martes, 14 de noviembre de 2023

PETROGLIFO CHAN DE GURGULLA - A SOMOZA - AREAS - ANTAS DE ULLA

 PETROGLIFO CHAN DE GURGULLA

A SOMOZA

AREAS

ANTAS DE ULLA

A Somoza
     A Somoza é un lugar da parroquia de Areas no concello lugués de Antas de Ulla na comarca da Ulloa.

      Segundo o IGE, en 2011 tiña 27 habitantes (13 homes e 14 mulleres).

Areas
     Santa Cristina de Areas é unha parroquia que se localiza no concello de Antas de Ulla.

     Segundo o IGE en 2009 tiña 82 habitantes (49 mulleres e 33 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 119 habitantes.

Xeografía
      Areas está situada no sueste do concello. A aldea da Somoza é o punto máis elevado do concello (720 m), no seu territorio está o monte Farelo.

Patrimonio
     A igrexa de Santa Cristina de Areas é da primeira metade do século XIX.

Festas
     Celebra as súas festas patronais na honra de San Lucas.

Lugares de Areas
 
    Castro, O Outeiro, Río, Santa Cristina, A Somoza

Comarca da Ulloa
     A comarca da Ulloa é unha comarca galega situada na provincia de Lugo cuxa capital é Monterroso. 

     A esta comarca pertencen os concellos de Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei.

     No ano 2020 tiña 8.879 habitantes, 4.430 homes e 4.449 mulleres.

     O seu nome procede do río Ulla, que nace na comarca. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

lunes, 13 de noviembre de 2023

HORREOS DE FONDEVILA - FONDEVILA - LOBIOS

 HORREOS DE FONDEVILA

FONDEVILA

LOBIOS

 Fondevila
      Fondevila é un lugar da parroquia de Lobios no concello ourensán de Lobios na comarca da Baixa Limia.

     Tiña 493 habitantes no ano 2012 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 260 eran homes e 233 mulleres. É a capital do concello.

 
 Lobios 

     Lobios é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Baixa Limia, situado na Raia Seca, na fronteira entre Galicia e Portugal.

     No ano 2019, segundo o INE, tiña 1.678 habitantes, dos cales 839 son homes e 839 mulleres.

Lugares de Lobios
      Barreal, Cimadevila, Cruces, Fábrica, Fondevila, Ogos, O Outeiro, Pazos, Quintás, Rial, Ribas de Araúxo, Zapateiros

Comarca de Baixa Limia
     A Baixa Limia é unha comarca galega situada na provincia de Ourense. Pertencen a ela os concellos de Bande, Entrimo, Lobeira, Lobios e Muíños.

     Limita ao oeste, ao sur e ao sueste con Portugal, ao norte coa comarca da Terra de Celanova e ao leste coa comarca da Limia.

A Raia
     A Raia é o nome informal co cal se coñece tradicionalmente a fronteira terrestre entre España e Portugal.

     Dunha forma máis ampla, A Raia é igualmente o espazo xeográfico, a ambos os lados da fronteira política, en que a poboación comparte uns mesmos elementos históricos, culturais, económicos e mesmo lingüísticos por veces.

     Na parte galego-portuguesa é frecuente distinguir entre a fronteira hidrográfica e a trazada na terra. 

     Así, a raia húmida coincide co curso do río Miño na provincia de Pontevedra (Baixo Miño, O Condado e A Paradanta), mentres que a raia seca se corresponde co sur da provincia de Ourense (Terra de Celanova, Baixa e Alta Limia, val de Monterrei e As Frieiras).

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

domingo, 12 de noviembre de 2023

CAPELA DE FONTEFRIA - NOGUEIRA - NOGUEIRA DE RAMUÍN

 CAPELA DE FONTEFRIA

SAN MARTIÑO DE NOGUEIRA

NOGUEIRA DE RAMUÍN

 Nogueira de Ramuín
      San Martiño de Nogueira de Ramuín é unha parroquia do concello ourensán de Nogueira de Ramuín na comarca de Ourense. 

      No ano 2007 tiña 88 habitantes (48 homes e 40 mulleres) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 8 habitantes en relación ao ano 2000.

Lugares de Nogueira de Ramuín
       Baldomar, Fontefría, Fontes, Lama Forcada, Liñares, Luíntra, Nogueira, Pacios, A Seara de Arriba

Nogueira de Ramuín
      Nogueira de Ramuín é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Ourense e á Ribeira Sacra. Segundo o padrón municipal, en 2017 tiña 2.033 habitantes (2.565 en 2003).

Xeografía
       O concello, de 98,3 km², abrangue trece parroquias. Está situado ao norte da provincia de Ourense, e limita ao norte cos concellos de Carballedo, Pantón, Sober, ao sur con Esgos e Xunqueira de Espadanedo, ao leste con Parada de Sil e ao oeste con Coles, A Peroxa e Pereiro de Aguiar.

       Sitúase á beira da confluencia do río Miño co Sil, incluíndo tamén o val superior do río Loña. Cara ao sur está a depresión de Ourense, nas abas de Cabeza de Meda (1320 m).

       Está comunicada a través da estrada OU-546 (Ourense - Monforte de Lemos) e da OU-536 (Ourense - Ponferrada).

Historia
       Consérvanse restos do megalítico, as mámoas de Moura e de Lamagorzos. Do románico son o mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil e as igrexas de San Martiño de Nogueira e San Cristovo de Armariz.

      Existen petos de ánimas en San Miguel do Campo, Eiradela, Pacios e Liñares.

Patrimonio
    Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil.

Parroquias
   Armariz (San Cristovo), A Carballeira (San Xosé), Cerreda (Santiago), Faramontaos (Santa María), Loña do Monte (San Salvador), Moura (San Xoán), Nogueira de Ramuín (San Martiño). San Miguel do Campo (San Miguel), Santa Cruz de Rubiacós (Santa Cruz) | Santo Estevo de Ribas de Sil (Santo Estevo), Vilar de Cerreda (Santa Baia), Viñoás (Santa María)

Comarca de Ourense
      A comarca de Ourense é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Ourense. Pertencen a esta comarca os concellos de Amoeiro, Barbadás, Coles, Esgos, Nogueira de Ramuín, Ourense, O Pereiro de Aguiar, A Peroxa, San Cibrao das Viñas, Taboadela, Toén e Vilamarín.

     Limita ao norte coa comarca de Chantada (Lugo), ao nordeste coa comarca de Terra de Lemos (Lugo) e comarca da Terra de Caldelas, ao leste e sueste coa de Allariz-Maceda, ao sur coa de Celanova e ao oeste coas do Ribeiro e Carballiño.

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA

CRUCEIRO DO CULEBRÓN - LANTAÑO - PORTAS

 CRUCEIRO DO CULEBRÓN

LANTAÑO

PORTAS

Cruceiro do Culebrón
      O cruceiro do Culebrón, o máis grande de todo o concello, data posiblemente da misma época que a Igrexa de San Pedro Mártir.

     Sobre unha plataforma escalonada, destaca pola sua gran beleza e a figura dunha serpe ou lagarto cunha gran cabeza no varal, representando o diaño no Pecado Orixinal, o que da lugar ao seu nome.

     No outro lado do varal, as figuras de Adán e Eva espidas.

     A cruz é de sección cilíndrica e simila as polas dunha árbore, sobre un capitel rícamente ornamentado. No anverso podemos ver a figura de Cristo crucificado e San Francisco recollendo a sangue.

     No reverso, a figura da Virxe do Socorro co neno espido, coroada por dous ánxeles, e pisando ao demonio.

     Nas festas en honor de San Pedro Mártir, engalánase cunha coroa de millo para pedir por unha boa colleita.

Lantaño
     San Pedro de Lantaño é unha parroquia que se localiza no concello de Portas. 


     Segundo o padrón municipal de 2014 tiña 699 habitantes (337 homes e 362 mulleres), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 729 habitantes.

Lugares de Lantaño
     A Aldea Nova, Almirante, Baceiro, As Cachadas, Cachal, Casal, Fontenla, Paredes, A Pedreira, Rial, San Bieito, Torre

Comarca de Caldas
       A comarca de Caldas é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Caldas de Reis. 

     Pertencen a ela os concellos de Caldas de Reis, Catoira, Cuntis, Moraña, Pontecesures, Portas e Valga.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA