martes, 23 de julio de 2024

FORNELA EN PARADA - IGREXA DE SAN TOMÉ DE PARADA - SILLEDA

FORNELA EN PARADA

IGREXA DE SAN TOMÉ DE PARADA

SILLEDA

 Parada
       San Tomé de Parada é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda.

     Segundo o IGE en 2011 tiña 200 habitantes (99 mulleres e 101 homes), distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 240 habitantes.

Xeografía e historia
       Situada no cono sur de Silleda, é a parroquia de maior superficie do concello. O seu nome fai referencia ao paso de camiños ao Ribeiro, Silleda, Ulla, e Terra de Montes.

         Integrada no século XVIII na xurisdición de Deza, pertencente á provincia de Lugo, ao contrario que as demais parroquias da de Trasdeza, dentro da provicia de Santiago, acolle o punto máis alto do concello (1014 msnm, o Alto de San Bieito, na Serra do Candán.

        O nome deste pico débese aos monxes bieitos de Aciveiro, donos de grandes extensións de terras nestes montes.

Lugares de Parada
     O Barro, A Coelleira, O Cruceiro, Currás, Eirexe, Freixeiro, Mediodaldea, O Outeiro, O Pereiro, O Portapazos, Portodabalde, Redemuíños, Souto Nogueira, A Veiga

Comarca de Deza
     A comarca de Deza é unha comarca da provincia de Pontevedra e a súa capital é Lalín.

     Pertencen a ela os concellos de Agolada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces. A súa poboación é de máis de 40.000 habitantes.

      O Deza coincide coa antiga comarca de País do Deza, isto é, as xurisdicións de Deza, Camba, Dozón, Trasdeza, Carbia e Valquireza.

Situación
      A comarca de Deza vén coincidir co centro xeográfico de Galicia. Limita ao norte coas comarcas coruñesas de Santiago, Arzúa e Terra de Melide, ao sur coa do Carballiño (Ourense), ao leste coas de Ulloa e Chantada (Lugo) e ao oeste coa de Tabeirós-Terra de Montes.  

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

CAPELA ESMOLEIRA DA VIRXE DA ARMADA - A ARMADA - RABAL - CELANOVA

 CAPELA ESMOLEIRA

DA

VIRXE DA ARMADA

A ARMADA

RABAL

CELANOVA

A Armada
     A Armada é un lugar da parroquia de Rabal no concello ourensán de Celanova na comarca da Terra de Celanova.



      Tiña 2 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 1 eran home e 1 muller. Iso supón un mantemento da poboación respecto a 2010, cando tiña 2 habitantes (1 home e 1 muller).

 Rabal
     San Salvador de Rabal é unha parroquia do concello ourensán de Celanova na comarca da Terra de Celanova.

     Segundo o IGE en 2011 tiña 109 habitantes (57 mulleres e 52 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2000 cando tiña 154 habitantes.

Historia

      Rabal atópase no vello camiño dunha calzada romana que partía da ponte romana do Freixo cara a Ourense, aínda que se apunta cara a unha orixe altomedieval dos distintos núcleos de poboación por parte de labregos libres.

     De todas formas os documentos medievais din que enriba se atopaba o castro de Pelosino.

      Segundo o arquivo de manuscritos de propiedades do mosteiro de Celanova, Rabal era unha vila que entre os anos 956 a 997 foi apoderándose dela San Rosendo e os seus monxes, mediante a compra de bens inmobles e raíces, onde varios labregos libres xa se organizaran comunitariamente para o uso compartido do terreo e os seus bens (dereitos de paso, aproveitamento da forza hidráulica e da pesca do río Arnoia).

      Ademais da igrexa (que cambiou a advocación orixinal de San Mamede pola de San Martín) en Rabal houbo un mosteiro no lugar de Sampaio, cuxos únicos testemuños son un topónimo e unha referencia documental.

     No ano 959 a abadesa Guntroda doou unha viña ao abade Fafilán (o mesmo que fundara un mosteiro no monte Louredo en Toén) e ó mosteiro por el fundado en Rabal, baixo a advocación de San Paio : Descoñécese canto tempo durou este mosteiro, e os investigadores cren que foi dependente do mosteiro de Celanova e posterior absorción.

       Nun documento que recolle a venda que fan Egilo e a súa sobriña no ano 964 ao mosteiro de Celanova, estes doan varias terras e un pazo; a intrusión do mosteiro de Celanova non vai traer ningún cambio na organización do territorio ou de melloras (xa feitas pola "república de homes libres", labregos anteriores ó mosteiro que vivían na vila de Rabal) senón que trae consigo unha reorientación do sistema de explotación que, a partir do século X e de que o mosteiro de Celanova se converte nun terratenente, apoiarase no traballo de campesiños que non son donos de terra que traballan, e a introdución no lugar de escravos.

Lugares de Rabal
     A Abelleira, A Armada, Ponte Fechas, Rabal da Eirexa, Rabal de Arriba, San Paio

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

 

CRUCEIRO PETO DAS NEVES - OUROLO - TARAGOÑA - RIANXO

 CRUCEIRO PETO DAS NEVES

OUROLO

TARAGOÑA

RIANXO

      Cruceiro de granito situado nun cruce de camiños rurais, baixo a estrada principal, da tipoloxía de capeliña.

       Plataforma enterrada, o varal ten sección cadrada coas arestas rematadas en chafrán. 

     Na súa parte inferior hai gravadas varias cruces e tamén un cáliz.

A capela nace sobre unha base troncopiramidal na que aparece o relevo dun anxo con ás nas catro caras. Posúe unha cuberta a catro augas e o teitume plano.

No seu interior podemos ver a imaxe da Nosa Señora das Neves co Neno collido polo brazo esquerdo.

       No brazo dereito colle unha bola. O conxunto remata nunha cruz, de sección cadrada con remates nos vértices, na que aparecen as imaxes de Cristo crucificado (ao que lle falta a cara) no anverso e a Virxe das Angustias co seu fillo no colo no reverso.

      Non se sabe como é o nacente do cruceiro debido a que se atopa cuberto de terra.

       Durante varios séculos tivo un farol, hoxe desaparecido. Pode situarse na primeira metade do século XVII. 

        Cando o debuxou Castelao a imaxe estaba virada para un lado, o que indica que nesta época aínda as mulleres practicaban o vello costume de colocala cara a onde conviñese, segundo a dirección que trouxese ou levase a embarcación onde ía o marido, o mozo, os irmáns...

       Segundo os que viven a carón, cando se asfaltou o camiño (non hai aínda moitos anos), unha máquina petou contra el, mais non chegou derrubalo.

MAPA 

 

 Fuente: Web obaixoulla.com

XOAN ARCO DA VELLA

lunes, 22 de julio de 2024

CAPELA DE MUNTIÁN - MUNTIÁN - AS MARAVILLAS - CARTELLE

CAPELA DE MUNTIÁN

MUNTIÁN

AS MARAVILLAS

CARTELLE

Muntián
       Muntián é un lugar da parroquia das Marabillas no concello ourensán de Cartelle na comarca da Terra de Celanova.

       Neste lugar naceu Áurea Rodríguez, a primeira gaiteira galega.

As Maravillas
     Nosa Señora das Maravillas é unha parroquia do concello de Cartelle, na comarca da Terra de Celanova, provincia de Ourense.

     No ano 2007 tiña 346 habitantes, dos cales 164 eran homes e 182 mulleres.

Procesión
     Durante a festividade da Virxe das Maravillas, coincidente co día previo a Pentecoste, realízase unha procesión na honra da devandita virxe. Esta procesión podería ter orixe no ano 1646 e conmemora a suposta aparición (tres veces) da virxe no lugar.

       A imaxe da virxe vai acompañada de arcos florais e ramos enfeitados con bólas e papeis de cores vivas.

      Esta procesión garda bastantes paralelismos coa procesión dos pendóns de Santa Mariña de Augas Santas.

Patrimonio
     O santuario actual data do século XVIII e nas proximidades atopáronse restos arqueolóxicos que poderían ser dun campamento romano.

Lugares das Maravillas
      Augalevada, Aúlfe, Muntián, O Vieiro

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA

SANTUARIO DA VIRXE DA ARMADA - A ARMADA - RABAL - CELANOVA

 SANTUARIO DA VIRXE DA ARMADA

A ARMADA

RABAL

CELANOVA

A Armada
     A Armada é un lugar da parroquia de Rabal no concello ourensán de Celanova na comarca da Terra de Celanova.

      Tiña 2 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 1 eran home e 1 muller. Iso supón un mantemento da poboación respecto a 2010, cando tiña 2 habitantes (1 home e 1 muller).

 Rabal
     San Salvador de Rabal é unha parroquia do concello ourensán de Celanova na comarca da Terra de Celanova.

     Segundo o IGE en 2011 tiña 109 habitantes (57 mulleres e 52 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2000 cando tiña 154 habitantes.

Historia
      Rabal atópase no vello camiño dunha calzada romana que partía da ponte romana do Freixo cara a Ourense, aínda que se apunta cara a unha orixe altomedieval dos distintos núcleos de poboación por parte de labregos libres.

     De todas formas os documentos medievais din que enriba se atopaba o castro de Pelosino.

      Segundo o arquivo de manuscritos de propiedades do mosteiro de Celanova, Rabal era unha vila que entre os anos 956 a 997 foi apoderándose dela San Rosendo e os seus monxes, mediante a compra de bens inmobles e raíces, onde varios labregos libres xa se organizaran comunitariamente para o uso compartido do terreo e os seus bens (dereitos de paso, aproveitamento da forza hidráulica e da pesca do río Arnoia).

      Ademais da igrexa (que cambiou a advocación orixinal de San Mamede pola de San Martín) en Rabal houbo un mosteiro no lugar de Sampaio, cuxos únicos testemuños son un topónimo e unha referencia documental.

     No ano 959 a abadesa Guntroda doou unha viña ao abade Fafilán (o mesmo que fundara un mosteiro no monte Louredo en Toén) e ó mosteiro por el fundado en Rabal, baixo a advocación de San Paio : Descoñécese canto tempo durou este mosteiro, e os investigadores cren que foi dependente do mosteiro de Celanova e posterior absorción.

       Nun documento que recolle a venda que fan Egilo e a súa sobriña no ano 964 ao mosteiro de Celanova, estes doan varias terras e un pazo; a intrusión do mosteiro de Celanova non vai traer ningún cambio na organización do territorio ou de melloras (xa feitas pola "república de homes libres", labregos anteriores ó mosteiro que vivían na vila de Rabal) senón que trae consigo unha reorientación do sistema de explotación que, a partir do século X e de que o mosteiro de Celanova se converte nun terratenente, apoiarase no traballo de campesiños que non son donos de terra que traballan, e a introdución no lugar de escravos.

Lugares de Rabal
     A Abelleira, A Armada, Ponte Fechas, Rabal da Eirexa, Rabal de Arriba, San Paio

Comarca da Terra de Celanova
       A comarca da Terra de Celanova é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Celanova.

      A ela pertencen os concellos da Bola, Cartelle, Celanova, Gomesende, A Merca, Padrenda, Pontedeva, Quintela de Leirado, Ramirás e Verea.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA