martes, 9 de mayo de 2023

PONTE DA CIGARROSA - RÍO SIL - PETÍN - A RUÁ

 PONTE DA CIGARROSA

RÍO SIL

A RÚA - PETÍN

 Ponte da Cigarrosa
     A ponte da Cigarrosa é unha construción do século XVI que cruza o río Sil entre as parroquias de Petín e A Rúa de Valdeorras. 

      Ten cinco arcos de diferente tamaño e forma, con catro piares tamén desiguais.

Historia
     Ten a súa orixe nunha construción anterior romana feita durante os reinados de Tito e Domiciano como parte da Vía Nova do itinerario de Antonino entre Braga e Astorga.

     Foi reconstruída en 1577 por Juan de Náveda e reformada un século despois. Da época romana consérvanse no segundo piar cinco fileiras de bloques e os alicerces do cuarto piar, se ben adoitan estar cubertas pola auga. A ponte recibe o seu nome da mansión de Forum Cigurrorum, pois a zona estaba habitada pola tribo dos guigurros. 

     A carón da ponte atopáronse unha lápida e uns mosaicos de época romana, conservados no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. En 2022 atopouse un miliario.

     Os cinco arcos teñen luz variable. Os catro piares teñen tallamares triangulares augas arriba, e dous tallamares augas abaixo. Catro dos arcos son apuntados, mentres que o arco segundo, que é o de maior luz, é de medio punto. O quinto arco está moi reformado, xa que foi recuberto de formigón respectando a primitiva forma apuntada ao construír o encoro de San Martiño a mediados do século XX. Pola contra, o terceiro arco ten moi pouca luz comparado cos demais arcos.

      Os tallamares son triangulares-apiramidados, mais debido ás sucesivas restauracións que sufriu a ponte amosan unha acusada desigualdade, non só no trazado senón tamén da fábrica construtiva.

     A mediados do século XIX configurouse a estrada de segunda orde Ponferrada-Ourense, que discorría pola ponte. 

     En 1904 levouse a cabo unha reparación dirixida por Manuel Díez Sanjurjo. A partir de 1941, tras a aprobación do Plan Peña, a estrada pasou a nomearse N-120, e xa en 1987 pasou a formar parte da OU-533, se ben por entón se construíu outra ponte paralela augas abaixo, polo que é de uso peonil.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

domingo, 7 de mayo de 2023

IGREXA DE SAN PEDRO DE CASTRO DE LAZA - LAZA

 IGREXA DE SAN PEDRO

CASTRO DE LAZA

LAZA

 Castro de Laza
     Castro de Laza, tamén San Pedro de Castro (de Laza), é unha parroquia do municipio de Laza, na comarca de Verín, provincia de Ourense, na comunidade autónoma de Galicia. 

     Do mesmo xeito que na cabeza do municipio, Laza, celébrase o ancestral entroido.

Aldeas da parroquia de Castro
    Castro, Correchouso, O Navallo, Naveaus, Soutelo Verde, Tamicelas, Vilameá.

Entroido
     Do mesmo xeito que no entroido de Laza, aínda que de dimensións moito menores, en Soutelo Verde tamén se celebra o entroido de forma similar. 

     O domingo anterior ao Mércores de Cinza saen os peliqueiros a percorrer o pobo, vestidos cos seus traxes característicos, seis cencerros na cintura, que fan soar á vez co seu andar rítmico, e unha máscara pintada que cobre completamente a cara e un látigo na man, para apartar do seu camiño aos que non se dean por aludidos. 

     A mañá do luns de realiza a farrapada, unha batalla de todos contra todos, na que se utilizan trapos manchados de barro. Unha vez terminada, os participantes nútrense coa tradicional bica, licor de café, bandullo ou mondongo con cachelos e grelos, cocido con lacón, chourizo, orellas e cachucha.

Gastronomía
 
   Bica branca: especialidade local que non se atopa fóra do municipio e so fabrícase en tres panaderías de Laza. É unha bica realizada con fariña, nata de leite de vaca, azucre e clara de ovo. O doce cómese sobre todo durante o entroido.


    Xastré: é un licor caseiro de cor verde elaborada con augardente, azucre e herbas. Faise con oito tipos de herbas distintos que se poñen a macerar en augardente frouxa durante 20 días. A súa fabricación é moi laboriosa, polo que non se vende de forma comercial.

Monumentos e Patrimonio
Iglesia de San Pedro de Castro de Laza
     Iglesia orixinariamente do século XVI, aínda que o edificio actual é barroco, de entre 1635 e 1795. Iglesia dunha nave con dous arcos cubertos por un artesonado. A fachada presenta unha hornacina con estatua sedente de San Pedro de estilo neoclásico. No interior atópase un espectacular retablo barroco.

Outros lugares de interese
    Casa Reitoral de Castro: casa tradicional de estilo popular de 500 m² de planta. Gran cheminea de pedra sobre a porta, sobre a que se pode ver a un San Pedro con chaves e tiara.
   
Capela de San Martín de Soutelo Verde: edificio rectangular de estilo popular do século XIX. Da fachada xorde unha espadana cunha campá. Encostado á capela hai un peto de ánimas construído en 1813.

    Capela da Asunción de Tamicelas: pequena capela rectangular de nave única do século XIII de estilo barroco galego. Porta arquitrabada sobre a que se atopa un pequeno óculo e sobre leste unha hornacina con figura. Fachada rematada con espadana dun arco.

    Capela de Santa Lucía de Villameá: pequena capela rectangular de estilo popular, do século XIX. Posúe atrio na portada con bancos de pedra.
    Hai tamén diversos pequenos muíños de pedra, de estilo popular, conservados.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

A FÁBRICA DA LUZ - RÍO MAO - BARXACOVA - PARADA DE SIL

 A FÁBRICA DA LUZ

RÍO MAO

BARXACOVA

PARADA DE SIL

 A Fábrica da Luz
      A Fábrica da Luz é unha das primeiras infraestruturas hidroeléctricas construídas en Galicia. Levándonos a principios do século XX, entre os anos 1914-1916, cando se construíu "A canle vella" para canalizar a auga do río Mao e vertela na coñecida como A Fábrica da Luz.

     Converténdose nun fito tecnolóxico, social e arquitectónico da zona.

     A empresa que o construíu chamábase La Gallega, pasando despois a propiedade de Unión Fenosa.

      En tempos, subministraba electricidade a Monforte e á capital de Ourense, así como ás localidades desta parte da Ribeira Sacra.

     A súa construción deu emprego a un gran número de veciños das parroquias da zona, estando plenamente operativo ata ben entrado o século XX. Quedando en desuso tras a construción da “canle nova”, a nova canalización que hoxe descarga directamente no Sil. 

      En 2011, por iniciativa do Concello de Parada del Sil recupérase este Patrimonio Industrial para convertelo nun lugar de ocio e formación. Este traballo foi realizado pola Arquitecta Paisaxista Isabel Aguirre, Premio Nacional de Arquitectura Manuel de Dehesa en 1997.

     Recuperando este testemuño da cultura industrial para prestar servizos de:
    Albergue Turístico
    Cantina
    Sala Multiusos
    Formación Ambiental
    Actividades de Turismo Activo

     Esta tarefa corre a cargo da Sociedade concesionaria Tempo Sacro, que ten como misión contribuír á conservación, difusión e posta en valor dos recursos patrimoniais, culturais e ambientais da zona.

MAPA 

 

Fuente: Web afabricadaluz.com

XOAN ARCO DA VELLA

O CANDEDO - CHANDREXA DE QUEIXA

 O CANDEDO

CHANDREXA DE QUEIXA

 O Candedo
     Santa María do Candedo é unha parroquia do concello de Chandrexa de Queixa na comarca da Terra de Trives, na provincia de Ourense.

     No ano 2007 tiña trece habitantes (nove homes e catro mulleres), un menos ca no ano anterior.

Lugares da parroquia do Candedo
     O Candedo

Chandrexa de Queixa
     Chandrexa de Queixa é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Trives e que forma parte do Macizo Central. 

     Segundo o padrón municipal, no ano 2019 tiña 456 habitantes (854 en 2003).

     É un concello eminentemente gandeiro e agrícola que, a día de hoxe, está moi despoboado e en franco retroceso demográfico.

      Un acontecemento que veu a marcar drasticamente a vida e o porvir deste concello, foi a construción do encoro de Chandrexa de Queixa alá polo final da década do 1940 e principios do 1950.

Xeografia
     O concello ten unha extensión de 172,75 km². Limita ao norte cos concellos de Castro Caldelas e San Xoán de Río (mediante a serra do Burgo), ao sur con Laza e Vilariño de Conso (serra de Queixa), ao leste coa Pobra de Trives e Manzaneda, e ao oeste con Montederramo (serra de San Mamede).

     Sitúase no Macizo Central Ourensán, e está atravesado polos ríos Requeixo, Dorelle, e Queixa, afluentes do río Navea. Os 35 núcleos de poboación están situados entre os 1000 e os 1200 metros de altitude.

     O concello está a 6 km da estación de esquí de Cabeza de Manzaneda.

     Ten un clima de media montaña, con invernos moi fríos e veráns calorosos. As precipitacións non pasan de 1100 mm por ano, cunha moderada seca durante o verán.


     O chan é granítico cara ao leste e de lousa cara ao oeste. Sobre o subsolo hai unha capa de terra fértil, na que se asenta unha densa vexetación.

Patrimonio
     Entre a arquitectura relixiosa, ademais das igrexas parroquiais, destaca a capela e o cruceiro de Parafita.

     Entre a arquitectura popular destacan os fornos de leña, como o das Forcadas, ou o Casal de Drados.

     En Celeiros destaca o Museo Etnográfico.

     Respecto ao patrimonio natural está a fervenza de Dorelle, a fonte da Previsa, a área recreativa de Cardiego e mais a área recreativa de Santa Cruz.

Comarca da Terra de Trives
A comarca da Terra de Trives é unha comarca galega situada na provincia de Ourense, na zona leste da Ribeira Sacra.

     A súa capital é A Pobra de Trives, e pertencen a ela os concellos de Chandrexa de Queixa, Manzaneda, A Pobra de Trives e San Xoán de Río.

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA