miércoles, 27 de mayo de 2015

A MOZA E O DEMO - LENDA

A MOZA E O DEMO
LENDA
ANCARES

     Unha mañá ía unha muller coa súa filla camiño da feira. A rapaza entretíñase con cada flor que atopaba polo camiño. Ao pasar por diante dunhas pedras, a muller marmurou cara a filla:
     -Se foras unha pedra, andaría máis axiña.

     Un pouco máis atrás, a rapaza ficaba mirando unha flor de cor vermella que lle ofrecía un extraño ser que había enriba das pedras que vira antes súa nai. Sen pensalo, achegouse a collela e inmediatamente quedou convertida nunha pedra. 

     A muller, ao darse de conta da falta da súa filla, volve atrás comprobando que no sitio onde antes estaban dúas pedras, agora había tres, e que unha tiña unhas extrañas formas de muller. Seguidamente oe unha forte gargallada e un intenso aroma a ovos podres

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
Fuente: Galicia Encantada
XOAN ARCO DA VELLA

O ENCANTAMENTO DE BARREIRO

 O ENCANTAMENTO DE BARREIRO
LENDA
O COUREL

     Un xastre que ía coas cabras para levalas ás brañas pasou pola Campa do Barreiro e ao chegar a un prado que era dun veciño observou que estaba instalado un posto como os que hai nas feiras e que ofertaba moitas e moi variadas cousas.... mesmo tesoiras! Este posto ambulante era atendido por unha rapaza loira moi fermosa, elegante e disposta.

     Ao pasar por diante, o xastre sentiu que o chamaban:
     -Oia, señor! Faga o favor!
     O xastre achegouse onda ela e esta díxolle:
     -Señor, que é o que máis lle gusta de todo o que hai aquí?
     El, como era xastre, contestoulle:
     -As tesoiras!
     A rapaza, entón, deullas, ao tempo que lle dicía:
     -Pois tómeas! Se as cravara no seu corazón! Se me houbese elixido a min podería ir con vostede e ser felices os dous!
     Dicindo isto, desapareceu a rapaza e o posto.
     Claro, a moza era unha princesa que tiña un encanto!

MAPA
Fuente:  Galicia Encantada
XOAN ARCO DA VELLA

PONTE DO SEIXO - CAVADOSA

 PONTE DO SEIXO
RÍO SEIXO
CAVADOSA
CERDEDO

 Cavadosa
     Cavadosa é un lugar situado na parroquia de Cerdedo, no concello de Cerdedo, na provincia de Pontevedra. No ano 2008 contaba con 22 habitantes, 11 deles eran homes e 11 eran mulleres; isto supón un aumento no número de efectivos en relación ao ano 2006.
 
Cerdedo
     Cerdedo é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Tabeirós - Terra de Montes. Segundo o padrón municipal, en 2014 tiña 1.860 habitantes (2.333 en 2005).

     Limita cos concellos de Forcarei, Cotobade, Campo Lameiro e A Estrada. O seu xentilicio é «cerdedense».

Demografía do concello de Cerdedo
     A poboación deste concello de interior sufriu un descenso acusado froito da emigración que minguou os seus habitantes case en 4.000 habitantes entre 1950 e 2008.

Parroquias
     Castro (Santa Baia), Cerdedo (San Xoán), Figueiroa (San Martiño), Folgoso (Santa María), Parada (San Pedro), Pedre (Santo Estevo), Quireza (San Tomé), Tomonde (Santa María)

A Comarca de Tabeirós - Terra de Montes
     A Comarca de Tabeirós - Terra de Montes é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é A Estrada. 

     Pertencen a esta comarca os concellos de Cerdedo, A Estrada e Forcarei.

Localización e características
     Esta comarca de 528,98 km² sitúase entre as Terras do Deza e as da costa e nela distínguense dúas unidades xeográficas distintas: a Terra de Tabeirós ao norte, que forma parte do val do Ulla, e a zona montañosa da Terra de Montes ao sul.

     En 2014 a poboación era de 26.753 habitantes, dos cales 21.197 vivían no concello da Estrada, o que é indicativo do carácter de núcleo reitor comarcal desta vila. As cidades máis importantes preto da comarca son Compostela e Pontevedra.

     A Terra de Montes conformouse desde a división parroquial que realizaran os reis suevos Teodomiro e Miro na segunda metade do século VI. A comarca consolidouse coa súa incorporación á sede arcebispal de Iria Flavia. 

     En 1115 o arcebispo Xelmírez, por doazón de Dona Urraca, construíu a torre-fortaleza do Castro de Montes, desde a que os xuíces-meiriños gobernaban a comarca.

     En 1135 construíuse o mosteiro de Aciveiro, arredor do cal se creou unha importante actividade comercial e artesanal a partir do século XII.

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

AS AMEIGADAS - LENDA

 AS AMEIGADAS
LENDA
TERRA DE MONTES

      Unha das memorias ou lendas que aínda permanecen no acervo folclórico da comarca é a da maldición do sangue, fermosa coma poucas, e que relata o establecemento das primeiras poboacións en Montes. Narra que, establecidos os poboadores dos castros nas Rías Baixas, comenzaron tamén a colonizar terras cara ó interior. 

      Daquela estábanse a orixinar enfrontamentos entre os habitantes dos distintos castros, nos que se producían roubos de gando e raptos de mulleres. Nun determinado momento comenzaron a existir problemas debido a que algunhas mulleres, despois de ter o primeiro fillo sen atrancos, presentaban anomalías no segundo parto, morrendo o fillo ou nacendo con notables taras físicas. 

     Naquel tempo en que a superstición estaba por riba de posibles coñecementos médicos, os poboadores dos castros non atoparon mellor solución para evitar esta praga que o desterro das mulleres “ameigadas” e maila súa prole, aproveitando a ocasión para expulsar tamén da comunidade ós homes máis conflictivos. E precisamente o destino deste grupo de proscritos foi a terra dos montes, onde, coidaban os “ortodoxos”, a esgrevia natureza acabaría con eles. 

     Pero velaí que a terra, máis comprensiva que os homes, non só non acabou con eles, senon que lles proporcionou a abondosa pesca dos seus ríos e a caza dos seus montes, converténdoos nunha próspera comunidade que máis tarde descubriría tamén o agochado tesouro das minas de metal que abundan na terra dos montes. 

     Así, o que nacera como un castigo, como unha maldición, rematou por se converter nunha vida non ausente de traballos, pero tamén venturosa e fértil, superando tódalas contrariedades iniciais. Sendo conscientes da tara que os obrigara a abandonar as súas primeiras moradas e para evitar problemas coa descendencia, estas novas comunidades montesas prohibiron, nunha especie de “endogamia terapéutica”, os emparellamentos con habitantes doutros lugares, e sempre que non se respectou esa prohibición – segundo a lenda – o segundo fillo non chegaba a nacer ou facíao con defectos, manifestándose dese xeito a vixencia daquela “maldición”.

     Aquí finalizaría a lenda, pero enlazaría coa realidade dunha maneira curiosa. Parece ser que aínda na actual Terra de Montes hai prevalencia, sobre outras zonas, de habitantes con sangue RH negativo, e a ciencia actual dinos que unha muller con sangue RH negativo casada cun varón de RH positivo, pode ter sen dificultades o seu primeiro fillo, pero se este ten o mesmo factor sanguíneo que o pai, xeraría anticorpos no sangue materno que posteriormente impedirían o desenvolvemento normal dun segundo fillo con RH positivo. 

     Os poboadores dos castros non o sabían, loxicamente, e o que para eles naceu como unha maldición, coverteuse nun xeito de vivir especial e moi vencellado á natureza. Poucas veces casa a lenda coa probabilidade científica tan ben coma neste caso.

MAPA
Fuente: Concello de Forcarei
XOAN ARCO DA VELLA

A MOURA DE LOUREIRIÑA - LENDA

A MOURA DE LOUREIRIÑA
RÍO LEREZ
FORCAREI

     A saída dos castros é a da Loureiriña - Forcarei, unha fermosa ninfa loira que baixou do castro de Loureiro para irse contemplar nas cristalinas augas do Lérez, ó seu paso pola ponte do Crego. Ameigada pola beleza da longa e vizosa carballeira pola que paseniñamente discorre o río, a loira Loureiriña durmiuse pracidamente, para espertar de tempo en tempo e aparecérselles ós camiñantes. 

     Un día de San Xoán, un garrido mozo parolou coa Loureiriña, e esta conduciuno ata unha cova ateigada de ouro, que tiña a porta polo fío da auga. Alí había trabes de ouro, potes, culleres, cuncas e pratos, todos de ouro. 

     Ata unha galiña de ouro que poñía ovos de ouro; pero tamén lle contou ó mozo que tiña no seu dourado fogar unha entrada cunha trabe de brea que queimaría a quen ousase achegarse a tal tesouro se a Loureiriña quixer.

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
 Fuente: Concello de Forcarei
XOAN ARCO DA VELLA

martes, 26 de mayo de 2015

POZA ALTA - CAVADOSA - CERDEDO

POZA ALTA