sábado, 9 de octubre de 2021

RUINAS DO HOSPITAL DE MONTOUTO - MONTOUTO - O PADRÓN - A FONSAGRADA

 RUINAS DO HOSPITAL DE MONTOUTO

MONTOUTO

O PADRÓN

A FONSAGRADA

 Real hospital de Santiago de Montouto
     O real hospital de Santiago de Montouto, era un antiguo albergue de peregrinos, situado nas inmediaciones de A Fonsagrada (Lugo), nos arredores da aldea de Montouto.

      Foi fundado no 1357 por orden do rei Pedro I de Castila. O albergue deixou de usarse como tal e abandonouse a mediados do século XX.

     A localización do hospital variou co paso dos séculos desprazándose do seu emprazamento orixinal, en 1698 baixo o reinado de Carlos II, cerca do menhir de Pena Labrada á súa situación actual á beira do Dolmen de Montouto. Aínda é posible atopar algún cazador de reliquias nas inmediaciones do hospital vello buscando (saqueando) restos arqueolóxicos como moedas antigas de metais preciosos. Aínda que non se atopou documentación que xustifique a nova ubicación, parece que se tratou de mover o antigo a un emprazamento novo que unen as dúas variantes do "Camiño primitivo", o que vén de Pobóa de Burón e o que vén do Padrón. Na ubicación orixinal só daba servizo ao primeiro, que foi perdendo popularidade xa que o segundo camiño foi aberto a posteriori e era máis curto e frecuentado.

     O hospital era o primeiro en Galicia, na ruta xacobea entrando polo denominado "Camiño primitivo".

     Desde a década de 1990 estableceuse o costume de realizar unha festa no día do patrón aos pés do recinto novo, xunto a unha ermida que se construíu tamén na década de 1990. O edificio do antigo hospital está escondido nun bosque de piñeiros e son poucos os que coñecen o seu ubicación exacta, xa que apenas parece quedar un pequeno lenzo, aínda que unha cata arqueolóxica podería ofrecer máis información.

Características
     É un hospital de pedra con varias estancias, dispón de fonte.

Uso
     Os veciños do lugar recordan que o hospital aínda dispoñía dun hospitaleiro a metade do século XX, que residía sen vivir aluguer baixo a obrigación de dar hospitalidad aos peregrinos. Non hai constancia do ano exacto de clausura, aínda que cando se instaura a romaría de Santiago fáiselle unha restauración de mantemento para evitar a ruína total, o que fai pensar que o hospital puido quedar en desuso pouco logo da guerra civil española.

Mitos
    Cóntase que A Bella Otero, cando aínda era unha nena e foi violada, foi atendida nese hospital e durou varios meses en recuperación internada alí.

Montouto
      Montouto é un lugar da parroquia do Padrón, no concello da Fonsagrada, na comarca da Fonsagrada.

     Segundo o IGE a súa poboación no ano 2010 era de 14 persoas (8 homes e 6 mulleres).

Historia
     Ao lado de Montouto asentábase o Real Hospital de Santiago de Montouto (hoxe derruído salvo un pequeno lenzo entre un piñeiral) fundado por Pedro I en 1360. Foi o máis importante hospital de alta montaña de Galicia. Foi trasladado en 1698 a outra localización moi preto, dando lugar ao Novo Hospital de Santiago de Montouto, que estivo en funcionamento ata mediados do século XX, e que se conserva aínda en ruínas; ao lado existe unha capela de nova construción onde se celebra anualmente unha romaría.

O Padrón
     San Xoán do Padrón é unha parroquia do concello da Fonsagrada, na provincia de Lugo.

     Tiña 55 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 26 homes e 29 mulleres.

O que supón unha diminución de 19 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 74 habitantes (35 homes e 39 mulleres).

Lugares do Padrón
      Carracedo, Invernal, Montouto, O Padrón, Vilardongo

Comarca da Fonsagrada
     A comarca da Fonsagrada é unha comarca galega situada na provincia de Lugo cuxa capital é A Fonsagrada.

     A esta comarca pertencen os concellos de Baleira, A Fonsagrada e Negueira de Muñiz.

     No ano 2020 tiña 4.830 habitantes (IGE) e unha superficie é de 679,5 quilómetros cadrados.

     O concello da Fonsagrada é o de maior poboación da comarca.

Parroquias da Fonsagrada
     A Allonca (Santa María), A Bastida (San Miguel), Bruicedo (Santiago), Carballido (Santa María), Cereixido (Santiago), Cuíñas (San Cristovo), Fonfría (Santa María Madanela), A Fonsagrada (Santa María), Freixo (San Xulián), Lamas de Campos (San Roque), Lamas de Moreira (Santa María), Maderne (San Pedro), Monteseiro (San Bartolo), Pacios (Santa María), O Padrón (San Xoán), Paradavella (San Xoán), Piñeira (Santa María), A Proba de Burón (Santa María Madanela), San Martín de Arroxo (San Martín), San Martín de Suarna (San Martín), San Pedro de Neiro (San Pedro), San Pedro de Río (San Pedro), Santo André de Logares (Santo André), A Trapa (San Cibrán), O Trobo (Santa María), A Veiga de Logares (Santa María), Vieiro (Santo Antonio), Vilabol de Suarna (Santa María), O Vilar da Cuíña (Santa Bárbara)  

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

 

XOAN ARCO DA VELLA


viernes, 8 de octubre de 2021

MUIÑO DE PIEPITO - RÍO ARNOIA - PONTE AMBÍA - BAÑOS DE MOLGAS

 MUIÑO DE PIEPITO

RÍO ARNOIA

PONTE AMBÍA

BAÑOS DE MOLGAS

  Río Arnoia
     O río Arnoia é un afluente do Miño pola banda esquerda.

A súa lonxitude é de 84,5 quilómetros, o que o converte no río máis longo da provincia de Ourense.

    Un seu homónimo é o portugués río Arnoia, de feito o nome de Arnoia é un hidronímico común en Europa, en linguas prerromanas.

Toponimia
     Coa mesma raíz ca o río Arnego, procede dunha raíz hidronímica celto-indoeuropea er-, or- co significado de excitar, pór en movemento.

 Fontes
     Nace no concello de Vilar de Barrio, a partir da confluencia de varios regos da serra de San Mamede.

Percorrido
      Baña os concellos de Vilar de Barrio, Baños de Molgas, Xunqueira de Ambía, Allariz, A Merca e Celanova.

     Logo segue marcando o límite entre os concellos de Ramirás e Gomesende (no norte) e Cartelle e Cortegada (no sur) a través dun canón que antes de chegar ó concello da Arnoia forma un canón cunha pendente de 300 metros durante sete quilómetros, entre penedías e fragas.

     Finalmente, chega ao concello da Arnoia onde desemboca no Río Miño no lugar de Portocarreiro fronte a un pequeno illote granítico.


      No concello da Arnoia o río conforma dous vales unidos, o val de San Vicente (O Rial, O Outeiro, Remuiño, O Pomar, A Ponte, Carnós) e o val de San Amaro (Os Chaos, A Laxa, Quinteiros, A Paixón, Bacelo e Outeiro Cruz).

Afluentes
     Os principais tributarios do Arnoia son o Maceda, o Ambía e o Ourille e outros pequenos regatos ao longo do camiño.

Ponte Ambía
      Santa María de Ponte Ambía é unha parroquia do concello ourensán de Baños de Molgas na comarca de Allariz - Maceda. No ano 2007 tiña 85 habitantes (41 homes e 44 mulleres) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 27 habitantes en relación ao ano 2000.

Lugares de Ponte Ambía
     Cachagonza, Marzás, O Pazo, Ponte Ambía de Abaixo, Ponte Ambía de Arriba, Pumares, Vilar


Comarca de Allariz
     A comarca de Allariz - Maceda é unha comarca galega situada na provincia de Ourense linda ao leste coa comarca de Ourense, ao oeste coa comarca da Terra de Caldelas, ao sur coa comarca da Limia e ao sueste coa comarca da Terra de Celanova. A súa capital é Allariz.

     Pertencen á comarca de Allariz - Maceda os seguintes concellos: Allariz, Baños de Molgas, Maceda, Paderne de Allariz, Xunqueira de Ambía e Xunqueira de Espadanedo.

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

jueves, 7 de octubre de 2021

PONTE DO CARRASCAL - RÍO CARRASCAL - CABALAR - SEIXIDO - A LAMA

 PONTE DO CARRASCAL

RÍO CARRASCAL

CABALAR

SEIXIDO

A LAMA

Seixido
     San Bartolomeu de Seixido é unha das parroquias do concello da Lama.

      Segundo o padrón municipal de 2011 tiña 347 habitantes (182 mulleres e 165 homes), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 374 habitantes.

Lugares de Seixido
     Cabalar, O Campo, Carreiro, Casavella, Cendón, A Fentosa, A Gaiola, Pumar, O Seixido

A Lama
     A Lama é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Pontevedra.

     Segundo o IGE en 2016 tiña 2587 habitantes. Padrón municipal de 2003: 2957 habitantes. O seu xentilicio  é lamense.

Xeografía
     O concello, de 117,76 km², está situado na serra do Suído, no leste da provincia de Pontevedra, a uns 25 km da capital provincial. Limita ao norte con Beariz (provincia de Ourense), Forcarei e Cerdedo-Cotobade, ao sur con Fornelos de Montes, ao leste con Avión e con Beariz (ambos os dous na provincia de Ourense) e ao oeste con Ponte Caldelas e con Cerdedo-Cotobade.

Comunicacións
     A principal vía de comunicación é a PO-255 (que comunica con Ponte Caldelas e que permite chegar a Pontevedra e a PO-235 que une o concello con Carballedo, capital do municipio de Cerdedo-Cotobade.

Demografía
     A pirámide poboacional é a dun concello rural galego. É dicir, a poboación é avellentada. Pero recentes campañas municipais para atraer residentes ao termo municipal, conseguiron manter o censo.

     De todas as maneiras, segue sendo inferior ao censo de 1995 (cando vivían 3.517 veciños).

     A poboación do municipio está bastante diseminada nas 10 parroquias do concello. Mais a parroquia capital é con notoriedade, a máis poboada.


Historia

     Consérvanse restos arqueolóxicos das culturas megalíticas, como as mámoas de Portela da Cruz, O Seixo, O Suído, e Antas. Da idade de bronce atopouse na Lama unha espada de tipo argárico de hai 3500 anos, e en Verducido e no castro de Gaxate varias hachas de bronce.

     Desta idade son os gravados rupestres en Chan do Campo, Outeiro Seixiño, Val do Gato, e Laxa das Puzas (Verducido). Hai tres castros identificados: o monte do Castro en Gaxate, o monte do Castro na Lama, e o castro de Xende.

     Na época medieval a zona norte foi colonizada polos monxes do mosteiro da Armenteira a partir do século XV, e o resto pertencía aos señores de Soutomaior, que contaban cunha fortaleza en Fornelos.

     Nos séculos XVII e XVIII aumentou a poboación e a gandería pola introdución do millo, e a pataca procedentes de América. Coas mudanzas que implicaron na agricultura, comezou a desaparecer a emigración a Castela dos temporeiros para a sega do trigo en verán, e aumenta a construción de camiños, igrexas, pazos e pontes. Desta época son as pontes de Verducido sobre o río Parada, a do antigo camiño de Ribadavia a Pontevedra e o de Liñares.

     A emigración a América dos séculos XIX e XX fixo posible a compra das terras aos nobres e a construción de edificacións educativas e centros de beneficencia.

Turismo
     A Lama conta coa ruta homologada de sendeirismo PR-G 135 "Roteiro da Escuadra".
     É unha ruta sendeirista lineal de 7 km, entre o Peso (A Escuadra) e a área recreativa de Santa Mariña, na Serra do Cando.
     Na Serra do Suído atópanse os singulares chozos.

 Parroquias da Lama  
      Antas (Santiago), A Barcia do Seixo (Santa Ana), Covelo (San Sebastián), Escuadra (San Lourenzo), Gaxate (San Pedro), A Lama (San Salvador), Seixido (San Bartolomeu), Verducido (San Martiño), Xende (San Paulo), Xesta (San Bartolomeu)

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA