sábado, 12 de marzo de 2022

FERVENZA DE FRINXO - FRINXO - PAZOS DE REIS - TUI

 FERVENZA DE FRINXO

FRINXO

PAZOS DE REIS

TUI

Frinxo
     Frinxo é un lugar da parroquia de Pazos de Reis, no concello pontevedrés de Tui, na comarca do Baixo Miño.

     Segundo o padrón municipal de habitantes do Instituto Galego de Estatística no ano 2019 tiña 78 habitantes (36 homes e 42 mulleres), un descenso de 27 habitantes respecto ao ano 1999.

Xeografía
       Frinxo forma unha aldea separada polo Alto dos Cubos do resto do conxunto habitado de Pazos de Reis.

Historia
       Na contorna de Frinxo houbo un castro galaico, coñecido localmente coma Castro do Castelo. Xa na Idade Contemporánea, Frinxo experimentou un certo crecemento que fixo que a aldea puidese dispor dunha capela propia, construída entre os anos 1856 e 1860 polo bispo tudense Maceira. Na actualidade esta capela é usada coma igrexa parroquial polos veciños.

    Nesta aldea hai varios elementos patrimoniais:
    Capela da Virxe das Dores: edificio relixioso do século XIX.
    Mina de auga de Frinxo.

Lugares de Pazos de Reis
     O Ánxel, Circos, O Eirado, Frinxo, Herdeiros, Muíños, A Poboanza, A Porteliña, Ricamonde, O Seixal

Pazos de Reis
     O Sagrario de Pazos de Reis é unha parroquia que se localiza no concello de Tui. Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 1.147 habitantes (547 homes e 600 mulleres), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 2004, cando tiña 1.127 habitantes, e 1999, con 1.142.

Historia
     Durante o antigo réxime formou un morgadío xunto ás parroquias de Morgadáns (Gondomar) e Chenlo (O Porriño).

     En 1926 constituíuse nunha das nove entidades locais menores que existen en Galiza, tras vencer a resistencia dos veciños de Tui.

Comarca do Baixo Miño
     A comarca do Baixo Miño é unha comarca galega situada no suroeste da provincia de Pontevedra e a súa capital é Tui.

       Pertencen a ela os concellos de A Guarda, Oia, O Rosal, Tomiño e Tui.

Situación
     A comarca do Baixo Miño localízase co océano Atlántico ao oeste e o río Miño ao sueste que lle serve de fronteira natural con Portugal, até a súa desembocadura na Guarda, onde forma un amplo esteiro de importancia ornitolóxica.  

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA

viernes, 11 de marzo de 2022

ANTIGUA ESTACION DE TREN DE SILLEDA - CASTRO - SILLEDA

ESTACIÓN DE TREN DE SILLEDA

CASTRO

SILLEDA

 Estación de Silleda
      Silleda é un apeadoiro de Adif, situado na parroquia do Castro, preto da vila de Silleda, provincia de Pontevedra.

      Está situada na liña A Coruña-Madrid e actualmente non presta servizos de pasaxeiros.

Características
       Inaugurouse en 1958, cando se abriu o trazado da liña de ferrocarril Zamora - Santiago de Compostela.

     Amais do edificio principal consérvase o almacén e a báscula de mercadorías, os servizos, os farois, o muro divisorio das casa dos ferroviarios de planta baixa.

O Castro

      San Mamede do Castro é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda. 

      Segundo o padrón municipal de 2011 tiña 105 habitantes (49 homes e 56 mulleres), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 118 habitantes.

     Nesta parroquia atópase o asentamento castrexo da Copa do Castro, ao pé do cal está a igrexa de San Mamede, así como a Estación de Silleda.

Comarca de Deza
     A comarca de Deza é unha comarca da provincia de Pontevedra e a súa capital é Lalín.

      Pertencen a ela os concellos de Agolada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces. 

     A súa poboación é de máis de 40.000 habitantes.

      O Deza coincide coa antiga comarca de País do Deza, isto é, as xurisdicións de Deza, Camba, Dozón, Trasdeza, Carbia e Valquireza.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

HOMENAXE A REMEDIOS ALDAO - ASOCIACIÓN VECIÑAL "A FONTE"

HOMENAXE A REMEDIOS ALDAO

ASOCIACIÓN VECIÑAL " A FONTE "

CANTODAREA - ESTRIBELA

 A Fonte homenaxeou polo 8-M a Remedios Aldao

     Chaboleira, 'acarrexadora' e rexente do quiosco da Praza de Abastos de Cantodarea, a súa historia de superación foi o símbolo deste ano

    Desas mulleres que gardan a esencia dun pobo. O sentir dos veciños que fixeron do mar a súa profesión, o seu modo de vida e que se dedicaron a iso ata o final. 

      Así é como definen a Remedios Aldao as súas veciñas, as mulleres que compoñen a Asociación Veciñal A Fonte Cantodarea-Estribela, que escolleu á viva imaxe da muller traballadora marinense para homenaxear a todas as demais neste 8 de marzo.

     Remedios, ou Reme como a coñecen moitos, cumprirá 93 anos o próximo 11 de marzo e viviu toda a súa vida rodeada dos oficios pesqueiros que construíron Marín. "Aquilo era un martirio", recorda dos seus días como chabolera, unha profesión esencial décadas atrás. 

     Remedios encargábase, xunto a outras mulleres como ela, de cargar os aparellos de pesca dos barcos que viñan de faenar e levalos en carreta ao que chamaban 'chabola', un espazo destinado a 'encascar' os aparellos, un método de tinguidura polo que se evitaba que as redes podrecesen en contacto co mar.

     O froito do seu traballo secábase no coñecido 'recheo', ocupado pola Praza Marqués de Valterra por parte de Estribela e O Regueiro, de Cantodarea. 


     Alí tendíanse as redes recentemente encascadas, a condición de que non chovese, o que obrigaba a gardalas todas en tempo marca, recorda Remedios con amargura.

Homenaxe. 

     A Fonte homenaxou o martes ás 18.00 horas, dia do 8 de Marzo na estatua da Acarrexadora, que non só é o símbolo co que a asociación quere representar a todas as mulleres traballadoras da localidade, senón unha imaxe real tamén para a marinense.

     E é que, ademais de chabolera, Remedios foi 'acarrexadora'. Daqueles días tan só quédanlle os recordos de dor e esforzo que a acompañaron durante as longas xornadas cargando peixe á cabeza.

     A súa vida sempre estivo e estará ancorada á mar porque tamén el tróuxolle os seus peores momentos. O seu marido, Serafín López, ao que coñeceu mentres "facía a mili" na Escola Naval, foi tamén mariñeiro.

      Como moitos outros marinenses, viuse obrigado a embarcar en mareas internacionais, pero na segunda delas, logo de prometer que ía ser a última, nunca máis volveu.

    Morreu en Nova York e Remedios quedou soa á fronte da súa familia e non volveu casar.

     Tiña 35 anos entón e moita vida por diante cando decidiu porse á fronte do quiosco da antiga Praza de Abastos de Cantodarea, para poder alimentar á súa familia.

     O edificio, agora desaparecido, atopábase na Avenida de Ourense e unha das súas esquinas albergaba o seu pequeno local, aberto durante toda a noite para servir "café, viño e copas" aos mariñeiros e militares que acababan ou comezaban a súa xornada laboral en horario nocturno. 

     Todos eles pasaban sempre polo quiosco de Remedios, un negocio que rexentou ata que a nova Praza de Abastos na Avenida Exército e Mariña deixou sen uso ao antigo Mercado.

        A morte do seu marido non foi a única á que se enfrontou Remedios. Fai tan só dous anos perdeu tamén á súa filla, Teresa, en plena pandemia. 

      O suceso marcou non só á familia, senón a todo o barrio que a rodea, nas rúas que fan de Cantodarea o espazo cultural e familiar que é. Por iso, e en palabras da Fonte, Remedios será este 8-M a imaxe que represente a "todas as mulleres do barrio".

VIDEO

MAPA

 

Texto: B. Nestar

DIARIO DE PONTEVEDRA

 

XOAN ARCO DA VELLA 


ANTIGUA ESTACIÓN DE TREN DE O IRIXO - O IRIXO

 ANTIGUA ESTACIÓN DE O IRIXO

O IRIXO

Estación do Irixo
     O Irixo é unha estación de tren de Adif situada na vila do Irixo, provincia de Ourense. 

      Conta con servizos de media distancia operados por Renfe.

Situación ferroviaria
     A estación atópase no punto quilométrico 298,0 da liña férrea de ancho ibérico que une Zamora e A Coruña a 549 metros de altitude, entre as estacións do Carballiño e Lalín. O tramo é de vía única e está sen electrificar.

     A estación foi inaugurada o 8 de setembro de 1958 coa posta en marcha do tramo O Carballiño-Santiago de Compostela da liña férrea que pretendía unir Zamora coa Coruña.

     A súa explotación inicial quedou a cargo de Renfe, que naceu en 1941.

      Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

A estación
     Atópase ao sur do Irixo. Seguindo a liña arquitectónica das estacións deste tramo da liña o edificio para viaxeiros é unha construción en pedra, de planta irregular e dúas alturas con cheminea lateral e tellado de tella de varias vertentes. 

      Dous soportais apoiados en arcos rebaixados adornan as dúas fachadas da estación. 

      Conta con dúas plataformas, unha lateral e outra central, ás que acceden tres vías. Os cambios de plataforma realízanse a nivel. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA