miércoles, 16 de junio de 2021

FALAMOS CON LUZ PRADO MAGARIÑOS DO SEU METODO DE CORTE E CONFECCIÓN

FALAMOS CON LUZ PRADO MAGARIÑOS

PUBLICACION DO SEU METODO DE CORTE E CONFECCIÓN

Agradecer a Luz que sempre nos 

atende tan ben, graciñas

Algo de ti ?

     Estudei administrativo en Monteporreiro, e polas tardes asistía a academia de costura en Pontevedra. Comezei a confeccionar con 18 anos, pero era algo que tiña con hobie.

     Comezei de admistrativo ata que un día decidinme a sacar o título de patronista, con 30 anos. A partir de ahí empecei a adicar a miña vida o mundo da moda.

Porque te animas a escribir este método? 

      Ai 5 anos fundei a escola de The Fashion School nas Pistas en Villagarcía, pero tiven que cambiar de nome a Luz Prado moda diseño e moda, xa que The Fashion School xa estaba rexistrado nunha escola en Italia.

     Dando clases aos meus alumn@s, dinme de conta que case sempre tiñan duvidas no mesmo, o sistema de ensinanza que estaba estaba obsoleto, precisabase unha innovación no mundo do corte e da
confección, pois o primeiro sistema de ensinanza rexistrado neste mundo data do ano 1585, (según a BNE bibliotequeta nacional española), e ata agora todos os sistemas seguiron a mesma dinámica.

Existen mais métodos?
     Si, existen no mercado mais métodos, que non foron actualizados. Seguen sendo en blanco e negro e con ilustracións antigas. Ollo!! con isto non quero decir que sexan malos.

Conocinte facendo diseños, sigues ou o tes aparcado?
     O mundo da ensinanza atraeme moito, non sei como, son capaz de facer fácil o dificil. Ao ter a escola, teño menos tempo para adicarme ao diseño. Sigo formándome con grandes masters arredor do mundo, e aprendo técnicas novas. 

     Non o teño aparcado, a verdade e que rabeo por subir outra vez a pasarela, estas restriccións que estamos a vivir limitan moito, pero hay mais dun ano que me ronda algo pola cabeza....jajajaja..

  Non o teño aparcado, a verdade e que 

rabeo por subir outra vez a pasarela

Tes pensando seguir traballando na enseñanza no futuro?
     Sempre hai algo novo que aprender e nunca é tarde. Agora mesmo o futuro que teño na cabeza resumese cunha palabra EXPANSION.


     Sempre hai algo novo que aprender 

e nunca é tarde.

A confeccion a medida esta mais aparcado o teu futuro?
     A Confección a medida é a alta costura. Seguense facendo traballos a medida, a roupa senta mellor cando esta adapatada ao corpo. 


O problema é que a xente segue sen valorar 

o traballo das modistas e costureiras

     O problema é que a xente segue sen valorar o traballo das modistas e costureiras, traballos manuais, que requiren de técnica, destreza, experiencia, e cariño.

     Eu podo coller unha tela de gasa, e bordar nela o que queira e incluso incrustarlle pedras preciosas, despois realizar un patrón a  moulage, e confeccionalo, realizando unha peza única, pero este pódeme levar de 3 a 6 meses ou mais, hay pouca xente disposta a pagar eso.

Como fixeches o libro?
     Comencei o borrador a man alzada durante o confinamento, o meu fillo coas suas pinturas redibuxou algunhas ilustracións jajajaja. Despois paseino ao ordenador, rematei o 19 de febreiro e ata agora todo foi
burocracia e rexistros, coa axuda do asesoramento do punto smarpteme de Cambados.

     Para min era moi importante que este libro non fose un  mais, senon que sexa o libro de enseñanza por excelencia, polo que incluín todos os meus coñecementos coas dubidas dos meus alumn@s.

     O libro esta a cor e con imaxes reais e modernas, as ilustracións fíxenas cun programa de patronaxe básico.

Donde  se pode mercar o libro?
     Atopase a venta na escola de diseño e moda Luz Prado, que esta en Vilagarcia de Arousa, cl Julio Camba bajo 4. Urbanización O Piñeiriño, As Pistas. ou  no correo info@luzpradomoda.es Esta a venda a calquera persoa
que o queira adquirir e o seu precio de venta e de 60€

A quen vai dirixido o libro?

     É o sistema de ensinanza co que se teñen que formar tod@s os alumn@s da miña escola, e importante que saían de aquí coa formación suficiente  para enfrentarse ao mundo laboral que lles espera, e conseguir o posto
que desexen.

      Tamén vai dirixido a tod@s aquelas persoas aficcionadas ao mundo da modatextil, e as academias que desexen formar aos seus alumn@s con este sistema, respetando sempre baixo contrato aos dereitos de autor.

VIDEO

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

Texto: Pilar Gómez Buhigas

XOAN ARCO DA VELLA

 

martes, 15 de junio de 2021

PEDRA LONGA - SEIXÁN - CABALEIROS - TORDOIA

 PEDRA LONGA

SEIXÁN

CABALEIROS

TORDOIA

 Pedra Longa
     A aparición de grandes pedras colocadas polo home en sentido vertical durante o período megalítico fainos pensar no seu intencionalidad de perdurar no tempo. 

     O home prepárase para ese tránsito á divinidade, para ese paso á eternidade a través de materiais imperecedoiros, pero ocorre que outras moitas destas pedras colocadas pola mesma natureza en posición estranas, como no caso de Muxía, apórtanlle un simbolismo e significado similar.

     Pedra Longa é un conxunto de pedras situadas nun alto (Seixán Cabaleiros), combinadas entre si para dar unha forma que, para os máis antigos do lugar, tróuxoas "A nosa Señora"(a Virxe María).

     A pedra principal de Pedra Longa ten forma de menhir e tamén recolle gran cantidade de lendas.

     Algunhas delas conta que, alá polos anos cincuenta, convocouse unha especie de concurso para ver se alguén se atrevía a subir ata a parte superior.

     Ao final, dous ousados personaxes lograron a súa fazaña a través dun sistema de cordo que ían escondendo mentres subían.

     O curioso deste feito é que tras falar cunha destas persoas, comentou a existencia dunhas inscripciones no seu cume, cría recordar que eran números, pero a memoria traizoába lixeramente e non puido asegurar con rotundidade. 

     Non se sabe poden tratar de petroglifos ou simplemente de alguén que quixo marcar a súa fazaña con anteroiridade á aquí narrada.

Cabaleiros
     San Xián de Cabaleiros é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Tordoia.

     Segundo o IGE en 2018 tiña 718 habitantes (380 mulleres e 338 homes) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 990 habitantes.

Patrimonio
     Nesta parroquia está o dolmen de Cabaleiros, tamén coñecido como a "Casa da Moura".

     A igrexa parroquial de San Xián de Cabaleiros é do século XIX; un edificio de planta rectangular e unha única nave con sancristía pegada no lateral.

Lugares de Cabaleiros
     A Areosa, A Balsa, Bedrobe, Carballadrade, Casais, Casaldabade, Castrillón, A Costa, Oleiros, Penelas, A Pontepedra, A Revolta, Salgueiroas, Seixán, Soufe, Tañe, O Vilar, Vilarchán

VIDEO

MAPA 

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
 

Fuente: Concello de Tordoia

XOAN ARCO DA VELLA



 


lunes, 14 de junio de 2021

O CAMIÑO EN MARCHA - ETAPA BARCELOS PONTE DA LIMA - AMIGAS/OS DO CAMIÑO PORTUGUÉS

  O CAMIÑO EN MARCHA
ETAPA BARCELOS A PONTE DA LIMA
AMIGAS/OS DO CAMIÑO PORTUGUÉS


     O pasado domingo día 23 de Maio, un grupo moi numeroso pertencentes á Asociación dás Amigas e Amigos do Camiño Portugués de Santiago volveron á ruta Xacobea para iniciar a súa tradicional peregrinación de todos os Anos Santos, dende Porto a Santiago de Compostela, con este, xa son cinco.

     O Domingo día 6 tocou a etapa Barcelos Ponte de Lima, da que ahora compartimos algunhas imexes de ese día, espero que disfrutedes con elas.


     Ao longo dos proximos dias iremos compartindo as diferentes etapas que este grupo da Asociación das Amigas e Amigos do Camiño Portugués de Santiago, esta realizando.

       Despois do paron provocado pola pandemia este ano pódese, e de feito xa son moitos os peregrinos que percorren os Camiños e no Portugues tiven a ocasion de ver moitos.

     Quero agradecer a Asociación das Amigas e Amigos do Camiño Portugués de Santiago a atencion que teñen sempre con nos,  en particular ao seu presidente Tino Lores e a Pilar Amaro que nos envia fotos de cada etapa e de diferentes momentos.

     Esta é unha iniciativa aberta, polo que poden participar todas as persoas que o desexen, podendo unirse á mesma en calquera momento, e podo asegurar que todos e todas seran ben recibidos

     Nesta ocasion non puden asistir personalmente pero en proximas ocasions si estarei, aínda que sexa de grafico, xa iremos contando.

     O calendario previsto dá peregrinación contempla que para o domingo 30 de maio terá lugar a segunda etapa entre Vilarinho-Barcelos, o domingo 6 de xuño será a terceira etapa entre Barcelos e Ponte de Lima; a cuarta etapa está prevista para o domingo 13 de xuño entre Ponte de Lima e a localidade de Rubiaes.O domingo 20 de xuño esperase poder completar a quinta etapa: Rubiaes-Valença do Minho.

     A partir de Valença do Minho farase un descanso retomándose en setembro os sábados de tarde.


Camiño Portugués
      Coñécese como Camiño Portugués, ou máis concretamente Camiño Portugués Central (para unha mellor distinción dos demais), o camiño xacobeo que une Lisboa con Santiago de Compostela.

     O seu percorrido debuxa unha liña de sur a norte, que dende a capital lusa pasaría por Santarém, Coimbra, Porto, Barcelos, Ponte de Lima, Valença do Minho, Tui, Pontevedra e Padrón.

     Utilizado xa dende a Idade Media, foi sempre un dous máis importantes camiños de Santiago e na actualidade é o segundo camiño en número de peregrinos, só superado polo Camiño Francés. Aínda que este é o máis coñecido e utilizado, hai moitos outros camiños de Santiago en Portugal.

     Dende fai anos estanse recuperando antigas rutas, aínda que a maioría serían afluentes ou variantes do Camiño Central: a máis frecuentada é Camiño Portugués dá Costa, que ten o seu punto de inicio en Porto e segue un itinerario próximo ao mar; dende a mesma cidade tamén pode tomarse unha alternativa "por agora minoritaria" como é a variante de Braga; outro ramal arrincaría  sur, dende Faro e a rexión do Algarve, aínda que presenta tramos aína sen sinalizar, e queagardamos  permita percorrer o país dun extremo a outro.

    A estas rutas xacobeas cabo engadir outras polo interior de Portugal, tales como o interesante Camiño Portugués Interior (que parte de Farminhãou-Viseu e segue por Lamego e Chaves cara a Verín, onde une á variante sanabresa dá Vía dá Prata), ou Camiño Zamorano-Portugués ou de Soutochao (que sae de Zamora e segue por Bragança cara a Chaves) ou Camiño Torres (desde Salamanca cara a Braga)

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

Fotos: Pilar Amaro

Fuente: Amigos e Amigas do Camiño Portugués

XOAN ARCO DA VELLA