Arcos de Valdevez Arcos de Valdevez é un concello do distrito de Viana do Castelo, Portugal limítrofe con Galicia, e englobado na rexión Norte e na subrexión Minho-Lima.
Ten 445.89 km² de área e 24.761 habitantes (2001).
Divídese en 51 freguesías.
A capital é a vila de Arcos de Valdevez que ten 2.200 habitantes.
Freguesías As freguesías son o equivalente ás parroquias en Galicia.
Son as seguintes: Aboim das Choças Aguiã Alvora Ázere Cabana Maior Cabreiro Carralcova Cendufe Couto Eiras Ermelo Extremo Gavieira Giela Gondoriz Grade Guilhadeses
Loureda Madalena de Jolda Mei Miranda Monte Redondo Oliveira Paçô Padroso Parada Portela Prozelo Rio Cabrão Rio de Moinhos Rio Frio Sá Sabadim Salvador
Salvador de Padreiro Santa Cristina de Padreiro Santa Maria de Távora Santar São Cosme e São Damião São Jorge São Paio São Paio de Jolda São Vicente de Távora Senharei Sistelo Soajo Souto Tabaçô Vale Vila Fonche Vilela
Monumentos Igrexa da Lapa: É de estilo barroco típico Rococó. O proxecto da igrexa da Nossa Senhora da Lapa, é atribuído a André Soares e foi concluido en 1767.
Aldea de Silvaescura Recentemente iniciouse a escavación da aldea perdida de SIlvaescura, situada nos limites entre o monte de Soutelo de Montes e o de Trasdomonte da que só permanecen dúas estruturas a vista.
Coñécense poucas referencias históricas documentadas desta aldea. A máis importante e a da redención dos foros da aldea de as Codesás ao convento de Aciveiro, documento datado de 1624.
Son tamén referencia da historia deste lugar a toponimia do entorno, Su Casa, Silva Oscura, Camiño da Brea(referencia ao tránsito de actividade comercial cos mosteiros e Compostela).
Co obxectivo de poñer en valor estes traballos estanse levando a cabo visitas guiadas por parte do Instituto de Ciencias do Patrimonio.
Soutelo de Montes Soutelo de Montes é unha vila da parroquia da Madanela de Montes, no concello de Forcarei. É a segunda de maior poboación deste concello.
Demografía Segundo o IGE en 2020 tiña 405 habitantes, 19 menos que o ano anterior.
Historia No transcurso da revolta Irmandiña, na segunda metade do século XV, a Torre do Castro de Montes foi derrubada. Os xuíces-meriños tiveron que trasladar a súa residencia a Soutelo de Montes, onde se asentarían até as xurisdicións especiais seren abolidas en 1811.
Na remodelación de concellos e partidos xudiciais das Cortes de Cádiz creouse o concello de Soutelo de Montes. Formaban parte del as freguesías da Madanela, Ventoxo, Pardesoa, San Miguel de Presqueiras e Santa Mariña de Presqueiras.
En 1814 o rei Fernando VII anulou a Constitución e a xurisdición retornou ao arcebispado de Santiago. En 1833 creouse o concello de Forcarei, aínda que entre 1858 e 1862 denominouse Soutelo de Montes.
Festas e celebracións
Festa do cogomelo, en novembro. Festa do Gaiteiro, en memoria de Avelino Cachafeiro, o 18 de agosto de 1973.
A Madanela de Montes Santa María Madanela de Montes é unha parroquia que se localiza no concello de Forcarei, na comarca de Tabeirós - Terra de Montes.
Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 578 habitantes, sendo 272 homes e 306 mulleres.
Patrimonio No IES Chano Piñeiro consideraron a posibilidade de que a orixe do topónimo puidese ser orixinalmente medanela diminutivo de meda. A igrexa parroquial inaugurouse en 1964.
Lugares da Madanela de Montes Ameixeiras, Os Codesás, A Graña, A Madanela, San Xusto, Sanguñedo, Soutelo de Montes, Trasdomonte, Ventosela
Parroquias de Forcarei Aciveiro (Santa María), Castrelo (Santa Mariña), Dúas Igrexas (Santa María), Forcarei (San Martiño), A Madanela de Montes (Santa María Madanela), Meavía (San Xoán), Millarada (San Amedio), Pardesoa (Santiago), Pereira (San Bartolomeu), Quintillán (San Pedro), San Miguel de Presqueiras (San Miguel), Santa Mariña de Presqueiras (Santa Mariña), Ventoxo (San Nicolao)
Palacio Real de Aranjuez O Palacio Real de Aranjuez é unha das residencias da Familia Real Española, situada no Real Sitio e Vila de Aranjuez (Comunidade de Madrid), que é xestionada e mantida por Patrimonio Nacional.
Historia e características Cando o Emperador Carlos V empezou a interesarse por desenvolver Aranjuez como unha vila rexia con amplo coto de caza aposentouse, como en 1501 fixera Filipe o Fermoso, no vello palacio dos maestres de Santiago.
Foi erixido por orde de Filipe II, quen lle encomendou o proxecto ao arquitecto Juan Bautista de Toledo, que morreu durante a súa construción, polo que o seu discípulo Juan de Herrera foi o encargado de rematar a obra.
Durante todo o século XVII parouse a obra, ata que en tempos de Fernando VI lévase a cabo unha importante ampliación, que continuará Carlos III dotándoo dunhas ás que encerran o patio de armas, tal e como se pode contemplar hoxe en día.
Un palacio menor, a chamada Casa do Labrador, sitúase fóra do recinto, formando parte do Xardín do Príncipe.
Os inmensos xardíns, proxectados para enxalzar a residencia real da árida e seca meseta do centro de España, e regados coas augas dos ríos Tajo e Jarama, son os máis importantes do período dos Hansburgo en España.
Alcanzaron singular renome grazas ao Concerto de Aranjuez, de Joaquín Rodrigo, considerada a composición musical española máis escoitada no mundo.
En 2001 esta contorna foi declarada «Paisaxe Cultural Patrimonio da Humanidade» pola Unesco.
Do Palacio destacan a Sala Chinesa ou Gabinete de Porcelana, así como a Sala dos Espellos.
Santa María das Neves de Grixoa é unha parroquia do concello de San Amaro na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense.
No ano 2007 tiña 234 habitantes, deles 115 eran homes e 119 eran mulleres, o que supón unha diminución de 3 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.
Lugares de Grixoa O Campo da Cruz, A Casanova, O Cruce, O Cruceiro, Fondodevila, A Lameira, Lavandeira, O Marco, Os Montes, O Outeiro
San Amaro San Amaro é un municipio da provincia de Ourense en Galicia.
Pertence á Comarca de Carballino na provincia de Ourense
Demografía Poboación en 2006: 1355 persoas segundo o Padrón municipal de habitantes (1371 en 2004).
Parroquias Anllo (Santiago) Beariz (San Martiño) Eiras (Santa Ouxea) Grijoá2 Las (San Cibrao) Navío (San Fiz) Salamonde (Santa María) Home (San Fiz)
Templo budista En Ventoselo, nos arredores do núcleo de poboación principal abriuse en 2008 "Chu Sup Tsang", un dos templos budistas máis importantes de Europa.
A iniciativa aos poucos gañouse a confianza da poboación, e actualmente aspira a ser a primeira universidade budista de occidente.
Comarca do Carballiño A comarca do Carballiño é unha comarca galega situada na provincia de Ourense. Toma o nome da súa vila principal.
Pertencen a ela os concellos de San Amaro, Beariz, Boborás, O Carballiño, San Cristovo de Cea, O Irixo, Maside, Piñor e Punxín.
Poboación No ano 2020 tiña 26.443 habitantes, deles 13.896 eran mulleres e 12.547 homes.
O petróglifo atópase nun penedo ao carón da estrada a Lama Forcada. O microtopónimo do lugar é “Penedo do Lagarto”.
Consta de varios círculos concéntricos con dous, tres e catro aneis.
Tamén podemos ver unha cazoleta central. O petróglifo atópase moi desgastado e, na súa maior parte, cuberto por mofo.
Nogueira de Ramuín San Martiño de Nogueira de Ramuín é unha parroquia do concello ourensán de Nogueira de Ramuín na comarca de Ourense.
No ano 2007 tiña 88 habitantes (48 homes e 40 mulleres) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 8 habitantes en relación ao ano 2000.
Lugares de Nogueira de Ramuín Baldomar, Fontefría, Fontes, Lama Forcada, Liñares, Luíntra, Nogueira, Pacios, A Seara de Arriba
Comarca de Ourense A comarca de Ourense é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Ourense.
Pertencen a esta comarca os concellos de Amoeiro, Barbadás, Coles, Esgos, Nogueira de Ramuín, Ourense, O Pereiro de Aguiar, A Peroxa, San Cibrao das Viñas, Taboadela, Toén e Vilamarín.
Limita ao norte coa comarca de Chantada (Lugo), ao nordeste coa comarca de Terra de Lemos (Lugo) e comarca da Terra de Caldelas, ao leste e sueste coa de Allariz-Maceda, ao sur coa de Celanova e ao oeste coas do Ribeiro e Carballiño.