domingo, 21 de julio de 2024

PETROGLIFO DOS MOUCHOS - BRIÓN - LEIRO - RIANXO

 PETROGLIFO DOS MOUCHOS

BRIÓN

LEIRO

RIANXO

 Petroglifo dos Mouchos   
      Conxunto de gravados, na súa maioría de cervos, situados nunha laxe preto da praia das Cunchas.

      As recentes tarefas de limpeza melloraron o acceso ata as dúas laxes, xa que estaban bastante cubertas pola vexetación ata hai pouco.

      Chama a atención o gran cervo na pedra inferior cunha figura antropomorfa pouco visible no alto da laxe. E tamén a maneira de transmitir o movemento coa representación de patas con tres liñas, semellante a outros petróglifos da península do Barbanza.

Brión
      Brión é un lugar da parroquia de Leiro no concello coruñés de Rianxo, na comarca da Barbanza.

       Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 327 habitantes (163 homes e 164 mulleres).

Leiro
        Santa María de Leiro é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Rianxo. 

      Segundo o padrón municipal (INE 2018) tiña 953 habitantes (482 mulleres e 471 homes) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.075 habitantes e ao ano 2013 cando tiña 1.019 habitantes.

     Esta parroquia e máis a de Santa Comba de Rianxo, do mesmo concello, son os únicos puntos de Galicia nos que se conserva o uso dialectal do xerundio conxugado.

Patrimonio
    Pazo de Brión: pazo barroco compostelán da familia Torrado, construído en 1310 e reconstruído en 1610. Sufriu unha nova remodelación en 1786.

Festas
      As festas de Leiro na honra á Virxe do Carme celébranse a segunda fin de semana de outubro.

Lugares de Leiro
      Abuín, Brión, Cabanas, A Igrexa, Meiquiz, Or, Palleiro, A Pedreira, Rañó, Rial

Comarca de Barbanza
      A comarca do Barbanza, comarca da Barbanza, comarca de Barbanza ou simplemente A Barbanza, O Barbanza ou Barbanza, é unha das comarcas oficiais de Galicia. 

      Localízase no suroeste da provincia da Coruña. Pertencen a ela os concellos de Boiro, A Pobra do Caramiñal, Rianxo e Ribeira. Ten unha superficie de 246,71 km² e no ano 2020 tiña 66.063 habitantes.

MAPA

 Fuente: Web Patrimonio Galego

XOAN ARCO DA VELLA

CRUCEIRO DE MUNÍN - MUNÍN - ESPIÑEIRA - O ORIXO

 CRUCEIRO DE MUNÍN

MUNÍN

ESPIÑEIRA 

O IRIXO

 Munín
      Munín é un lugar da parroquia de Espiñeira no concello ourensán do Irixo na comarca do Carballiño. 

     Tiña 6 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 2 eran homes e 4 mulleres.

Espiñeira
     San Pedro de Espiñeira é unha parroquia do concello do Irixo na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense.

     No ano 2007 tiña 94 habitantes, deles 44 eran homes e 50 eran mulleres, o que supón unha diminución de 3 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Patrimonio
      A igrexa parroquial é do século XVIII, con nave dun só corpo e capela maior, á que se accede por arco de medio punto. A sancristía está anexa no lado norte. No retablo maior, neoclásico, hai imaxes barrocas de San Pedro, Santa Lucía, a Virxe do Carme e San Blas.

       Hai tamén un Cristo crucificado barroco e unha talla popular de Santo Antón de Pádua. No templo gárdase un copón en prata do século XVII, un cáliz de prata do século XVIII e mais unha custodia. A carón do templo hai un cruceiro do século XVIII, con pousa.

     Na aldea de Munín hai un cruceiro de finais do século XX.

Lugares de Espiñeira
     Carballeda, Couso, Espiñeira, O Espiño, Munín, Trabazón

Comarca do Carballiño
      A comarca do Carballiño é unha comarca galega situada na provincia de Ourense. Toma o nome da súa vila principal.

      Pertencen a ela os concellos de San Amaro, Beariz, Boborás, O Carballiño, San Cristovo de Cea, O Irixo, Maside, Piñor e Punxín.

MAPA

XOAN ARCO DA VELLA

CRUZ DE AS MARAVILLAS - SANTUARIO DE AS MARAVILLAS - CARTELLE

 CRUZ DE AS MARAVILLAS

SANTUARIO DE AS MARAVILLAS

CARTELLE

Cruz de As Maravillas
      A Cruz de As Maravillas foi unha doazón de Don Eloy Álvarez e Dona Julia Cougil, emigrantes en Venezuela.

      Tivo un custo que roldaba o millón de pesetas (ao cambio serían 6000 euros.

       A súa inauguración foi no ano 1993 e está feita en granito traído das canteiras de Salvaterra de Miño.

      Ten unha altura de nove metros.

      Polo que parece, nas canteiras ourensás non había bloques o suficientemente grandes para crear unha cruz de este tamaño, polo que se tivo que recorrer ás canteiras da provincia de Pontevedra.

       Atópase no Concello de Cartelle, na parroquia de As Maravillas a uns douscentos metros do santuario que leva o seu mesmo nome. 

      Para chegar á Cruz hai que subir por un camiño que sae do cemiterio cara ao Leste.

      As vistas desde a cruz son un punto a favor para facer unha visita á zona.

MAPA 

XOAN ARCO DA VELLA

PETO DE MARIA AUXILIADORA - SUBIROL - FROUFE - O IRIXO

 PETO DE MARIA AUXILIADORA

SUBIROL

FROUFE

O IRIXO

 Subirol
     Subirol é unha aldea da parroquia de Froufe no concello ourensán do Irixo na comarca do Carballiño.

       É a localidade máis grande e poboada da parroquia xa que tiña 23 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 12 eran homes e 11 mulleres.

Lugares de Froufe
     Cebral, O Covelo, Frixe, Froufe, Parteme. Sidre, Silvares, Subirol, Surribas

Froufe
      San Xoán de Froufe é unha parroquia do concello do Irixo na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense.

      No ano 2007 tiña 88 habitantes, deles 39 eran homes e 49 eran mulleres, o que supón unha diminución de 5 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Patrimonio
        A igrexa parroquial é de comezos do século XVII, con modificacións posteriores. Nesa época modificouse o templo primitivo medieval, construíndose unha porta lateral. De 1634 é o retablo maior.

     A igrexa foi ampliada na segunda metade do século XVIII, restaurándose a porta lateral en 1763, construíndose a tribuna en 1765, a cuberta en 1778 e a espadana en 1779. En 1786 construíuse un púlpito, que xa non se conserva. En 1802 reedificouse a sancristía, e en 1811 construíuse o arco que dá acceso á capela maior desde a nave.

        Xa en 1900 repintouse o retablo maior e colocouse un machón de granito para sostelo. A fachada é lisa con porta de arco de medio punto e espadana rematada en frontón con dous ocos para as campás, construída en 1779.

         O retablo maior é de orixe manierista, sendo modificado posteriormente. Ten banco con pinturas manieristas sobre táboa representando temas en relación coa Paixón do Señor, dous corpos e ático. Leva unha talla dun Santo Antón, dunha Inmaculada pisando o dragón infernal e de San Roque.

        No ático hai unha imaxe de San Xosé e alusión popular ós Evanxelistas Marcos e Lucas nas representacións escultóricas dos extremos. Consérvase o sagrario-expositor primitivo do retablo. O retablo esquerdo é neoclásico, de 1834, coa imaxe da Virxe do Carme. O retablo dereito é barroco, da segunda metade do século XVII.

        O 6 de novembro de 1678 foi ratificada de forma solemne a confraría de San Xoán de Froufe. Na entrada do templo hai un cruceiro con pousa de comezos do século XIX. E Subirol hai un peto de ánimas de 1992, cunha pequena imaxe de María Auxilladora.

Comarca do Carballiño
     A comarca do Carballiño é unha comarca galega situada na provincia de Ourense.

     Toma o nome da súa vila principal. Pertencen a ela os concellos de San Amaro, Beariz, Boborás, O Carballiño, San Cristovo de Cea, O Irixo, Maside, Piñor e Punxín.

MAPA

XOAN ARCO DA VELLA

SURRIBAS - FROUFE - O IRIXO

 SURRIBAS

FROUFE

O IRIXO

Surribas
      Surribas é un pequeno casal da parroquia de Froufe no concello ourensán do Irixo na comarca do Carballiño.

     Tiña 4 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 2 eran homes e 2 mulleres. 

     Por el pasa o Rego de Surribas que desemboca 4 quilómetros despois no Río Viñao