lunes, 14 de junio de 2021

O CAMIÑO EN MARCHA - ETAPA BARCELOS PONTE DA LIMA - AMIGAS/OS DO CAMIÑO PORTUGUÉS

  O CAMIÑO EN MARCHA
ETAPA BARCELOS A PONTE DA LIMA
AMIGAS/OS DO CAMIÑO PORTUGUÉS


     O pasado domingo día 23 de Maio, un grupo moi numeroso pertencentes á Asociación dás Amigas e Amigos do Camiño Portugués de Santiago volveron á ruta Xacobea para iniciar a súa tradicional peregrinación de todos os Anos Santos, dende Porto a Santiago de Compostela, con este, xa son cinco.

     O Domingo día 6 tocou a etapa Barcelos Ponte de Lima, da que ahora compartimos algunhas imexes de ese día, espero que disfrutedes con elas.


     Ao longo dos proximos dias iremos compartindo as diferentes etapas que este grupo da Asociación das Amigas e Amigos do Camiño Portugués de Santiago, esta realizando.

       Despois do paron provocado pola pandemia este ano pódese, e de feito xa son moitos os peregrinos que percorren os Camiños e no Portugues tiven a ocasion de ver moitos.

     Quero agradecer a Asociación das Amigas e Amigos do Camiño Portugués de Santiago a atencion que teñen sempre con nos,  en particular ao seu presidente Tino Lores e a Pilar Amaro que nos envia fotos de cada etapa e de diferentes momentos.

     Esta é unha iniciativa aberta, polo que poden participar todas as persoas que o desexen, podendo unirse á mesma en calquera momento, e podo asegurar que todos e todas seran ben recibidos

     Nesta ocasion non puden asistir personalmente pero en proximas ocasions si estarei, aínda que sexa de grafico, xa iremos contando.

     O calendario previsto dá peregrinación contempla que para o domingo 30 de maio terá lugar a segunda etapa entre Vilarinho-Barcelos, o domingo 6 de xuño será a terceira etapa entre Barcelos e Ponte de Lima; a cuarta etapa está prevista para o domingo 13 de xuño entre Ponte de Lima e a localidade de Rubiaes.O domingo 20 de xuño esperase poder completar a quinta etapa: Rubiaes-Valença do Minho.

     A partir de Valença do Minho farase un descanso retomándose en setembro os sábados de tarde.


Camiño Portugués
      Coñécese como Camiño Portugués, ou máis concretamente Camiño Portugués Central (para unha mellor distinción dos demais), o camiño xacobeo que une Lisboa con Santiago de Compostela.

     O seu percorrido debuxa unha liña de sur a norte, que dende a capital lusa pasaría por Santarém, Coimbra, Porto, Barcelos, Ponte de Lima, Valença do Minho, Tui, Pontevedra e Padrón.

     Utilizado xa dende a Idade Media, foi sempre un dous máis importantes camiños de Santiago e na actualidade é o segundo camiño en número de peregrinos, só superado polo Camiño Francés. Aínda que este é o máis coñecido e utilizado, hai moitos outros camiños de Santiago en Portugal.

     Dende fai anos estanse recuperando antigas rutas, aínda que a maioría serían afluentes ou variantes do Camiño Central: a máis frecuentada é Camiño Portugués dá Costa, que ten o seu punto de inicio en Porto e segue un itinerario próximo ao mar; dende a mesma cidade tamén pode tomarse unha alternativa "por agora minoritaria" como é a variante de Braga; outro ramal arrincaría  sur, dende Faro e a rexión do Algarve, aínda que presenta tramos aína sen sinalizar, e queagardamos  permita percorrer o país dun extremo a outro.

    A estas rutas xacobeas cabo engadir outras polo interior de Portugal, tales como o interesante Camiño Portugués Interior (que parte de Farminhãou-Viseu e segue por Lamego e Chaves cara a Verín, onde une á variante sanabresa dá Vía dá Prata), ou Camiño Zamorano-Portugués ou de Soutochao (que sae de Zamora e segue por Bragança cara a Chaves) ou Camiño Torres (desde Salamanca cara a Braga)

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

Fotos: Pilar Amaro

Fuente: Amigos e Amigas do Camiño Portugués

XOAN ARCO DA VELLA


domingo, 13 de junio de 2021

PETO ESMOLEIRO DE FORZÁNS - FORZÁNS - PONTE CALDELAS

PETO ESMOLEIRO DE FORZÁNS

FORZÁNS

PONTE CALDELAS


 Peto de ánimas
   Chámanse petos de ánimas a unha das manifestacións materiais do culto aos mortos e son, xeneralmente, sinxelos monumentos de piedade popular asociados á idea do purgatorio.


    En Galicia é frecuente atopalos en camiños, encrucilladas, atrios de igrexas, etc.

     Os historiadores e etnógrafos sitúan a súa aparición a partir da Contrarreforma, datándose os máis antigos no século XVII, aínda que non sería ata o século XVIII cando se constrúan con máis profusión.

     A súa finalidade é a de ofrecer esmolas de todo tipo ás ánimas do Purgatorio, sendo o seu castigo temporal e podendo así alcanzar o Ceo.


     En compensación, unha vez liberadas intercederán por quenes realizaron as ofrendas.

     As esmolas non eran de carácter estrictamente monetarias, tamén podía tratarse de produtos agrícolas.

 
 
     Os petos de ánimas adoitan estar construídos en pedra cunha cruz no alto, polo xeral con imaxes das ánimas no lume do purgatorio e unha figura que as vela (santo, rei ou bispo).

     Na parte frontal aparece un peto para depositar a esmola e protexido cunha reixa ou un cristal

Algúns levan lendas do tipo:
     Un alma tes e non máis, si a pérdes que farás...

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

viernes, 11 de junio de 2021

PETO CRUCEIRO DE VILELA - VILELA - TABOADA

 PETO CRUCEIRO DE VILELA

VILELA

TABOADA


    Os petos de ánimas, os cruceiros e os hórreos son os tres referentes do que poderiamos chamar os monumentos de arte menor da arquitectura rural de Galicia.


     Para a arte maior deixamos as igrexas, muiños, pazos e outras construcións de carácter civil ou militar como torreóns, murallas, etc.


     Polos montes e vales do sur de Galicia e do norte de Portugal, topámosnos/topámonos con frecuencia con estas encantadoras expresións da arte rural.


     Hoxe adicámoslle a nosa atención aos petos de ánimas e pequenos monumentos piadosos que ao longo dos séculos, sobre todo a partir do XVII han ir xurdindo en pobos e aldeas.


     Os petos de ánimas son esas pequenas capillitas que se atopan polo xeral nos camiños e encrucilladas para honrar ás ánimas que esperan a súa liberación no purgatorio en cuxa hucha ou peto depositan os fieis as súas esmolas para financiar as misas que axuden a levalos ao ceo onde, xa na gloria, intercederán polos seus benefactores.


     Estes sinxelos monumentos obra dos canteiros locais, adoitan estar decorados cunha representación das pobre ánimas mergulladas en linguas de lume e en actitude suplicante, cara seu intercesor que adoita ser un santo, San Antonio, por exemplo, un bispo ou a Virxe do Carmen, entre outros.


     Tamén se atopan, sobre todo en Portugal, construcións deste tipo, pero non adicadas ás ánimas do purgatorio senón a unha devoción en particular, sendo bastantes frecuentes as relacionadas con Cristo cruficado.


     En Fornelos, que significa hornacina en galego, teñen unha dedicada a San Lorenzo.

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

 

FERVENZA DO RABIÑOSO - RÍO PARGA - VILAR DE RAMILO - - ZAS

 FERVENZA DO RABIÑOSO

RÍO PARGA

VILAR DE RAMILO

GÁNDARA

ZAS

 Fervenza do Rabiñoso
     Cun desnivel de 45 metros en pouco máis de 200 de percorrido, é unha das marabillas naturais do concello de Zas.

     A auga pertence ó río de Vilar Ramilo cuxo leito viste un colorido traxe verde formado por unha ampla vexetación de ribeira. 

      A auga dócil do río camiña con tranquilidade ata este punto e, de súpeto, bota a correr para golpear no seu tumultuoso avance contra as pedras.

     Pode ser que reciba o nome de “O Rabiñoso” porque parece que a auga salta de pedra en pedra como se tivera rabia."

Vilar Ramilo
     Vilar Ramilo é un lugar da parroquia da Gándara no concello coruñés de Zas da comarca da Terra de Soneira.

      Tiña 20 habitantes no ano 2018 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales eran 12 homes e 8 mulleres.

Gándara
     Santa María de Gándara é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Zas na comarca da Terra de Soneira.

     Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 503 habitantes (269 homes e 234 mulleres) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 545 habitantes.

     Segundo o IGE, no 2018 a súa poboación descendera ata os 365 habitantes, sendo 182 homes e 183 mulleres.

Natureza
    Pico de Meda: Dende alí vese toda a costa dende Fisterra ata Arteixo. Esta no límite con Carreira.
    Férveda do Rabiñoso: Está no límite con Coristanco onde hai moitos muíños, todos en ruínas. Atópase no lugar de Vilar Ramilo.


Lugares de Gándara
     Budián, Gándara, Parga, Quintáns, O Sisto, Sobreira, Vilaestévez, Vilar Ramilo


Parroquias de Zas
    O Allo (San Pedro) Baio (Santa María) Brandomil (San Pedro) Brandoñas (Santa María) Carreira (Santiago) Gándara (Santa María) Lamas (Santa María) Loroño (Santiago) Mira (Santa María) Muíño (San Tirso) San Cremenzo de Pazos (San Cremenzo) San Martiño de Meanos (San Martiño) Santa Sía de Roma (Santa Sía) Santo Adrián de Castro (Santo Adrián) Vilar (San Pedro) Zas (Santo André)


Comarca da Terra de Soneira
     A comarca da Terra de Soneira é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Vimianzo.

     A esta comarca pertencen os concellos de Camariñas, Vimianzo e Zas. Limita coa comarca de Bergantiños polo nordés e coa de Fisterra polo suroeste.

     Historicamente a comarca incluía ademais dos concellos actuais o de Laxe e varias parroquias de Cabana.

VIDEO

MAPA 

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA