domingo, 10 de diciembre de 2023

IGREXA DE SANTA MARÍA DAS NEVES - GRIXOA - SAN AMARO

 IGREXA DE SANTA MARÍA DAS NEVES

GRIXOA

SAN AMARO

      Santa María das Neves de Grixoa é unha parroquia do concello de San Amaro na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense.

    No ano 2007 tiña 234 habitantes, deles 115 eran homes e 119 eran mulleres, o que supón unha diminución de 3 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Lugares de Grixoa
      O Campo da Cruz, A Casanova, O Cruce, O Cruceiro, Fondodevila, A Lameira, Lavandeira, O Marco, Os Montes, O Outeiro

San Amaro
      San Amaro é un municipio da provincia de Ourense en Galicia.

     Pertence á Comarca de Carballino na provincia de Ourense

Demografía
      Poboación en 2006: 1355 persoas segundo o Padrón municipal de habitantes (1371 en 2004).

Parroquias
    Anllo (Santiago)
    Beariz (San Martiño)
    Eiras (Santa Ouxea)
    Grijoá2​
    Las (San Cibrao)
    Navío (San Fiz)
    Salamonde (Santa María)
    Home (San Fiz)

Templo budista
      En Ventoselo, nos arredores do núcleo de poboación principal abriuse en 2008 "Chu Sup Tsang", un dos templos budistas máis importantes de Europa.

     A iniciativa aos poucos gañouse a confianza da poboación, e actualmente aspira a ser a primeira universidade budista de occidente.

Comarca do Carballiño
     A comarca do Carballiño é unha comarca galega situada na provincia de Ourense. Toma o nome da súa vila principal.

      Pertencen a ela os concellos de San Amaro, Beariz, Boborás, O Carballiño, San Cristovo de Cea, O Irixo, Maside, Piñor e Punxín.

Poboación
       No ano 2020 tiña 26.443 habitantes, deles 13.896 eran mulleres e 12.547 homes.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA


PETROGLIFO PENEDO DO LAGARTO - LAMA FORCADA - NOGUEIRA DE RAMUIN

 PETRÓGLIFO PENEDO DO LAGARTO

LAMA FORCADA

NOGUEIRA DE RAMUIN

     O petróglifo atópase nun penedo ao carón da estrada a Lama Forcada. O microtopónimo do lugar é “Penedo do Lagarto”.

     Consta de varios círculos concéntricos con dous, tres e catro aneis. 

     Tamén podemos ver unha cazoleta central.
O petróglifo atópase moi desgastado e, na súa maior parte, cuberto por mofo.

Nogueira de Ramuín
     San Martiño de Nogueira de Ramuín é unha parroquia do concello ourensán de Nogueira de Ramuín na comarca de Ourense. 

     No ano 2007 tiña 88 habitantes (48 homes e 40 mulleres) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 8 habitantes en relación ao ano 2000.

Lugares de Nogueira de Ramuín
     Baldomar, Fontefría, Fontes, Lama Forcada, Liñares, Luíntra, Nogueira, Pacios, A Seara de Arriba

Comarca de Ourense
       A comarca de Ourense é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Ourense.

     Pertencen a esta comarca os concellos de Amoeiro, Barbadás, Coles, Esgos, Nogueira de Ramuín, Ourense, O Pereiro de Aguiar, A Peroxa, San Cibrao das Viñas, Taboadela, Toén e Vilamarín.

     Limita ao norte coa comarca de Chantada (Lugo), ao nordeste coa comarca de Terra de Lemos (Lugo) e comarca da Terra de Caldelas, ao leste e sueste coa de Allariz-Maceda, ao sur coa de Celanova e ao oeste coas do Ribeiro e Carballiño.

MAPA

 

Fuente: Web Patrimonio Galego

XOAN ARCO DA VELLA

sábado, 9 de diciembre de 2023

EIRA DE VILARIÑO - COUSO - AVIÓN

 EIRA DE VILARIÑO

COUSO

AVIÓN

 Vilariño
       Vilariño é un lugar da parroquia de Couso no concello Ourensán de Avión na comarca do Ribeiro.

      Tiña 52 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 21 eran homes e 31 mulleres.

      Iso supón unha diminución da poboación respecto a 2010 cando tiña 56 habitantes (22 homes e 34 mulleres).

Couso
      Santa María de Couso é unha parroquia do concello de Avión, na provincia de Ourense.

Poboación
       Segundo o INE, no 2000 eran 244 os veciños de Couso. No 2010 eran 163 (97 mulleres e 66 homes).

     A perda de xente foi máis acusada nesta parroquia ca noutras.

      Como en todo o concello, o envellecemento da poboación e a alta esperanza de vida feminina provocan unha alta porcentaxe de mulleres fronte aos homes.

Lugares de Couso
      Couso, A Hedreira, Penedo, Taboazas, Vilariño

Comarca do Ribeiro
      A comarca do Ribeiro é unha comarca galega situada na provincia de Ourense no curso medio do río Miño, que a percorre de nordeste a suroeste.

       A súa capital é Ribadavia, e a ela pertencen os concellos da Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia. Dálle nome ao viño do Ribeiro.

      Ocupa unha superficie de 406,92 km², nos que viven 15.571 habitantes (2020).

     Por ela transcorren tamén os ríos Arnoia e Avia. O Miño está represado nos encoros de Castrelo de Miño e da Frieira.

      Existen varios balnearios que aproveitan as augas. Desde a Serra do Suído e Faro de Avión, ao oeste, onde se chega ao 1.000 m de altitude, o relevo descende até só 97 m en Ribadavia e Arnoia.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA


CASTRO DE SAN LOURENZO - CEREIXA - A POBRA DO BROLLÓN

 CASTRO DE SAN LOURENZO

CEREIXA

A POBRA DO BROLLÓN

      O castro de San Lourenzo presenta un perímetro total de preto de 8.800m2. O asentamento presenta un primeiro recinto circular cinguido por unha potente muralla aterraplenada.

       Nalgúns tramos aínda se enxerga o muro de cachotería da cara externa da muralla, ergueita a base de coios de cuarcita.

      O acceso á croa probablemente se ubica na estrema NE onde se empraza a cota máis alta do castro e quizabes se ubique un torreón defensivo vencellado á porta. Como singularidade cómpre remarcar a presenza dunha sorte de muradella discontinua en dirección N-S que divide a croa en dúas partes, e que non se corresponde cun valado de linde xa que non ten nada que ver co parcelario tradicional da zona.

      Castro d’Alende ou San Lourenzo é un sitio arqueolóxico que se atopa na parroquia de San Pedro de Cereixa (A Pobra do Brollón, Lugo) sobre a marxe dereita do río Sáa na pequena dorsal que serve de transición entre a penichaira de A Chá de Castro e o val fluvial.

       O castro, é un poboado fortificado ergueito trala conquista romana para albergar os traballadores nas explotacións auríferas da bisbarra entre os séculos I-II da nosa era.

      Probablemente estivo vencellado tamén á metalurxia do ferro, polo que se trataría dun poboado especializado dentro da rede de castros que controlaban a minería nas bacías sedimentarias dos ríos Lor, Saa e Cabe.

      En época medieval a poboación labrega de Cereixa construíu unha ermida na honra de San Lourenzo, que foi rehabilitada en 1876 para caer despois no abandono. A fins dos anos 60 e comezos dos anos 70 a ladeira suroeste do castro viuse afectada por unha explotación de grava e area. Actualmente a superficie do castro está ocupada por vexetación autóctona (nomeadamente carballos) e monte baixo.

       A este primeiro recinto xúnguese pola cara E unha segunda muralla que acouta un espazo de reducidas dimensións, nada semellante ás terrazas que adoitan forman parte dos poboados fortificados da Idade do Ferro.

        No extremo S, case sobre o parapeto, sitúase a bocamina coñecida como O Burato dos Mouros. Este é un elemento que consideramos diagnóstico para defender a cronoloxía romana do xacemento.


        Nas coroas mineiras do NW adoitan documentarse prolongacións de foxos e murallas para abranguer dentro dos recintos recursos hídricos e mineiros importantes.

 
      Sos os chamados brachia, liñas de defensa que aseguraban a conexión da estrutura fortificada principal con outras estruturas de fortificación secundarias e/ou determinados puntos estratéxicos. 

      Este sistema de brachium (liñas de fortificación saíntes do recinto fortificado cun propósito defensivo prático) documéntase mesmo en establecementos militares romanos do NW. 

MAPA 

 

Fuente: Web Turismo da Ribeira Sacra

XOAN ARCO DA VELLA

viernes, 8 de diciembre de 2023

BRANDA DE ARIEIRO - LORDELO - SISTELO - ARCOS DE VALDEVEZ

 BRANDA DE ARIEIRO

LORDELO

SISTELO

ARCOS DE VALDEVEZ

  Brandas
     Brandas son zonas dos montes altos, onde o gado atopa pastos frescos polo verán.

     O veceiro (pastor que tiña a quenda) levaba o gado ao monte durante os meses de xuño a setembro.

     É un termo empregado nas montañas de Ourense (Serra do Xurés) e na parte Portuguesa (Serra do Gerês e Serra do Soajo).

     O mesmo que ocorre cos chozos do Suído galegos, nestas zonas os pastores necesitan de construcións de acubillo para o gando e para eles mesmos, polo que no norte de Portugal, especialmente das Serra do Gerês chámanlle brandas aos núcleos habitados temporais de verán, cuxa orixe se insire nun proceso de transhumancia no que as poboacións se trasladan das súas aldeas de inverno para as zonas máis altas da serra, onde abundan pastos fértiles para alimentar o gado.

     As brandas son típicas do complexo sistema antigo da transhumanciada das Serras do Soajo e da Peneda-Gerês (e da serra do Xurés ourensá), hoxe integrado no Parque Nacional de Peneda-Gerês.

     A aldea onde a familia pasa o inverno chámase inverneira, localizada nun val, en zonas máis baixas.

     No fin do verán ou principio do outono, as persoas deixan as brandas e baixan á inverneira, onde permanecen até marzo, cando volven subir para as brandas para faceren as sementeiras do centeo e deixar o gado a pastar. Hoxe en día, nas poucas aldeas que manteñen a tradición, as persoas só levan os animais e algúns haberes, ao contrario de antigamente, cando levaban até a moblaxe.

     As brandas están formadas polos pastos, valados, curros, cortellos para gando e algunha choza de paredes e cuberta de cachotaría de granito (normalmente con sollado), para as persoas

VIDEO

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA