domingo, 6 de enero de 2019

PRADOALBAR - VILARIÑO DE CONSO

 PRADOALBAR
VILARIÑO DE CONSO
OURENSE


Pradoalbar
     Santo André de Pradoalbar é unha parroquia do concello de Vilariño de Conso na comarca de Viana, na provincia de Ourense.


     No ano 2007 tiña 55 habitantes, deles 36 eran homes e 19 eran mulleres.


Lugares de Pradoalbar
     O Invernadeiro, Pradoalbar


Vilariño de Conso
     Vilariño de Conso é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Viana.


     Segundo o IGE en 2017 tiña unha poboación de 558 persoas (771 en 2003).


     O seu xentilicio é vilariñés.


Xeografía
     O concello, de Vilariño de Conso, con 200,2 km², abrangue dez parroquias. 




     Está situado no sueste da provincia de Ourense, nas abas orientais da serra da Queixa e O Invernadeiro, entre os 630 e os 1.500 m de altitude.


     Polo municipio discorren os ríos Camba, Conso e Cenza, e no seu territorio hai cinco encoros. Deles o das Portas, no río Camba, é o de maior capacidade da provincia ourensá, con 536 hm³, e o de Cenza é un dos de maior altitude de España, a 1.345 metros de altitude.


     A fervenza do Cenza ten unha caída vertical de 105 metros. Outros saltos de auga destacados son os de Suacenza, Galianda, Dona Loba e Cenza de San Mamede. O val do Cenza é de orixe glaciar, formado na era cuaternaria. As Morrenas de Chaguazoso é unha paisaxe granítica de interese paisaxístico.


     Abundan os soutos de castiñeiros, destacando o castiñeiro da Corredoira. Entre a fauna salvaxe destacan os cervos, xabaríns, corzos, a cabra montesa, rebecos e o lobo.


Patrimonio
     Consérvanse restos de poboados castrexos en Pradoalbar, Entrecinsa e Sabuguido. Da romanización de Galicia son os restos da calzada romana, vía secundaria da Vía Nova do itinerario de Antonino, e pola que se levaba o ouro extraído nas proximidades. Desa mesma época consérvase un pontón.


     O castelo de Cerveira é un recinto fortificado, situado nun cumio a 1.550 metros de altitude. Ten un perímetro de 430 m, con 250 m de murallas, principalmente nas orientacións sur (150 metros, cunha porta ou abertura no medio), oeste (cunha pequena abertura que puidera ser un derrube) e outro de 30 m cara ao noroeste. Consérvanse cabanas feitas coa mesma pedra do monte, na súa maioría pegadas á muralla, e cunha superficie rectangular de 20 x 4 metros.


     En San Mamede hai tumbas antropomórficas.


     De épocas máis recentes son o pazo de Conso e Entrecinsa, e a casa grande de Mormentelos.


     Entre a arquitectura relixiosa destaca a igrexa parroquial de Sabuguido.


     O concello está atravesado pola Vía da Prata do camiño de Santiago. No ano 2009 homologouse a ruta de sendeirismo PR-G 118 Ruta dos Soutos, apta para o turismo de natureza.


     É un percorrido circular duns 8 km que parte de preto do edificio do Concello cunha derivación de 3,5 km ata a central eléctrica.


Parroquias de Vilariño de Conso
     Castiñeira (San Lourenzo), Chaguazoso (San Bernabé), Conso (Santiago), Mormentelos (Nosa Señora da O), Pradoalbar (Santo André), Sabuguido (Santa María), San Cristovo (San Cristovo), San Mamede de Hedrada (San Mamede), Veigas de Camba, Vilariño de Conso (San Martiño)


Comarca de Viana
     A comarca de Viana é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Viana do Bolo.


     A cal pertencen os concellos da Gudiña, A Mezquita, Viana do Bolo e Vilariño de Conso.


     A comarca está atravesada polo río Bibei no seu curso alto. A principal vía de comunicación é a estrada OU-533, que vai de Freixido (Petín) á Gudiña.

VIDEO
MAPA 

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

viernes, 4 de enero de 2019

FOXO DO LOBO DO SALAS - MUIÑOS

 FOXO DO LOBO DO SALAS
MUIÑOS
OURENSE


Foxo de lobo
     Un couso, lobeira ou foxo de lobo (do latín fossum, escavado é unha construción tradicional empregada no medio rural para a caza do lobo ou de calquera outro animal considerado daniño e perigoso.


     Un foxo de lobos consta dunha serie de elementos empregados para conduciren o lobo ata un lugar onde se lle poida dar caza.


     Habitualmente os seus elementos constitutivos son un par de muros ou valados e un pozo ou foxo propiamente dito.


     Os valados teñen altura suficiente para impediren o paso dos lobos, e forman no terreo os dous lados dun triángulo. No seu vértice hai unha rede entre eles ou un furado escavado no chan, o foxo, no que os lobos eran capturados ou mortos.


     Os muros podían ser de pedra ou madeira, ás veces de cachotería e outras de chantos. Adoitaban ter unha lonxitude total de varios centos e metros.


      Outra variedade consiste nun recinto murado pechado situado en terreo elevado nun lugar de paso obrigado. Nel é doado entrar pero imposible saír. Tamén fai posible capturar ao animal con vida.


     As cacerías organízanse de xeito comunitario. En Galicia a participación nas cacerías estaba tradicionalmente regulada polos concellos das parroquias.


     As épocas preferidas para a caza eran a primavera e máis o verán.


      Os cazadores saían bater ao monte provistos de todo tipo de obxectos que facían ruído e encamiñábanse na súa fuxida cara ao espazo entre os valados.


     O uso das lobeiras está espallado por todo o noroeste da Península Ibérica, especialmente nas zonas máis montañosas ou nas menos humanizadas.


     A pouquidade crecente de lobos e osos fai que o seu uso estea diminuíndo.


     Con frecuencia a toponimia indícanos a existencia de foxos ou dispositivos semellantes , que recibían o nome de calello, caneyo, calecho, xorco, jorco ou caón en Asturias; chorco en León.


     A variedade de recinto pechado era chamada couso en Asturias, corral en León e cortello en Zamora.

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO SA VELLA

CAPELA DA NOSA SEÑORA - PINTÁS - LOBÁS - CALVOS DE RANDÍN

 CAPELA DA NOSA SEÑORA
PINTÁS
LOBÁS
CALVOS DE RANDÍN


Pintás
     Pintás é un lugar da parroquia de Lobás no concello ourensán de Calvos de Randín na comarca da Limia. Tiña 51 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 25 eran homes e 26 mulleres. Iso supón un aumento da poboación respecto a 2010, cando tiña 47 habitantes (24 homes e 23 mulleres).


Lobás
     San Vicente de Lobás é unha parroquia do concello ourensán de Calvos de Randín na comarca da Limia. No ano 2007 tiña 185 habitantes (92 homes e 93 mulleres) distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 12 habitantes en relación ao ano 2000.



Lugares de Lobás
Lobás, Pintás, Serois, O Silvoso


Calvos de Randín
     Calvos de Randín é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca da Limia. Segundo o padrón municipal, en 2015 tiña 922 habitantes (1242 en 2003).O seu xentilicio é calvense ou randinense.



Xeografía
     O concello, de 98 km², abrangue 9 parroquias. Está situado ao sur da provincia de Ourense, á beira das serras de Larouco, O Xurés e A Pena, acadándose nesta última os 1400 m de altitude. O municipio está atravesado polo río Salas, afluente do Limia, onde se construíu o encoro de Salas. Á súa vez, este río recibe as augas do río Firbeda.



     É unha zona con clima oceánico de montaña, con fortes precipitacións e temperaturas baixas, se ben no verán adoita haber fortes secas.


Historia
     A situación fronteiriza con Portugal marcou a evolución histórica do concello. As terras da Picoña tiñan a súa cabeceira no castelo da Picoña, derruído en 1650 por tropas castelás. No século XVIII a zona pertencía á xurisdición do conde de Lemos.



     Historicamente, parte do seu territorio pertenceu ó Couto Mixto. Isto daba certos privilexios á súa poboación, como a exención de pagar tributos ás coroas de Portugal e Castela, a libre pertenza a un ou outro reino, e a elección dun alcalde. Estes dereitos abolíronse trala aplicación do Tratado de Lisboa de 1864.


     O 22 de febreiro de 1944 tivo lugar o accidente de Monteagudo, no que un avión británico bateu contra un monte e sufriu un incendio, morrendo os seus seis ocupantes.


Patrimonio
     Os xacementos humanos máis antigos datan do megalitismo, como as mámoas de Monte Meau e Forno da Tagurra (Golpellás), Penouces e A Chamuscada (Vila), As Lamas (Pintás), O Viso e A Mota Grande (Castelaus), Outeiro das Moas (Paradela) e As Rebouciñas (Padroso).



     Da cultura castrexa son os poboados de Cidade de San Vitorio (Castelaus), Outeiro da Cerca (Lomear), O Castro (Rubiás), Penas Altas (Calvos) e A Picoña (Randín).


     A igrexa parroquial de Santiago de Calvos é do século XIX, de estilo popular. A igrexa de San Xoán de Ranín é de estilo barroco, dos séculos XVII e XVIII. A igrexa de Santiago de Rubiás, sendo reconstruída no século XVIII, conserva na ábsida unha ventá románica de medio punto. A ermida do Neno Xesús é do século XVIII. A capela de Calvos é de recente construción. Hai varios petos de ánimas, en Calvos, Vilar, o Cruce de Padroso, Feás e Rubiás.


     O pazo dos Tejada é dos séculos XVIII e o XIX. Ten a tipoloxía típica de pazo galego, con tres corpos conectados por unha solaina. O pazo de Randín é máis recente, se ben un dos seus corpos está actualmente destruído, tendo estrutura en L.


     Dentro da arquitectura popular destacan os hórreos en Randín e Rioseco, cruceiros, fornos comúns, fontes, muíños, calzadas e pontes.


Parroquias de Calvos de Randín

     Calvos (Santiago), Castelaus (San Martiño), Feás (San Miguel), Golpellás (San Xoán), Lobás (San Vicente), Randín (San Xoán), Rioseco (Santa Mariña), Rubiás dos Mixtos (Santiago), Vila (Santa María) 

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA