jueves, 13 de febrero de 2020

MUIÑO NO CAMPO DA CHAN - REGO DE CAMPO DA CHAN - - BUCHABADE - SANTA ANA - PONTE CALDELAS

 MUIÑO NO CAMPO DA CHAN
REGO DA CAMPO DA CHAN
SANTA ANA
BUCHABADE
PONTE CALDELAS


Buchabade
     Buchabade é un lugar da parroquia de Tourón, no noroeste do concello pontevedrés de Ponte Caldelas, lindando cos lugares de Tourón, Vilarchán e Parada.


     O barrio é máis coñecido polo nome de Santa Ana, debido á situación no lugar da capela de Santa Ana.


     Buchabade atópase comunicada con Pontevedra e Ponte Caldelas a través da estrada autonómica PO-532.


Tourón
     Santa María de Tourón é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Ponte Caldelas.


     Segundo o IGE en 2016 tiña 1099 habitantes (536 homes e 563 mulleres) distribuídos en 6 entidades de poboación.


Xeografía e patrimonio
     Esta parroquia é a máis próxima a Pontevedra e linda con ese concello na parroquia de Marcón. Está atravesada pola estrada PO-532, tramo da antiga C-531.


     Hai varios petróglifos da Idade de Bronce, nos que predominan figuras animais (cabalos e cervos), circulares e cornixas.


     Na parroquia está o polígono industrial da Reigosa, anexo ao polígono industrial do Campiño. 



      O punto de maior elevación é o monte do Pé da Moa, de 595 metros.


Lugares de Tourón
     Buchabade, Contixe, Mirón. A Reigosa, Tourón, Vilarchán


Parroquias de Ponte Caldelas    
     Anceu (Santo André), Caritel (Santa María), Castro Barbudo (Santa María), Forzáns (San Fiz), A Insua (Santa Mariña), Ponte Caldelas (Santa Eulalia), Taboadelo (Santiago), Tourón (Santa María), Xustáns (San Martiño)


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

37ª FESTA DA FILLOA DE LESTEDO - BOQUEIXÓN

37ª FESTA DA FILLOA
LESTEDO
BOQUEIXÓN


Boqueixón presenta o programa da 37ª Festa da Filloa de Lestedo
     Dúas festas declaradas de Interese Turístico de Galicia celébranse de forma paralela nunha única xornada no mesmo espazo


     O alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández  Munín, o delegado territorial da Xunta na provincia da Coruña, Ovidio Rodeiro e o presidente da Asociación Cultural da Filloa, José Manuel Canabal presentaron no Hostal dos Reis Católicos en Santiago o programa da 37ª edición da Festa da Filloa de Lestedo, que terá lugar en Boqueixón o 1 de marzo.

     O alcalde de Boqueixón destacou nesta presentación que a Festa da Filloa é “unha das celebracións da nosa vila das que nos sentimos máis orgullosos” despois de 37 edicións. Como explicaron de novo a Festa da Filloa compartirá protagonismo cos Xenerais da Ulla, o que fai que esta data sexa única, posto que na mesma xornada coinciden dúas festas declaradas de Interese Turístico de Galicia. Pola súa parte, Ovidio Rodeiro destacou que aínda que “as administracións, como a Xunta e o Concello, procuramos aportar un soporte institucional e material, pero todo o mérito desta historia de éxito é exclusivamente dos veciños e veciñas de Lestedo”, e ademais sinalou que é importante ver cada ano como o relevo xeracional esta garantizado.


     A partir de hoxe, comezan intensas semanas de promoción da Festa da Filloa. O vindeiro xoves 13 de febreiro, o mercado de Boanerges en Santiago de Compostela acollerá un evento gastronómico cos chefs Yayo Daporta e Roberto Filgueira, que elaborarán entre as 21:00h. e as 22:30h. en directo catro tapas coa filloa como protagonista, que se venderán a un prezo de 3 euros, ó longo da xornada unha filloeira tamén elaborará filloas no mercado cun custe de 4 filloas a 1€. E a partir do 20 de febreiro e ata o 29 unha filloeira elaborará de xeito tradicional as filloas de Lestedo na cafetería do Centro Comercial El  Corte Inglés.

     O 15 de febreiro no Local Social de Lestedo terá lugar un taller de cociña infantil e xuvenil para que as novas xeracións aprendan a elaborar a filloa tradicional. O prazo para inscribirse a este obradoiro estará aberto ata o 14 de febreiro.

     Dende o 24 de febreiro ata o día 29, desenvolveranse as V Xornadas Gastronómicas da Filloa en diferentes establecementos hostaleiros de Boqueixón, onde se ofrecerán innovadoras e creativas tapas con base na filloa e os máis innovadores recheos. Os establecemento participantes son: Bar- Restaurante "O Imprevisto", Restaurante "Vía da Prata", Casa de Xantar "Casa Castro", Cervexería "O Vikingo", Restaurante "Vente Vindo", Café Bar "O 26" e o Bar "O Tapeo".


Programa da 37ª Festa da Filloa de Lestedo
      “Un ano máis presentamos un programa moi completo para festexar as grandezas da gastronomía galega e a nosa tradición”, sinalou Manuel Fernández Munin durante a súa intervención. O programa da Festa da Filloa o 1 de marzo inclúe degustación de filloas –doces e salgadas- dende media mañá e parranda de entroido ás 12:00 no campo da Festa, para despois dar paso a un intenso programa con moitas actividades das dúas festas de Interese Turístico de Galicia.

     O V Gran Desfile dos Xenerais do Ulla terá lugar ás 12:30 horas, os Xenerais, correos e soldados farán un percorrido para rematar no Campo da Festa, onde lles esperará  a actriz María Mera para presentar o pregón do xornalista de Radio Voz, Pablo Portabales. E como broche final á unha intensa mañá, Tania Veiras e O Recobio amenizará a sesión vermú.

     Ás 17:30 presentaranse ós famosos Altos dos Xenerais da Ulla,  que mediante estrofas rimadas e con moita ironía e humor falarán de política e temas de actualidade. E xa a partir das 18:30 dará comezo a verbena a cargo das orquestras París de Noia e Gran Parada, que prolongarán as súas actuación ata as 00:00 horas da noite.

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
Fuente y fotos: Nós Comunicación

XOAN ARCO DA VELLA

miércoles, 12 de febrero de 2020

PONTELLA DE EIDO GONZALO - REGO DE PORTIÑO ESCURO - A GRAÑA

PONTELLA DE EIDO GONZALO
REGO DE PORTIÑO ESCURO
A GRAÑA
COVELO


A Graña
      É a aldea máis afastada do municipio a uns 20 km da capital municipal, converteuse nunha zona residencial onde constrúen a súa vivenda os nativos que fixeron a súa fortuna en Venezuela como emigrantes.



     A extensa e sorprendente serra da que forma parte (a Serra do Suido), é un dos reductos de exemplares de lobo ibérico en liberdade.



     Como dato de interese destacan que na mesma existen varias agrupaciones de túmulos megalíticos, incluída a "Mámoa de Salcedo", formada por losas de pizarra asomándose restos da Cámara megalítica.



Os seus barrios e lugares son:
     A Carreira, O Eido Fernández, O Eido Gonzalo, O Monxidoiro, Os Muiños, A Porteliña do Campo, Rebordechán, Salcedo, Seiscedóns, Vista Alegre.



Covelo
     Covelo conta cun patrimonio histórico que abarca desde petroglifos prerromanos ata o cruceiro do Cristo dos Aflixidos, de finais do século XIX, sen esquecer, por suposto, os artesans e artistas contemporáneos que viven e traballan no municipio na actualidade.



     O Patrimonio histórico-artístico de Covelo é moi rico e variado.


     Disperso por todo o municipio atópanse numerosos e interesantes monumentos, construcións civís e relixiosas, restos arqueolóxicos.... que testemuñan de xeito espléndido a memoria histórica e a tradición.



     A continuación se enumera o patrimonio histórico-artístico máis importante do Concello de Covelo:
Cruceiro, dedicado ó Santísimo Cristo dous Aflixidos situado na praza principal diante do concello desde 1.899, levántase altiva unha das obras máis destacadas do mestre canteiro José Cerviño, escultor de famosos cruceiros en toda Galicia.



     Na arquitectura relixiosa, merece especial atención o conxunto Abacial de San Martín de Barciademera.



      O conxunto arquitectónico inclúe a casa reitoral que posúe unha fachada barroca con fantásticas gárgolas e reminiscencias de arte precolombino, a igrexa barroca de San Martín, e a Capela de San Juan Mosteiro construída pola Santa Inquisición, lugar onde na antiguedade situouse un monasterio benedictino.



     O municipio posúe depósitos arqueolóxicos de importancia, varias pontes medievais de gran interese, igrexas de varios estilos, restos de dous monasterios, edificaciones típicas, (Os Chozos) cruceiros, petos de ánimas...


Comarca dá Paradanta
      Limita ao norte coa Comarca de Vigo, ao nordeste e ao leste coa provincia de Ouense, ao sur con Portugal por medio o río Miño e ao oeste coa Comarca do Condado.



Pertencen á mesma os seguintes municipios:
Arbo
A Cañiza: capital da comarca
Covelo
Crecente


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

lunes, 10 de febrero de 2020

PONTE EN SILVESTRE - REGO DE NEIBÓ - SAN TOMÉ DE PIÑEIRO - MARÍN

PONTE EN SILVESTRE
REGO DE NEIBÓ
SILVESTRE
SAN TOMÉ DE PIÑEIRO
MARÍN


San Tomé de Piñeiro
      San Tomé de Piñeiro é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Marín na comarca do Morrazo.



     Segundo o IGE no ano 2016 tiña 1059 habitantes (524 homes e 535 mulleres). A parroquia ten 12 entidades de poboación.




Patrimonio
     A igrexa parroquial é románica, fundada no século XIII, ao parecer sobre os restos dun antigo mosteiro.



Cultura
     A comezos de outubro celébrase a Festa da mazá e a sidra de San Tomé de Piñeiro
     A Sociedade Deportiva Santomé milita na Segunda Rexional.



     Pola parroquia pasa a ruta de sendeirismo GR-59, que une o cabo Home coa desembocadura do río Loira.


      Tamén destaca o gran Pazo de Cadro a familia nobre de Romay, así como os muíños e a casa de Cultura.


Lugares de San Tomé de Piñeiro
     Allariz, Cadrelo, Cernello, A Esperela, Fixón, O Igrexario, Miñán, O Pereiro, O Pozo, Silvestre, A Troncosa



Marín
     Marín é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente xeografica e administrativamente á comarca do Morrazo, pero integrado socioeconomicamente na zona urbana de Pontevedra.



      Segundo o IGE en 2018 tiña 24.362 habitantes. O seu xentilicio é «marinense».


Praias
     No litoral do concello de Marín hai gran cantidade de praias, das cales tres contaron con bandeira azul no ano 2015: Portocelo, Mogor, Aguete, ademais de Lapamán, que comparte co concello de Bueu.     

     A praia de Portocelo é a máis oriental e a que conta con mellores servizos, como duchas, restaurante e vixilancia. Malia ser inclinada de máis, é acolledora e dista pouco do núcleo urbano, ao redor dun quilómetro, o que favorece a marcha a pé dos bañistas. Entre a praia e o núcleo está a Escola Naval, e entre ambas as dúas existe un eucaliptal de bastantes anos, que xa aparece na película Botón de Ancla.
     A praia de Mogor atópase a uns 600 metros da anterior. Ten uns 400 metros de lonxitude e tamén conta con servizos de duchas, vixilancia e restaurante. Nas súas proximidades están os famosos petróglifos de Mogor, que contan cun centro de interpretación dende verán de 2015.
     A praia de Aguete está a pouco máis de 4 quilómetros do centro da vila e é a máis grande de todo o concello, cuns 900 metros de lonxitude. Ten tamén servizos de ducha e vixilancia, e conta con varios restaurantes e bases nas súas inmediacións. No seu extremo máis occidental sitúase o porto deportivo do Real Club de Mar de Aguete, na punta Chirleu, onde se realizan diversas probas de vela ao longo do ano.
     A praia de Loira, a uns 600 metros de Aguete e situada na desembocadura do río do mesmo nome.



Festas
     En Marín celébranse moitos eventos culturais, e os máis importantes son:
     As Festas do Carme (16 de xullo), que é o evento máis importante da vila coa celebración de numerosos actos ao longo dos 10 días que dura a festividade.
     A Festa de San Miguel (29 de setembro), nela celébrase a "Danza das espadas", na que os mareantes da vila percorren as súas rúas marcando os pasos coa música das gaitas, unidos uns a outros polo que denomínanse as "espadas".
     A festa da Sidra e da mazá en Santo Tomé de Piñeiro, onde os produtos desta terra son a base da festa, que conserva este produto típico da zona mediante a celebración que xunta a todos os veciños e veciñas da parroquia co fin de degustar varios pratos que fan coas mazás.
     O Entroido, onde todos os marinenses e demais visitantes bótanse á rúa cos seus disfraces a celebrar o entroido. Conta con moitas actuacións nas súas rúas ademais de desfiles e concursos. Destaca como día grande deste Entroido, o chamado "Enterro da sardiña", onde disfrazados cos seus traxes de loito e cunha grande tristura despídense do cadáver da sardiña. Tamén son importantes nestas festas as charangas, que compoñen cancións de temas de actualidade.



 Xeografía
     O municipio de Marín ten unha superficie de 36,7 km², inferior á media dos concellos de Galicia (que é de 93,57²) e dos da provincia de Pontevedra (que é de 71,57 km²), pero a súa situación entre o mar e a montaña proporciona un gran contraste e variedade de paisaxes. Conta con 8 quilómetros de costa, que forman parte da marxe sur da ría de Pontevedra.
     Marín está situado na península do Morrazo, na marxe meridional da ría de Pontevedra, a 7 km de Pontevedra e 27 de Vigo. Linda ao norte coa ría de Pontevedra, ao leste co concello de Pontevedra, ao sur cos de Vilaboa e Moaña e ao oeste co concello de Bueu.
     As alturas maiores do concello están no leste, o monte Xaxán (600 m) e Cotorredondo (500 m). A partir delas, o relevo descende en pendente cara a costa, na que alternan os acantilados e as praias, debido á alternancia de faixas de xistos e granitos. A illa de Tambo está situada a pouco máis dun quilómetro do porto e é de propiedade pública desde hai pouco, xa que antes pertencía á Armada Española. Con todo, a súa xurisdición correspóndelle ao concello de Poio.



Parroquias de Marín
     Ardán (Santa María), O Campo (Santa María), Marín (San Xián), Marín (Santa María do Porto), Mogor (San Xurxo), San Tomé de Piñeiro (San Tomé), Seixo (Nosa Señora do Carme) 

 
MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA