sábado, 30 de octubre de 2021

MUIÑO DE PINTOS "DOUS" - RÍO DE PINTOS - PINTOS - MARCÓN

MUIÑO DE PINTOS "DOUS"

RÍO PINTOS

PINTOS

MARCÓN


Marcón
     Marcón é unha parroquia rural do municipio de Pontevedra, na provincia de Pontevedra.

Poboación
     Segundo os datos da INE no 2000 había 2169 habitantes nesta parroquia dos cales 1050 eran varóns e 1119 eran mulleres.

     No 2008 esa poboación incrementouse un 1,98%, xa que había unha poboación total de 2212 habitantes, dos cales 1055 eran varóns e 1157 mulleres.


Lugares de interese
     O pé do monte da Fracha (545m), famosas polas fontes de augas medicinales (fonte dos bañitos).

     A parroquia de Marcón, tempo atras pertenceu ao entón concello de Mourente.

       Limita con Canicouva, Tomeza, Bora, e Mourente.

      A igrexa parroquial de Marcón, a casa rectoral e a ponte do Couto son mostras máis destacadas do seu patrimonio monumental.

      Nesta parroquia está situado o polígono industrial do Campiño, lindando co veciño concello de Ponte Caldelas.

Lugares
      Albeiro, A Barcia, A Cardosa, A Ermida, Marcón, Pazos, Peralba, Pintos, Ría de Abaixo, Ría de Arriba, Carracedo, Valadares, Vilafranca

Festas
     Cada primeiro fin de semana de setembro celébranse as festas en honor á Virxe do Rosario e das Dores.

      A parroquia tamén celebra as festas en honor ao seu patrón San Miguel os días 29, 30 de setembro e 1 de outubro.

     Hai unha festa gastronómica que goza cada vez de máis fama, é a Festa dá Fabada que se celebra todos os anos no mes de abril e é organizada polo equipo de fútbol do Marcón Atl.

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

viernes, 29 de octubre de 2021

O CAMIÑO EN MARCHA - ETAPA REDONDELA / PONTEVEDRA - AMIGAS/OS DO CAMIÑO PORTUGUÉS

 O CAMIÑO EN MARCHA

ETAPA REDONDELA / PONTEVEDRA

 AMIGAS/OS DO CAMIÑO PORTUGUÉS

      O pasado domingo día 23 de Maio, un grupo moi numeroso pertencentes á Asociación dás Amigas e Amigos do Camiño Portugués de Santiago volveron á ruta Xacobea para iniciar a súa tradicional peregrinación de todos os Anos Santos, dende Porto a Santiago de Compostela, con este, xa son cinco.

     O Domingo día 24 de Outubro tocou a etapa Redondela a Pontevedra, da que ahora compartimos algunhas imexes de ese día, espero que disfrutedes con elas.

     Ao longo dos proximos dias iremos compartindo as diferentes etapas que este grupo da Asociación das Amigas e Amigos do Camiño Portugués de Santiago, esta realizando.

       Despois do paron provocado pola pandemia este ano pódese, e de feito xa son moitos os peregrinos que percorren os Camiños e no Portugues tiven a ocasion de ver moitos.

     Quero agradecer a Asociación das Amigas e Amigos do Camiño Portugués de Santiago a atencion que teñen sempre con nos,  en particular ao seu presidente Tino Lores e a Pilar Amaro que en todo momento estan atentos o que necesitamos.

     Esta é unha iniciativa aberta, polo que poden participar todas as persoas que o desexen, podendo unirse á mesma en calquera momento, e podo asegurar que todos e todas seran ben recibidos

     Nesta ocasion puden asistir personalmente e quedei sorprendido dos milleiros de persoas que percorren o Camiño.

     O proximo Domingo 31 de Outubro estaremos facendo a etapa Pontevedra a Caldas de Reis e xa iredes vendo imaxes dese día

Camiño Portugués
      Coñécese como Camiño Portugués, ou máis concretamente Camiño Portugués Central (para unha mellor distinción dos demais), o camiño xacobeo que une Lisboa con Santiago de Compostela.

     O seu percorrido debuxa unha liña de sur a norte, que dende a capital lusa pasaría por Santarém, Coimbra, Porto, Barcelos, Ponte de Lima, Valença do Minho, Tui, Pontevedra e Padrón.

     Utilizado xa dende a Idade Media, foi sempre un dous máis importantes camiños de Santiago e na actualidade é o segundo camiño en número de peregrinos, só superado polo Camiño Francés.

     Aínda que este é o máis coñecido e utilizado, hai moitos outros camiños de Santiago en Portugal.

     Dende fai anos estanse recuperando antigas rutas, aínda que a maioría serían afluentes ou variantes do Camiño Central: a máis frecuentada é Camiño Portugués dá Costa, que ten o seu punto de inicio en Porto e segue un itinerario próximo ao mar; dende a mesma cidade tamén pode tomarse unha alternativa "por agora minoritaria" como é a variante de Braga; outro ramal arrincaría  sur, dende Faro e a rexión do Algarve, aínda que presenta tramos aína sen sinalizar, e queagardamos  permita percorrer o país dun extremo a outro.

    A estas rutas xacobeas cabo engadir outras polo interior de Portugal, tales como o interesante Camiño Portugués Interior (que parte de Farminhãou-Viseu e segue por Lamego e Chaves cara a Verín, onde une á variante sanabresa dá Vía dá Prata), ou Camiño Zamorano-Portugués ou de Soutochao (que sae de Zamora e segue por Bragança cara a Chaves) ou Camiño Torres (desde Salamanca cara a Braga)

VIDEO

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

miércoles, 27 de octubre de 2021

MUIÑO DE ABAIXO - VALLADARES - REGO DO POBO - MARCÓN

 MUIÑO DE ABAIXO

VALLADARES

REGO DO POBO

MARCÓN

Marcón

     Marcón é unha parroquia rural do municipio de Pontevedra, na provincia de Pontevedra.

Poboación
     Segundo os datos da INE no 2000 había 2169 habitantes nesta parroquia dos cales 1050 eran varóns e 1119 eran mulleres.

     No 2008 esa poboación incrementouse un 1,98%, xa que había unha poboación total de 2212 habitantes, dos cales 1055 eran varóns e 1157 mulleres.

Lugares de interese
     O pé do monte da Fracha (545m), famosas polas fontes de augas medicinales (fonte dos bañitos).

     A parroquia de Marcón, tempo atras pertenceu ao entón concello de Mourente.


       Limita con Canicouva, Tomeza, Bora, e Mourente.

     A igrexa parroquial de Marcón, a casa rectoral e a ponte do Couto son mostras máis destacadas do seu patrimonio monumental.

      Nesta parroquia está situado o polígono industrial do Campiño, lindando co veciño concello de Ponte Caldelas.

Lugares
      Albeiro, A Barcia, A Cardosa, A Ermida, Marcón, Pazos, Peralba, Pintos, Ría de Abaixo, Ría de Arriba, Carracedo, Valadares, Vilafranca

Festas
     Cada primeiro fin de semana de setembro celébranse as festas en honor á Virxe do Rosario e das Dores.


      A parroquia tamén celebra as festas en honor ao seu patrón San Miguel os días 29, 30 de setembro e 1 de outubro.

     Hai unha festa gastronómica que goza cada vez de máis fama, é a Festa dá Fabada que se celebra todos os anos no mes de abril e é organizada polo equipo de fútbol do Marcón

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

martes, 26 de octubre de 2021

MUIÑO DE FONTE QUENTE - A REIGOSA - TOURÓN - PONTECALDELAS

 MUIÑO DE FONTE QUENTE

A REIGOSA

TOURÓN

PONTECALDELAS

A Reigosa
    A Reigosa é un núcleo da parroquia de Tourón, no concello de Pontecaldelas.

     Segundo o INE en 2008 tiña 200 habitantes, 3 máis ca en 2007.

     No lugar está o polígono industrial da Reigosa, anexo ao polígono industrial do Campiño.

     Neste lugar atópase a fábrica de Tafisa e as instalacións de Distribucións Arnoia e da conserveira Orbe entre outras empresas.

     Na Reigosa hai un colexio de primaria, que dá servizo ás parroquias de Xustáns, Taboadelo e Tourón.


Tourón
     Santa María de Tourón é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Pontecaldelas. 

     Segundo o IGE en 2016 tiña 1099 habitantes (536 homes e 563 mulleres) distribuídos en 6 entidades de poboación.

Xeografía e patrimonio
      Esta parroquia é a máis próxima a Pontevedra e linda con ese concello na parroquia de Marcón.

Está atravesada pola estrada PO-532, tramo da antiga C-531.

      Hai varios petróglifos da Idade de Bronce, nos que predominan figuras animais (cabalos e cervos), circulares e cornixas.

      Na parroquia está o polígono industrial da Reigosa, anexo ao polígono industrial do Campiño. O punto de maior elevación é o monte do Pé da Moa, de 595 metros.

Lugares de Tourón
      Buchabade, Contixe, Mirón, A Reigosa, Tourón, Vilarchán

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA