lunes, 3 de mayo de 2021

PETRÓGLIFO DE PENA LONGA "DOUS" - A BREA- CORTEGADA - SILLEDA

 PETRÓGLIFO DE PENA LONGA "DOUS"

A BREA

CORTEGADA

SILLEDA

 Petroglifos
      Outras mostras da cultura prehistórica a salientar en Silleda son: a Rocha de Penadauga en Escuadro, cargada de ritos e tradicións, os petroglifos da Pena das Cazolas en Laro, do Chao de Petos en Oleiros, a Peneda do Encanto en Siador, os gravados de Primadorno en Breixa e o conxunto de Pena Longa en Cortegada.

      Tamén as rochas gravadas da Mámoa da Braña, de Refoxos e as Brazaletas de ouro de 24 kilates atopadas en Barravaite, en Lamela, hoxe no Museo de Pontevedra, forman parte do rico patrimonio histórico do concello. Nesta sección atópanse os xacementos que son doados de visitar.

Petróglfo de Pena Longa "DOUS"  
      Situación: A Brea - Cortegada
     Época: Idade do Bronce
     Cronoloxía: 2000-1500 a.C.


Como Chegar:  Collendo  a estrada de Silleda a Laro, pasando o núcleo de Cortegada, na recta coñecida como dos Chaos, a media distancia, tomando como referencia un peto cunha cruz na entrada dunha casa, cóllese un camiño á esquerda ata chegar a unha granxa. Tan pronto se pasa esa explotación tómase un desvío á dereita e a uns 200 metros nunha toxeira situada á esquerda están as rochas.

     O conxunto está formado por tres rochas graníticas con gravados.

     A primeira é unha laxa inclinada, con orientación SSL, duns 2,4 m. de longo e 2 m. de ancho, que presenta tres combinacións circulares. 

     O segundo afloramento trátase tamén dunha peneda granítica na que se atopan os gravados en dúas superficies horizontais a distinta altura, de maneira que algúns deles están no fondo dunhas pías naturais. Estas inclúen cazoletas e combinacións circulares.

     A terceira é unha laxa granítica de grandes dimensións, alongada e plana, que tan só ofrece unha combinación circular de catro círculos de aproximadamente 60 cm. de diámetro.


Cortegada
Lugares:
     O Barral, A Brea, Camporrapado, Cardigonde, Cortegadela, Covas, Fondevila, Framiñán, Regalade, Segade, Xubín, O Burgo, Os Chaos, A Pena, A Revolta.


Información:    
      Parroquia das de maior superficie do concello e unha das máis poboadas. É acreedora de atención por datos históricos de certo interese.

     Tiña feira propia en Camporrapado o día 24 de cada mes e foi paso obrigado cara ao Ribeiro polo camiño de ferradura que o cruzaba. 

     No S. XVIII tiña censados dez taberneiros e quince arrieiros. Destacar, os vestixios da vida primitiva dos gravados rupestres da Pena Longa e do Castro do Cura en Cardigonde.

    Na arquitectura relixiosa a igrexa do S. XVI e as capelas de S. Brais da Casa de Os Chaos, famosa pousada de arrieiros; de Framiñán dedicada a Sta. Lucía e a dos Aflixidos, en Camporrapado, do ano 1812. En Camporrapado atópase a casa natal do político galeguista Antón Alonso Ríos (1887-1980) e do ilustre médico Alfredo Ramos(1898-1960).

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

Fuente: Turismo de Silleda

XOAN ARCO DA VELLA



PETRÓGLIFO CHAO DE PETOS - A LAXE - OLEIROS - SILLEDA

 PETRÓGLIFO CHAO DE PETOS

A LAXE

OLEIROS

SILLEDA

Petroglifos en Silleda
     Outras mostras da cultura prehistórica a salientar son: a Rocha de Penadauga en Escuadro, cargada de ritos e tradicións, os petroglifos da Pena das Cazolas en Laro, do Chao de Petos en Oleiros, a Peneda do Encanto en Siador, os gravados de Primadorno en Breixa e o conxunto de Pena Longa en Cortegada. 

     Tamén as rochas gravadas da Mámoa da Braña, de Refoxos e as Brazaletas de ouro de 24 kilates atopadas en Barravaite, en Lamela, hoxe no Museo de Pontevedra, forman parte do rico patrimonio histórico do concello.

Petróglifo Chao de Petos   
Situación: A Laxe - Oleiros
Época: Idade do Bronce
Cronoloxía: 2000-1500 a.C.

     Laxe horizontal a ras do chan. Destacan os motivos circulares, cadrangulares e escaleiriformes, sendo curioso que un grupo deles estea arrodeado por un gran círculo de forma ovalada.


Oleiros
Lugares:
     Laxe, Marza, Oleiros, Pazos, Pena do Camiño, Vilanova, O Carballo, Fornería, A Malata.


Información:    
     Debe o seu nome á antiga industria do barro, que deixou varias mostras cerámicas nos xacementos castrexos de Castro Montaz e Castro das Orelas, dende os que se pode divisar uns impresionantes paisaxes.

     Mencionar tamén o gravado rupestre coñecido como xacemento de Chao de Petos.

     A igrexa local conserva sobre a súa entrada un curioso tímpano románico, semellante ao da igrexa de Taboada (Ruta do Románico), que amosa a loita de Sansón e o león. Ao seu carón, no adro, atópase un interesante sepulcro medieval. 

     Na arquitectura civil destaca o pazo da Marza ou Casa do Fidalgo.

     Aquí naceu o catedrático de Ciencias Francisco Javier Sánchez Cervela, pai do ilustre polígrafo Francisco Javier Sánchez Cantón, director dos Museos de Pontevedra e do Prado. 

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

 Fuente: Turismo de Silleda

XOAN ARCO DA VELLA


PETRÓGLIFO DE MONTEALEGRE - CASTRO DE MONTEALEGRE - DOMAIO - MOAÑA

PETRÓGLIFO DE MONTEALEGRE

CASTRO DE MONTEALEGRE

DOMAIO

MOAÑA

Domaio
     San Pedro de Domaio é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Moaña na comarca do Morrazo.

      Segundo o IGE, en 2014 tiña 2127 habitantes (1030 homes e 1097 mulleres), 75 máis ca en 2004. 

     Ten seis entidades de poboación.

Xeografía
     A parroquia está situada na ría de Vigo, ao leste do concello de Moaña, lindando co veciño municipio de Vilaboa a través da parroquia de Cobres.

Patrimonio
     No Regueiriño achouse un importante asentamento correspondente ó neolítico final, e na Fontenla documentouse por primeira vez en Galicia a presenza de elementos da cultura do vaso campaniforme fóra de ambientes funerarios. 

     Acháronse tamén na zona ferramentas e armas de cobre e bronce, e consérvanse petróglifos. 

     Da época castrexa é o castro de Montealegre.

     A igrexa parroquial de san Pedro é un templo de estilo barroco serodio. Foi construída no século XVIII, logo de que en 1702 a parroquia fose saqueada logo da batalla de Rande. O templo está situado na enseada de Mouro, preto do estreito de Rande. Ten planta rectangular dunha soa nave e presbiterio cadrado con cuberta a catro augas. A gran torre campanario está situada no centro da fachada occidental, e ten dous corpos superpostos: o primeiro, de planta cadrada, con arcos de medio punto abertos nas catro caras, flanqueados por pilastras acaroadas, e rodeado completamente por un monumental balcón balaustrado. O segundo corpo, máis pequeno, é un macizo cilíndrico coroado con cupuliña. Complementan a decoración piramidóns rematados en bóla nos extremos da fachada e no alto das catro esquinas da torre. No interior do templo hai dous retablos barrocos do século XVIII, un deles datado en 1786.

     Outro templo relixioso é a ermida de san Bieito, situada no lugar do Calvar.


Lugares de Domaio

     O Calvar, Carballido, A Costa, Palmás, San Lourenzo, Verdeal  

MAPA 

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube


XOAN ARCO DA VELLA

CASTRO DE MONTEALEGRE - DOMAIO - MOAÑA

 CASTRO DE MONTEALEGRE

DOMAIO

MOAÑA

Castro de Montealegre
      O Castro de Montealegre é un poboado castrexo da península do Morrazo, situado nun outeiro á beira do mar na parroquia de Domaio (Moaña), moi preto do estreito de Rande. 

      É un castro de especial importancia, non só porque foi un dos primeiros escavados e publicados cientificamente en Galiza, senón tamén pola súa tipoloxía, pola súa situación xeográfica, polos seus petróglifos e, moi especialmente, pola conservación excepcional dalgún dos restos mobles atopados.

Descrición
     O poboado fortificado atopábase nun estado de conservación relativamente bo, pese ó abandono, ata o grave impacto da construción do corredor do Morrazo (CG-4.1), que atravesa o monte nun túnel pola súa base. 

     Pese a todo, as estruturas defensivas (murallas, foxos, aterrazamentos) seguen a ser facilmente identificables en superficie, especialmente na zona norte. 

      Ademais da construción da nova estrada, o sitio sufriu outras agresións en forma de desmontes de terreo, especialmente na zona sur.

Intervencións arqueolóxicas
     O sitio arqueolóxico era coñecido dende principios do século XX, sendo escavado por Antón Losada Diéguez entre outros e ofrecendo materiais moi interesantes.

     Porén, o lugar foi, en xeral, esquecido durante moitos anos, ata que o monte no que se sitúa foi atravesado polo túnel. 

      Esta obra obrigou á escavación arqueolóxica dunha parte do castro, tanto na ladeira leste como na ladeira oeste, no contexto da arqueoloxía de rescate ou arqueoloxía de urxencia, entre 2003 e 2004.

     Nesta intervención apareceron restos mobles en magnífico estado de conservación, especialmente nun grande cuncheiro localizado no contorno dunha casa na ladeira leste. 

     Estes obxectos (cerámicas, fibelas etc) foron de excepcional importancia para o coñecemento do comercio a longa distancia entre a sociedade castrexa das Rías Baixas e os pobos mediterráneos da época. 

      Unha parte das estruturas murarias desenterradas non foron destruídas e permaneceron no seu lugar sen que fosen sometidas a ningún tratamento de conservación e restauración. 

     O resultado é que no lugar aínda poden verse os restos destas casas ou estruturas en estado de ruína e deterioración progresiva.

     En 2016, o desdobramento do corredor do Morrazo puxo en perigo o xacemento.

Outros elementos de importancia
     No lugar aparecen varios gravados rupestres que foron declarados BIC no ano 1974 co nome Petróglifo Castro de Montealegre. 

     Outra construción relevante, tanto dende o punto de vista arqueolóxico como etnográfico, é o manancial de auga escavado en forma de mina coñecido como A Cova da Londra, situado na zona norte do castro.  

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA