sábado, 10 de febrero de 2024

CAPELA DE SAN LÁZARO - RÚA DE SAN LÁZARO - RIBADAVIA

 CAPELA DE SAN LÁZARO

RÚA DE SAN LÁZARO

RIBADAVIA

Capela de San Lázaro
     Esta capela do século XII é o único vestixio da leprosería que aquí existiu entre os séculos XII e XVIII e que desapareceu totalmente no século XVIII. 

       Pertenceu ao mosteiro de Melón e estivo rexida polos monxes deste mosteiro ata a súa exclaustración.

      O grande escudo abacial sobre a porta de entrada da capela dá fe do dominio dos bernardos de Melón.

Comarca do Ribeiro
     A comarca do Ribeiro é unha comarca galega situada na provincia de Ourense no curso medio do río Miño, que a percorre de nordeste a suroeste. 

     A súa capital é Ribadavia, e a ela pertencen os concellos da Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia. Dálle nome ao viño do Ribeiro.

     Ocupa unha superficie de 406,92 km², nos que viven 15.571 habitantes (2020). Por ela transcorren tamén os ríos Arnoia e Avia.

     O Miño está represado nos encoros de Castrelo de Miño e da Frieira. Existen varios balnearios que aproveitan as augas. 

      Desde a Serra do Suído e Faro de Avión, ao oeste, onde se chega ao 1.000 m de altitude, o relevo descende até só 97 m en Ribadavia e Arnoia. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

viernes, 9 de febrero de 2024

CAPELA DE SAN ROQUE - AS QUINTAS - PUNXÍN

 CAPELA DE SAN ROQUE

AS QUINTAS

PUNXÍN

        Pequena capela feita a base de perpiaño granítico irregular, de planta rectangular e cuberta a dúas augas.

      Na fachada principal podemos ver unha ampla porta de acceso con arco de medio punto doelado. Aos lados dúas pequenas bufardas con derrame interno.

     O conxunto remata cunha espadana dun só oco e cruz pétrea de remate.

     No interior vemos un pequeno retablo de madeira coa imaxe de San Roque.

     Nun dos laterais exteriores existe unha inscrición co ano da construción da capela: “AÑO 1703”.

      E tradición que na noite de San Roque (do 15 ao 16 de agosto) as mulleres durman no interior desta capela.

Comarca do Carballiño
       A comarca do Carballiño é unha comarca galega situada na provincia de Ourense. Toma o nome da súa vila principal. 

       Pertencen a ela os concellos de San Amaro, Beariz, Boborás, O Carballiño, San Cristovo de Cea, O Irixo, Maside, Piñor e Punxín. 


MAPA

 

Fuente: Web Patrimonio Galego

XOAN ARCO DA VELLA

jueves, 8 de febrero de 2024

PONTE NO RÍO OUTEIRO OU BRUL - FRANCELOS - RIBADAVIA

 PONTE NO RÍO OUTEIRO

OU

BRUL

FRANCELOS

RIBADAVIA

 Francelos
      Santa María Madanela de Francelos é unha parroquia do concello de Ribadavia, no Ribeiro.

     En 2020 tiña 631 habitantes repartidos en dous núcleos de poboación.

Situación
     Francelos é a parroquia máis meridional de Ribadavia. A aldea de Francelos dista apenas 2 quilómetros da capital municipal.

     Está situada na enfesta da veiga de Valparaíso, que se estende pola marxe dereita do río Miño logo da foz do río Avia.

Patrimonio histórico-artístico
        En Francelos sitúase a capela de San Xes de Francelos, resto reedificado dun antigo mosteiro, no que se empregaron diversos elementos decorativos e arquitectónicos da fábrica orixinal prerrománica. 

       Nas inmediacións da aldea de Prexigueiro pódense visitar as termas de Prexigueiro e unha antiga ponte sobre o río Cerves, xusto en fronte da embocadura do río Arnoia no Miño.

Lugares de Francelos
     Francelos, Prexigueiro

Comarca do Ribeiro
      A comarca do Ribeiro é unha comarca galega situada na provincia de Ourense no curso medio do río Miño, que a percorre de nordeste a suroeste. 

        A súa capital é Ribadavia, e a ela pertencen os concellos da Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia. Dálle nome ao viño do Ribeiro.

      Ocupa unha superficie de 406,92 km², nos que viven 15.571 habitantes (2020). Por ela transcorren tamén os ríos Arnoia e Avia. O Miño está represado nos encoros de Castrelo de Miño e da Frieira. Existen varios balnearios que aproveitan as augas. 

      Desde a Serra do Suído e Faro de Avión, ao oeste, onde se chega ao 1.000 m de altitude, o relevo descende até só 97 m en Ribadavia e Arnoia.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

PETO DE A PEDRA - A PEDRA - TOMIÑO

PETO DE A PEDRA

A PEDRA

TOMIÑO

     Os petos de ánimas, os cruceiros e os hórreos son os tres referentes do que poderiamos chamar os monumentos de arte menor da arquitectura rural de Galicia.

     Para a arte maior deixamos as igrexas, muiños, pazos e outras construcións de carácter civil ou militar como torreóns, murallas, etc.

     Polos montes e vales do sur de Galicia e do norte de Portugal, topámosnos/topámonos con frecuencia con estas encantadoras expresións da arte rural.

     Hoxe adicámoslle a nosa atención aos petos de ánimas e pequenos monumentos piadosos que ao longo dos séculos, sobre todo a partir do XVII han ir xurdindo en pobos e aldeas.

     Os petos de ánimas son esas pequenas capeliñas que se atopan polo xeral nos camiños e encrucilladas para honrar ás ánimas que esperan a súa liberación no purgatorio en cuxa hucha ou peto depositan os fieis as súas esmolas para financiar as misas que axuden a levalos ao ceo onde, xa na gloria, intercederán polos seus benefactores.

     Estes sinxelos monumentos obra dos canteiros locais, adoitan estar decorados cunha representación das pobres ánimas mergulladas en linguas de lume e en actitude suplicante, cara o seu intercesor que adoita ser un santo, San Antonio, por exemplo, un bispo ou a Virxe do Carmen, entre outros.

     Tamén se atopan, sobre todo en Portugal, construcións deste tipo, pero non adicadas ás ánimas do purgatorio senón a unha devoción en particular, sendo bastantes frecuentes as relacionadas con Cristo cruficado.

     En Fornelos, que significa hornacina en galego, teñen unha dedicada a San Lorenzo.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

CRUCEIRO DO PARQUE CURUXA - BARCELA - ARBO

 CRUCEIRO DO PARQUE DA CURUXA

BARCELA

ARBO

 Barcela
     San Xoán de Barcela é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Arbo. 

     Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 388 habitantes (194 homes e 194 mulleres) distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 418 habitantes.

Lugares de Barcela
   A Aldea, A Chan, A Cividá, Coruxa, O Couto, O Cruceiro, Fondevila, Os Pazos, A Ponte, O Poste, A Torre, O Urzal, As Valiñas, Vilanova

Comarca da Paradanta
      A comarca da Paradanta é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra. 

      A ela pertencen os concellos de Arbo, A Cañiza (a súa capital), Covelo e Crecente.

      Limita ao norte coas comarcas de Vigo e do Ribeiro, ao leste con esta última e coa de Terra de Celanova, ao sur con Portugal e ao oeste coa do Condado. 

      Ocupa unha extensión de 339,85 quilómetros cadrados e contaba cunha poboación de 12.060 habitantes no ano 2020.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

MUIÑO EN O PAZO - PAZO DE SANDE - RÍO DEVA - ARBO

 MUIÑO EN O PAZO

PAZO DE SANDE

RÍO DEVA

ARBO

Río Deva
      O río Deva é un curso fluvial da provincia de Pontevedra, afluente do Miño pola súa marxe dereita.

Percorrido
      O Deva nace a 800 m de altitude no sitio denominado Teso de Deva, marcando unha dirección de curso N-S.

     Percorre un total de 21 km, antes verter as súas augas no Miño. A súa conca ten uns 92,3 km². O caudal medio é de 3,70 m³/s.

Réxime hídrico
     É un río de réxime pluvial, pois a pluviosidade media da súa conca calcúlase en 1.608 mm anuais.

Etimoloxía
      Algunhas teorías sinalan unha orixe céltica para este nome, ao que relacionan co deus (indoeuropeo *deiwos), con significado de "sagrado" ou "divino".

     O nome repítese na Galiza mesmo, no río Deva da Terra de Celanova. Hai outro Deva en Cantabria. Na Galia o antigo Devona ou o británico Devon

Comarca da Paradanta
       A comarca da Paradanta é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra. A ela pertencen os concellos de Arbo, A Cañiza (a súa capital), Covelo e Crecente. 

     Limita ao norte coas comarcas de Vigo e do Ribeiro, ao leste con esta última e coa de Terra de Celanova, ao sur con Portugal e ao oeste coa do Condado. 

     Ocupa unha extensión de 339,85 quilómetros cadrados e contaba cunha poboación de 12.060 habitantes no ano 2020. 

VIDEO

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA