Campañó San Pedro de Campañó é unha parroquia que se localiza no concello de Pontevedra.
Segundo o padrón municipal de 2014 tiña 1892 habitantes (919 homes e 973 mulleres), 132 menos ca en 1999. Ten 31 entidades de poboación.
Sitúase ao pé do monte Castrove, a tres quilómetros da cidade de Pontevedra.
Por ela pasa o río Rons e a estrada PO-531.
É unha parroquia rica en restos arqueolóxicos, tras o achado de petróglifos e cerámicas. Nela hai un poboado castrexo, o castro de Campañó.
Moitos cruceiros espállanse polo seu territorio, a meirande parte situados no antigo sitio de Bartram, durante o século XVI.
A comezos do século XVII certas terras da parroquia foron aforadas polo arcebispo de Compostela, Maximiliano de Austria.
O templo é de orixe románica, pero reformouse no século XVIII.
No interior presenta variada decoración e un gran retablo coa figura de San Pedro ao fondo; hai unha imaxe da Virxe do gótico do século XIV.
Festividades Ao comezo do verán celébranse as festividades de San Pedro (29 de xuño) e de San Paio (30 de xuño). A Virxe das Dores celébrase os días 17 e 18 de setembro.
O 12 de outubro, polo día do Pilar, tamén hai festa na parroquia, sendo a única que se celebra no lugar de Sabarís.
Datos diversos Ten varias institucións educativas: o CEIP Parada, cuns 100 alumnos e alumnas, e o colexio privado Los Sauces.
Ten diversas industrias, e na parroquia está o polígono industrial do Vao, lindeiro co concello de Poio.
Deportes O Campañó ADX (camiseta dourada, pantalón negro e medias negras) está en 3ª Rexional.
Lugares de Campañó Altabón, Barragáns, O Bispo, A Boca, Cabaleiro, O Cachapal, Campañó de Arriba, Carballiños, O Casal de Rei, Casal do Mendo, O Cochón, A Corredoira, Ferreiros, O Freixo, A Galiana, Moldes, Os Muíños, Parada, Pedreira, Piñeiro, O Ribeiro, Sabarís, Soutonovo, O Vao
A Insua Santa Mariña dá Insua é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Ponte Caldelas.
Segundo ou IGE en 2016 tiña 895 habitantes (455 mulleres e 440 homes), distribuídos en 7 entidades de poboación, ou que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tinga 1156 habitantes.
Lugares dá Insua A Insua, A Roca, Chaín, Covelo, Rebordelo, Regodobargo, Silvoso.
Ponte Caldelas Ponte Caldelas (do latín aquas calidas, 'augas cálidas, termais') é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Pontevedra. No ano 2016 tiña 5.573 habitantes, segundo datos do IGE. O seu xentilicio é pontecaldelán.
Xeografía O municipio de Ponte Caldelas sitúase nunha zona xeográfica de transición entre as montañas do interior pontevedrés e as ribeiras das rías Baixas. Está encadrada nunha comarca natural que se estende polas estribacións occidentais da serra do Suído. É terra de mananciais e ríos (Oitavén e Verdugo), de abruptas serras (A Fracha, Castrelada...) e encaixados vales. Limita ao norte con Cerdedo-Cotobade, ao sur con Fornelos de Montes e Soutomaior, ao leste coa Lama e ao oeste con Pontevedra.
Ponte Caldelas presenta unha morfoloxía de fortes contrastes topográficos provocados por unha intensa erosión diferencial favorecida pola rede de fracturas tectónicas ás que foi sometido polos episodios xeolóxicos.
As superficies de aplanamento orixinarias percíbense nos cumios suaves dos seus montes, entre os que destacan a serra da Castrelada (663 m), O Couto da Brea (536 m), A Penarada (544 m), monte do Antón (453 m) e monte do Taboadelo (432 m). Encaixados entre as serras, os ríos discorren por vales abruptos e profundos, con pronunciadas pendentes.
A súa densa rede fluvial organízase en torno aos cursos do Verdugo e do Oitavén, alimentados por afluentes curtos, pero de abundante caudal debido ás elevadas precipitacións que se rexistran no paso das frontes atlánticas. Entre estes afluentes destaca o Calvelle que se une ao Verdugo antes do seu paso pola capital municipal, onde por atravesar algunhas fallas orixina a aparición de mananciais de augas minerais, ben coñecidas polas súas propiedades.
No río Oitavén construíuse a presa de Eirás, que abastece de auga a área urbana de Vigo, antes de que, xa no municipio de Soutomaior, una as súas augas ás do río Verdugo, que poucos quilómetros máis adiante desembocará na ría de Vigo.
Patrimonio Calvario da Insua. No termo municipal ha numerosas testemuñas do seu pasado, destacando os castros de Santa María de Castro Barbudo e o monte Castrelo en Parada, onde tamén están os petróglifos de Tourón. A igrexa parroquial de Santa Eulalia de Ponte Caldelas destaca polo seu retablo pétreo, obra do mestre Manuel González, autor tamén da fonte que se atopa na praza do Bispo no centro da vila e do Calvario de Barbudo. A igrexa de Santa María de Tourón é de orixe románica de finais do século XII, conservando desa época algúns elementos dispersos. Nunha fachada lateral existe un escudo dos Pazos de Proben
Destacan tamén as igrexas da Insua, aberta ao val cun Via Crucis de pedra arredor do adro, e a igrexa de Xustáns, cun conxunto de igrexa e cemiterio con outro cruceiro. Tamén destaca a Capela do Sagrado Corazón, dende onde se contempla a vista de paxaro a vila. Hai pazos e casas grandes en Tourón, Sande e San Ramón. Tamén destacan as casas de indianos de Caritel, A Insua e a da Vila.
Turismo Ponte Caldelas non tivo unha saída ao exterior ata hai pouco. Os aloxamentos baséanse en casas rurais, moi numerosas en parroquias como Anceu. Bastantes restaurantes foron creados recentemente, tanto por influencias do Campiño (na zona da Reigosa), como en Caldelas, polo turismo.
Festas As festas patronais celébranse no último domingo de agosto, pero tamén son importantes as de San Vicente, en xaneiro, coa chamada Romaría do Cocido, e en setembro, a Virxe das Dores, en Anceu, cunha tradicional danza á que se atribúe unha orixe celta. Outra celebración gastronómica destacada é a Festa da Troita de Ponte Caldelas que inclúe un Concurso Internacional de Pesca Deportiva previo á degustación do prato. Celebrada o último domingo de maio, leva máis de 35 edicións.
Outras festas da parroquia son a romaría de San Vicente en Parada, a romaría da Virxe da Saúde en Rebordelo, a festa do Muíño, en Taboadelo, a festa dos Remedios en Vilarchán, a romaría de Cristo Rei en Xustáns e a festa de San Miguel en Contixe.
Parroquias Anceu (Santo André), Caritel (Santa María), Castro Barbudo (Santa María), Forzáns (San Fiz), A Insua (Santa Mariña), Ponte Caldelas (Santa Eulalia), Taboadelo (Santiago), Tourón (Santa María), Xustáns (San Martiño)
Nota: Moi agradecido a Adelaida e a sua nena que como a nai notase o entusiasmo por o seu lugar, tamen moi agradecido e Fernando Orge por acompañarme e por o tempo que me adicaron a descubrir este tesouro. GRAZAS
Muíños da Carballa Na parroquia de Fao e no lugar dos Montes de Fao, están emprazados na marxe esquerda do río Lañas unha serie de muíños moi antigos recentemente rehabilitados.
Localízanse na parroquia de Fao, e no lugar dos Montes de Fao.
Están emprazados na marxe esquerda do río Lañas.
Dende Touro, seguindo a estrada que leva a Fao.
DESCRICIÓN E CARACTERÍSTICAS Trátase duns muíños bastante antigos, que foron rehabilitados recentemente, e que se conservan nun perfecto estado.
Constitúen un conxunto de dous muíños que están totalmente rehabilitados e onde se pode apreciar a distribución típica e presenta tódalas partes das que constaba un muíño.
Fao Santa Uxía de Fao é unha parroquia que se localiza ao sur do concello de Touro.
Segundo o padrón municipal de 2019 tiña 176 habitantes distribuidos en 12 entidades de poboación: Aldrén, Arroeiro, Bustelo, Cascallón, Cruz, Dezas, Gagos, A Igrexa, Moutarón, Paces, Pena e Soutullo.
PATRIMONIO ARQUEOLÓXICO:
Castro de Fao, na Cruz. ARQUITECTURA RELIXIOSA:
Igrexa de Santa Uxía, en Ou Moutarón; Casa Reitoral de Santa Uxía, na Eirexe e Capela do Pazo, en San Cristovo. ARQUITECTURA CIVIL E POPULAR
Pazo e Pombal de San Cristovo. Muíños dá Carballa, de Quintás, do Inferniño, do Crego, dá Ruta e dúas Ferreiros. Pombais da Cruz. Lavadoiro de Manuel Mato. Hórreo do Crego.
RECURSOS NATURAIS:
Fervenza do Inferniño e a Fervenza de Pena. A Carballeira do Pego e a contorna do Ulla.
Parroquias de Touro Andeade (Santiago), Bama (San Vicenzo), Bendaña (Santa María), Beseño (San Cristovo), Calvos de Socamiño (San Martiño), Circes (Santa Mariña), Cornado (Santiso), Enquerentes (San Miguel), Fao (Santa Uxía), Fontes Rosas (San Xoán), Foxás (San Breixo), Loxo (Santa María), Novefontes (Santiago), Prevediños (Santiago), San Fiz de Quión (San Fiz), San Miguel de Vilar (San Miguel), San Pedro de Ribeira (San Pedro), Touro (San Xoán), Turces (Santa María)
Comarca de Arzúa A comarca de Arzúa é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Arzúa.
Pertencen a ela os concellos de Arzúa, Boimorto, O Pino e Touro.
Linda polo norte coas comarcas de Ordes e Betanzos, polo leste coa comarca da Terra de Melide, polo oeste coa comarca de Santiago, e no sur ten a comarca do Deza, xa na provincia de Pontevedra.
Arcade Santiago de Arcade é unha parroquia que se localiza no concello de Soutomaior.
Segundo o padrón municipal en 2014 tiña 5064 habitantes (2540 homes e 2524 mulleres), 1978 máis ca en 1999. Ten cinco entidades de poboación.
Lugares da parroquia de Arcade A Calle, A Devesa, A Xesteira, Arcade de Arriba
Soutomaior Soutomaior é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Vigo. Segundo o INE, no ano 2014 tiña 7.356 habitantes. O seu xentilicio é «soutomaiorense».
Xeografía Soutomaior localízase entre a serra do Suído e a ría de Vigo, atravesado polo río Oitavén. Este entra no concello encaixado até unirse co río Verdugo en Ponte da Barca, no Salto do Inferno, e logo os dous xuntos desembocan na enseada de San Simón.
O clima é oceánico, húmido na costa e de montaña no interior. Chove bastante (1.500 mm.), se ben non venta demasiado, co que a temperatura media no verán non supera os 20 °C e a do inverno non baixa dos 10 °C.
Historia A historia do territorio durante a Idade Media xira en volta do castelo de Soutomaior e da familia que o fundou, especialmente Pedro Álvarez de Soutomaior (Pedro Madruga), que se enfrontou aos irmandiños e loitou na guerra dinástica que precedeu o reinado dos Reis Católicos.
Patrimonio O castelo de Soutomaior, no monte Viso, foi construído no século XII e transformouse no XV nunha fortaleza medieval parcialmente destruída durante a revolta irmandiña.
No monte da Peneda houbo un castro, do que se conservan restos de tres vivendas e a muralla. Na idade media construíuse alí a fortaleza de Castrizán, derrubada en 1478 durante a Gran Guerra Irmandiña. Posteriormente construíuse o santuario da Virxe das Neves, tamén chamada capela da Peneda. Nela celébranse dúas romarías anuais: o luns de pascua e o 5 de agosto.
En Aranza atópase o santuario da Virxe da Pena de Francia, construído en 1788.
A igrexa de Santiago de Arcade é románica e conserva unha interesante portada e capiteis. Na parroquia de Arcade hai 8 cruceiros (adro parroquial, O Calvario, rúa Leiras, rúa Valmonte, Negueirós, rúa do Calacual, capela da Peneda e Cimadevila) e 2 petos de ánimas (A Cacharela e A Devesa).
Na parroquia de Soutomaior hai 6 cruceiros (adro, cemiterio, As Laxes, Moreira, santuario da Virxe da Pena de Francia e Cortellas), 7 cruces, un peto de ánimas e un esmoleiro.
Parroquias de Soutomaior Arcade (Santiago), Soutomaior (San Salvador)