domingo, 6 de marzo de 2022

CRUCEIRO EN JUAN BAUTISTA ANDRADE - LÉREZ

CRUCEIRO EN JUAN BAUTISTA ANDRADE

RÚA JUAN BAUTISTA ANDRADE

LÉREZ

Cruceiros
      Sinal de identidade da paisaxe galega e expresión da devoción popular, os cruceiros levántanse en encrucilladas ou preto de ermidas, igrexas e cemiterios.

       Castelao dicía que un cruceiro é "un perdón do ceo", pois segundo o grande escritor galego os cruceiros eríxense para facerse perdoar algún pecado.

     Dado que en Galicia hai uns 12.000 cruceiros, as nosas faltas deben de ser grandes...

     Pero tamén se di que os cruceiros protexen os viaxeiros, así que para os que andan por estas terras a protección está garantida.

Lérez
     San Salvador de Lérez é unha parroquia que se localiza no concello de Pontevedra.

      Segundo os datos do INE a 1 de xaneiro de 2008 tiña 1.802 habitantes (902 mulleres e 900 homes), distribuídos en 21 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 2007 cando tiña 1.771 habitantes.

Patrimonio
     No lugar de Casaldarado estaba o castelo de Cedofeita, de importancia entre o século X e o século XIII.

      O mosteiro de San Salvador de Lérez, situado nun outeiro sobre o río Lérez, aparece documentado desde finais do século IX.

     Nel aloxáronse e viviron persoeiros como o Pai Xerónimo Feijoo ou o pai Martín Sarmiento. Trala desamortización de Mendizábal, os monxes víronse obrigados a abandonar o mosteiro, converténdose o templo na igrexa parroquial.

      Actualmente consérvase o claustro monacal, adxunto á igrexa. 

MAPA

 

 Fuente: Turismo de Galicia

XOAN ARCO DA VELLA

PETO DE RUBIÁS - RUBIÁS - CALVOS DE RANDÍN

 PETO DE RUBIÁS

RUBIÁS

CALVOS DE RANDÍN

  Peto de ánimas
   Chámanse petos de ánimas a unha das manifestacións materiais do culto aos mortos e son, xeneralmente, sinxelos monumentos de piedade popular asociados á idea do purgatorio.

    En Galicia é frecuente atopalos en camiños, encrucilladas, atrios de igrexas, etc.

     Os historiadores e etnógrafos sitúan a súa aparición a partir da Contrarreforma, datándose os máis antigos no século XVII, aínda que non sería ata o século XVIII cando se constrúan con máis profusión.

     A súa finalidade é a de ofrecer esmolas de todo tipo ás ánimas do Purgatorio, sendo o seu castigo temporal e podendo así alcanzar o Ceo.

    En compensación, unha vez liberadas intercederán por quenes realizaron as ofrendas.

     As esmolas non eran de carácter estrictamente monetarias, tamén podía tratarse de produtos agrícolas.

     Os petos de ánimas adoitan estar construídos en pedra cunha cruz no alto, polo xeral con imaxes das ánimas no lume do purgatorio e unha figura que as vela (santo, rei ou bispo).

     Na parte frontal aparece un peto para depositar a esmola e protexido cunha reixa ou un cristal.

Algúns levan lendas do tipo:
     Un alma tes e non máis, si a pérdes que farás...  
 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

VILARIÑO - RANDÍN - CALVOS DE RANDÍN

 VILARIÑO

RANDÍN

CALVOS DE RANDÍN

 Vilariño
     Vilariño é un lugar da parroquia de Randín no concello ourensán de Calvos de Randín na comarca da Limia.

     Tiña 17 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 9 eran homes e 8 mulleres.

     Iso supón unha diminución da poboación respecto a 2010, cando tiña 18 habitantes (9 homes e 9 mulleres).

Randín
     San Xoán de Randín é unha parroquia do concello ourensán de Calvos de Randín na comarca da Limia.

      No ano 2007 tiña 254 habitantes (128 homes e 126 mulleres) distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 28 habitantes en relación ao ano 2000.

     No seu termo áchase o Castelo da Picoña.

Historia
     Na parroquia tivo lugar o 22 de febreiro de 1944 o accidente de Monteagudo, no que un avión británico bateu contra un monte e sufriu un incendio, morrendo os seus seis ocupantes.

Lugares de Randín
     Paradela, Randín, Vilar, Vilariño

Calvos de Randín
     Calvos de Randín é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca da Limia. 

      Segundo o padrón municipal, en 2015 tiña 922 habitantes (1242 en 2003).O seu xentilicio é calvense ou randinense.


Xeografía
     O concello, de 98 km², abrangue 9 parroquias. Está situado ao sur da provincia de Ourense, á beira das serras de Larouco, O Xurés e A Pena, acadándose nesta última os 1400 m de altitude. 

     O municipio está atravesado polo río Salas, afluente do Limia, onde se construíu o encoro de Salas. Á súa vez, este río recibe as augas do río Firbeda.

     É unha zona con clima oceánico de montaña, con fortes precipitacións e temperaturas baixas, se ben no verán adoita haber fortes secas.

Historia
     A situación fronteiriza con Portugal marcou a evolución histórica do concello. As terras da Picoña tiñan a súa cabeceira no castelo da Picoña, derruído en 1650 por tropas castelás. No século XVIII a zona pertencía á xurisdición do conde de Lemos.

    Historicamente, parte do seu territorio pertenceu ó Couto Mixto. Isto daba certos privilexios á súa poboación, como a exención de pagar tributos ás coroas de Portugal e Castela, a libre pertenza a un ou outro reino, e a elección dun alcalde. Estes dereitos abolíronse trala aplicación do Tratado de Lisboa de 1864.

     O 22 de febreiro de 1944 tivo lugar o accidente de Monteagudo, no que un avión británico bateu contra un monte e sufriu un incendio, morrendo os seus seis ocupantes.

Lugares de Calvos de Randín
     Calvos (Santiago), Castelaus (San Martiño), Feás (San Miguel), Golpellás (San Xoán), Lobás (San Vicente), Randín (San Xoán), Rioseco (Santa Mariña), Rubiás dos Mixtos (Santiago), Vila (Santa María)

VIDEO

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA

 

PETO DE COUSO DE SALAS - COUSO DE SALAS - MUIÑOS

 PETO DE COUSO DE SALAS

COUSO DE SALAS

MUIÑOS


   Petos de Ánimas
     Os petos de ánimas son unha das manifestacións materiais do culto aos mortos, da devoción das ánimas; non deixa de falarnos das ideas moi profundas na mentalidade galega sobre a vida e a morte.

     Afirman os historiadores e etnógrafos que o peto de ánimas xorde despois do século XVI, na situación político-relixiosa da Contrarreforma, é entón cando aparece a idea do Purgatorio.

Segundo Castelao:
     "A nova devoción suprímeo a idea de castigo eterno".

      A mediados do século XVII, Galicia xa deixara de pensar no Inferno para que se entregue de cheo a idea do Purgatorio, do que os seus mortos queridos podían salvarse a forza de oracións e boas obras.

     A finalidade destes elementos populares é a de ofrecer ofrendas de todo tipo (flores, cera, patacas, maíz, pan, aceite ...), ás ánimas que non atopan descanso no Purgatorio, para que alcancen a felicidade no Ceo; unha vez liberadas intercederán por quen fixo a ofrenda, e daban diñeiro para que o cura o administre e dixese misas polos defuntos.

     Os retablos das ánimas, os petos en que se pide a esmola durante a misa e as obras de cantería son manifestacións de culto ás ánimas.

     O estilo artístico , de cantería defínese como "popular"; os devotos coñecían perfectamente as formas e cores que querían e non lle pedían ao canteiro artesan outra cousa que facer a obra encargada coa súa mellor habilidade.

   Os petos unen arquitectura e escultura, e a súa estrutura divídese en tres partes:
- Estructura arquitectónica básica.
- Unha cavidade similar a unha capeliña que ocupa o eixe central e superior (buqueira).
- Unha cavidad case sempre na base da capeliña, tapada cunha lámina de ferro e un buraco para meter as ofrendas (Alxibeira).

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA

TORRE DO RELOXO - CAMINHA

TORRE DO RELOXO

CAMINHA

     A Torre do Reloxo, ou Torre do Relogio, é o símbolo icónico de Caminha, poboación situada na desembocadura do Rio Minho, no distrito de Viana do Castelo.

     Esta torre formaba parte das murallas construídas no século XIII polo rei Afonso III.

     Este gran conxunto defensivo contiña originalmente 13 torres, que se correspondían co mesmo número de portas.

     Na actualidade esta é a única torre do castelo que se manten intacta.

    De planta cadrada, a torre ten unha porta na planta baixa, no arco puxose unha imaxe de Nossa Senhora dá Conceiçao, ordenada poñer alí por D. Juan IV, e o escudo de armas de Portugal.

      O corpo da torre divídese en dúas plantas e está coroada por almenas e campanario de cuberta piramidal. 

     Na parte superior da torre, no conxunto de almenas, colocouse en 1673 o reloxo que máis tarde deu nome á torre.

      A Torre do Reloxo está aberta ao público como espazo museístico, que alberga o Núcleo Museolóxico do Centro Histórico de Caminha, adicado á historia urbana da poboación.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA