sábado, 20 de julio de 2024

IGREXA DE SAN PAIO DE REFOXOS - REFOXOS - SILLEDA

 IGREXA DE SAN PAIO DE REFOXOS

REFOXOS

SILLEDA

 Refoxos
       San Paio de Refoxos é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda. 

       Segundo o IGE en 2011 tiña 128 habitantes (74 mulleres e 54 homes), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 155 habitantes.

Historia
       Foi xurisdición do Mosteiro de Santa María de Aciveiro, que promoveu unha experiencia singular, entregando explotacións familiares aos colonos que as quixeron traballar. Isto fixo incrementar a poboación de cincuenta a trescentos habitantes en menos de cen anos.

Patrimonio
       Nesta parroquia atópanse as mámoas da Braña e Curros e a Eira dos Mouros no lugar de Tixoa.

Lugares de Refoxos
     A Calzada, Cardesín, O Couto, Currospedriños, Lázara, O Outeiro, A Pallota, Tixoa, Xastres

Comarca de Deza
       A comarca de Deza é unha comarca da provincia de Pontevedra e a súa capital é Lalín. 

      Pertencen a ela os concellos de Agolada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces. 

        A súa poboación é de máis de 40.000 habitantes. O Deza coincide coa antiga comarca de País do Deza, isto é, as xurisdicións de Deza, Camba, Dozón, Trasdeza, Carbia e Valquireza.

Situación

      A comarca de Deza vén coincidir co centro xeográfico de Galicia. Limita ao norte coas comarcas coruñesas de Santiago, Arzúa e Terra de Melide, ao sur coa do Carballiño (Ourense), ao leste coas de Ulloa e Chantada (Lugo) e ao oeste coa de Tabeirós-Terra de Montes. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

IGREXA DE SAN TOMÉ DE PARADA - PARADA - SILLEDA

 IGREXA DE SAN TOMÉ

PARADA

SILLEDA

Parada
       San Tomé de Parada é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda.

     Segundo o IGE en 2011 tiña 200 habitantes (99 mulleres e 101 homes), distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 240 habitantes.

Xeografía e historia
       Situada no cono sur de Silleda, é a parroquia de maior superficie do concello. O seu nome fai referencia ao paso de camiños ao Ribeiro, Silleda, Ulla, e Terra de Montes. 

         Integrada no século XVIII na xurisdición de Deza, pertencente á provincia de Lugo, ao contrario que as demais parroquias da de Trasdeza, dentro da provicia de Santiago, acolle o punto máis alto do concello (1014 msnm, o Alto de San Bieito, na Serra do Candán.

        O nome deste pico débese aos monxes bieitos de Aciveiro, donos de grandes extensións de terras nestes montes.

Lugares de Parada
     O Barro, A Coelleira, O Cruceiro, Currás, Eirexe, Freixeiro, Mediodaldea, O Outeiro, O Pereiro, O Portapazos, Portodabalde, Redemuíños, Souto Nogueira, A Veiga

Comarca de Deza
     A comarca de Deza é unha comarca da provincia de Pontevedra e a súa capital é Lalín.

     Pertencen a ela os concellos de Agolada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces. A súa poboación é de máis de 40.000 habitantes. 

      O Deza coincide coa antiga comarca de País do Deza, isto é, as xurisdicións de Deza, Camba, Dozón, Trasdeza, Carbia e Valquireza.

Situación

      A comarca de Deza vén coincidir co centro xeográfico de Galicia. Limita ao norte coas comarcas coruñesas de Santiago, Arzúa e Terra de Melide, ao sur coa do Carballiño (Ourense), ao leste coas de Ulloa e Chantada (Lugo) e ao oeste coa de Tabeirós-Terra de Montes.  

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA

PETO ESMOLEIRO DE SAN ANTÓN - RÚA VILAR 33 - O BACELO - PALMEIRA - RIBEIRA

 PETO ESMOLEIRO DE SAN ANTÓN

RÚA VILAR 33

O BACELO

PALMEIRA

RIBEIRA

       Peto que podemos ver na fachada principal dunha vivenda privada.

       O conxunto consta dunha imaxe de Santo Antón co Neno no colo, todo dentro dunha caixa de cristal e metal.

      Na parte superior vemos unha cruz metálica.

     A caixa para o correo funciona tamén como peto para as esmolas segundo se pode ler nun pequeno cadro cun bordado.

Palmeira
     San Pedro de Palmeira é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Ribeira.

      Segundo o IGE en 2018 tiña 2.600 habitantes (1.311 mulleres e 1.289 homes) distribuídos en 18 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 2.905 habitantes.

     No lugar de Figueirido está a Pedra das Cabras, petróglifo da idade de bronce.

Xentilicio
      Esta parroquia posúe un xentilicio, completamente consolidado e atestado, que é palmeirán.

       Ademais, os habitantes de Palmeira recibiron historicamente o pseudoxentilicio de maghorrentos, procedente da palabra maga, que significa "tripa de polbo ou de peixe, especialmente de sardiña machucada que se emprega como engado para a pesca", se cadra relacionado con que non eran poucos os palmeiráns que antigamente andaban entre as magas ou tripas de polbo e peixes.

Comarca de Barbanza
        A comarca do Barbanza, comarca da Barbanza, comarca de Barbanza ou simplemente A Barbanza, O Barbanza ou Barbanza, é unha das comarcas oficiais de Galicia. Localízase no suroeste da provincia da Coruña.

         Pertencen a ela os concellos de Boiro, A Pobra do Caramiñal, Rianxo e Ribeira.

     Ten unha superficie de 246,71 km² e no ano 2020 tiña 66.063 habitantes. 

 

MAPA

 

Fuente: Web Patrimonio Galego

XOAN ARCO DA VELLA

PETO DA VIRXE DE BELÉN - O BACELO - PALMEIRA - RIBEIRA

 PETO DA VIRXE DE BELÉN

O BACELO

PALMEIRA

RIBEIRA

      O que podemos ver aquí é unha pequena fornela con porta de madeira e cristal que protexe unha imaxe da Virxe de Belén co Neno no colo.

     Por riba da fornela unha praca de mármore reza a seguinte lenda:

“Nº SEÑORA DE
BELEN
RUEGA POR NOS
STA MADRE DE DIOS”.

      Ao carón da fornela podemos ver un pequeno peto de madeira para as esmolas.

Palmeira
     San Pedro de Palmeira é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Ribeira.

      Segundo o IGE en 2018 tiña 2.600 habitantes (1.311 mulleres e 1.289 homes) distribuídos en 18 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 2.905 habitantes.

     No lugar de Figueirido está a Pedra das Cabras, petróglifo da idade de bronce.

Xentilicio
      Esta parroquia posúe un xentilicio, completamente consolidado e atestado, que é palmeirán.

       Ademais, os habitantes de Palmeira recibiron historicamente o pseudoxentilicio de maghorrentos, procedente da palabra maga, que significa "tripa de polbo ou de peixe, especialmente de sardiña machucada que se emprega como engado para a pesca", se cadra relacionado con que non eran poucos os palmeiráns que antigamente andaban entre as magas ou tripas de polbo e peixes.


Comarca de Barbanza
        A comarca do Barbanza, comarca da Barbanza, comarca de Barbanza ou simplemente A Barbanza, O Barbanza ou Barbanza, é unha das comarcas oficiais de Galicia. Localízase no suroeste da provincia da Coruña.

         Pertencen a ela os concellos de Boiro, A Pobra do Caramiñal, Rianxo e Ribeira.

     Ten unha superficie de 246,71 km² e no ano 2020 tiña 66.063 habitantes.

MAPA

 

Fuente: Web Patrimonio Galego

XOAN ARCO DA VELLA

 

CRUCEIRO DE MEIQUIZ - MEIQUIZ - LEIRO - RIANXO

CRUCEIRO DE MEIQUIZ

MEIQUIZ

LEIRO

RIANXO

      Cruceiro de capeliña realizado en cantaría de granito, situado ao noroeste do lugar de Or, sobre o cruce principal de acceso.

     Plataforma de tres chanzos sobre a que se ergue un fuste prismático coas arestas chafranadas coa data de construción inscrita (1651).

     Capitel troncopiramidal con relevo frontal que sostén unha capela cunha imaxe tallada en madeira, e remata nunha cruz de sección cadrada con remates nos vértices e cun Cristo no anverso.

     As tres figuras que existían no interior da capeliña, lamentablemente foron roubadas no ano 2002.

     Segundo contan os veciños, as figuras eran moi veneradas xa que existía a crenza de que podían influír no tempo: se facía falta auga, colocábanse cara ao sur e se chovía demais, poñíanse cara ao norte.

     Hoxe no seu lugar colocouse un retablo de madeira dedicado á Virxe María, feito por un veciño do lugar.

MAPA

 

 Fuente: Web obaixoulla.gal

XOAN ARCO DA VELLA