sábado, 24 de agosto de 2019

MUIÑO EN FORCAS - REGUEIRO DE FORCAS - PARADA DO SIL

MUIÑO EN FORCAS
FORCAS
REGUEIRO DE FORCAS
PARADA DE SIL


Forcas
     San Mamede de Forcas é unha parroquia do concello ourensán de Parada de Sil na comarca da Terra de Caldelas. 



     No ano 2007 tiña 74 habitantes, deles 35 eran homes e 39 eran mulleres, o que supón unha diminución de 21 habitantes en relación ao ano 2000.


     Nesta parroquia atopouse a espada de Forcas, unha espada da idade de bronce conservada no museo arqueolóxico de Ourense. Sobre o río Mao hai unha ponte románica con marcas de canteiro.


Lugares de Forcas
     As Cerdeiras, Cortiñas, Forcas, A Miranda, O Pombar, A Senra, Vilar 

 

Parada de Sil
     Parada de Sil é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Caldelas e que forma parte da Ribeira Sacra. Segundo o padrón municipal en 2018 tiña 564 habitantes (808 en 2003).



Xeografía
     O concello, situado ao norte da provincia de Ourense, ten 62,4 km², e abrangue 9 parroquias. Limita ao norte con Sober (provincia de Lugo) a través do río Sil, ao sur con Montederramo, ao leste coa Teixeira e ao oeste con Nogueira de Ramuín e Xunqueira de Espadanedo.



     A parte norte pertence á Ribeira Sacra, no val do río Sil preto da desembocadura no Miño, determinado polo encoro de Santo Estevo. A parte sur ten zonas montañosas, como as lombas desgastadas da terra da Picoña, Cabeza de Meda, Os Confurcos, Os Burdiallos e Os Salgueiriños. Entremedias, hai unha área de media montaña con planicies onduladas e cumios como A Carpadena, Outeiro do Río, A Espereta, Biruxe, Corzas, A Gándara e Os Penediños. Estas zonas xeográficas determinan a climatoloxía, oceánica de montaña nas zonas máis altas, e oceánico mediterráneo na ribeira.


Historia
     Durante o antigo réxime a zona pertenceu á xurisdición de Chandrexa de Sacardebois.



Patrimonio
     No concello destaca o mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil. Na parroquia de San Lourenzo de Barxacova situábase o conxunto da capela e necrópole de San Vítor de Barxacova.



     Hai petos de ánimas en Cimadevila, Couto e Teimende. O cruceiro de Forcas está asentado sobre unha roca que fai ás veces de base. Na parroquia de Forcas consérvase sobre o río Mao a ponte románica de Canceliñas, que conta con marcas de canteiro.


     O concello conta coa ruta de sendeirismo homologada PR-G 98, Canón do Sil - Santa Cristina. É unha ruta circular de 18 km con principio e fin na prazo do Barquilleiro, da capital do municipio. Discorre na maior parte polos camiños de carro e sendas antigas para cultivar as pendentes de vides. No percorrido vense fornos, sequeiros e muíños, amais do mosteiro románico de Santa Cristina de Ribas de Sil.


 Parroquias de Parada de Sil    
     Caxide (Santa Cristina), Chandrexa (Santa María), Forcas (San Mamede), A Hedrada (Santiago), Parada de Sil (Santa Mariña), As Paradellas (Santa María), Pradomao (San Xiao), Sacardebois (San Martiño), San Lourenzo de Barxacova (San Lourenzo)


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901