viernes, 6 de noviembre de 2020

CRUCEIRO DO CRISTO DO AGRO - PEREIRAS -MOS

 CRUCEIRO DO CRISTO DO AGRO

PEREIRAS

MOS

      Os petos de ánimas, os cruceiros e os hórreos son os tres referentes do que poderiamos chamar os monumentos de arte menor da arquitectura rural de Galicia.


     Para a arte maior deixamos as igrexas, molinos, pazos e outras construcións de carácter civil ou militar como torreóns, murallas, etc.


     Polos montes e vales de de o sur de Galicia e do norte de Portugal, topámosnos/topámonos con frecuencia con estas encantadoras expresións da arte rural.


     Hoxe dedicámoslle a nosa atención aos petos de ánimas e pequenos monumentos piadosos que aos longo dos séculos, sobre todo desde a partir do XVII han ir xurdindo en pobos e aldeas.


     Os petos de ánimas son esas pequenas capillitas que se atopan polo xeral nos camiños e encrucilladas para honrar ás ánimas que esperan a súa liberación no purgatorio en cuxa hucha ou peto depositan os fieis as súas esmolas para financiar as misas que axuden a levalos ao ceo onde, xa na gloria, intercederán polos seus benefactores.


     Estes sinxelos monumentos obra dos canteiros locais, adoitan estar decorados cunha representación das pobre ánimas mergulladas en linguas de lume e en actitude suplicante, cara á súa intercesor que adoita ser un santo, San Antonio, por exemplo, un bispo ou a Virxe do Carmen, entre outros.


     Os petos de ánimas son esas pequenas capillitas que se atopan polo xeral nos camiños e encrucilladas para honrar ás ánimas que esperan a súa liberación no purgatorio en cuxa hucha ou peto depositan os fieis as súas esmolas para financiar as misas que axuden a levalos ao ceo onde, xa na gloria, intercederán polos seus benefactores.


     Estes sinxelos monumentos obra dos canteiros locais, adoitan estar decorados cunha representación das pobre ánimas mergulladas en linguas de lume e en actitude suplicante, cara á súa intercesor que adoita ser un santo, San Antonio, por exemplo, un bispo ou a Virxe do Carmen, entre outros.


     Tamén se atopan, sobre todo en Portugal, construcións deste tipo, pero non dedicadas ás ánimas do purgatorio senón a unha devoción en particular, sendo bastantes frecuentes as relacionadas con Cristo cruficado.

     En Fornelos, que significa hornacina en galego, teñen unha dedicada a San Lorenzo. 

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

 

jueves, 5 de noviembre de 2020

ALDEA ABANDONADA DE O LUGAR - CODESÁS - QUINS - MELÓN

 ALDEA ABANDONADA DE O LUGAR

CODESÁS

QUINS

MELÓN

Codesás
      Codesás é un lugar da parroquia de Quins no concello ourensán de Melón na comarca do Ribeiro.

     Tiña 59 habitantes no ano 2012 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 26 eran homes e 33 mulleres.

Quins
     Santa María de Quins é unha parroquia do concello de Melón, na provincia de Ourense.

     Segundo o padrón municipal (INE 2012) ten 876 habitantes (415 homes e 461 mulleres), o que supón un aumento en 12 habitantes en relación ao ano anterior.

     A parroquia está atravesada pola estrada N-120, que comunica Vigo e Ourense.

Lugares de Quins
     Barcia, O Casal, Codesás, Covelo, A Eirexa, A Ibia, Moces, Negrelle, Portalaxe, Portodechán, Quins, A Serra, Vilaverde, Vivenzo


Melón
     Melón é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro.

     Segundo o padrón municipal (IGE) tiña en 2016 1 280 habitantes, dos que 667 son mulleres e 613 homes, nun descenso continuado de poboación desde 2012, cando tiña 1 479 habitantes.

Xeografía
     O concello ten 53,2 km². Limita ao norte cos concellos de Avión e Carballeda de Avia, ao sur co da Cañiza (da provincia de Pontevedra), ao oeste con A Arnoia e Ribadavia e ao oeste con Covelo (tamén da provincia de Pontevedra). Polo concello pasa a autovía A-52 que une Vigo e Ourense.

Historia
     A historia desta terra está fortemente vencellada ao da mosteiro de Melón, fundado en 1158 por monxes da orde do Císter chegados de Clairvaux comandados polo abade Giraldo.

     Entre o patrimonio arquitectónico, amais das ruínas do mosteiro (declarado Monumento Histórico-Artístico en 1931), destaca a igrexa parroquial de Quins (finais do século XVI, pertencente á orde do Císter) e o peto de ánimas de Codesás, construído en 1856 e de gran devoción popular.


Parroquias de Melón
     Melón (Santa María), Quins (Santa María)

Comarca do Ribeiro
     A comarca do Ribeiro é unha comarca galega situada na provincia de Ourense no curso medio do río Miño, que a percorre de nordeste a suroeste.

      A súa capital é Ribadavia, e a ela pertencen os concellos da Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia. Dálle nome ao viño do Ribeiro.

     Ocupa unha superficie de 407,1 km², nos que viven 16.547 habitantes (2017).

     Por ela transcorren tamén os ríos Arnoia e Avia. O Miño está represado nos encoros de Castrelo de Miño e da Frieira.

     Existen varios balnearios que aproveitan as augas. Desde a Serra do Suído e Faro de Avión, ao oeste, onde se chega ao 1.000 m de altitude, o relevo descende até só 97 m en Ribadavia e Arnoia.

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

 

XOAN ARCO DA VELLA


PONTE DOS REMEDIOS OU DE SAN ROQUE - RÍO TEA - PONTEAREAS

PONTE DOS REMEDIOS 

OU DE 

SAN ROQUE

RÍO TEA

PONTEAREAS

Ponte dos Remedios
     A ponte dos Remedios ou ponte de San Roque é unha ponte da época baixo medieval sobre o río Tea situada par da vila de Ponteareas. Deu o nome á vila de Ponteareas.


Localización
     Atópase na parroquia de San Miguel de Ponteareas, xusto á beira da vila. Grazas á ponte cruzábase o río Tea para entrar na vila dende o lado oeste. 

     Outra ponte substitúe o tránsito rodado dende hai anos. Nun dos extremos da ponte atópase unha pequena capela dedicada a San Roque.

     A zona atópase hoxe axeitada como zona de lecer e baño polo concello malia ter unha contorna bastante degradada paisaxisticamente por mor á construción dalgunhas naves industriais, unha gran sala de festas e polo propio crecemento da vila.

     Moi preto, a uns dous quilómetros río arriba atopamos a praia fluvial da Freixa.

Descrición
     A ponte Vella de Ponteareas é de fábrica de cachotaría de granito ben conformada. Ten unha orixe romana, porén a ponte actual é de clara conformación medieval, como se pode constatar grazas aos abondosos sinais lapidarios que atopamos no perpiaño. Conta con catro arcos, tres ovais, con dous grandes tallamares contracorrente, que indican que a ponte foi erguida arredor dos séculos XIII ou XV posibelmente sobre os alicerces romanos. O camiño da ponte leva á unha pequena ermida en honra a San Roque, cuxa festividade é no mes de agosto.

Historia
     É unha das catro grandes pontes antigas do Tea. Historicamente formaba parte do antigo camiño real que unía Tui e despois Vigo con Ourense e Castela. A zona estivera habitada dende hai séculos, mostra disto témolo na abundancia de castros coma os de Troña ou o de Lira. Os romanos aproveitaron o vao areento existente para a construción dunha primeira ponte. 

      Ademais, preto de Ponteareas existía unha importante vila romana na parroquia actual de Angoares. Pénsase que por aquí pasou, logo, unha vía romana, quizais a XIX, do itinerario de Antonino Pío, que comunicaba a capital da antiga Gallaecia: Bracara Augusta (actual Braga) coa importante cidade galaica de Asturica Augusta (actual Astorga).

     A ponte foi posibelmente destruída nalgunha enchente polo que se volveu construír sobre os fundamentos romanos arredor do século XIII. Tras varias restauracións chegou coa mesma estrutura aos nosos días. Hoxe o tránsito da estrada que entra en Ponteareas, a N-120 (Vigo-Ourense) non atravesa a ponte, pois nos anos 60 construíuse outra moi preto, tamén de granito, cun só arco para desaturar á vella.


Lendas
     Coma outras pontes galegas (mesmo a achegada ponte das Partidas), áchase relacionada coa lenda do bautismo anticipado, no que unha muller que non pode ter fillos, acudirá á media noite e pediralle ao primeiro camiñante de lle dicir unhas verbas rituais e verter auga do río no seu ventre cunha cunca atada cunha corda coma se fose un bautizo prenatal, mentres esta bota unha moedas no río. Despois do bautizo a muller debe convidar o home a un xantar feito por ela na mesma ponte. Ao rematar o xantar, cómpre tirar todos o restos, incluso os garfos, culleres etc, no río. Unha vez nado o meniño, este home ten que apadriñalo.


Estado de conservación
     O estado de conservación da ponte é bo. O tránsito de vehículos non está permitido dende hai anos, polo que é facilitada a súa conservación estrutural. Tamén se mantén o chan orixinal de lousas de granito. En 2011 o concello de Ponteareas, cun convenio coa Consellaría de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, fai unha limpeza da ponte, para protexer e conservar a estrutura.

     Aínda se conserva parte dunha antiga calzada. É unha das catro antigas pontes do Tea, xunto coa ponte de Cernadela, a ponte das Partidas e mais a ponte de Fillaboa.

     A contorna da ponte está algo afectada por mor das edificacións que se teñen feito durante o século XX, en parte a causa do gran crecemento da vila.

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

 

SARTEGOS DE SAN XOÁN DE LAXAS - LAXAS - BOBORÁS

 SARTEGOS DE SAN XOÁN DE LAXAS

LAXAS

BOBORÁS

Sartegos de San Xoán de Laxa.    
     Atopanse na parte de atrás duns terreos con viñas a un nivel máis baixo. Estas dúas tumbas estan excavadas na  rocha. Son de tipo antropomorfo de adulto e orientadas Oeste a cabeza, Leste os pés.

     Ambas están repicadas nunha superficie plana de rocha, e non presentan nin encaixe para tápa, nin reborde para protexelas do auga. Poderíanse datar en época medieval século VII-IX.


Laxas
     San Xoán de Laxas é unha parroquia do concello de Boborás na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense.  No ano 2007 tiña 79 habitantes, deles 35 eran homes e 44 eran mulleres, o que supón unha diminución de 4 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Lugares de Laxas
      Laxas, Leborín, Liñariños, O Lugar, O Souto


Boborás
     Boborás é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Carballiño. Segundo o Padrón municipal de habitantes no 2015 a súa poboación era de 2510 persoas (3286 en 2003).  Recibe o seu nome da aldea de Boborás, na parroquia de Xuvencos, onde está a casa consistorial.O seu xentilicio é boborao ou boborés.

Xeografía
     O concello está situado no noroeste da provincia de Ourense. Ten dúas zonas diferenciadas: no sur abondan as fragas e as vides, e no centro e norte, máis accidentados, predominan os prados. Está atravesado polo río Arenteiro polo norte, e polo Cartelle e o Avia polo sur.

     O clima é cálido nos meses de verán e frío e chuvioso nos meses de inverno.

Historia
     Durante a Idade Media asentáronse na zona diversas ordes relixiosas e militares, coma a Orde do Santo Sepulcro, do Temple ou a Orde de San Xoán de Xerusalén, coñecida tamén como Orde de Malta ou de Rodas. Todas elas deixaron a súa pegada en diferentes construcións civís e relixiosas.

Patrimonio histórico e artístico
     A igrexa de San Xulián de Astureses é un templo románico, edificada polos Templarios no século XII. Ten planta rectangular, cunha ábsida semicircular. A fachada presenta unha ornamentación excelente.

    A igrexa de San Martiño de Cameixa mestura varios estilos, destacando a ábsida románica, o reloxo de Sol e os canzorros situados baixo o beiril.
     A igrexa de Xuvencos, restaurada no século XVI, e a igrexa de San Mamede de Moldes, construída sobre un castro transformado posteriormente nun camposanto, tamén son de orixe románica.

      O pazo de Moldes, situado preto da igrexa de San Mamede, é a casa natal de Antón Losada Diéguez.
     O conxunto histórico-artístico de pazos de Arenteiro agrupa a casa de Arriba, Asa e Granxa do Mato, pazo de Cervela, pazo do Currelo, pazo Feixó, pazo de Laxas e pazo de Tizón.

Parroquias de Boborás
       Albarellos (San Miguel). Astureses (San Xulián), Brués (San Fiz), Cameixa (San Martiño), Cardelle (San Silvestre), Feás (Santo Antón) | Laxas (San Xoán) | Moldes (San Mamede), Moreiras (Santa Mariña), Pazos de Arenteiro (San Salvador), O Regueiro (San Pedro), Xendive (San Mamede), Xurenzás (San Pedro), Xuvencos (Santa María)

Comarca do Carballiño
     A comarca do Carballiño é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é O Carballiño.

     Pertencen a ela os concellos de San Amaro, Beariz, Boborás, O Carballiño, San Cristovo de Cea, O Irixo, Maside, Piñor e Punxín.   

MAPA 

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

Fuente: enricvillanueva.wordpress.com 

XOAN ARCO DA VELLA