viernes, 10 de marzo de 2023

HOMENAXE A ANTONIA MURADÁS - ASOCIACION DE VECIÑOS " A FONTE"

 HOMENAXE A ANTONIA MURADÁS 

ASOCIACION DE VECIÑOS " A FONTE"

Texto: Aldara Paz Portela

Fuente: Publicado Diario de Pontevedra

 Antonia Muradás, muller de mans salgadas

     A Asociación A Fonte renderá hoxe homenaxe a Antonia Muradás, A Chosquita, empacadora na postguerra, con motivo da celebración do Día da Muller Traballadora

     "Soñaba con ir á escola, pero non se podía. Había que traballar".

     Esa foi a dura realidade da postguerra. Antonia Muradás Muñiz, coñecida polo mote familiar "A Chosquita", foi unha das moitas mulleres –ou nenas naquel tempo– que tiveron que sacrificar a súa vida e os seus soños para que a súa familia puidese comer co pouco diñeiro que entón se gañaba nos traballos vinculados o mar.

     A pesar de todo iso, Antonia recoñece que tivo unha mocidade moi feliz. Unha época que este martes puido rememorar grazas a unha fotografía que lle entregaron as súas "veciñas de toda a vida" en Cantodarea Tesi Landín e Mari Tarrido, da Asociación A Fonte, que hoxe lle fará unha homenaxe con motivo do Día da Muller Traballadora.


     O acto terá lugar ás 18.00 horas enfronte do monumento da "Carrexadora", símbolo de loita e de todas as mulleres do mar.

     Alí entregaráselle un recordo a Antonia e despois celebrarase unha merenda no local da Comisión de Festas de San José situado en Concepción Arenal, á beira do Bar Apolo.

     "A Chosquita" era das máis altas do seu grupo de compañeiras, unhas dez. Da decena tan só permanecen vivas ela e a que saía ao seu lado, Elvirita "A Suela".

      Na foto, de 1951, tamén saía a sua avoa, Dores. "Acórdome perfectamente que a miña avoa pasaba por alí naquel momento e chamámola para que saíse connosco na foto", conta con añoranza.

     O traballo de Antonia e as súas compañeiras era o de empacadoras, no que case todas comezaron antes da maioría de idade.

     Dedicábanse a gardar e salgar o peixe, concretamente a carioca, para despois cargalo aos camións e distribuílos. "Era un traballo moi duro.

     Podías pasar toda a noite traballando e non ir a casa ata as doce do mediodía, porque dependía de se cho compraban ou non", relata a veciña de Cantodarea, que recorda que "o pouco que pagaban para o moito que faciamos". Por cada caixa, cinco pesetas.

     De feito, por descargar o sal dos coches "non nos pagaban". Tampouco tiñan nin vacacións nin seguro e só gañaban diñeiro se pescarbas pa manipular. 

     O oficio pasoulle factura, xa que nalgunha ocasión chegou a sufrir anemia.

     Pero xa aos 14 anos, as mans de Antonia sabían o que era estar en continuo contacto coa salitre e o sal máis puro. E é que pasaba horas no peirao secando bacallau.

     "Sempre intentaba acabar rápido para poder ir ao colexio. Logo cando se modernizou un pouco a técnica no peirao, tocábame ir a Cálaa do Sur, onde tamén se secaba, a vixiar que os gatos non llo comesen", recorda a homenaxeada, que aínda se cuestionou como puido aprender a ler e a escribir co pouco tempo que tiña para dedicarse a iso.

Aos 16 anos traballou na conserveira de Riestra e posteriormente, ata os 25, cando casou, foi empacadora. Pero Antonia seguiu traballando.

     Estivo polo menos 43 anos no emblemático Bar Lelé –que en 1952 colleron o seu marido e o seu cuñado– ata que se xubilou.

NOTA:

     Meu agrdecemento a AA.VV. A Fonte por convidarme o acto, moitas gracias.

VIDEO

Texto: Aldara Paz Portela

Fuente: Publicado Diario de Pontevedra

XOAN ARCO DA VELLA

 

jueves, 9 de marzo de 2023

ESTACIÓN DE VERDOEJO - VERDOEJO - VALENÇA DO MINHO

 ESTACIÓN DE VERDOEJO

VERDOEJO

VALENÇA DO MINHO

Apeadoiro de Verdoejo
     O Apeadoiro de Verdoejo es una parada ferroviaria da Línea do Miño, na localidade de Verdoejo, no municipio de Valença, en Portugal.

Historia
     Este apeadoiro situase na Línea do Miño entre Valença e Lapela, que foi aberta o 15 de xunio de 1913.​

     En xunio de 1913, esta  apeadoiro tiña categoría de estación, era punto de conexion cos trens entre Porto-São Bento e Lapela.

Verdoejo
     Verdoejo es unha fregresia portuguesa do concello de Valença, con 3,82 km² de superficie e 635 habitantes (2001).

       A sua densidade de poboación e de 166,2 hab/km².

Valença

      Valença do Minho, é un concello portugués do distrito de Viana do Castelo, dentro da Região Norte e subrexión do Minho-Lima.

       O concello abrangue 117,43 km² de área e 14.127 habitantes (2011), subdividido en dezaseis freguesías. 

      Linda polo leste co municipio de Monção, polo sur con Paredes de Coura, polo oeste con Vila Nova de Cerveira e ao noroeste e norte únese a Tui a través do río Miño.

       Dende o 10 de febreiro de 2012, forma coa cidade galega de Tui unha eurocidade, como mostra de cooperación e integración dos dous concellos, separados tan só polo río Miño.  

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA

miércoles, 8 de marzo de 2023

ESTACIÓN ABANDONADA DE LANHELAS - LANHELAS - CAMINHA

 ESTACIÓN ABANDONADA DE LANHELAS

LANHELAS

CAMINHA

Lanhelas
      Lanhelas es unha fregresia portuguesa do municipio de Caminha.

     Según o censo de 2021, tiña unha poboción de 899 habitantes.

​     A freguesia de Lanhelas e a mais septentrional do municipio.

Economía
     Mediante traballos artesanais  na industria pirotecnia. Outras actividades son a agricultura, a construcción civil e a pesca fluvial.

Gastronomía
     Es moi coñecida esta zona por o arroz de lampreia.

Patrimonio
    Laje das Fogaças
    Torre de Lanhelas o denominada también: Casa da Torre o Paço de Lanhelas

Caminha
     Caminha é unha vila portuguesa no Distrito de Viana do Castelo, rexión Norte e subrexión do Minho-Lima, con preto de 2.500 habitantes.

     É sede dun municipio con 129,66 km² de área e 17.069 habitantes (2001), subdividido en 20 freguesías.

      O municipio limita ao nordeste co de Vila Nova de Cerveira, ao oeste co de Ponte de Lima, ao sur co de Viana do Castelo, ao norte con Galiza e ao oeste co océano Atlántico.

Fregresías
      O concello de Caminha está formado por vinte freguesías, agrupadas en dous grandes vales: o Vale do Coura e Minho e o Vale do Âncora.


Formado polas localidades de:

Vale do Coura
    Arga de Baixo
    Arga de Cima
    Arga de São João
    Argela, Azevedo
    Caminha-Matriz
    Cristelo
    Dem
    Lanhelas
    Moledo do Minho
    Seixas
    Venade
    Vilar de Mouros
    Vilarelho

Vale do Âncora
As súas freguesías son:

    Âncora
    Gondar
    Orbacém
    Riba de Âncora
    Vila Praia de Âncora
    Vil

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

 

ESTACIÓN ABANDONADA DE FRIESTAS - FRIESTAS - VALENÇA DO MINHO

 ESTACIÓN ABANDONADA DE FRIESTAS

FRIESTAS

VALENÇA DO MINHO 

 Estación ferroviaria de Friestas
     A Estación Ferroviaria de Friestas é unha estación concluída da Liña do Miño, que servía á localidade de Friestas, no municipio de Valença, en Portugal.

Historia
      Este apeadeiro formaba parte do anaco da Liña de Minho entre Valença e Lapela, que foi aberto á explotación o día 15 de xuño de 1913.

       Nos horarios de xuño de 1913, a estación de Friestas era servida polos trens entre Porto-São Bento e Lapela.​

Friestas
      Friestas é unha freguesia portuguesa do concelho de Valença, con 4,32 km² de superficie e 546 habitantes (2001). A súa densidade de poboación é de 126,4 hab/km².

Valença
      Valença, tamén coñecida como Valença do Miño (Valença do Minho en portugués), é un concello portugués do distrito de Viana do Castelo, dentro da Região Norte e subrexión do Minho-Lima.

      O concello abrangue 117,43 km² de área e 14.127 habitantes (2011), subdividido en dezaseis freguesías.

      Linda polo leste co municipio de Monção, polo sur con Paredes de Coura, polo oeste con Vila Nova de Cerveira e ao noroeste e norte únese a Tui a través do río Miño.

      Dende o 10 de febreiro de 2012, forma coa cidade galega de Tui unha eurocidade, como mostra de cooperación e integración dos dous concellos, separados tan só polo río Miño.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA