, de comezos do século XX, con labra acanalada no fuste.

         No lugar de Orros hai unha ermida adicada á Nosa Señora de Lourdes, do século XX.

Lugares da Cidá  
       Os Casares, Nabás, Orros, Paredes, Valdesoiro

Comarca do Carballiño
     A comarca do Carballiño é unha comarca galega situada na provincia de Ourense.

     Toma o nome da súa vila principal. 

     Pertencen a ela os concellos de San Amaro, Beariz, Boborás, O Carballiño, San Cristovo de Cea, O Irixo, Maside, Piñor e Punxín.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA



viernes, 11 de octubre de 2024

IGREXA DE SANTA BAIA DE PARDEMARÍN - PARDEMARÍN - A ESTRADA

 IGREXA DE SANTA BAIA DE PARDEMARÍN

PARDEMARÍN

A ESTRADA


Pardemarín
       Santa Baia de Pardemarín é unha parroquia que se localiza no concello da Estrada. 

      Segundo o IGE en 2011 tiña unha poboación de 176 persoas (89 mulleres e 87 homes), distribuída en 7 entidades, o que supón unha diminución respecto de 1986 cando tiña 597 habitantes.

      En 1842 tiña unha poboación de feito de 218 persoas.

Patrimonio
    Cruceiro da igrexa.

Lugares de Pardemarín
     A Brea, Castrelo de Abaixo, Castrelo de Arriba. Golfariz, O Mesadoiro, Parada, Piñeiro

Comarca de Tabeirós - Terra de Montes
     A comarca de Tabeirós - Terra de Montes é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra. 

     Pertencen a esta comarca os concellos da Estrada e Forcarei.

     Tamén se inclúe nesta comarca o concello de Cerdedo malia a súa fusión no 2016 co concello de Cotobade, da comarca de Pontevedra.

      A comarca está formada por dúas bisbarras diferenciadas: por unha banda, Tabeirós (integrada polo concello da Estrada); e pola outra, unha gran parte da comarca histórica de Terra de Montes.

Xeografía

      Esta comarca de 450,39 km² sitúase entre as Terras do Deza e as da costa e nela distínguense dúas unidades xeográficas distintas: a Terra de Tabeirós ao norte, que forma parte do val do Ulla, e a zona montañosa da Terra de Montes ao sur. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

jueves, 10 de octubre de 2024

IGREXA DE SAN TOMÉ DE ANCORADOS - ANCORADOS - A ESTRADA

 IGREXA DE SAN TOMÉ DE ANCORADOS

ANCORADOS

A ESTRADA

 San Tomé de Ancorados
      San Tomé de Ancorados é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés da Estrada na comarca de Tabeirós - Terra de Montes.

    Segundo o IGE en 2012 tiña 122 habitantes (62 mulleres e 60 homes), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 159 habitantes.

Patrimonio
      A igrexa de San Tomé de Ancorados ten numerosas mostras do románico no interior.

      É dunha soa nave e con ábsida rectangular.

    As festas parroquiais celébranse o 21 de decembro, día de San Tomé.

Lugares de San Tomé de Ancorados
   
Brei, Campo Redondo, O Castro, Gontén, O Nabal, San Tomé

Comarca de Tabeirós - Terra de Montes
      A comarca de Tabeirós - Terra de Montes é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra.

      Pertencen a esta comarca os concellos da Estrada e Forcarei. 

      Tamén se inclúe nesta comarca o concello de Cerdedo malia a súa fusión no 2016 co concello de Cotobade, da comarca de Pontevedra.

       A comarca está formada por dúas bisbarras diferenciadas: por unha banda, Tabeirós (integrada polo concello da Estrada); e pola outra, unha gran parte da comarca histórica de Terra de Montes.


Xeografía 

      Esta comarca de 450,39 km² sitúase entre as Terras do Deza e as da costa e nela distínguense dúas unidades xeográficas distintas: a Terra de Tabeirós ao norte, que forma parte do val do Ulla, e a zona montañosa da Terra de Montes ao sur. 

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA

miércoles, 9 de octubre de 2024

CRUCEIRO DA IGREXA DE FIESTRAS - FIESTRAS - SILLEDA

CRUCEIRO DA IGREXA DE FIESTRAS

FIESTRAS

SILLEDA

 Fiestras
     San Martiño de Fiestras é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda.

     Segundo o padrón municipal de 2011 tiña 127 habitantes (68 mulleres e 59 homes), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón un descenso en relación ao ano 2007 cando tiña 139 habitantes.

Historia
     A antigüidade da parroquia indícasenos polo seu patrón, San Martiño, e polos nomes de lugares como Recimil ou Aragonza, este último relacionado con Aragonta, raíña de Galicia e da familia dos Condes de Deza no século X. 

       A igrexa de San Martiño de Fiestras data cara ao ano 1170. O mosteiro de Aciveiro exercía sobre estas terras o seu poder, concesión do rei Fernando III en 1232, cunha granxa e paneira presidida pola, aínda hoxe existente, Casa do Convento, tamén coñecida como Casa do Arco, no lugar de Maril.

       Da parroquia de Fiestras é o recoñecido pintor José Antonio Fondevila.

Lugares de Fiestras
     Aragonza, Barcia, Costoia, Fiestras, Maril, Marín, Recimil, San Martiño, Santo Antonio

Comarca de Deza
     A comarca de Deza é unha comarca da provincia de Pontevedra e a súa capital é Lalín.

      Pertencen a ela os concellos de Agolada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces.

     A súa poboación é de máis de 40.000 habitantes. 

     O Deza coincide coa antiga comarca de País do Deza, isto é, as xurisdicións de Deza, Camba, Dozón, Trasdeza, Carbia e Valquireza.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

martes, 8 de octubre de 2024

PETO CRUCEIRO DE SANFINS - SANFINS - VALENÇA DO MINHO

 PETO DE SANFINS

SANFINS

 VALENÇA DO MINHO

    Os petos de ánimas, os cruceiros e os hórreos son os tres referentes do que poderiamos chamar os monumentos de arte menor da arquitectura rural de Galicia.

     Para a arte maior deixamos as igrexas, muiños, pazos e outras construcións de carácter civil ou militar como torreóns, murallas, etc.

     Polos montes e vales do sur de Galicia e do norte de Portugal, topámosnos/topámonos con frecuencia con estas encantadoras expresións da arte rural.

     Hoxe adicámoslle a nosa atención aos petos de ánimas e pequenos monumentos piadosos que ao longo dos séculos, sobre todo a partir do XVII han ir xurdindo en pobos e aldeas.

     Os petos de ánimas son esas pequenas capeliñas que se atopan polo xeral nos camiños e encrucilladas para honrar ás ánimas que esperan a súa liberación no purgatorio en cuxa hucha ou peto depositan os fieis as súas esmolas para financiar as misas que axuden a levalos ao ceo onde, xa na gloria, intercederán polos seus benefactores.

     Estes sinxelos monumentos obra dos canteiros locais, adoitan estar decorados cunha representación das pobre ánimas mergulladas en linguas de lume e en actitude suplicante, cara seu intercesor que adoita ser un santo, San Antonio, por exemplo, un bispo ou a Virxe do Carmen, entre outros.

     Tamén se atopan, sobre todo en Portugal, construcións deste tipo, pero non adicadas ás ánimas do purgatorio senón a unha devoción en particular, sendo bastantes frecuentes as relacionadas con Cristo cruficado.

     En Fornelos, que significa hornacina en galego, teñen unha dedicada a San Lorenzo.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

PETO DE SAN ANTONIO - VILAMOURE - SAA - LUGO

 PETO DE SAN ANTONIO

VILAMOURE

SAA

LUGO

    Peto de ánimas con imaxe de San Antonio, que data do ano 1923.

     De planta cuadrangular, recuberto de cachotería pizarrosa e cuxo corpo central é de boas pezas de granito, con cuberta de dobre vertente.

     Está moi coidado e aínda os veciños levan actualmente flores e cirios con bastante frecuencia.

          Está xusto á beira da estrada de Lugo a Portomarín e moi próximo á capela de San Antonio de Vilamoure.

     Xusto á beira esta un fermoso muíño que funciona aínda a dia de hoxe.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA