lunes, 2 de diciembre de 2024

O COTILLÓN - ACEDRE - PANTÓN

 O COTILLÓN

ACEDRE

PANTÓN

O Cotillón
    O Cotillón é un lugar da parroquia de Acedre no concello lucense de Pantón na comarca de Terra de Lemos.

Acedre
      San Romao de Acedre é unha parroquia do concello lugués de Pantón na comarca de Terra de Lemos, na provincia de Lugo. 

      Pertence á diocese de Lugo e ó arciprestado de Ferreira de Pantón.

     No ano 2007 tiña 93 habitantes, deles 42 eran homes e 51 eran mulleres, o que supón unha diminución de 10 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Xeografía
       Limita polo norte coa parroquia de Santiago de Cangas, e polo oeste con San Xoán de Frontón; e limita coas parroquias de Sober de Santo Estevo de Anllo polo sur e coa parroquia de San Miguel de Rosende polo leste.

Cultura
      Nesta parroquia celebrábase o Entroido de Budián, que garda grandes similitudes co Entroido que celebraban na Arribada en San Fiz de Cangas.

Lugares de Acedre
      A Abelaira, Acedre, As Adegas, Budián, Cima de Vila, O Cotillón, A Oseira, San Romao

Comarca de Terra de Lemos
   Terra de Lemos é unha comarca galega situada ó sur da provincia de Lugo cuxa capital é Monforte de Lemos, que tamén é o concello máis poboado da comarca. 

     A maioría da superficie (toda agás o concello de Bóveda) forma parte da Ribeira Sacra, da que Monforte tamén é a súa capital.

      Pertencen á comarca de Terra de Lemos os seguintes concellos: Bóveda, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón, O Saviñao e Sober. 

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA

PENDELLOS DE A GOUXA - A GOUXA - SANGUIÑEDA - DOZÓN

 PENDELLOS DE A GOUXA

A GOUXA

SANGUIÑEDA

DOZÓN

     Este tipo de arquitectura comercial, os Pendellos, atópase nos lugares onde se celebraron as feiras máis importantes de Galicia.

     Datan do século XVIII e eran lugares de compra e venda.

     Están estruturados en modo lineal, miden uns 22 metros de longo e van paralelos á estrada.

     Aínda son susceptible de utilizar os días de feira. Están construídos en pedra, cunha parte traseira de muro con pequenos vans mentres que na parte dianteira están abertos, a modode expositor.

     Neste lado atópanse tamén grandes bloques de pedra que forman o mostrador e andeis para colocar o produto.

     A cuberta sostense nun lado sobre o muro e no outro sobre unhas vigas de madeira que se apoian en columnas de pedra que vandirectamente ao chan.

     Son construcións sinxelas pero moi funcionais e contribuíron áconformación do urbanismo do lugar debido a que ao seu lado está o núcleo rural tradicional.

VIDEO

MAPA

 

 Fuente: Web Dozón Turismo

XOAN ARCO DA VELLA

domingo, 1 de diciembre de 2024

ALTAR DE ÁNIMAS - CATEDRAL DE BRAGA - BRAGA

 ALTAR DE ÁNIMAS

CATEDRAL DE BRAGA

BRAGA

     O seu significado vén da crenza na continuidade da alma despois da morte e da existencia dun paso intermedio para chegar ao ceo, onde se redimen os pecados e faltas cometidas en vida (o purgatorio), moi arraigada na mentalidade popular galega.

     Dentro das construcións populares, os petos de ánimas son os que evidencian a importancia do purgatorio. A finalidade destes elementos populares é que os vivos poidan ofrecer esmolas para a salvación das almas en pena que non encontran descanso no purgatorio, e así alcancen a felicidade no ceo.Unha vez liberadas, intercederán por quen fixo a ofrenda. Por tanto, trátase de procurar a salvación dos mortos pero tamén de se asegurar a propia.

     Moitos deles foron construídos pola devoción dun fregués ou polos veciños dun lugar. Son moi curiosas as advertencias que se fan no seu nome.

     Por exemplo, no de Famelga de Aguasantas (Cerdedo-Cotobade) lese textualmente: "Un alma tienes y no más, si la pierdes qué harás...". Tamén se invita a recordar os antepasados: "Ave María Purísima. Acordaos de las ánimas de vuestros padres o abuelos o tíos o parientes o amigos". E, noutra parte do oratorio, apréciase esta inscrición: "Rogade por nos, Señor, E socorrenos cos vosos sufraxios que nos pediremos por vos".

     As almas do purgatorio que son a meirande devoción galega, despois dos santos, de Cristo e da Nai; e, aínda que o culto teña a súa raizame no cerne mesmo do espírito galego, as mostras que se conservan son serodias.

     A idea do purgatorio, aumentada e revitalizada a partir do Concilio de Trento (século XVI), fixo que se desenvolvese a práctica da construción destes monumentos populares cunha determinada iconografía. Pero segundo parece, en Galicia é no século XVIII cando se fan a maior parte destes monumentos dedicados ás ánimas; e os máis antigos conservados corresponden ao século XVII.

     As encrucilladas aínda inspiran temor aos naturais do país, e a súa causa está en que pervive nas crenzas actuais consideralas como lugar que fora destinado ao enterramento, especialmente dos apartados da comunidade cristiá. De aí a crenza de que polas mesmas vaguen durante a noite as almas dos condenados.

     Tanto a súa dimensión como iconografía son variadas, polo que é difícil establecer unha morfoloxía xeral, aínda que si se pode indicar que o corpo central do peto está composto por unha cavidade na que normalmente se representa ás ánimas no purgatorio, en relevo ou pintura, e un peto ou hucha para botar as esmolas. Estes elementos veñen a maioría das veces acompañados doutros secundarios: cornixas, pilastras, portiña de ferro etc.

     Tamén é habitual que, ao pasar por diante do peto, se rece unha oración polas benditas ánimas para que poidan saír do purgatorio.

     Tamén se lles agradece algún favor feito, porque acostuman a axudar aos vivos.

     Pídeselles axuda para solucionar algún problema e colócanselles flores no seu recordo.

     Ás ánimas, sobre todo, ténselles respecto. 

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA

PETO DE CARBALLEDA - IGREXA DE CARBALLEDA - PIÑOR

 PETO DE CARBALLEDA

IGREXA DE CARBALLEDA

PIÑOR

     Peto de ánimas
     Os petos de ánimas atópanse en camiños e encrucilladas de toda Galicia e son unha das manifestacións materiais do culto aos mortos, da devoción polas ánimas. 

      Tódolos construídos con anterioridade a 1901 son bens de interese cultural.

Significado
     O seu significado vén da crenza na continuidade da alma despois da morte e da existencia dun paso intermedio para chegar ao ceo, onde se redimen os pecados e faltas cometidas en vida (o purgatorio), moi arraigada na mentalidade popular galega.

     Dentro das construcións populares, os petos de ánimas son os que evidencian a importancia do purgatorio. A finalidade destes elementos populares é que os vivos poidan ofrecer esmolas para a salvación das almas en pena que non encontran descanso no purgatorio, e así alcancen a felicidade no ceo.Unha vez liberadas, intercederán por quen fixo a ofrenda. Por tanto, trátase de procurar a salvación dos mortos pero tamén de se asegurar a propia.

     Moitos deles foron construídos pola devoción dun fregués ou polos veciños dun lugar. Son moi curiosas as advertencias que se fan no seu nome.

     Por exemplo, no de Famelga de Aguasantas (Cerdedo-Cotobade) lese textualmente: "Un alma tienes y no más, si la pierdes qué harás...". Tamén se invita a recordar os antepasados: "Ave María Purísima. Acordaos de las ánimas de vuestros padres o abuelos o tíos o parientes o amigos". E, noutra parte do oratorio, apréciase esta inscrición: "Rogade por nos, Señor, E socorrenos cos vosos sufraxios que nos pediremos por vos".

Orixe
     As almas do purgatorio que son a meirande devoción galega, despois dos santos, de Cristo e da Nai; e, aínda que o culto teña a súa raizame no cerne mesmo do espírito galego, as mostras que se conservan son serodias.

     A idea do purgatorio, aumentada e revitalizada a partir do Concilio de Trento (século XVI), fixo que se desenvolvese a práctica da construción destes monumentos populares cunha determinada iconografía. Pero segundo parece, en Galicia é no século XVIII cando se fan a maior parte destes monumentos dedicados ás ánimas; e os máis antigos conservados corresponden ao século XVII.

Localización e dimensións
     As encrucilladas aínda inspiran temor aos naturais do país, e a súa causa está en que pervive nas crenzas actuais consideralas como lugar que fora destinado ao enterramento, especialmente dos apartados da comunidade cristiá. De aí a crenza de que polas mesmas vaguen durante a noite as almas dos condenados.

     Tanto a súa dimensión como iconografía son variadas, polo que é difícil establecer unha morfoloxía xeral, aínda que si se pode indicar que o corpo central do peto está composto por unha cavidade na que normalmente se representa ás ánimas no purgatorio, en relevo ou pintura, e un peto ou hucha para botar as esmolas. Estes elementos veñen a maioría das veces acompañados doutros secundarios: cornixas, pilastras, portiña de ferro etc.

O culto aos petos de ánimas
     Tamén é habitual que, ao pasar por diante do peto, se rece unha oración polas benditas ánimas para que poidan saír do purgatorio.

     Tamén se lles agradece algún favor feito, porque acostuman a axudar aos vivos.


     Pídeselles axuda para solucionar algún problema e colócanselles flores no seu recordo.

     Ás ánimas, sobre todo, ténselles respecto. 

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA

XA ESTA AQUI A PLATAFORMA Hi Galicia

Hi Galicia


¡Ya estamos aquí! Visítanos en www.higalicia.com
     Hi Galicia ya está disponible, la primera guía estacional que digitaliza y potencia a los emprendedores locales.

 

 Xa estamos aquí!  Visítanos en www.higalicia.com
     Hi Galicia xa está dispoñible, a primeira guía estacional que dixitaliza e potencia aos emprendedores locais.

 

 We are here!  Visit us at www.higalicia.com
     Hi Galicia is now available, the first seasonal guide that digitalizes and empowers local entrepreneurs.

QUEN SOMOS:


 
XOAN ARCO DA VELLA





PEDRA FILGA - CEBOLEIRA - CALDAS DE REIS

 PEDRA FILGA

CEBOLEIRA

CALDAS DE REIS

Curiosa formación de 3 enormes pedras
      En Caldas de Reis podemos visitar unha formación rochosa de gran tamaño formado por tres pedras que están dispostas a modo de dolmen megalítico, pero das que se cre que a súa formación é natural. Son as coñecidas como Pedra Filga.

Sen intervención humana
     A antigüidade da formación rochosa e o impoñente tamaño das tres pedras que forman o conxunto da Pedra Filga fai pensar que non existe unha intervención humana nesta disposición das pedras, polo que a curiosa disposición desas rocas orixinouse de maneira natural.

      En caso contrario estariamos a falar dun conxunto megalítico único no mundo, pois non se coñecen métodos que na antigüidade puidesen empregarse para mover pezas de pedra de tal calibre para formar un dolmen dese tamaño.

     Estímase que o peso do conxunto pode estar próximo ás 4.000 toneladas.

      A Pedra Filga sitúase na parroquia de Santa María e ata ela chégase seguindo unha pista forestal de pouco máis de medio quilómetro desde o lugar da Ceboleira.

      Pedra Filga é a formación rochosa de 3 pedras de gran tamaño que ten forma de dolmen. Aínda que o máis probable é que se orixinase de forma natural, se fose demostrada a intervención do home sería un monumento megalítico único polo seu tamaño que pode visitarse na localidade de Caldas de Reis.

VIDEO

MAPA

 

Fuente: Web paxinasgalegas

XOAN ARCO DA VELLA