viernes, 13 de noviembre de 2020

CRUZ DE DANIEL - MONTE CASTELO - TENORIO - CERDEDO COTOBADE

 CRUZ DE DANIEL

MONTE CASTELO

TENORIO

CERDEDO COTOBADE

      A Cruz de Daniel atopase no Monte do Castelo en Tenorio, Concello de Cerdedo Cotobade.

     Recorda a morte dun Pastor de nome Daniel, di a tradicion popular que morreu neste lugar no ano 1903.


     Segun parece, a morte de Daniel foi a causa do frio e a cruz esculpida no penedo no que se abrigou foi costeada por familiares e veciños


     Meu agradecemento a Manuel Fernandez, Oscar Franco e Fernando Orge pola axuda para poder facer este traballo.


Tenorio
      San Pedro de Tenorio é unha parroquia do concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. É a parroquia con maior poboación do concello. 

     Segundo o IGE en 2015 tiña 1168 habitantes (579 homes e 589 mulleres), distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón un aumento de 13 persoas en comparación co ano 2006.

     Limita ao norte con Fragas (Campo Lameiro) e Viascón, ao sur con Almofrei e Borela, ao leste con Viascón, Rebordelo e Borela, e ao oeste con Xeve e Bora. 


     Está atravesada polo río Tenorio, afluente do río Lérez, que serve de fronteira co concello de Pontevedra.


Patrimonio
      No lugar de Parada está o Coto das Rodelas, os restos dun poboado castrexo da idade de ferro.

      Na parroquia está o mosteiro de San Pedro de Tenorio, e preto del atopábase o castelo de Tenorio, derrubado na Gran Guerra Irmandiña. Neste castelo naceu o nobre medieval Alonso Jofre Tenorio, fillo de Diego Alonso Tenorio, que participou xunto ao rei Afonso X o Sabio en varias campañas militares.


Lugares de Tenorio
     Barro, A Cal, Calvelo, O Castro, Covas, A Esquipa, A Laxe, Lérez, O Outeiral, Parada, Rascadería, O Río Tenorio, A Torre Vella, Tralasmós, Vilanova, Zamar 

VIDEO

MAPA 

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

jueves, 12 de noviembre de 2020

CAPELA DE SAN FINS - CABEIRAS - ARBO

 CAPELA DE SAN FINS

CABEIRAS

ARBO

 
CAPELA DE SAN FINS
     É unha pequena capela de planta rectangular con cobertura a dúas augas recentemente condicionada con azulexo.

      Está construído con bloques de granito irregular e nel pódense ver diferentes etapas de construción.

     Destacamos o arco semicircular que hoxe esta cegado por unha porta plana. Nunha das paredes da ermida podemos ver unha inscrición que parece marcar o ano 1638. 

     É posible que antes de ser un lugar sagrado para os cristiáns, era para as culturas anteriores. Hai máis para ver as marcas sobre as rochas circundantes para poder facer unha idea de que aquí podería haber algún castrexo ou posterior. 


      A principios de agosto Cabeiras realiza a peregrinación que reúne a moitos fieis en torno ao santo avogado das enfermidades da cabeza. 

     Esta situado no Monte de San Fins, dispón dunha area recreativa con mesas e un mirador,  neste lugar gozaremos das mellores vistas do Val do Miño e de Portugal, así como o mítico San Nomedio, Salvaterra e parte do Val do Louro.



Cabeiras
      San Sebastián de Cabeiras é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Arbo. 

     Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 285 habitantes (152 homes e 133 mulleres) distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón unha gran diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 553 habitantes.

     A economía da parroquia susténtase no sector primario, como a viticultura (adega Pazo Pondal) ou a pesca da lamprea.

     O monte Chan do Padrón, lindando co concello das Neves, e o punto de maior altitude. En Cabeiras abundan os lugares de sendeirismo con máis de 10 rutas incluso para ciclismo.

      O 24 de febreiro celébrase o san Brais, o 24 de xullo O Carme, e o 1 de agosto san Fins no monte do mesmo nome.

Lugares de Cabeiras
A Adega, A Coutada, O Curro, O Escampado, A Espedregada, Fontán, A Igrexa, A Lavandeira, Merelle, A Pedreira, Perneiral, O Quinteiro, Vilar

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

miércoles, 11 de noviembre de 2020

CAPELA DAS PORTAS ABERTAS - PAIZÁS - RAMIRÁS

 CAPELA DAS PORTAS ABERTAS

PAIZÁS

RAMIRÁS

 CAPELA PORTAS ABERTAS
      Trátase dunha capela de grandes dimensións: un soportal amplo diante da entrada con notable porta dobre e de tres corpos, que pecha o arco de medio punto de entrada. 

     Longa nave e presbiterio separado por arco triunfal, en cuxo centro hai un retablo dieciochesco de estípites. Sobre a porta lateral a inscrición data a cabeceira para mediados do século XVII.



Historia, patrimonio e recursos turísticos de Ramirás
     É Ramirás un Concello creado en 1926, tras a fusión dos antigos de Freás de Eiras e Vilameá de Ramirás. A cabeza de outrora priorado de Celanova, san Salvador de Paizás, era chamado así mesmo nos tempos antigos "de Eiras", sabendo pola documentación do mosteiro que era o nome que se lle daba entón ao río Tuño, eixo e centro destas terras desde os primeiros rexistros históricos a fins da Alta Idade Media.

     No ano 2005 o centro do Concello está en O Picouto (parroquia de Freás), á beira da estrada comarcal nº 531 o novo eixo que de Leste a Oeste vertebra o ritmo dos tempos cara Cortegada e os límites da galeguidade na fronteira portuguesa. Pero parte, como nas épocas antigas, de Celanova, a cabeza comarcal.

     Hoxe en día fanse grandes cambios en pouco tempo, que transforman o espazo, e alteran a percepción dos recordos gravados nas memorias colectivas.

     O cambio da actividade produtiva no últimos trinta anos fixo que se abandonasen seculares usos no campo e no bosque, o que afectou á vida e ás propias vivendas. 

     Así as agrupacións de hórreos á beira das leiras, tan necesarias para conseguir o pan, hoxe son conxuntos de protección especial cómo ben cultural, concepto do patrimonio histórico que comezou a aplicarse en España lentamente desde 1960, e que os emigrantes do Concello podían captar con facilidade nos seus lugares de acollida; proceso que non se produciu entre nós ata fai uns quince anos.

     As imaxes simbólicas principais continúan sendo as das igrexas parroquiais; pero hai novos símbolos en case todas elas e, sobre todo, na capital municipal. Á beira delas están os novos edificios, e os parques e xardíns.


Terra de Celanova
     A Mancomunidade Terra de Celanova está integrada por oito concellos; Celanova, A Merca, Verea, Quintela de Leirado, Gomesende, Pontedeva, Ramirás e Cartelle.

       A Mancomunidade Terra de Celanova está situada na provincia de Ourense, linda cas comarcas ourensanas de: Ourense e o Ribeiro, ao norte; ca de Allariz-Maceda e A Limia, polo leste; ca Baixa Limia, ao sur; cas comarcas do Ribeiro e provincia de Pontevedra, ao oeste; e con Portugal, ao sur.

     Celanova sitúase xeográficamente no centro da comarca da provincia de Ourense da que se constitúe como capitalidade e a que lle da o nome, Terra de Celanova. Está situada ao suroeste da provincia de Ourense, distando 24 kilómetros da súa capital.


MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

Fuente: WebTerra de Celanova

XOAN ARCO DA VELLA


PETRÓGLIFO DE A COUTADA - TABOEXA - AS NEVES

 PETRÓGLIFO DE A COUTADA

TABOEXA

AS NEVES


Taboexa
     Santa María de Taboexa é unha parroquia que se localiza no concello das Neves.

      Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 502 habitantes (252 mulleres e 250 homes), distribuídos en 21 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 2004 cando tiña 500 habitantes.

Xeografía
     A parroquia esténdese pola aba do monte de San Nomedio, o cumio máis alto dos arredores con case 700 metros de altitude.

Patrimonio
     O Castro de Altamira, escavado en 1976 por Alfredo García Alén, e do cal se conservan numerosas pezas no Museo Provincial de Pontevedra. 

      Os petróglifos de Mouro e da Citania de Altamira están declarados Ben de Interese Cultural.

      O Centro de Interpretación do Patrimonio e Local Socio-Cultural está enfocado á posta en valor dos bens arqueolóxicos e arquitectónicos da parroquia.

     Segundo Pablo Osorio o monte de San Nomedio podería corresponderse co monte Medulio, en base á proximidade ao río Miño e á toponimia da zona. Segundo unha lenda, as augas de San Bartolomeu son férreas porque tras unha gran batalla librada alí, as armas foron soterradas nunha gruta. Outra lendas di que entre o monte e a igrexa parroquial existe unha cova escavada por mouros.

     O 7 de decembro de 2017, tras a vaga de lumes de 2017, descubriuse unha laxe con petróglifos sen catalogar.


Lugares de Taboexa
       Altamira, Arufe, As Barreiras, As Bouciñas, Bugalleiras, O Candón, O Caneiro, A Capela, A Carrasqueira, Carreirachán, O Casal, Corneda, O Corvo, O Cotiño, Covalagarto, A Custoura, Frián, A Gañavena, A Igrexa, Leiradiño, A Lomba, O Marco, O Mariño, Millaxendo, A Moreira, Morgallón, O Mouro, Novás, O Outeiro, O Pazo, A Pedreira, Perdeán, Os Píos, A Rata, O Rego Novo, O Reguengo, O Rodeiro, Sandomedio, O Toxal, Trigal, Valverde, A Viña do Pazo


As Neves
        As Neves é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Condado.

      Segundo o IGE, contaba no 2014 con 4.121 habitantes, o que supón unha diminución de habitantes con respecto aos censos anteriores. O seu xentilicio é nevense.


Xeografía
      O concello posúe catro elementos xeográficos que actúan de referentes principais: o val do río Xuliana polo oeste, o do Miño polo sur, o do Termes polo leste e os Montes da Paradanta polo norte, onde se sitúa o monte San Nomedio, de 690 metros de altitude.


Val do Xuliana

         O río Xuliana percorre as parroquias de Taboexa, Rubiós, Tortoreos e Liñares, onde desemboca no Miño. O val esténdese desde a aba do monte San Nomedio ata a foz do río en Liñares, a máis chan de todas as parroquias nevenses.


Val do Miño
      O río máis longo de Galiza baña ao concello nun treito de 10 quilómetros, servindo de fronteira co veciño Portugal. As súas augas transcorren polas parroquias, en sentido leste-oeste, de Vide, Setados, As Neves, Tortoreos e Liñares. Sendo Vide, Tortoreos e Liñares de escaso relevo, a orografía algo máis montañosa de Setados e As Neves convértenas en interesantes miradoiros nos que enxergar unha boa panorámica de Portugal.

Val do Termes
     O curso fluvial do Termes segue as parroquias de Cerdeira, San Xosé de Ribarteme, San Cibrán de Ribarteme e Santiago de Ribarteme, desembocando no Miño a xeito de fronteira entre Vide e Setados. O val abrangue desde a ladeira sur do Monte de Paradanta, onde se asenta Cerdeira, encaixándose logo entre este e o Monte de San Fins cara o nor-nordeste e o monte de San Nomedio en dirección nor-noroeste.

Montes da Paradanta
     A zona máis montañosa do concello é a correspondente ás parroquias de Cerdeira, San Pedro de Batalláns e Santa Eulalia de Batalláns, así coma o norte de Taboexa e o norte e leste de San Xosé de Ribarteme. No caso de Cerdeira e Santa Eulalia o seu relevo montañoso débese a estaren situadas nas abas sur e oeste do monte Paradanta, respectivamente, pertencendo o cumio do monte ao concello da Cañiza. Nelas acádanse as maiores alturas do concello, arredor dos 800 metros. As outras tres parroquias están dominadas pola presenza de San Nomedio, con cumio en Taboexa.


Parroquias
     Batalláns (Santa Eulalia), Cerdeira (San Xoán), Liñares (Santa María), As Neves (Santa María), Rubiós (San Xoán), San Cibrán de Ribarteme (San Cibrán), San Pedro de Batalláns (San Pedro), San Xosé de Ribarteme (San Xosé), Santiago de Ribarteme (Santiago), Setados (Santa Euxenia), Taboexa (Santa María), Tortoreos (Santiago), Vide (Santa María)

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA