jueves, 9 de febrero de 2017

CASA LEONIDES - A GRAÑA - COVELO

 CASA LEONIDES
A GRAÑA
COVELO


     A Casa-Museo de Leonides de A Graña amosa a vida cotía da Galicia labrega


     É Covelo concello que se alza en altas cotas da montaña pontevedresa, con lugares de gran beleza enmarcados pola paisaxe de lenda da Serra do Suído. Ademais de fauna e flora,estes cumios albergan construcións centenarias como os chozos e aldeas detidas no tempo, como A Graña, que conserva unha das edificacións máis antigas da bisbarra: a Casa-Museo Leonides, un espazo que pretende reflectir como vivían os habitantes da Graña, aos que se lles atribúe unha orixe xudeo-conversa. 


     O impulsor do proxecto, Maximino Fernández Sendín, presidente do Centro de Estudios da Paradanta e o Condado, abriu, para quen queira coñecela, unha antiga casa familiar que mostra no seu interior como era a vida cotiá da Galicia campesiña a través de útiles domésticos e agrarios. No exterior conta coa eira onde se mallaba o centeo, así como dous hórreos totalmente de pedra, incluída a cuberta.


     A Casa-Museo Leonides, que toma o nome dunha das súas últimas moradoras, avoa de Fernández Sendín, tería no seu estado primixenio o teito de colmo, ao igual que as pallozas tradicionais. A súa orixe remóntase -calcula o propietario- "uns cinco séculos atrás" e é a única da súa tipoloxía que se conserva na integridade nesta parroquia covelense. "Porque a casa está no barrio de Munxidoiro, topónimo que probablemente veña de munxir o gando. 


     Quizais a construción e os seus terreos estremeiros fosen unha granxa do convento de Melón ao cal pertencían estas terras", explica Fernández Sendín. Responde á tipoloxía de casa terrea cunha porta principal e pequenos ventanucos. 


     O interior está formado por un espazo único no que se encontra a lareira e o forno, arredor dos cales se despregan os elementos da vida cotiá: a gramalleira da que pendura o pote, escanos, mesas ou alzadeiras. 


     A estanza que ocupa na súa maior parte a planta baixa loce aínda o chan empedrado e vigas de madeira nun teito que apenas chega aos dous metros. 


     Á parte dedicada a corte accédese dende unha porta común da vivenda; isto é, a entrada ás cortes faise dende a cociña, que conserva na parede unha pía de pedra na que se botaba a comida aos animais.


     A proximidade do gando e mais o lume sempre aceso permitían manter unha temperatura media de 18 graos, mesmo durante os invernos máis duros. Por unhas escaleiras de pedra ascéndese ao único cuarto da casa, onde durmían ás veces ata doce membros do núcleo familiar. 


     O exterior ábrese a dúas eiras empedradas con dous hórreos tamén de pedra. "É curioso que os hórreos da Graña non teñen cruces -di Maximino Fernández, etnógrafo oriúndo da aldea e autor do libro A Graña y los grañudos-, só hai dous con este elemento e deberon de ser colocadas posteriormente. Probablemente debido á orixe xudeo-conversa dos habitantes, descendentes dos xudeus expulsados polos Reis Católicos que se refuxiaron nestas terras de montaña, nas que existen camiños de arrieiros que comunican con outros puntos de España e Portugal". 


     Buscando información para o seu estudo,o autor deu cun documento fundamental de 1752 localizado no Arquivo Diocesano de Tui que di "é tradición que os habitantes da Graña proceden dos xudeus expulsados por dona Isabel e por don Fernando".


     Os enseres son os de antano, as pezas do día a día da avoa Leonides. Pote, cafeteira, cuncas, bancos, escano, maseira, cama, berce, todo parado no tempo. A corte do gando segue igual. A casa-museo, que mostra como era a vida nesta aldea, pode visitarse pedindo a chave no bar da vila porque este é un museo para ser coñecido sen horario nin días establecidos. 


     Hai un libro de visitas no que o público pode asinar e deixar o seu comentario sobre esta casa de séculos. 


     O proxecto leva nove anos aberto ao público con este sistema. Sendín fixo realidade o vello aserto de "cultura para todos".


Sitio distinto
     A Casa Museo Leonides é un conxunto etnográfico único, dos que xa quedan poucos. Está situada nun lugar senlleiro como é A Graña: localización agreste, illada e enigmática, nunha das abas da impoñente Serra do Suído, que debeu conferir aos seus habitantes unha identidade propia dentro da mesma bisbarra do Condado-Paradanta, o mesmo que pasou cos vaqueiros de Asturias ou os pasiegos en Santander. 



     No libro A Graña y los grañudos. Estudio histórico-antropológico, Maximino Fernández Sendín apunta a posible ascendencia xudeo-conversa desta parroquia singular cuxa comunidade se constituíu como un gremio de comerciantes cun dialecto propio -o barallete- semellante ao doutros grupos gremiais de Ourense, como os afiadores ou paragueiros.


     Dende tempo inmemorial dedicáronse ao comercio, vendendo panos ou sal e percorrendo toda a xeografía, ademais de recalar en Brasil ou Venezuela. 


     Pénsase que na aldea se instalaron moitos sefarditas de Ribadavia fuxindo da persecución dos Reis Católicos. 


     "Os grañudos -explica Fernández Sendín- representan un dos grupos diferenciados máis importantes da península que conservaron moitos dos seus costumes ata os nosos días. 


    O seu espírito mercantil diferénciaos do resto dos pobos que os rodean, así como a súa idea de grupo e valores como o da familia".

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
 Fuentes: Tere Gradín
Faro de Vigo
Maximino Fernández
XOAN ARCO DA VELLA

FERVENZA DE NEIBÓ - MIÑÁN - MARÍN

 FERVENZA DE NEIBÓ
RÍO NEIBÓ
MIÑÁN
SANTO TOMÉ DE PIÑEIRO
MARÍN


Marín
     Situado nas Rías Baixas, Marín ofrécenos unha estampa marabillosa no seu litoral, con praias resgardadas de auga cristalina e area fina coa vexetación como telón de fondo. A cor verde da natureza do contorno mestúrase coa azul do ceo para dar paso á fermosa azul verdosa do mar.



     Marín asómase á ría desde o seu miradoiro privilexiado. Mar e monte a un paso: agradecida para o goce da praia e para a práctica de todo tipo actividades ao aire libre. Sendeirismo, cicloturismo, hípica, vela, piragüismo, mergullo…. son algunhas das propostas máis habituais para practicar neste contorno.


     A Ría de Pontevedra baña as costas de Marín agasallándonos cos mellores produtos do mar, peixes e mariscos recoñecidos pola súa calidade no mundo enteiro, Caracterizada pola grande riqueza de cor e sabor, a nosa gastronomía nútrense das mellores materias primas traídas do mar: cigalas, linguados, robalizas, ollomoles, rodaballos, chocos, polbos, sardiñas, centolas, nécoras, langostas, camaróns, ostras, mexillóns, vieiras, ameixas e croques, acompañados do afamado viño Albariño.



San Tomé de Piñeiro
     San Tomé de Piñeiro é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Marín na comarca do Morrazo. Segundo o IGE no ano 2011 tiña 1.082 habitantes (520 homes e 562 mulleres), 30 menos que no 2007. A parroquia ten 12 entidades de poboación.




Patrimonio
     A igrexa parroquial é románica, fundada no século XIII, ao parecer sobre os restos dun antigo mosteiro. Ten planta rectangular e conta cunha ábsida pentagonal. Na súa capela maior ten un retablo barroco de marcada influencia portuguesa.



     A cabeceira poligonal aséntase sobre tres rebancos que leva en cada un dos catro vértices unha grosa columna sobre podio que chega até o beirado con capiteis case cúbicos e de basta labra de entrelazos. Esta estrutura columnaria define cinco panos. Nos tres centrais ábrese un ventanal de medio punto adoelado pero de arestas vivas que acolle unha seteira. Unha imposta de dupla moldura percorre os tres primeiros panos á altura dos peitorís das fiestras. Os canzorros son de proa de nave.


     O interior ten un elegante arco triunfal, con dúas arquivoltas apuntadas de rosetas, a interior de aresta viva e a exterior de baquetón combinado con escocia e tetrapétalas trasdosada por chambrana xadrezada. 


     Outro arco faixón apuntado axuda a soster a bóveda de canón. Os catro capiteis que sosteñen estes arcos son variados: un de entrelazos, outro de follas terminadas en espiral e os outros dous teñen esculpidos cadrúpedos alternados con homes ou anxos.


     Tamén destaca o gran Pazo de Cadro a familia nobre de Romay, así como os muíños e a casa de Cultura.


Cultura
     A comezos de outubro celébrase a Festa da mazá e a sidra de San Tomé de Piñeiro.
     A Sociedade Deportiva Santomé milita na Segunda Rexional.
     Pola parroquia pasa a ruta de sendeirismo GR-59, que une o cabo Home coa desembocadura do río Loira.


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
Fuente: Concello de Marín
XOAN ARCO DA VELLA

miércoles, 8 de febrero de 2017

PETO DE SAN MARTÍN - CAMPOSANCOS - AVIÓN

PETO DE SAN MARTÍN
CAMPOSANCOS
AVIÓN
OURENSE


  Petos de Ánimas
     Los petos de ánimas son una de las manifestaciones materiales del culto a los muertos, de la devoción de las ánimas; no deja de hablarnos de las ideas muy profundas en la mentalidad gallega sobre la vida y la muerte.



     Afirman los historiadores y etnógrafos que el peto de ánimas surge después del siglo XVI, en la situación político-religiosa de la Contrarreforma, es entonces cuando aparece la idea del Purgatorio.



     Según Castelao: “A nova devoción suprímeo a idea de castigo eterno”.



     A mediados del siglo XVII, Galicia ya había dejado de pensar en el Infierno para que se entregue de lleno la idea del Purgatorio, del que sus muertos queridos podían salvarse a fuerza de oraciones y buenas obras.




     La finalidad de estos elementos populares es la de ofrecer ofrendas de todo tipo (flores, cera, patatas, maíz, pan, aceite ...), a las ánimas que no encuentran descanso en el Purgatorio, para que alcancen la felicidad en el Cielo; una vez liberadas intercederán por quien hizo la ofrenda, y daban dinero para que el cura lo administrara y dijera misas por los difuntos.



     Los retablos de las ánimas, los petos en que se pide la limosna durante la misa y las obras de cantería son manifestaciones de culto a las ánimas.



     El estilo artístico , de cantería se define como "popular"; los devotos conocían perfectamente las formas y colores que querían y no le pedían al cantero artesano otra cosa que hacer la obra encargada con su mejor habilidad.



Los petos unen arquitectura y escultura, y su estructura se divide en tres partes:
     - Infraestructura arquitectónica básica.
     - Una cavidad que similar a una capillita que ocupa el eje central y superior (buqueira).
     - Una cavidad casi siempre en la base de la capillita, tapada con una lámina de hierro y un agujero para meter las ofrendas (Alxibeira).


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

FERVENZA DA FONTEIRA - A GRAÑA

FERVENZA DA FONTEIRA
REGO DA FONTEIRA
A GRAÑA 
COVELO


 A Graña
     Es la más alejada del municipio a unos 20 km de la capital municipal, se ha convertido en una zona residencial donde construyen su vivienda los nativos que han hecho su fortuna en Venezuela como emigrantes.



     La extensa y bella sierra de la que forma parte (a Serra do Suido), es uno de los reductos de ejemplares de lobo ibérico en libertad.



     Como dato de interés destacan que en la misma existen varias agrupaciones de túmulos megalíticos, incluida la "Mámoa de Salcedo", formada por losas de pizarra asomándose restos de la Cámara megalítica.



Sus barrios y lugares son:
     A Carreira, O Eido Fernández, O Eido Gonzalo, O Monxidoiro, Os Muiños, A Porteliña do Campo, Rebordechán, Salcedo, Seiscedóns, Vista Alegre.



Covelo
     Covelo cuenta con un patrimonio histórico que abarca desde petroglifos prerromanos hasta el cruceiro del Cristo de los Afligidos, de finales del siglo XIX, sin olvidar, por supuesto, a los artesanos y artistas contemporáneos que viven y trabajan en el municipio en la actualidad.



     El Patrimonio histórico-artístico de Covelo es muy rico y variado. 



     Disperso por todo el municipio se encuentran numerosos e interesantes monumentos, construcciones civiles y religiosas, restos arqueológicos.... que atestiguan de manera espléndida la memoria histórica y la tradición.


     

     A  continuación se enumera el patrimonio histórico-artístico más importante del Ayuntamiento de Covelo:
     Cruceiro, dedicado ó Santísimo Cristo dos Afligidos situado en la plaza principal delante del ayuntamiento  desde 1.899, se levanta altiva una de las obras más destacadas del maestro cantero José Cerviño, escultor de famosos cruceiros en toda Galicia.


     En la arquitectura religiosa, merece especial atención el conjunto Abacial de San Martín de Barciademera. 



     El conjunto arquitectónico incluye la  casa reitoral que posee una fachada barroca con fantásticas gárgolas y reminiscencias de arte precolombino, la iglesia barroca de San Martín, y la Capilla de San Juan Mosteiro construida por la Santa Inquisición, lugar donde en la antigüedad se situó un monasterio benedictino.


     El municipio posee depósitos arqueológicos de importancia, varios puentes medievales de gran interés, iglesias de varios estilos, restos de dos monasterios, edificaciones típicas, (Os Chozos) cruceiros, petos de ánimas...



Río Tea
     
     El río Tea nace en la sierra de O Suído, en el ayuntamiento de Covelo, y e desemboca en el Baixo Miño, en el ayuntamiento de Salvaterra de Miño.


     En su camiño, pasa por los ayuntamientos de Mondariz, Mondariz-Balneario y Ponteareas. sin embargo, este trabajo se refienre solamente a la parte del espacio protegido que cae en el ayuntamiento de Covelo: el tramo medio-alto del Tea, los ríos Alén y Fofe, y el arroyo de O Castro.


     Es especial porque se trata de uno de los ríos mejor conservados del sur de Galicia en cuanto a sus aguas, sus riberas y su continuidad

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA